You are on page 1of 3

A BOLBORETA INVESTIGADORA

Unha tarde de marzo unha pequena bolboreta decatousede que algo


estaba a acontecer xa que as rúas estaban baleiras,
os parques non tiñan nenos, nen nenas, as tendas
estaban pechadas…Algo pasaba e ela non o sabía,
polo que deciciu poñerse a investigar.

Entrou pola fiestra da casa que estaba o seu carón.


Alí dentro estaban dous nenos de entre oito e dez anos
coa súa nai e o seu pai, semellaban preocupados.
A bolboreta díxolles que estivesen tranquilos e subiu pola fiestra
para seguir investigando.
De súpeto atopouse coas
súas amigas a cegoña e a señora
pata.
Explicoulles o que sucedera e
decidiron saír a investigar, pero todo estaba pechado. De camiño viron
un gato que estaba moi preocupado e a señora pata invitouno a que as
acompañara.
Mentras trataban de adiviñar que pasaba, decatáronse que o aire era
máis limpo,respiraban mellor e non había riudos para asustalos.
A bolboreta, a cegoña, a pata e o gato
observaron que os humanos que saían á rúa
levaban bozal, e pensaron que algo mal
fixeran.
En realidade déronse conta que os humanos non fixeran nada malo para
levar bozal. Entón pensaron : - Cal será o motivo?
A señora pata, que era moi sensata dixo: - Ó mellor levan bozal
porque se teñen que protexerse de algo?
Entón decidiron seguir indagando sobre o estraño comportamento dos
humanos. E a súa investigación levounos ata un
hospital donde se atoparon con xente moi maliña
por culpa dun virus que non os deixaba nen ver
as súas familias.
Os animais puxéronse moi tristes ao ver que os médicos e as
enfermeiras non daban curado a todos os enfermos, porque ese virus
era moi contaxioso e necesitaban con urxencia un medicamento para
poder convatilo.
Os nosos amigos querían axudar e decidiron achegarse ao laboratorio
do mellor científico da cidade para pedir axuda. Este recomendoulles
ir en busca de animais para poder crear unha vacina
ou medicamento que poidera matar ese bicho.

Pero de súpeto, a bolboreta díxolles: - E se nos presentamos


voluntarios para probar a vacina?
E os outros tres animais aceptaron encantados de poder axudar a
atopar unha cura. E alá foron os catro valentes!!
Despois de varios meses, por fin, e para asombro de todos
comprobaron que a vacina era eficiente e que
podía matar a este maldito virus.

A partir daquel momento, pouco a pouco, a normalidade voltou as súas


vidas. A bolboreta e os seus amigos/as sentíronse moi felices de
poder axudar ós humanos e pensaron que cando se traballa xuntos e
unidos todo resulta máis fácil.

You might also like