A restauración absolutista de Fernando VII

En 1813 tralo tratado de Valença, no que Napoleón devolve a coroa a Fernando VII, este retorna a España para continuar co seu reinado, no que predominará a defensa da soberanía absoluta e da preeminencia do poder real sobre persoas e institucións, tentando realizar con isto, unha “restauración absolutista”. Nela, distinguiremos tres períodos: o Sexenio absolutista (1814-1820), o Trienio liberal (1820-1823) e a Ominosa Década (1823-1833).

A chegada en 1814 de Fernando VII a España ocasionou dúas posicións ben diferenciadas con respecto á súa idea de restauración: os que a apoiaban e os que estaban en contra. Os deputados servís das cortes, é dicir, os Persas, realizaron un manifesto en favor da restauración, pedindo a abolición da constitución e a volta da monarquía absoluta, apoiandose na idea do período de anarquismo vivido sen monarca, onde todo foi un caos, para darse conta da necesidade dun gobernante: “era costume dos antigos Persas pasar cinco días de anarquía despois do falecemento do seu rei, a fin de que a experiencia dos asasinatos, roubos e outras desgrazas lles abrigase a ser máis fieis ao seu sucesor” xunstificándoa con ideas cercanas as de Hobbes: “ a monarquía absoluta (...) é unha obra da razón e da intelixencia posto que foi establecida por dereitos de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron os seus reis (...) por iso foi preciso que o poder soberano fose absoluto, para prescribir aos súbditos todo o que mira ó interese común” Tamén os eclesiásticos do alto clero, debido ó temor que infundía neles a ideoloxía liberal, que ameazaba os seus intereses, apoiaron á restauración, asó como os altos cargos do exército ou amplias capas da poboación que consideraban a Fernando VII “o desexado” porque temían ós cambios e estaban moi influídos pola igrexa: “viva a Relixión, viva o noso soberano Fernando VII, viva o santo padre Pío VII, viva España, vivan os leais españois, morra Napoleón, morra a constitución, morran os libertinos e viva a Inquisición” As resistencias viñan da man de deputados liberais das cortes de Cádiz, da burguesía, que se interesaba polo cambio económico liberal para adquirir protagonismo social e político, e dos cadros inferiores e medios do exército (cabos, sarxentos, coroneis, comandantes...), que reclamaban ascensos profesionais, sendo partícipes da mentalidade liberal. Neste bando levaronse a cabo unha serie de levantamentos militares contra o goberno (pronunciamentos) “obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar ós oidos do rei, asediado a todas horas polos seus conselleiros (...), tomamos a terrible pero indispensable resolución de reclamar coas armas na man o que se negou ás nosas solicitudes (...) unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e na que se garantan tanto as prerrogativas do trono como os dereitos da nación” Estes pronunciamentos non tiveron moito éxito debido á forte represión exercida contra eles, sendo a maior parte dos seus organizadores detidos ou executados. Sen embargo en 1820, o pronunciamento de Riego, en Cabezas de San Juan, realizaou un chamamento á nación e ó exercito para levantarse contra o rei coa fin de que firme a Constitución. Este, casi obrigado, a xura nun manifesto á nación española no que prima o medo e o cinismo: “Españois: a vosa gloria é a única que

desexa o meu corazón (...) Marchemos francamente, e Eu o primeiro, pola senda constitucional” Frecuentemente a oposición burguesa e o exército organizábanse en sociedades secretas contra a Restauración, como a Masonería, onde profesaban principios de fraternidade mutua, organizándose en loxias cuxa divisa era a “Liberdade, Igualdade, Fraternidad”. Con todo isto, neste período de seis anos (Sexenio), o labor político do goberno actuou en dúas liñas principais: anulou a obra lexislativa das Cortes de Cádiz, derogando a Constitución (1814), restablecendo os Señoríos xurisdicionais (1814) e a censura, que acabou coa liberdade de imprenta (1815) e implantando de novo a Inquisición para restablecer os poderes absolutos do rei; Pola outra banda promoveu unha dura represión contra os constitucionalistas pechando universidades, teatros e períodicos e suprimindo a liberdade de asociacións, así como perseguindo ós defensores da Constitución. Pero, debido ao pronunciamento de Riego antes mencionado, Fernando VII tivo que xurar a Constitución, abrindose con ella un novo período: o Trienio liberal, que contará cunha revolución burguesa. Os gobernantes liberais volveron a poñer en vixencia toda a lexislación aprobada polas Cortes de Cádiz tanto política como socioeconómica, que abolía definitivamente a Inquisición, creaba unha Milicia Nacional como forza de orde pública e un proxecto de reforma provincial que non foi rematado. Tamén se suprimiron os conventos de menos de vintecatro membros e desamortizáronse e vendéronse os vens da Inquisición, das ordes Militares e dos conventos suprimidos. Ademáis iniciaron un proxecto de ensino público que tampouco foi rematado. No ambiente sentíase un forte sentimento revolucionario, manifestado en aspectos coma himnos (o de Riego: ”Soldados, la patria nos llama a la lid; juremos por ella vencer o morir” ou en cancións populares “ tú servilón trágala, tú que no quieres la constitución”. Sen embargo as diferenzas entre liberais en temas como as modificacións na constitución, o poder do rei ou a soberanía nacional, deron lugar á aparición de dúas correntes ou tendencias diferenciadas: os moderados (doutrinarios) e os exaltados (progresistas). Por outra banda a intervención internacional de potencias absolutistas europeas para “restaurar a lexitimidade dinástica” no congreso de Verona, ou a entrada de tropas francesas en España (os 100.000 fillos de San Luís) dirixidos polo duque de Angulema e apoiados por partidas de voluntarios realistas españois, sumado ós problemas entre liberais citados anteriorimente, causaron o fracaso do Trienio, dando paso a un período de dez anos, nos que primará de novo a restauración en nos que a dinastíaa entrará en crise. Unha vez recuperado o poder absoluto, Fernando VII decreta a abolición de todas as leis e institucións creadas durante o Trienio liberal e leva a cabo unha dura represión contra os liberais, eliminando os seus elementos da administración e do exército, executando ós participantes en pronunciamentos ou conspiración (texto 18, páxina 219) e sometendo á sociedade ó control da policía e dos corpos Voluntarios Realistas, formados polos defensores do absolutismo, da relixión e da tradición. En 1826, a catastrófica situación económica e as dificultades secesoriais para que o rei teña un fillo varón, conducen a Fernando VII a iniciar unha tímida moderación na súa política. Para elo prantexa reformas liberais contrarias ós grupos de poder do

Antigo Réxime e deroga a “Lei Sálica”, que daría coroa á súa filla Isabel fronte ás aspiracións de Carlos, o irmán de Fernando VII. Por outra banda fórmanse grupos de apostólicos ou realistas puros que se van agrupando arredos de Carlos e fracturan o bloque absolutista. Fernando VII e a súa muller Mª Cristina buscan apoios entre os liberais máis moderados e realízan tímidas reformas, como a apertura de universidades ou a amnistía (que extingue da responsabilidade penal dos delitos cometidos). En 1833 remata o reinado de Fernando VII coa súa morte, que da paso a Iª Guerra Carlista, derivada do choque de intereseses entre os defensores da lexitimidade de Isabel II, os liberais chamados “Isabelinos” e os partidarios de Carlos, os realistas denominados “Carlistas”. Con todo, os liberais terán unha nova oportunidade de recuperar o poder.

Ángela Alonso