You are on page 1of 52

M E M O R I A

isibleotd 2 0 2 0
#faiv

ah#hazv
dah

isibleelt

2020 O A NO QUE , EN T R E T OD OS, F I X EMOS F RON T E AO CORON AV IRUS


Socios de ANHIDACORUÑA coa súa presidenta, Pilar Castiñeira, no
momento en que a Torre de Hércules tínguese de laranxa, no día
do TDAH, como mostra de sensibilización e visualización ante a
sociedade.

2 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
PANDEMIANHIDA: A PERMANENCIA SOCIOEMOCIONAL

Tras un ano vivindo unha época onde a desgraza de sufrir o COVID-19 apoderouse de moitos familiares
e amigos, penso que me é posible facer unha reflexión moi inequívoca sobre a actuación da nosa
asociación. Cando me preguntan como podo ter positividade con todo o que estamos a pasar, cústame
moitas veces expoñer o meu punto de vista porque a realidade é que a dor, a ruína, a crueza da situación
apoderouse de moita xente á que quero. A pesar da situación, en ANHIDACORUÑA démoslle a volta
ao problema e tivemos claro que estamos aquí para seguir apoiando ás familias e aos profesores,
como sempre fixemos. Lonxe de pechar ou de afundirnos na tristeza, plantámoslle cara á desgraza
asumindo o papel que nos tocou xogar nestes duros momentos.

NUNCA baixamos a garda, emocionalmente non o podíamos permitir, xa que moitas mozas e mozos
con dificultades quedaban illados e as súas familias na incerteza de como poder axudalos. Durante
o confinamento, seguímolos atendendo dándolles apoio educativo e psicoemocional de forma
telemática, ás veces, ata 12 horas ao día xa que nunca se sabía cando podía xurdir unha necesidade
apremiante. Foron aproximadamente preto de 3000 horas investidas en atención psicolóxica,
logopédica, psicopedagóxica e de reeducación académica. Como entidade punteira no asesoramento
totalmente gratuíto ás familias con ou sen TDAH tanto no plano educativo como no sanitario ou
social, durante a pandemia superáronse as 300 familias que utilizaron este servizo sen obrigación de
ser socios. Ademais, non deixamos de facer formacións para pais e profesorado de xeito telemática.

Non deixamos de facer formacións para pais e profesorado utilizando para iso, tanto a nosa canle
de Youtube, como os directos a través doutras plataformas (Facebook, Zoom…) O noso obxectivo
de apoio incondicional sempre ás familias sen recursos, viuse incrementado por esta pandemia, ao
mesmo tempo que o noso traballo e esforzo aumentaba tamén. O meu gran aplauso final é para todos
os nosos profesionais que durante moitas horas estiveron e están pendentes de todos os nosos socios
e conseguiron facer unha importante labor de equipo. Coa lección ben aprendida e sen necesidade de
que se nos poña máis a proba, NECESITAMOS alcanzar a normalidade e, sobre todo, necesítano as
familias cuxas dificultades se viron agudizadas polo confinamento.

En ANHIDACORUÑA, quédanos unha importante labor de procura de recursos económicos xa que cada
vez son máis as familias en situación de dependencia e os centros educativos que necesitan a nosa
colaboración e apoio. Para nós, “tirar a toalla” non é unha opción, xa que a atención á diversidade é
prioritaria na nosa entidade que apoia a máis de 300 familias da provincia e máis 1500 galegas.

Pilar Castiñeira Chamorro


Presidenta ANHIDACORUÑA

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


3
pax
4 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
ÍNDICE
PRESENTACIÓN ................................................................................................. 7
DA ASOCIACIÓN ................................................................................................. 9
OBXECTIVOS ..................................................................................................... 10
XUNTA DIRECTIVA ............................................................................................ 12

1. TALLERES ...................................................................................................... 15
TALLERES PSICOPEDAGÓXICOS ..................................................................... 18
TALLERES DE REEDUCACIÓN PSICOPEDAGÓXICA ......................................... 19
TALLERES DE NAIS E PAIS ............................................................................. 20
TALLERES PUNTUAIS .................................................................................... 22
ACTIVIDADES ................................................................................................. 23
CAMPAMENTO DE VERÁN ............................................................................. 24

2. ATENCIÓN AOS SOCIOS E ÁS FAMILIAS ...................................................... 26


CITAS REALIZADAS AO LONGO DO ANO (ATENCIÓN SOCIOS) ....................... 29
CITAS REALIZADAS AO LONGO DO ANO (NON SOCIOS) ................................ 29
ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA......................................................................... 30
ATENCIÓN PSICOLÓXICA.............................................................................. 30
ATENCIÓN LOGOPÉDICA................................................................................ 31
VISITAS A CENTROS EDUCATIVOS DOS NOSOS SOCIOS (PROVINCIA) ........ 32

3. FORMACIÓN TDAH ....................................................................................... 35


FORMACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS ....................................................... 37
CHARLAS E CONFERENCIAS .......................................................................... 38
CURSOS E CONFERENCIAS ONLINE REALIZADAS DURANTE O ESTADO DE
ALARMA POLO COVID-19................................................................................ 39

4. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS, COMUNICACIÓN, REDES ............................ 40


RELACIÓNS INSTITUCIONAIS [RR.II.]: FEGADAH .......................................... 43
SERVICIOS TRANSVERSAIS: COMUNICACIÓN EXTERNA […]......................... 44
WWW.ANHIDACORUNA.COM........................................................................44
FACEBOOK.....................................................................................................45
TWITTER........................................................................................................46
INSTAGRAM...................................................................................................46
AXUDAS, DONATIVOS E SUBVENCIÓNS.......................................................... 47

5. INGRESOS E GASTOS ................................................................................... 49

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


5
pax
“Contáronmo e esquecino,
vino e entendino,
fíxeno e aprendino”
Confucio

6 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
PRESENTACIÓN

Que é ANHIDACORUÑA?
É unha asociación sen ánimo de lucro, que traballa para garantir a
comunicación e a colaboración coas distintas entidades para poder
salvagardar os dereitos das persoas con déficit de atención con/
sen hiperactividade, co fin de facilitar a súa inclusión na sociedade.
Principalmente tenta dar apoio, orientación e información ás familias,
responsables sanitarios, responsables educativos e responsables
de benestar social. É tamén apoio dos labores de concienciación e
investigación que lle son propostas a entidade.

Como se creou?
O 26 de maio de 2004 uníronse en Vigo, un grupo de pais con fillos
afectados polo TDAH dando lugar a ANHIDA. Tras este inicio, no ano
2008 comezan as reunións de familias da área herculina que darán
lugar a ANHIDACORUÑA, formalizándose finalmente en 2010, grazas á
colaboración do Concello de Culleredo.

Que é o TDAH?
O trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade, é un
problema neurolóxico que afecta ao 5-7% dos nenos en idade escolar.
Os nenos con TDAH teñen problemas para controlar a súa actividade,
impulsos e/ou fixar a atención. Isto trae consigo dificultades no
rendemento escolar, de conduta e de relación, así como baixa autoestima,
entre outros problemas.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


7
pax
DA ASOCIACIÓN:

ANHIDACORUÑA nace baixo uns valores e principios que fomentaron


a creación dunha entidade formada inicialmente por un grupo de nais
e pais de nenos afectados polo TDAH (trastorno por déficit de atención
con/sen hiperactividade) nas súas diferentes manifestacións, na provin-
cia da Coruña. Traballamos para loitar por un desenvolvemento digno e
completo dos nosos fillos, de forma integral e dentro dun marco plural e
respectuoso cos Dereitos do Neno, contemplando a atención á diversida-
de como prioritaria e potenciando o valor engadido que eles representan
para as nosas familias, comunidade educativa e sociedade en xeral.

Os nosos VALORES, baséanse en:


SOLIDARIDADE: Compromiso de actuación para aportar solucións e dar
resposta ás necesidades das persoas con TDAH e das súas familias. Ten-
tamos aportar o noso gran de area para que a atención á diversidade e á
inclusión social se faga realidade.
RESPECTO: Promovemos o respecto a todos os seres humanos e o  seu
dereito a ter unha vida digna, entendendo que esta é a única vía de con-
vivencia e enriquecimento
TOLERANCIA: Aceptación das diferenzas, partindo sempre de que todos
somos diferentes, cada persoa coas súas peculiaridades.
XUSTIZA: Reivindicamos  que todas as persoas con TDAH teñen dereito
a ter unha vida digna e feliz apoiada polos recursos necesarios da admi-
nistración pública.
COMPROMISO: Traballamos en equipo a todos os niveis de organización
para mellorar a eficiencia na toma de decisións e sempre apoiando a fle-
xibilidade ante os cambios que se producen en todos os usuarios.
IGUALDADE: Defendemos as mesmas oportunidades para todas e todos,
aceptando as súas diferenzas sen distinción de idade, sexo ou trastorno.
PAIXÓN: Fomentamos a paixón polo noso traballo en todos os profesio-
nais e usuarios, tratando de manter a súa emocionalidade no seu máxi-
mo,  e así poder transmitir esa motivación de cara o  exterior. Para nos, é
de gran valor que todos os traballadores se sintan membros da entidade.
TRANSPARENCIA: Expoñemos públicamente a nosa honestidade en to-
dos os pasos que levamos a cabo.
INNOVACIÓN: Tentamos ser capaces de estimular novos comportamen-
tos sociais para propiciar unha mellor e máis xusta aceptación das per-
soas con dificultades.
8 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
INDEPENDENCIA: Somos unha Asociación independente respecto a gru-
pos políticos e colaboracións de empresas farmacéuticas. Dedicámonos
a atender as necesidades propias das persoas con Trastornos do Neuro-
desenvolvemento e das súas familias.
A nosa MISIÓN:
Fomentar e proporcionar aos nosos usuarios e ao seu entorno as ferra-
mentas necesarias para que a atención á diversidade sexa unha realida-
de e así mellorar a calidade de vida de todos os afectados polo TDAH con
ou sen comorbilidades asociadas.
A nosa VISIÓN:
Tentamos ser unha entidade de referencia a nivel provincial, consolidada
e comprometida, dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas e da
sociedade.
A nosa Asociación, sempre defenderá segundo a lexislación vixente os
dereitos a unha terapia alternativa, gratuita ou subvencionada para to-
das as persoas con TDAH sempre baixo criterios sanitarios.
Queremos valorar a prestación de apoio dirixido á inclusión social, a cali-
dade de vida de cada persoa e contribuir o cambio social donde podamos
acadar un ambiente máis xusto e solidario.

ANHIDACORUÑA está inscrita nos seguintes rexistros:


• Declarada de Utilidade Pública, DOG nº 196, de 15 outubro, da Orde do
20/09/2019
• Entidades Prestadoras de Servizos Sociais Nº E-5732. Xunta de Galicia
• Entidade Sanitaria Acreditada Nº C-15-003603. Xunta de Galicia
• Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia Nº 15.493-1ª
• Rexistro Municipal de Asociacións Concello de Culleredo Nº 128
• Rexistro Municipal de Asociacións Concello de A Coruña Nº 532
Somos, ademais, membros da:
• Federación Galega de Asociacións de Déficit de Atención e Hiperactivi-
dade [FEGADAH].
• Federación Española de Asociaciones de Ayuda al Déficit de Atención e
Hiperactividad.
• No ano 2014, por iniciativa de ANHIDACORUÑA constituese ESCOLA
INCLUSIVA, da que é membro fundador, xunto con ASPERGA, ATELGA,
AGADIX e a Unidades de Altas Capacidades da Facultade de Psicoloxía
da USC.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


9
pax
OBXECTIVOS:

ANHIDACORUÑA establece dentro dos seus obxectivos:

a) Defender e salvagardar os dereitos das persoas con Déficit de Atención


e/ou Hiperactividade.

b) Tentar mellora a calidade de vida das persoas obxecto da nosa aten-


ción.

c) Facilitar a integración destas persoas na sociedade, detectando e pre-


vindo condutas antisociais

d) Potenciar e axudar no crecemento e maduración persoal de nenos con


este trastorno.

e) Dar apoio, orientación e información ás personas afectadas.

f) Fomentar o estudo da Hiperactividade e do Déficit de atención

g) Promover e realizar campañas de información e mentalización social


para difundir o coñecemento e a realidade das persoas con TDAH.

h) Potenciar o movemento asociativo de pais e familiares afectados

i) Buscar a colaboración, de todo tipo, dos Centros Escolares, tanto pú-


blicos como privados.

j) Solicitar a colaboración e cooperación dos Organismos de Administra-


ción, tanto Central como Autonómica, así como de Entidades priva-
das, nacionais e Internacionais, para a consecución destes fins.

10 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
k) Organizar e realizar todas as Actividades Educativas, benéficas e de
formación do profesorado e dos profesionais da saúde relacionados
coas persoas con TDAH, necesarias para garantir a atención especia-
lizada que se requira.

l) Representar aos seus membros, a petición propia e en cuestións de


interese xeral, ante as entidades públicas, privadas, e demais organis-
mos.

m) Promover todas cantas actividades sexan necesarias en beneficio da


igualdade de oportunidades para persoas de ambos con TDAH.

n) Establecer e manter relacións de colaboración con outras organiza-


cións que teñan obxectivos similares, intercambiando información,
experiencias e servizos.

ñ) Impulsar e potenciar a cultura e o deporte como actividades funda-


mentais para o normal desenvolvemento das persoas con TDAH,
creando, se é necesario, os servizos que poidan axudar ao coidado e
desenvolvemento das mesmas.

o) Promover medidas e accións que faciliten a formación e inserción so-


ciolaboral de persoas con TDAH.

p) Reivindicar ante as Administracións públicas calquera, dos dereitos


nos que se vexan discriminadas as persoas con TDAH.

q) Crear cantos servizos de tipo especializado sexan necesarios para o


adecuado tratamento rehabilitador e de promoción da integración so-
cial das persoas con TDAH, así como para a atención ás súas familias.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


11
pax
Dª Pilar Castiñeria Chamorro, Presidenta de ANHIDACORUÑA e Vicepresidenta de FEGADAH

12 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
XUNTA DIRECTIVA:

ANHIDACORUÑA está xestionada por unha Xunta Directiva que se


rexe polos estatutos e o regulamento de réxime interno aprobados na
asamblea xeral. Ao 1 de xaneiro de 2020, estaba formada polos seguintes
membros:

Presidenta: Dª Pilar Castiñeria Chamorro


Vicepresidente: D. Herminio Martínez Fernández
Secretaria: Dª Mª Carmen Agra Ferreiro
Tesoreira: Dª Ana María Díaz Pacios
Vogal 1ª: Dª Sandra Moar Sánchez
Vogal 2ª: Dª Helena Pardo Larrú
Vogal 3ª: Dª Mª del Carmen Lage Angulo

EQUIPO DE PROFESIONAIS:

Formado por un grupo de traballadores de diferentes ámbitos relacio-


nados con atención á diversidade en xeral, que colaboran e coordínanse
para alcanzar os obxectivos da asociación:
- Psicólogos
- Educadores Sociais
- Psicopedagogos
- Logopedas
- Técnicos en Psicoloxía Infantil
- Terapeutas Ocupacionais
- Administrativos
- Informáticos

SOCIOS:

ANHIDACORUÑA ao 31 de Decembro de 2020, contaba no seu rexistro


con 297 familias, achegándose a 1000 beneficiarios.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


13
pax
14 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
1
TALLERES

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


15
pax
16 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
1. TALLERES E ACTIVIDADES PARA SOCIOS.

Dentro da asociación lévanse a cabo diferentes talleres co obxecto de


traballar as dificultades das nenas e nenos, adolescentes e adultos con
TDAH.

Parte destes talleres realízanse durante o curso académico e outros tan


só de forma puntual o longo do ano.

Desenvólvense tamén actividades de carácter lúdico enfocadas


principalmente a facilitar a convivencia e o achegamento entre os nosos
socios e favorecer o posterior traballo entre profesionais e os nenos,
adolescentes e adultos, dentro dun ambiente de confianza.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


17
pax
Talleres Psicopedagóxicos
Realízanse ao longo do curso escolar cunha media de 50 usuarios
repartidos en grupos de 12 participantes presenciais antes da
pandemia, de forma telemática durante o confinamento, e en grupos
de 5 o resto do ano coa pandemia presente.
Nestes talleres trabállanse as principais dificultades derivadas de ter
un TDAH con ou sen comorbilidades asociadas.
Utilízanse dinámicas lúdico-educativas como elemento facilitador
do aprendizaxe para conseguir manter unha alta motivación e así
alcanzar unha mellor aprendizaxe dos contidos tratados. Os principais
obxectivos son traballar as Funcións Executivas (atención, memoria
de traballo, impulsividade, planificación), o manexo das emocións, as
relacións sociais…

TALLER XAN FEB MAR ABR MAI XUL AG OUT NOV DEC
GRUPO 1 6 6 6 8 9 10
GRUPO 2 13 12 12 8 8 8
GRUPO 3 8 7 9
GRUPO 4 10 10 10 6 6 6
GRUPO 5 12 12 12 7 7 7
XÓVENES 6 6 6
PEQUES VERÁN 7 7
GRUPO 2 VERÁN 6 7
GRUPO 3 VERÁN 5 5
TALLER DE ESTIMULACIÓN DE
FUNCIÓNS EXECUTIVAS
7

18 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
Talleres de Reeducación Psicopedagóxica
Realízase ao longo de todo o ano de maneira presencial antes da
pandemia, de forma telemática durante o confinamento e de xeito
combinado, presencial e online, durante o resto do ano.
Está orientado para axudar a nenas e nenos a partir dos 6 anos e
ten como principal obxectivo dotar aos usuarios de ferramentas de
planificación, técnicas de estudo e regras mnemotécnicas que lles
faciliten a asimilación e posterior estudo do contido académico que
repercutirá en alcanzar unha maior autonomía á hora de realizar as
suas tarefas escolares.

LUGAR DE CELEBRACION HORARIO XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ XUL AGO SET OUT NOV DEC
Local ANHIDACORUÑA, Luns a
R/ Amparo López Jean, Venres de 56 54 56 31 28 21 10 14 31 31 34 39
25 Culleredo 15:30 a 19:30

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


19
pax
Talleres de nais e pais
Este ano o Taller foi presencial hasta que chegou a pandemia, a partir
dese momento, realizóuse de forma telemática antes e despois do
confinamento.
Ademáis de abordarse as necesidades das familias de forma multimodal
para dotar as nais e pais de ferramentas e estratexias necesarias para
mellorar o ambiente familiar, tentóuse colaborar en facer conscientes
ás familias do problema sanitario co que convivimos, a importancia e
a incertidumbre que causa nas nosas vidas e hábitos e, sobre todo, do
impacto social e económico que está causando en moitas das familias
que nos rodean.

TALLER XAN FEB MAR ABR MAI AGO OUT NOV DEC
TALLER VETERANOS 17 16 17 15 15
PSICOEDUCACIÓN ONLINE 10 10
NAIS E PAIS NOVOS PRESEN-
5 5
CIAL
NAIS E PAIS VETERANOS
7 7
ONLINE

20 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA
21
pax
22 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
Talleres puntuais:

Terapia con animais


Este ano debido á pandemia non se fixeron talleres con Seven. Para
nos o benestar do noso can de terapia, prima por encima de todas as
necesidades dos usuarios xa que buscamos outras metodoloxías para
garantir os seus beneficios.
Neste Taller, ademáis de traballar as funcións executivas, as nenas e
nenos melloran as habilidades perceptivo-motrices e as habilidades
sociais.
Taller Lectoescritura
Unha maneira diferente de afondar nos procesos de lectoescritura
para os máis pequenos da asociación.
Debido á pandemia, este ano só foi posible realizalo os meses de
Setembro a Decembro, para 9 nenas e nenos de idades comprendidas
entre 6 e 9 anos.
Taller de afrontamento de exames
Realizado durante os meses de verán, distribuído en 6 sesións,
impartidas de forma telemática, debido ao confinamento.
Taller de estimulación motora
Aproveitamos o deporte, para mellorar a autoestima, a planificación
e organización, e traballar as relación sociais cos iguais. Impartido de
Setembro a Decembro, debido á pandemia, para 5 nenas e nenos.
Taller de defensa persoal
Con este taller preténdese desenvolver una actitude responsable, que
favoreza un clima propicio para a liberdade persoal, o aprendizaxe e
a convivencia, o mesmo tempo que se estimula a iniciativa persoal
e o hábito de traballo en equipo, acatando as normas e regras que
previamente fosen establecidas.
Dirixido a maiores de 12 anos, non só para mellorar a psicomotricidade,
senón tamén para progresar en aspectos como o espíritu de superación,
xestión de emocións en momentos de estrés ou da autoestima.
Impartíuse durante os meses de Xaneiro e Febreiro, coa asistencia de
5 mozas e mozos en horario de tarde, no local de Cordeda, tendo que
suspenderse no mes de Marzo, debido á pandemia.
Taller de estimulación de funcións executivas
Taller realizado de forma on-line debido á pandemia. Tratóuse dunha
actividade na que se dedicou principalmente a entrenar a memoria de
traballo, flexibilidade cognitiva e a toma de decisións.
E importante traballar a memoria persoal e profundizar nas
orientacións espaciais e temporais, favorecendo a capacidade de
concentración e planificación.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


23
pax
Campamento de verán
Xornada de Convivencia Inclusiva, desenrolada nun entorno único en
Red Natura (A Xesta-Pontevedra), onde se realizaron actividades de
ocio encamiñadas a resaltar as fortalezas das nosas rapazas e rapaces,
potenciando a súa autoestima, traballando ao mismo tempo as súas
Habilidades Sociais, e á autonomía persoal.

24 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
Coa colaboración de

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


25
pax
26 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
2
ATENCIÓN
AOS SOCIOS E
ÁS FAMILIAS

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


27
pax
28 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
2. ATENCIÓN AOS SOCIOS E ÁS FAMILIAS.

Unha das labores fundamentais desta asociación consiste en dar apoio


aos nosos socios nas dificultades que lles xorden no día a día tanto na súa
casa como no campo educativo ou sanitario. Ao longo do mes atendemos
as demandas tanto telefónicamente como a través de citas persoais nas
que tratamos de atopar a mellor solución para cada caso.
INFORMACIÓN PROFESIONAL GRATUITA PARA FAMILIAS E
PROFESIONAIS EDUCATIVOS, SANITARIOS E SOCIAIS.
Ante a sospeita de pais ou profesores de que unha rapaza ou un
rapaz poida ter condutas derivadas dunha persoa con TDAH, existe na
Asociación un servizo profesional e especializado que asesora según as
diferentes necesidades do solicitante.
Atopámonos con familias que teñen sospeitas ou que son derivados
de profesionais de centros educativos, de servizos sociais dos distintos
concellos ou desde o SERGAS.
A pesar da pandemia, este ano 2020 foron atendidas 133 persoas tanto
de forma presencial como telemática, que non formaban parte da
asociación.
Citas realizadas ao longo do ano

(ATENCIÓN SOCIOS) ATENCIÓN FAMILIAS (NON SOCIOS)

MES Nº SOCIOS ATENDIDOS MES Nº FAMILIAS ATENDIDAS


XANEIRO 10 XANEIRO 38
FEBREIRO 6 FEBREIRO 21
MARZO 5 MARZO 2
ABRIL 5 ABRIL 0
MAIO 13 MAIO 3
XUÑO 20 XUÑO 16
XULLO 19 XULLO 8
AGOSTO 5 AGOSTO 6
SETEMBRO 26 SETEMBRO 5
OUCTUBRE 13 OUCTUBRE 21
NOVEMBRO 9 NOVEMBRO 9
DECEMBRO 6 DECEMBRO 4
137 133

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


29
pax
ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA
Atención Psicolóxica
O labor realizado polo equipo de psicólogos e técnico en psicoloxía infantil
da asociación nas consultas individuais é moi variada. A intervención vai
dirixida tanto á propia persoa que posúe o trastorno como aos familiares
que conviven con ela. O traballo individualizado coas familias inclúe:
- Entrevista e recollida de información inicial: anamnese e recollida de
información da problemática actual.
- Psicoeducación sobre o trastorno: información dirixida a persoa
con TDAH e o seu ámbito familiar sobre a orixe do trastorno e a súa
repercusión no día a día.
- Avaliación e propostas de solucións ante problemas xurdidos a nivel
familiar o social e que afectan a nenos e preadolescentes e as súas
familias.
MES FAMILIAS ATENDIDAS - Avaliación psicolóxica a través de probas psicolóxicas
XANEIRO 70
estandarizadas: valoración de aspectos relacionados
directamente co trastorno (memoria, velocidade de
FEBREIRO 70
procesamento, función executivas…) e aspectos relacionados
MARZO 58 indirectamente con el (ansiedade, depresión, dificultades da
ABRIL 48 linguaxe…).
MAIO 52 - Intervencións con pais, nais e titores dirixidas a mellorar
XUÑO 63 a convivencia do día a día, traballando principalmente os
XULLO 63 problemas de disciplina derivados dos trastornos condutuais
AGOSTO 53 presentes nas rapazas e rapaces co trastorno (utilizando como
marco teórico de referencia a Terapia Cognitivo-Condutual).
SETEMBRO 64
OUCTUBRE 70 - Intervención cos nenos e nenas para fomentar tempos de
NOVEMBRO 71
traballo máis longos, traballando os procesos psicolóxicos
básicos (atención, memoria e percepción) de cara a tentar
DECEMBRO 76
incorporalos a un grupo de traballo ou mellorar o seu
TOTAL 758 funcionamento e integración nas actividades grupais.
- Intervencións individuais con nenos, nenas e adultos para paliar os
trastornos comórbidos ao TDAH que posúen repercusión na vida diaria
das persoas que o sofren (baixa autoestima, síntomas ansiosos ou
depresivos, control de emocións, dificultades da linguaxe…).

Esta actividade está subvencionada en parte pola DEPUTACIÓN DÁ


CORUÑA, que cobre ao redor dun 15% dos gastos da mesma

30 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
Atención Logopédica individual
Dado que moitas das nenas/os que acoden a asociación mostran a
presencia de trastornos relacionados coa linguaxe, aprendizaxe e a
comunicación, dende o servizo de logopedia ofrécese a posibilidade de
realizar una avaliación logopédica naqueles rapaces/as nos que hai a
sospeita dun trastorno ou de dificultades relacionadas con este ámbito.
Unha vez realizada a avaliación e detectadas as dificultades, ofrécese o
tratamento e corrección dos trastornos que afectan a voz, a pronuncia e a
linguaxe oral e escrita e a aprendizaxe mediante técnicas de reeducación
adaptadas as dificultades de cada caso.

MES NºFAMILIAS ATENDIDAS


XANEIRO 9
FEBREIRO 10
MARZO 10
ABRIL 2
MAIO 5
XUÑO 6
XULLO 4
AGOSTO 3
SETEMBRO 9
OUTUBRO 12
NOVEMBRO 12
DECEMBRO 12
94

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


31
pax
Visitas a centros educativos dos nosos socios (provincia).
Reunións con tutores, orientadores ou directores

MES CENTROS EDUCATIVO VISITADOS


GRANDE OBRA DE ATOCHA
XANEIRO CEIP RIA DO BURGO
SANTA MARÍA DEL MAR
CEIP RIA DO BURGO
CEIP VALES VILLAMARÍN
GRANDE OBRA DE ATOCHA
CPI CRUZ DO SAR
CEIP ALBORADA
FEBREIRO
IES ELVIÑÁ
CASTRO BAXOI
CEIP MOSTEIRON
LICEO LA PAZ
CEIP CARRAL
MARZO
ABRIL
MAIO
XUÑO
XULLO
AGOSTO
SETEMBRO
SOMESO
OUTUBRO SANTA MARÍA DEL MAR
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
IES REGO DE TRABE
IES PUGA RAMÓN
NOVEMBRO
CEIP SANJURJO DE CARRICARTE
SANTA MARÍA DEL MAR
DECEMBRO

TOTAL REUNIÓNS: 20

32 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA
33
pax
m
co
a.
un
or
ac
id
nh
a
w.
ww

34 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
3
FORMACIÓN
TDAH

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


35
pax
36 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
3. FORMACIÓN
O noso equipo de profesionais ten especial interese en formar e colaborar
co profesorado para que as alumnas e alumnos poidan contar cunha
mellor calidade na atención especial necesaria de cara a boa evolución no
ámbito da educación.
Atopámonos cunha gran acollida nos centros onde realizamos as
intervención, e agradecemos que moitos repitan á experiencia noutras
ocasións.

Formación en centros educativos:


Iste ano intervimos en:

DATAS CENTRO FORMACIÓN DOCENTE


10/01/20 EFA FONTEBOA Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

20/01/20 IES BLANCO AMOR Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

27/01/20 IES BLANCO AMOR Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

12/02/20 CFR A Coruña Qué e iso do TDAH? Belén Manzano e Juan Ramos

17/02/20 IES BLANCO AMOR Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

18/02/20 IES BLANCO AMOR Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

19/02/20 CAFI Santiago Qué é iso do TDAH? Belén Manzano e jUan Ramos

02/03/20 IES BLANCO AMOR Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

03/03/20 IES BLANCO AMOR Sensibilización aula Belén Manzano e Juan Ramos

04/03/20 CFR Ferrol Qué é iso do TDAH? Belén Manzano e Juan Ramos

12/03/20 IES Rego de Trabe Adiccións Belén Manzano e Juan Ramos

21/05/20 CFR Lugo Qué é iso do TDAH? Belén Manzano e Juan Ramos

5/11/20 IES A XUNQUEIRA I Qué é iso do TDAH? Juan Ramos

18/11/20 LUIS VIVES Qué é iso do TDAH? Juan Ramos

Segue na seguinte pax.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


37
pax
Charlas e conferencias / Aprendemos e participamos

DATAS TÍTULO LUGAR DOCENTE


A importancia do control externo Edificio de Servicios Múltiples de
17/01/20 Ana C Diez e Juan Ramos
no TDAH Culleredo
Edificio de Servicios Múltiples de Belén Manzano e Alexandra
14/02/20 TND: Non, non e non
Culleredo Camba

38 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
Cursos e conferencias online realizadas durante o estado de alarma
polo COVID-19

TÍTULO DOCENTE
Juegos de mesa y TDAH Ana Vitales y Juan Ramos
Terapia asistida con animales, nuestra experiencia
Ana C Diez y Juan Ramos
en TDAH
¿Se puede enseñar y aprender de otra manera? Juan Ramos y Alicia Tojeiro

La doble excepcionalidad Juan Ramos y Miriam Fernández

Recursos para trabajar el TDAH de forma divertida Equipo de ANHIDACORUÑA

Mitos y verdades sobre el TDAH Juan Ramos, Belén Manzano y Ana C Diez

Testimonios TDAH Belén Manzano y Juan Ramos

Planificación y organización para adultos con TDAH Ana C Diez y Juan Ramos

Curso de psicoeducación TDAH Equipo ANHIDACORUÑA

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


39
pax
40 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
4
RELACIÓNS
INSTITUCIONAIS,
COMUNICACIÓN,
REDES …

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


41
pax
MANIFIESTO 2020
OS MEUS DEREITOS
TEÑO SÓ TDAH, QUERO
AH, #27OTDAH
H EN ESPAÑA #BECASTD
DÍA NACIONAL DO TDA

primeira
oa con TDAH que tire a
ivir ou coñecer a unha pers un 7% da poboación, son
Quen estea libre de conv do trastorno, entre un 5 e
pola prev alen cia
pedra: asegúrolles que,
facer.
poucos os que o poden
se con
neurobiolóxica, presénta
n xenético e a súa disfunción s
O TDAH desde seu patró
o
situa ción hai detrá s un sentimento e unha
s as idades. En cada
moitas caras e en toda súa
ficando a
consecuencias. pero non mañá, non xusti
s, está que sexan positivas, o lado como que a cous
a non vai
Nas mans de todas e todo , non mirando para outr
nega ción do trast orno pero tamé n para a
actuación coa enta o risco para este colectivo,
atrásase, aum
comigo... Se a resposta
fáciles para
sociedade. no que as cousas non son
plicado polo COVID-19, n, ou do
Neste momento tan com ntes , sofre n o “plus” da non adaptació
s e nenos e adol esce
ninguén, as nosas nena
claras necesidades ións necesarias para
esquecemento das súas levar a cabo as modificac
Cremos firme men te que é imprescindible adas de vivir cun TDAH
no
apoi o educ ativo deriv
es específicas de e de
que se recollan as necesidad ente nde por alum nado con NEE e con necesidad
Galicia, onde se grave de conduta.
PROTOCOLO COVID en discapacidade ou Trastorno
mente aos derivados de
atención específica unica idera mos que, sen
nte xa que cons
n urxente vólvese evide
A necesidade dunha acció tidos a uns malos tratos
aplic able s a estas moza s e mozos, estarán some
ningún tipo de medidas ornos.
s derivadas dos seus trast
escolares polas dificultade do cerebro que
atras o mad urativo en varias partes
centrado no es para
O TDAH é un trastorno utiva s, e que dificulta as capacidad
das func ións exec
afecta o desenvolvemento alcanzar metas.
r e avaliar o com port amento necesario, para
lariza
planificar, organizar, regu en todas
de, supón unha dificultade
non supón unha incapacida
Este atraso madurativo func ións exec utiva s.
iran a actividade nestas
aquelas tarefas que requ ( e cando
as adecuadas. O éxito
total men te superable coas axud crecer
Unha dificu ltade
con TDAH poid an dese nvolverse, evolucionar e
que as persoas durante a nenez e
dicimos éxito falamos de ar con todo s os apoios necesarios
pode r cont trastorno grave de
felices), vai depender de unha discapacidade e/ou •
debe ser supeditado a Cando un neno/a levá
adolescencia e NUNCA quere boicotear… non
ntase 10 veces en clas
e, ou cae o bolígraf
conduta pode estar sentado o outras 10, ... non
en conta o seu ...TEN TDAH che
dos nosos fillos, sen ter
valoran as necesidades • Cando un neno/a escá
É duro ver como se infra iso, por crite rios de prioridade económic
a.
escapar por algo que
pase de clase… non
che quere meter nun
actual e futuro, todo
sufrimento, o seu fracaso TDAH
igual non viches e
non se pode parar problema… necesit
a
a pensar en consecu
ativo aclaramos: encias…TEN
Respecto ao mundo educ guión que lle
ada, sen ter en conta o Todo isto non só se
unha redacción desorden as ideas e trasladalas
reeduca ou se trab
• Cando un neno presenta dificultade para organizar
psicopedagóxica exte
rna e especializada
alla na aula, é nec
esario unha interven
ndo o pelo … ten unha axustadas ás súas nec que axude a ese men ción
deches...non che está toma esidades. or para adestrar estr
atexias
ao papel...TEN TDAH A dura realidade é que
neste curso 20/21 hab
axuda; a resposta erá moitos nenos que
sinxela: Desde o Min non dispoñan desta
prioritario considerar isterio de Educación
ao alumnado con TDA séguese contemplan
necesidade específica H, na convocatoria do non
de apoio educativo. a axudas para o alum
este apoio psicopedag Sen estas axudas moi nado con
óxico e os seus fillo tas familias non pod
saíndo a correr en calq s seguirán sen ordena erán custear
uera momento. r ideas, levantándos
e na clase e
Señoras e señores
deputadas/os, sen
pasen a “pelota”, lexis adoras/es, respons
len por e para o TDA ables autonómicos
boa e clara lexislació H, cubran as necesid , non se
n que visualice á pers ades das nosas/os filla
oa con TDAH SÓ por s/os cunha
ter TDAH.
A todas as persoas
que xustifican a súa
un médico que sob inacción con expresi
rediagnóstica ou é óns como: é que eu
e valentes... Se con que os seus diagnós coñezo
sidera que un profesi ticos non son correcto
DENUNCIEN! pero onal ten mala prax s sexan xustas
non neguen ca súa e: DEN UNCIEN!... sí POR
poboación infantox inac ción os dereitos que FAV OR
uvenil e ao 2% dos lles corresponden
adultos. ao 5% da
FARANNOS UN GRA
N FAVOR! e despois
TDAH. de denunciar,... póñ
anse a traballar en
favor do
Este ano, coincidindo co día do TDAH, a
federación de asociacións – FEAADAH–, A PETICIÓN deste ano
é clara:
a través dos seus representantes, fixo ● SI a unha lexislació
n transparente para
o TDAH que evite a
discriminación actu
lectura no Congreso dos Deputados dun ● SI ás BOLSAS PAR
CHAMAR Ás COUSAS
A O TDAH sen DISC
APACIDADE nin tras
al.
POLO seu NOME,... torno de conduta,
manifesto, onde se insistía nunha peti- paraugas que non é
o noso.
XA ABONDA DE QUE
RER cubrir ao TDA
IMOS A
H baixo outro
ción clara:
SI a unha lexislación transparente para o
TDAH que evite a discriminación actual.
SI ás BOLSAS PARA O TDAH sen DIS-
CAPACIDADE nin trastorno de conduta,
IMOS A CHAMAR Ás COUSAS POLO seu
NOME,... XA ABONDA DE QUERER cubrir
ao TDAH baixo outro paraugas que non é
o noso.

42 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
4. RELACIÓNS INSTITUCIONAIS, COMUNICACIÓN, REDES …

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS [RR.II.]: FEGADAH.


A nosa aposta desde un principio por FEGADAH, levounos a participar
activamente en todos os proxectos levados a cabo desde a Federación.
Un ano máis, a implicación dos nosos representantes en todas as
reunións institucionais programadas, serviu para defender os dereitos
de todas as familias con nenas e nenos con Necesidades Específicas
de Apoio Educativo (NEAE).
Desde a FEGADAH firmouse a renovación do Convenio de Colaboración
coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,
grazas ao cal, puidemos desenvolver proxectos innovadores.
Como base de este proxecto, está a colaboración na formación
do profesorado nas accións relativas á atención a diversidade, na
sensibilización e difusión de documentos para coñecemento das
necesidades de este alumnado e sobre metodoloxías dirixidas á
intervención educativa nas aulas.
Desde ANHIDACORUÑA asinamos convenios de colaboración con
diferentes CFRs para a formación do profesorado sobre alumnado con
TDAH
Convenio de Colaboración cos Concellos de Culleredo, Bergondo e Miño.
Renovación dos Convenios de Colaboración coa USC e a UCD, para a
realización de Prácticum de Grado e de Máster de alumnado das
Facultades de Psicoloxía, Logopedia, Educación Social e Ciencias da
Educación.
Convenio de cooperación educativa coa Universidad Internacional de la
Rioja (UNIR).
Convenio de cooperación educativa coa Universidad Educación a
Distancia (UNED).
Convenio de cooperación educativa coa Universidad de Alcalá.
Convenio de colaboración co Proxecto Máscaras, xunto con outras
entidades.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


43
pax
SERVIZOS TRANSVERSAIS: COMUNICACIÓN EXTERNA, XESTIÓN
SOCIAL MEDIA:

A ferramenta fundamental para aspectos comunicativos é a páxina


web www.anhidacoruna.com
Durante o ano 2020 ANHIDACORUÑA tivo presenza e actividade en
tres redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.
Entre os principais obxectivos que se perseguen nestas redes sociais
atopámonos coas seguintes:
• Difundir as actividades que realizamos para os nosos/as socios/as
• Compartir información interesante relacionado co TDAH
• Atender ás solicitudes de información das persoas que así o requiran
• Dar visibilidade ao TDAH mediante o hashtag #hazvisibleelTDAH
• Mostrar as xornadas de formación que realizamos para os sectores
clínicos e educativos
Durante o ano 2020 a web de ANHIDACORUÑA recibíu 10.608 visitas,
(un 39,6% máis que o ano anterior), esto fai unha media de 29 visitas
diarias en busca de información relativa o traballo que se leva a cabo
na asociación. E destacable que case un 85,8% dos accesos son de no-
vos visitantes a web.
Ainda que Galicia e o principal foco das visitas, son moitas as cidades
de España que acceden a nosa web para consultar principalmente as
actividades ofertadas e as publicacións xeradas.
E moi destacable o nivel de visitas a web desde a Comunidade de Ma-
drid con máis de 1009 visitantes únicos.

44 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
Facebook.
Segue sendo a rede social máis importante de ANHIDACORUÑA xa que
é a que ten un maior movemento, o que nos leva a ter publicacións que
alcanzan a máis de 3000 persoas.
É significativo o movemento que tivo o perfil da páxina o longo do
ano 2020, pasando dos 1.941 seguidores do mes de Xaneiro aos 2.232
rexistrados a finais de Decembro, o que supón un incremento de case
un 20%, respecto do ano anterior.

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


45
pax
Twitter.
Segue tendo menos movemento que outras redes sociais. Durante o
último ano podemos afirmar que apenas creceu, xa que pasou dos 360
followers en Xaneiro os 373 ao remate do ano. O perfil típico do follower
segue sendo na suia maioría homes e mulleres universitarios ou recén
graduados que seguen a @anhidacoruna no seu desexo de seguir for-
mándose e aprendendo.

Instagram
Neste 2020 continúa a traxectoria de @anhidacoruna nesta rede social.
O seu obxectivo segue a ser aproximar o TDAH e a labor da asociación
a adolescentes e o público máis xoven, sen embargo o longo de este
ano sumáronse persoas máis maiores a este colectivo. Este rede social
medrou dos 121 seguidores do mes de Xaneiro aos 401 de finais de ano.
Sendo o balance de 280 novos seguidores, un gran incremento xestado
sobre todo, durante os meses de confinamento domiciliario. O perfil
maioritario desta rede social está formada por mulleres de entre 35 e
44 anos de idade.

46 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020


pax
BECAS, AXUDAS, DONATIVOS E SUBVENCIÓNS

A nosa asociación desenvolveu un programa de Bolsas Anhida, para


axudar a sufragar gastos de valoración e tratamento para persoas
que quedaron ser recursos polos danos colaterais provocados por esta
pandemia.
Agradecemos ás persoas e entidades, que ben de forma particular, ou
a través de convenios, colaboraron connosco, na medida dos seus posi-
bles, tentando soportar os gastos derivados das diferentes terapias en
familias afectadas, e que, durante o ano 2020 foron as que detallamos
a continuación:
- TEAMING
- PELUQUERÍA GUME A CORUÑA
- CONCELLO DE CULLEREDO
- CONCELLO DE BERGONDO
- DEPUTACIÓN DA CORUÑA
- CONCELLO DE CAMBRE

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


47
pax
48 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
5 INGRESOS e
GASTOS

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


49
pax
50 ANHIDACORUÑA MEMORIA ANUAL 2020
pax
INGRESOS E GASTOS 2020

INGRESOS IMPORTE
1. INGRESOS DA ACTIVIDADE PROPIA 163.735

a) Cuotas socios 25.286

b) Cuotas usuarios (talleres) 122.420

c) Subvencións 13.167

d) Donacións 2.862

2. OUTROS INGRESOS DA ACTIVIDADE 0

TOTAL 163.735

GASTOS IMPORTE
1. GASTOS POR COLABORACIóNS 2.558
a) Gastos por ayudas y otros 2.558
c) Gastos por colabor. e do órgano de gob. 0
2. APROVISIONAMENTOS 6.709
a) Materiais actividades 3.178
b) Outros aprovisionamentos 0
c) Gastos talleres (profesionais externos) 3.531
3. GASTOS DE PERSOAL 139.299
4. OUTROS GASTOS DA ACTIVIDADE 17.693
a) Asesorías 871
b) Seguros 781
c) Servicios bancarios 1.419
d) Publicidade 0
e) Suministros 2.952
f) Cuotas asociacións 200
g) Outros gastos 11.470
5. AMORTIZACIÓN DO INMOVILIZADO 615
TOTAL 166.874

EXCEDENTE ANTES DE IMPOSTOS -3.139


IMPOSTO SOCIEDADES 314
EXCEDENTE DESPOIS DE IMPOSTOS -2.825

2020 MEMORIA ANUAL ANHIDACORUÑA


51
pax
FOTOGRAFÍA DA CAPA MARTA WAVE© - DESEÑO:

Asociación de nenas e nenos con Déficit de Atención con/sen Hiperactividade

EDIF. A ESCADA LOCAL:


R/ Manuel Azaña, 2 -1º, O Burgo Rúa Amparo López Jean, 25 - Baixo.
15670 Culleredo [A Coruña] 15174 Culleredo [A Coruña]
Telº 981 903 830 [xeral - secretaría. de 10,00h a 13,00h]
Telº 698 133 438 [Información]
info@anhidacoruna.com
Declarada de Utilidade Pública, DOG nº 196, de 15 outubro, da Orde do 20/09/2019
Entidade Prestadora de Servicios Sociais Nº E - 5732 da Xunta de Galicia
Entidade Sanitaria Acreditada Nº C-15-003603 da Xunta de Galicia
Membro da Federación Galega de Asociacións de Déficit de Atención e Hiperactividade.
Membro da Federación Española de Asociaciones de Ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad

TALLER DE CREATIVIDADE E CONTROL DE IMPULSOS


GRUPOS DE AXUDA MUTUA PARA ADULTOS CON TDAH PARA ADOLESCENTES

TALLER DE CREATIVIDADE E CONTROL DE IMPULSOS


OBRADOIROS DE REEDUCACIÓN PEDAGÓXICA PARA PAIS

FORMACIÓN CONTINUADA A PROFESIONAIS DA


EDUCACIÓN DE CENTROS PÚBLICOS E PRIVADOS, EN
COLABORACIÓN COA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN
OBRADOIROS PSICOPEDAGÓXICOS ANHIDACORUÑA
(CEFORE) E CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA.

erger · dislexia · tdah · transtorno específico da


acidades · asp linguaxe
altas cap

www.anhidacoruna.com

You might also like