You are on page 1of 8

TEMA 5: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME

1788→ Carlos IV 1789-1792 → Monarquía


1789→Revolución Francesa 1792→ República
1793→ ┼ Luís XVI
1795→ Remata Rev. Francesa
1804→Napoleón emperador
1805→Batalla Trafalgar
1806→Bloqueo económico
1807→ Tratado de Fontainebleau
1808→Guerra de Independencia Española

1. O reinado de Carlos IV (1788-1808)


1.1. Impacto Rev. Francesa
• O reinado de Carlos IV estivo moi condicionado pola revolución francesa. En
Francia a situación era moi complicada, había unha gran crise económica.
Trataron de modificar a proposta fiscal para facer que a nobreza pagase impostos.
O rei convoca os estados xerais para introducir a proposta. Discuten que nos
estados xerais en vez de ser un voto por clase social, sexa 1 voto por individuo. A
clase privilexiada, que están en contra, pídelle o rei que peche o parlamento. Os
outros representantes o encontrarse a sala pechada foron a sala do lado e
declararon asemblea nacional nunha sala que era utilizada para xogar a pelota, e
de alí ven o pacto da pelota.
• Cando Carlos IV sube o trono e ve o que lle esta pasando a Luís XVI, fai que o
ministro Floridablanca leve a cabo unha política represiva. Cando Floridablanca e
destituído , sube o poder o ministro de Aranda, que intentou achegarse e colaborar
con Francia.
• O rei Luís XVI colaboraba cos nobres franceses no exilio, co fin de intentar que o
monarca volvese a ter os mesmos poderes. Cando este foi descuberto, destitúeno,
crean a República e o guillotinan a el e a súa familia.
• Despois disto, Carlos IV destitúe o conde de Aranda e toma o seu posto Manuel
de Godoy. Levara o poder de 1792 a 1808.
• Europa manda tropas ós nobres franceses exiliados e créanse a coalicións.
2 Contra Fr. Revolucionaria
Coalicións 7 5 contra Fr. Napoleónica

• Guerra de convención e cando se forman as coalicións e España forma parte, pero


gañan os revolucionarios. Ante tal indefensión, fírmase o tratado de San Idelfonso
, no que Francia dicía que non atacaría a España, pero España estaba expensas de
Francia.
1.2. Intervención de Napoleón:
• 1805→Trafalgar: Napoleón entra como emperador en 1804, xa que e promovido
para dar un golpe de estado. Crease o triplo consulado: (tres persoas) e
proclamase cónsul vitalicio para ser mellor que os demais. Propóñense que se
proclame emperador de Francia e, en 1804 fíxoo. Promoveu un código civil, no
que había mistura do Antigo Réxime e o liberal. GB quería un equilibrio de
forzas, e sempre loitou contra os franceses.
• Francia organizou unha guerra contra GB xunto con España, e fíxose a escuadra
conxunte. En Trafalgar, enfrontáronse coincidindo con temporal e boa
organización. GB queda como a mellor dos mares, e a escuadra española queda
case a cero. O comercio con América tamén se resinte.
• 1806→Bloqueo económico: Napoleón trata de prexudicar GB, onde xa estaba
comezando a rev. Industrial. Declarase o bloqueo económico contra GB.
Prexudicou a Europa, xa que a produción ía para as colonias. Tamén segue o
comercio polo contrabando. A economía europea se resinte así como o proceso de
revolución. Portugal non respecto o bloqueo e comerciaba cos británicos.
• 1807→ Tratado de Fontainebleau: Tratado sobre a basea da conquista adxunta a
Portugal entre España e Francia. Como non podía ir vía marítima, tiña que pasar
por España vía terrestre. Neste tratado divídese Portugal en tres partes:
 O norte seria para os reis de Etruria ( a raíña de Etruria era
unha princesa española).
 O centro para os reis de Portugal, a cambio de territorios.
 O sur seria para Godoy.
• Ó conquistar Portugal, as tropas francesas non se marchan das principais cidades
españolas e é cando queda claro que Napoleón quere invadir a Península.
• 1807→ Conspiración do Escorial
2. Guerra da Independencia
2.1. Inicios da guerra: do Motín de Aranxuez o 2 de Maio
o 1808→ Motín de Aranxuez. Godoy crea un plan se as cosas van a peor.
Trasladar os reis de Madrid a Aranxuez. En Marzo de 1808 ten lugar o
motín de Aranxuez. As clases populares, instigadas polos privilexiados
provocan a abdicación de Carlos IV en favor o seu fillo Fernando VII.
Este comeza a gobernar (19 de Marzo de 1808). Despois da súa renuncia,
Carlos IV escribe unha carta a Napoleón, na cal lle pide axuda para
recuperar o trono. A principios de Maio, Napoleón chama a Carlos IV e
Fernando VII en Baiona, onde van ter lugar as entrevistas de Baiona ou as
Renuncias de Baiona. Napoleón engana a ámbolos dous para que cada un
renuncie o trono sen o outro sabelo, e o trono queda para Napoleón.
Despois da renuncia, Napoleón publica un decreto no que declara o seu
irmán, Xosé Bonaparte, como rei de España.
o O pobo de Madrid, o día 2 de Maio, levantase en armas contra as tropas
francesas que estaban en Madrid. Os franceses, a duras penas, controlaron
a situación. A noite do 2 ó 3 e o 3 de maio fusilaron a todos os que
participaron na revolta.
o O día 24 de Maio comeza a guerra da independencia, cando toda España
se mobiliza e ata o exercito levántase.
2.2. Organización da resistencia: As Xuntas
Xunta Suprema Central Gobernativa
Xunta suprema Provincial
Xuntas locais
En cada territorio formábanse unhas xuntas, chamadas xuntas locais.
A xunta suprema central gobernativa era dirixida por Floridablanca.
Esta coordinaba as provincias que, a súa vez, coordinaban as locais. Os
que formaban parte das xuntas eran personalidades (burgueses,
clero...) que eran elixidos polo pobo.
As Xuntas coordinaban a actuación na loita contra os Franceses.
2.3. Reinado de Xosé Bonaparte
Napoleón chama a Baiona a personalidades (burgueses, notarios...) para
que o secunden. Danse 3 situacións:
o Os que están de acordo con Xosé Bonaparte e creen que na
asemblea íanse discutir cousas beneficiosas pa España. Eran
coñecidos como os afrancesados, posto que eran os que
colaboraban con Francia, se trata dun termino despectivo.
o Tamén houbo xente que acudira á forza, porque senón perdían o
traballo.
o Houbo xente que a pesar de ser citada non foi.
Os que foron a asemblea xuraron lealdade o novo monarca e a
constitución feita por Napoleón para España. O pobo non a entendía como
constitución española.
2.4. Desenvolvemento da Guerra
Napoleón era un gran estratega e introduciu novas estratexias, por iso
gañou parte de Europa. Cando chegou a España topáronse coa guerrilla. O
día 24 de Maio comezan as revoltas populares, o exercito xuntase e
comeza a guerra. As xuntas locais coordinaban as partidas de guerrilleiros.
Ás partidas ían homes, eran formadas espontaneamente e ían ó monte.
Eran de 30 a 90 homes por partida. As partidas eran lideradas por homes
que sabían como liderar un grupo, e eran chamados comandantes. Se
daban situacións nas que o comandante eran curas ou campesiños
analfabetos. O elemento clave das partidas era a sorpresa posto que, eran
moi rápidos. Cando cumprían o seu obxectivo, íanse cada un para a soia
casa. Unha guerra entre partidas e exercito esta abocado a un perpetuo
empate, pero grazas a intervención do exercito inglés, España vence.
Fases da guerra:
I. Fase. E cando ten lugar a Batalla de Bruc e a de Bailen e Xosé I
tivo que marchar de Madrid. → (xuño-nov. 1808)
II. Fase.→ (nov. 1808-xuño 1812). O dominio Francés de Galicia
durou uns meses. En 1812, Napoleón quere conquistar Rusia, e
colle 400,000 homes da península. Perde miles de homes por
culpa do inverno ruso. Isto favorece que podan entrar os
británicos para desfacer o empate (60,000 homes)
III. Fase→(xuño 1812-dec.1813) Expulsión dos franceses por parte
do exercito británico ó mando do duque Wellington.
En Decembro de 1813, Napoleón firma o Tratado de ValenĢay, polo que
deixa que Fernando VII volva ser rei. Napoleón non marcha ata a
primavera de 1814.
Os franceses destruíron pontes, roubaron obras de arte, talaron olivos,
incendiaron fabricas... de feito que Fernando VII tivo que facer un
importante papel pero non o conseguiu.

3. As Cortes De Cádiz: revolución liberal


• A partir de estas cortes saíu a primeira Constitución Española.
• Segundo avanzaba a guerra, a xunta suprema central cae en descrédito. Un grupo
de liberais a cuestionan e basean unha alternativa: Reunir unhas cortes e buscar
unha solución.
• A xunta suprema central gobernativa opta por desfacerse. Aparece a Xunta de
rexencia (reina durante a ausencia do rei). O grupo de liberais seguía premendo e
a xunta de rexencia decide que se reuniran cortes en Cádiz.
• Cádiz nunca foi conquistada por Napoleón dada a orografía e que GB
subministraba por mar. Alí teñen lugar As Cortes de Cádiz (1810-1814)
Representaban o inicio do liberalismo en España. Aproveitouse a ausencia do rei
e fíxose de forma pacífica.. Houbo problemas ó levalo a practica.
• Aplicouse un sufraxio universal masculino indirecto. As eleccións tiñan base
electoral na parroquia. O pobo elixía a uns compromisarios que, na capital da
provincia, elixiron os deputados entre eles. Chegado a un punto non había os
deputados necesarios para comezar as Cortes por iso apareceu o sistema de
suplentes (elixir suplentes dos deputados que faltaban, para iso facían un censo da
cidade de Cádiz dos orixinarios dunha provincia, entre eles se elixían os
suplentes)
• Se falou de filosofía política. Estábanse a construír as bases dun novo réxime
liberal. O pobo de España non tiña nin idea do que estaba a suceder en Cádiz. O
pobo era moi conservador. No 1814, cando chega Fernando VII , anula as cortes.
• As Cortes reuníronse unhas 1,300 veces. Estaban formadas por 14 nobres, e so 5
deles eran alta nobreza, os demais eran fidalgos. Mais do 40% eran clérigos.
• O sistema de traballo das cortes era que os que tiñan mais ou menos ideas afíns se
xuntaban para decidir o que ían a dicir nas cortes. Había autentico fervor por
cambiar o sistema de goberno.
3.1. Constitución de 1812
Aprobouse o 19 de Marzo de 1812. Popularmente coñecidas como “ A
Pepa” posto que foi inaugurada o día de San Xosé..
A constitución e a lei mais importante que ten un pais, posto que están
todos os principios polos que se rixe e funciona. Esta é utilizada, despois,
para crear as leis. España foi o terceiro pais en ter unha constitución, por
detrás de Francia e Estados Unidos.
As diferentes constitucións cambian en...
Soberanía:
Nacional:o día da votación, o pobo ten a soberanía
nacional. O representante que gañe representa o pobo e
entón, convertese en soberanía nacional. O elixido pasa a
ser o depositario da soberanía (o parlamento)
Compartida: o rei ten algo de poder, compartiu coas cortes.
Isto fíxose porque os liberais españois crían que pasar dun
réxime absolutista a un liberal era moito cambio de golpe.
Sufraxio: universal ou censatario.
Universal:votan todo o pobo
Censatario: so votan unha parte da poboación. O que pague
certos impostos poderá votar. Hai un mínimo de impostos.
Separación de poderes
Al liberades do pobo (dereito a libre expresión...)
Confesionalidade do estado: a cuestión relixiosa. (Na constitución
de 1812 o estado declarase confesional, que defende a relixión
católica)
Traballo en Cádiz: elaborar decretos para negar o Antigo Réxime.
• PRINCIPIOS BÁSICOS DA CONSTITUCION DE 1812
Soberanía Nacional (cortes teñen a soberanía)
Sufraxio censatario indirecto (criterio fiscal, o que pague
un certo diñeiro en impostos pode votar)
División de poderes: lexislativo, executivo, xudicial
Monarquía constitucional, con Fernando VII como único
rei lexitimo.
Igualdade dos cidadáns ante a lei.
Liberdades, excepto de culto.
Milicia nacional
• Os decretos mais importantes foron as leis de señoríos, a liberdade
de prensa e a abolición da inquisición.
• A lei de señoríos anula os señoríos en España. ( 2 tipos; territoriais
e xurisdicionais) Se abolen os vasalos e as prestacións(obrigas que
o vasalo/campesiño tíñalle que facer o señor gratis) Pasase de
señoríos a propiedade particular o señor pasa a ser propietario. Os
privilexios exclusivos, primitivos e privativos quedan abolidos e
quedan a libre acceso dos pobos.
• Durante esta época a Constitución non se aplica, e todo teoría.

4.) Reinado de Fernando VII

• Ten tres etapas:


◦ Sexenio Absoluto (1814-1820)
◦ Trienio Liberal (1820-1823)
◦ Década Absolutista ou Ominosa (1823-1833).

• Fernando VII estaba no exilio, e no 1813, o acabar a guerra, Fernando volve a


España como rei. Napoleón estaba case acabado, e en 1814 Europa vence en
Waterloo a Napoleón. As potencias europeas reúnense no congreso de Viena
(1814-15). A partir de aquí xorde a época da Restauración. Neste Congreso, as
potencias queren volver a situación política anterior á Rev. Francesa.
Nel discútese:
◦ O trono francés, quere que regresen ós Borbóns, e que continúe o
seu reinado en Francia.
◦ Voltar as fronteiras europeas como estaban antes da Rev. Francesa.
Tratan de remodelar o mapa europeo.
◦ Restaurar o Antigo Réxime.
◦ Teñen dos principios básicos a respectar:
◦ Lexitimimo: so podían ser monarcas lexítimos aqueles ós que lles
corresponde.
◦ Intervencionismo: Se nalgún pais existe un brote de liberalismo ou
volta haber unha revolta, as demais potencias europeas xuntaranse
nun congreso e decidiran de que forma actuar ou intervir, para
acabar coa revolución.
• Os deputados(liberais) das cortes de Cádiz tiñan medo e non confiaba en que o rei
adoptase a Constitución. Desta forma, enviaron xente para intentar que, cando
Fernando VII cruzase a fronteira, firmase a Constitución. Sen embargo, non
puideron chegar a falar con el posto que había moita xente. O que chega a
Fernando VII é unha carta duns realistas (absolutistas), que é o manifesto do
persas, que instaba ó rei a recobralo absolutismo. Piden que se convoquen unhas
novas cortes para decidir o futuro de España. Co Decreto do 4 de Maio, Fernando
VII é proclamado finalmente rei,e nega a Constitución, e voltase ó absolutismo.

4.1.) Sexenio Absoluto (1814-1820)

• Houbo certa represión política. Cando Fdo. regresou, a economía era un desastre.
Ademais, nas colonias de América, empezaron a independizarse. Deixan de vir
moitas materias primas e impostos das colonias. Por ultimo,o, moitos dos
ministros eran ineficaces. Cando se fala do seu reinado, chamase tamén como o
de Camarilla ( antesala da cámara real) posto que alí se reunía con personaxes moi
variados e falaba de temas moi variados. Se cree que esa camarilla puido influír
negativamente.
• Houbo un problema de deflación, os prezos caen porque a xente non merca, xa
que non tiña diñeiro (as moedas eran de ouro e prata, e xa non viña de América).
Ademais a nobreza deixa de pagar impostos.
• Houbo liberais que conseguiron manter vivo o liberalismo de forma clandestina, e
aparecen as sociedades secretas por toda Europa. Entre as sociedades secretas
destaca a dos Masóns, que estaba sempre conspirando. O seu lema era o da Rev.
Francesa (liberdade, igualdade, fraternidade). Tiña moitos símbolos.
• Quérese recoñecer o papel que xogaron os “comandantes”das guerrillas, e entran
no exercito. Para os militares de carreira era un desprezo, e protestaron ó rei. Fdo
rebaixou o grao destes e mandáronos a lugares pouco coñecidos.

• En España comezáronse a preparar conspiracións contra Fernando VII. Estes son


os primeiros pronunciamentos militares. Tiñan tres protagonistas: Militares,
burguesía e os liberais.
◦ Burguesía: eran os primeiros interesados no liberalismo político, para poder
ter o liberalismo económico e libre comercio. Son os que poñen o diñeiro.
◦ Liberais: Crean a ideoloxía para o levantamento, con panfletos...Son os que
aportan a ideoloxía, ideas básicas, a organización e coordinación.
◦ Militares: de oficialidade media (tenente, comandantes...) con ideas liberais.
Algúns destes eran os que foran rebaixados de grao ( participantes da guerra
da independencia). Intentan cambiar o sistema político.
• Diferencias entre pronunciamento e golpe de Estado:
◦ Pronunciamento: militares que se pronuncian para cambiar o sistema político,
pero non queren o poder, que o pobo elixa os gobernantes.
◦ Golpe de Estado: os militares que cambian o sistema, pero para poñerse eles ó
poder.
• Case todos os pronunciamentos fracasaban pola falta de apoio e a mala
organización.
• Coruña estivo moi involucrada no apoio do Liberalismo, pero houbo moitos
fracasos.

4.2.) Trienio Liberal (1820-1823)


• 1820 → En Sevilla, Rafael del Riego e Quiroga levantase e triunfa (mal
preparado, pero triunfa). Este será o inicio do trienio liberal.
• Había uns 5,000 homes preparados para ir a América, pero estaban esperando un
barco. R. Del Riego, ofrece cambiar a situación dos homes dicíndolles que ou se
unían e apoiábano, ou se ían a América a loitar o Liberalismo, e posiblemente
morrer. Os militares aceptan a oferta e apoiárono. Mais cidades levántanse e, en
182, triunfa o levantamento. O rei ten que acatar a Constitución de 1812 se quere
seguir sendo rei. Fernando VII autoriza o goberno liberal. Ponse fin a Inquisición,
liberalizase o comercio.
• Fernando VII publica o manifesto da nación en 1820 no que acepta a
Constitución.
• Organizase a milicia nacional, que é unha forza cívico-militar formado por
voluntarios, coa finalidade de manter a orde pública e defender o réxime
constitucional.
• Fracasa, o réxime constitucional, por:
◦ Minoría liberal, posto que eran moi poucos. O pobo mantense o marxe, posto
que non tiña sentimento liberal. Ademais, había enfrontamentos entre eles,
Moderados (doceañistas) e Exaltados (moderados veinteañistas) dados os anos
nos que actuaron. [ Coa aparición de Isabel II aparecen moderados e
progresistas. A finais do s. XIX son os liberais e conservadores].
Os moderados querían ir pouco a pouco, pero os exaltados querían cousas
rápidas.
◦ O funcionamento do sistema: non eran capaces de facelo funcionar posto que
non estaban claras todas as funcións a seguir.
◦ Oposición absolutista: por parte da nobreza e do clero. Empezan a crear
guerrillas absolutistas ou realistas (sobre todo no norte).
◦ Oposición dos campesiños: querían que os liberais cumprisen a súa promesa
de darlles a súa propia terra. Xa que as medidas liberais non se cumprían, non
lles dan as terras.
◦ A situación expándese a sitios de Europa, e con constitucións. En 1822
celebrase o Congreso de Verona, e decídese intervir en España. O obxectivo e
crear un exercito para vencer os liberas. Os franceses poñen moito empeño en
erradicar o liberalismo en España, e crease o exercito Os cen mil fillos de San
Luís. O pobo recíbeos cos brazos abertos e o acabar a guerra, os franceses,
marchan de España. Acaba o réxime liberal e Fernando VII volta ó trono.

4.2.1.) Independencias Latinoamericanas.


▪ Entre 1810-24 España perde tódolos seus territorios en América menos
Cuba, Filipinas, e Porto Rico (1898).
▪ As colonias toman a ideoloxía liberal, e tomando como exemplo a
EE.UU., e a súa axuda económica e militar independízanse.
▪ Para España, isto supón a súa fin, e deixa de contar politicamente a nivel
internacional. Déixanse de obter materias primas e impostos.
▪ España perde o status como potencia internacional.

4.3.) A década Ominosa (1823-33)


• Fernando VII anula a constitución e volve o réxime absolutista. Levase a cabo
unha depuración política na que os liberais volven a ser perseguidos. Houbo unha
gran represión. A sociedade foi moi controlada, e ata cérranse universidades.
Segue a crise económica.. Os liberais seguían enfrontándose a Fernando VII pero,
por primeira vez, parte dos sectores realistas/absolutistas opoñíanse a el, posto
que Fernando VII ten que recurrir os liberais moderados para os postos de
goberno. Todo o mundo estaba na súa contra. Como Fdo.VII tiña problemas de
saúde e non tiña descendencia, os realistas queren que Carlos Mª Sidro (irmán de
Fernando VII) sexa rei.
• Fernando casa en 1830 coa súa sobriña, Maria Cristina.
• Para non crear problemas por se ten descendencia feminina, decide publicar a
pragmática sanción, que anula a Lei sálica (vixente desde Filipe V).
• Ten unha filla, Isabel. Carlos Mª e os seus seguidores (carlistas) non querían que
esa lei se aplicase. Estes esperaron, e provocaron a guerra Carlista, do 1833-29.
Esta guerra civil iniciouse o pouco de morrer Fernando VII (1833), seria gañada
por aquel que tiña mais seguidores.
• Cando Fernando VII morre, Isabel tiña 3 anos.