You are on page 1of 24

Ter Química

REVISTA ÚNICA DO SP COMBATENDO A QUIMIOFOBIA

maio
2011

"E así serán mellores os teus laureis


serán máis ulorosos os sulfatos,
máis azul o azul de metileno
e máis doce a paz da quinina". PABLO NERUDA
Entalpías
Esta publicación é un dos resultados do traballo do seminario permanente: Combatendo a Qui-
miofobia coas TICS, integrado por:BARROS BORRAJO, JOSÉ ANTONIO / BECERRA GIL,FRANCISCO JOSÉ /
FERNÁNDEZ PENA, MARÍA CONCEPCIÓN NIEVES / LOSADA RODRÍGUEZ, LUIS / RODRÍGUEZ MÉNDEZ,
MIGUEL A. / ROMÁN FERNÁNDEZ, BENEDICTO , desenvolvido co asesoramento do CEFORE de Ponteve-
dra, que xurdeu no contexto de terse producido un feito, de ter experimentado e sentido unha
percepción e despois de ter constatado e afirmado un convencemento:

O feito refírese a que a Asemblea Xeral da ONU proclamou a este ano 2011 como Ano Internacional
da Química para concienciar aos cidadáns do mundo das importantes contribucións desta ciencia ao
benestar da humanidade. Este feito foi determinante para iniciar o deseño do proxecto e,
posteriormente, para candidatarse á convocatoria dos seminarios permanentes dentro do plano anual
de formación do profesorado que desenvolve a Consellería de educación e O.U. Achamos que, dende a
nosa humilde contribución, non habería mellor ocasión para iniciar un proxecto de intento de
dignificación da imaxe social da Química.
A percepción, xa longamente demorada no tempo, de que na sociedade, e polo tanto no ámbito
social estricto do noso alumnado, está fixada a idea de que a Química, en xeral, é a responsable de
grande parte dos problemas de contaminación ambiental, dos numerosos accidentes de consecuencias
catastróficas que por veces se producen e da introdución do concepto de artificial, perigoso e nocivo en
contraposición ao concepto de natural, bon e saudable. En definitiva tíñamos, e temos, a percepción de
que existe un forte sentimento negativo e de rechazo deica a ciencia química no que se veu en producir
como un estereotipo social coñecido pola denominación de quimiofobia.
O convencemento de que a sociedade no seu conxunto, e o noso alumnado en particular, ignora os
grandes avances, e as importantes contribucións que o decorrer da ciencia química aportou para o
benestar das persoas e da sociedade e para permitir o grao de desenvolvemento económico e de
conforto do que hoxe gozamos, nomeadamente nos campos da saúde, do ambiente, da enerxía e dos
novos materiais.
O SP remata nesta hora, pero mantense vivo e atento en http://terquimica.wordpress.com/, alí
nos atoparedes e alí estaremos tratando de aportar optimismo na visión da Q.
Pontevedra, maio 2011

2
Q TODO É QUÍMICA

A Q DO DESEXO
Ah ! O desexo da Química ! Non, non,
non, digamos a Química que está por trás
do desexo. Si, si, sábese que na base desa
forza primitiva, irrefrenable e imprevisble
está a nosa ciencia.

Segundo din, primeiro é o factor visual


(todo entra polos ollos !) mais, a seguir,
deseguida entran en xogo o bom humor, o
ton de voz e o cheiro. Ah ! o cheiro. E que
hai detrás do cheiro? ...

O valor económico da Q
Dentro das moitas utilidades da Q está, tamén, a súa valía económica. O feito é que pode ser
usada para garantir o desenvolvemento sustentable dun país mediante a investigación en materiais
e procesos que posibiliten o rexistro de patentes.

Esta parece ser a teima da famosa química chinesa Vivian Wing-Wah Yam, que nunha reportaxe
feita no xornal “El Pais” por Malen Ruiz de Elvira, verque a idea da importancia de xenerar patentes
para o seu país. E neste campo, como en tantos outros, a Química está nunha situación

3 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


TODO É QUÍMICA Q

É posible vivir sen Química?


Abonda con ollar ao noso redor, con observar a nosa actividade
cotián e a vida dos demáis para decarse que non. Non, non seria
posible a nosa existencia, tal e como a coñecemos, sen o concurso
da ciencia central, da Química. Da ciencia que estuda a estrutura,
composición, propiedades e transformación das substancias. Da
ciencia que estuda a materia que nos circunda e que a transforma
mediante o concurso das reaccións químicas. Da ciencia que o
mesmo estuda as características de determinado polímero co que
se fabrican os chips, que a composición e estrutura de
determinado material descuberto nas últimas
excavacións arqueolóxicas ou mesmo as
propiedades de
determinado meteorito.
Consecuentemente, a
Química forma parte de
todos os aspectos da nosa
existencia, das nosas
tarefas diarias, desde a
máis simple até a máis
complexa, desde a
preparación e asimilación
dos nosos alimentos ata a
conservación da vida no
planeta.

útiles de laboratorio
Aspectos tales como o
coñecemento e comprensión da
estrutura da materia, das
macromoléculas que realizan as
funcións e os procesos
bioquímicos máis elementais,
tamén os máis complexos, das
reaccións químicas que están na

4 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
É posible vivir sen Química?

base da explicación dos mecanismos que regulan a vida, da


enerxía que se precisa para que esta se manteña e da regulación
dos procesos metabólicos máis comúns, son deudores da ciencia
experimental que liga a base e estrutura física dos seres vivos co
seu mecanismo e función biolóxica.
Para alimentar e facilitar o
benestar dun número cada vez
maior de persoas foi necesario
inventar novos materiais, como os
plásticos e os polímeros, que
permitiron o desenvolvemento de
amplas capas sociais, producir
novos fertilizantes e pesticidas
precipitando e acrescendo os
procesos naturais, controlando e
aminorarando as pragas e as
doenzas das prantas, poñer en
práctica as técnicas do frío
relacionadas coa conservación de
alimentos, descubrir novas
substancias farmaceuticas que
melloran a nosa saúde e prolongan a vida e deseñar novos procesos
industriais para xenerar a enerxía e os produtos capaces de
manter todo o ciclo económico e produtivo no que está baseado a
sociedade actual. O reto para o futuro será substituir os procesos
químicos contaminates e nocivos para o medio ambiente por
outros respectuosos e que contribúan a diminuir os efectos da
contaminación nas súas diferentes modalidades e formas. Pasar
dunha química industrial na que o coste medioambiental estivo
mais ben ausente a outra na que o teña en conta para construir
unha química benigana, sustentable e facilitadora de vida.
Todos os recursos, bens, gozos e praceres que a natureza nos
subministra son o resultados de átomos e moléculas, de procesos
de transformación e formación que a Química foi quen de
descubrir, estudar e comprender para poder melloralos e polos a
disposición dun número cada vez maior de persoas. A Química
tamén está directamente relacionada co establecemento do
xenoma humano, da secuenciación das bases do ADN e figura na
base da síntese e obtención dos máis diversos remedios e
medicamentos que palían o efecto das enfermidades, tratando de
imitar aos procesos biolóxicos naturais cando non mellorándoos
para permitir a curación das doenzas e aumentar o benestar e a
saúde da populación.

5 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


TODO É QUÍMICA Q

En forma coa Q
Grecia foi a primeira civilización que máis alto, máis forte”, define unha das
considerou o deporte como unha parte calidades intrínsecas do ser humano:a
indispensable no desenvolvemento do propia superación.O mellor coñecemento do
ser humano, pero en todas as culturas corpo humano e a conseguinte mellora das
apareceron vestixios de costumes técnicas de adestramento axudaron a lograr
deportivos, costumes que ás veces o obxectivo de superación. Pero é
estaban relacionados coa igualmente certo que moi a miúdo hai que
competitividade entre pobos. agradecer os resultados acadados a
mellora da calidade tecnolóxica do
A práctica dalgún deporte é moi
beneficiosa para a saúde das persoas.
Segundo a Asociación Española de
Pediatría de Atención Primaria, xa
dende a primeira infancia é importante
a participación en actividades
deportivas para propiciar un
desenvolvemento normal.
Ademais de ofrecer a posibilidade
de adquirir destreza nalgunhas
tarefas, o deporte fomenta o
desenvolvemento físico, psicolóxico e
social, aumenta a capacidade para
tomar decisións e favorece a
autoestima. Por se todo iso fose
pouco, a práctica do deporte
proporciona unha experiencia moi
reconfortante a nivel psicolóxico xa equipamento e dos materiais de que está
que incrementa a produción de feito, é dicir,a a química.
serotonina, a denominada “hormona
do pracer” que dá lugar a unha grande Grazas aos polímeros, hoxe en día
sensación de benestar e optimismo. disponse de equipamento deportivo de
Está demostrado que a práctica de extrema elasticidade, e de roupa e calzado
exercicio durante 30 minutos polo con gran funcionalidade. Por outra banda,
menos tres días á semana mellora os materiais poliméricos posibilitan unha
algúns trastornos mentais como a gran redución de peso do equipamento.
depresión ou a ansiedade. Esta evolución desenvolveuse ata o punto
de que na actualidade, sen os materiais
• Unha actividade que evoluciona poliméricos, apenas sería posible alcanzar
novos récords.
Ao longo do tempo todo os deportes
foron evolucionando tanto na propia • O noso corpo é química.
práctica como nas marcas batidas. E
é que o lema olímpico “ máis rápido, O Corpo humano é tamén unha
fascinante fábrica química, onde

6 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q TODO É QUÍMICA
constantemente ten lugar unha desinfectalas, unha esterilización que evita
complexa mestura de reaccións, numerosas enfermidades.
xesto aínda máis evidente cando se
fai deporte. As melloras no rendemento dos atletas do
noso tempo tamén veñen con un mellor
Non hai máis que pensar na coñecemento do funcionamento do seu
intensa sensación de fatiga que se corpo. Este
ten nas pernas tras unha longa coñecemento ten
carreira, cuxa causa adoita ser permitido
unha acumulación de ácido láctico adestradores e
nos tecidos musculares. Outra médicos para crear
forma de fatiga débese ao programas de
esgotamento das reservas de formación eficaz a
glicóxeno nos músculos. Esta medida para cada
sensación resulta en gran parte da atleta. Hoxe
actividade química do noso corpo e estamos facendo
é moi bo que a sintamos do malabarismos con conceptos tales como os
contrario seguiríamos a realizar exercicios isotónicos e isométricos, ou
esforzos ata morrer de reaccións aerobias e anaerobias. Estas
esgotamento. Por el, a arte e o cuestións son complexas, pero están
misterio do deporte consiste deseñados para os atletas a adestrar máis
precisamente en adestrar o corpo conscientes e máis sintonizados coas
de cada un para facer retroceder os necesidades do seu deporte en particular.
límites da fatiga. Non se require o mesmo adestramento se é
velocista, un esforzo intenso a curto prazo,
A medicina leva moito tempo que se queres correr unha maratón, esforzo
interesándose polo deporte e en de longa duración.
concreto no desenvolvemento de
tratamentos axeitados para os
deportistas coa axuda fundamental • Materiais sintéticos con infinitas
de a química, a farmacia e a posibilidades
industria cosmética
En fin, a química contribúe a manter a
Hai moitas contribucións da saúde do deportista, a provelo de mellor
química que axudan a protexer a material e equipamento deportivo e mesmo a
saúde do deportista en forma de combater o mal uso que se poida facer dela.
fármacos, quen non coñece o spray Por outro lado, aínda que os polímeros
milagroso dos masaxistas que se cambiasen e mesmo revolucionado os
utiliza cando un xogador recibe un deportes en moitos aspectos, as posibilidades
golpe, trátase dun produto que dos materiais sintéticos están lonxe de ser
provoca un arrefriamento brutal do esgotadas. Mentres o desenvolvemento dos
músculo aportando un alivio materiais convencionais, na súa maioría,
provisional. chegou aos seus límites, segundo algúns
científicos o uso dos polímeros alcanzou só o
Pero hai prácticas que polo feito 15% do seu potencial. Este panorama ofrece
de ser habituais pasan inadvertidas. un amplo campo á innovación que permite
Por exemplo podería ser a adición enxergala aplicación en moitos deportes de
de cloro a auga das piscinas para produtos feitos de materiais
macromoleculares.
7 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011
TODO É QUÍMICA Q

Química na cociña
Non existe outro lugar onde acontezan tantos e tan fabulosos misterios
como na cociña. Alí é onde mezclamos, quentamos, enfriamos, conxelamos,
desconxelamos e ocasionalmente queimamos
un increíble surtido de materiais de
orixen animal, vexetal e mineral.
Baixo activi- dades tan sinxelas
e fa- miliares
acontece n algunhas
trans- formacións
real- mente extraor-
dinarias, transforma-
cións coas que os
alquimis tas só
fantasea rían, pero agora
somos capaces de
explicar en términos sinxelos,
xa que sabemos da existencia
das moléculas.
Sabemos o que acontece cando ferve a auga nun caldeiro?
Escoitamos que cando agregamos sal a auga, esta incrementa a súa
temperatura de ebullición, si esto sucede, de onde procede o calor extra?
Canto máis tempo pasa un ovo o lume máis se endurece. Agora ben, si en
lugar dun ovo utilizo unha pataca, esta se
resblandecería. Que terá o calor para producir
efectos tan distintos nos alimentos.
Por que podo fundir o azucre e non o sal?
As respostas a estas e outras preguntas
están na Química.

8 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Industria química e cociña

O chef Santi Santamaria provocou unha áspera


controversia, con algúns dos seus compañeiros desde
aquel día que criticou o “espectáculo mediático”,
protagonizado por algúns restaurantes, que “enchen
os seus pratos con xelificantes e emulsionantes de
laboratorio, é claro” o divorcio conceptual “que ten
con Ferran Adria.
Santamaria di que non ten ningún problema persoal
co seu compañeiro Adriá, que é respectado como
profesional, pero el dirixe a súa crítica a ser un dos
responsables da introdución da industria química en
restaurantes, para a que se opón. “É un gran
profesional, polo que sinto respecto, pero de quen
síntome moi lonxe na súa concepción da cociña e da
súa ética”, dixo Santamaria de Adrià, na
presentación do seu libro A cociña vista, en Madrid.

“Eles enchen os seus pratos con xelificantes e


emulsionantes de laboratorio.

[Youtube =
http://www.youtube.com/watch?v=4Hg
9q3mRg9A&feature=player_detailpage]

“Ten sentido: é el quen realmente é o


portador da presente proposta, e quen
lexitima productos que estan no
mercado” no que Santamaria
propietario e chef do restaurante El
Raco de Can fabes, non comparte.
Como exemplo, pon o INICON, un
instituto que participa Adrià e, con
“50% dos fondos públicos da
Comunidade Europea e 50% das
industrias químicas estimulan a
investigación que os avances destes
produtos aditivos alimentarios
penetren na alta cociña “.

9 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


A enerxía nuclear de fisión
A Química tamén ten que ver co grave o argumento do menor custe do Kw.h
accidente nuclear acontecido como nuclear fronte a outras alternativas se
consecuencia do tremor, e posterior tsunami, englobamos, como parece inevitable a
que aconteceu en Xapón hai poucos días. Os partir de agora, nos custes de
coñecementos químicos están na base da
tecnoloxía asociada ás centrais nucleares de
fisión. O que xa non é responsabilidade da
Química, senón das persoas que toman decisións
en todos os niveis en base a informes e
coñecementos de ciencia básica e de
dictámenes técnicos, é o que a seguir se relata.

Ate que o goberno de Xapón non recoñeceu a


existencia de fugas radiactivas nun dos
reactores da central nuclear de Fukushima,
debido á apertura dunha fenda na vasixa do
reactor como consecuencia da explosión que
tivo lugar dentro do edificio de contención, os
defensores da enerxía nuclear de fisión tiñan
moi serios argumentos, malia a magnitude da
catástrofe que acontecera ata eses momentos,
para seguir a defender a súa necesidade e
idoneidade para producir enerxía eléctrica, é xeración, os provocados para facer
dicir, serias razóns para continuar a defender a fronte a catástrofes desta natureza.
súa existencia.
Haberá quen, a pesar de todo, siga a
optar por esta forma de obter a
necesaria enerxía, mais deberá facelo
Tratábase dun reactor nuclear de primeira
dando una explicación satisfactoria a
xeración que tiña soportado un dos maiores
qué facer se nos enfrontamos, de novo,
incidentes ou eventos que se puidese ter
a unha situación similar á acontecida.
imaxinado no momento do deseño dos sistemas
Os custos en seguridade poderían ser
de seguridade: un tremor de 9,0 graos na escala
tales que fixesen prácticamente
de Richter e un posterior sunami de proporcións
inasumible calquera inversión dunha
espectaculares. Non eran necesarias máis
empresa privada para construir novas
probas para constatar a seguridade deste tipo
centrais.
de instalacións. A central nuclear tiña resistido
en condicións extremas dificilmente imaxinables.

Pero todo cambiou cando se recoñeceu a Daquela, estará máis perto a tan
evidencia de fugas radiactivas. Ya non vale a ansiada solución da obtención da
comparación interesada afirmando que non enerxía eléctrica a partir da enerxía
estabamos fronte a outro Chernobil. Con nuclear de fusión, toda vez que é de
escape radiactivo continuo á atmosfera, por esperar que os recursos para a
pequeno que este sexa, a situación con que se investigación, desenvolvemento e
avalía o incidente cambia radicalmente. posta en práctica aumenten de forma
significativa.
Ademáis, xa nunca máis debera ser admisible

10 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q TODO É QUÍMICA

Os alimentos son productos Q

As veces se compara a química coa cociña


. É verdade, a aplicación de calor as
comidas causa reaccións químicas, que
dan como resultado alteracións químicas
nas que esperamos mellorar a textura,
sabor e dixestibilidade. Pero a arte de
cociñar non é só unha habilidade, senón
que reside en saber cales son os
ingredientes "reactivas", mesturar e de
que xeito mesturalos e manipulalos para
obter os cambios químicos máis
gratificantes. Ten pouco de novela como
unha definición dun dos maiores praceres
da vida? Claro que si. Pero o certo é que os
alimentos son produtos químicos.
Carbohidratos, graxas, proteínas,
vitaminas e minerais, todos están
compostos por pequenas unidades
químicas chamadas moléculas. Estas
moléculas realizan funciones distintas na
gran variedade de reaccións químicas
complexas que chamamos “cociña”.
Xunto aos nutrientes primarios hai moitas
outras -substancias químicas- que
atopamos cando cociñamos, non coas as
implicacións terribles que ás veces recoñecemento de que
aparece esta frase para os adversarios aos finalmente os nosos
aditivos alimentarios. Pero, como alimentos son só
produtos químicos.

11 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q nos medios Q

Quimifobia. Programa Redes.


¿Quimifobia? Química en la vida cotidiana
Contaminación, drogas y venenos. Cuando pensamos en química
acuden a nuestra mente ideas negativas y productos perjudiciales para
nuestra salud. Diferenciamos entre lo natural y lo químico elogiando los
beneficios de lo que proviene de la naturaleza en detrimento de lo creado por
el hombre. Pero, ¿tiene algún fundamento este odio hacia lo químico?

John Emsley, químico y escritor de varios libros de divulgación científica,


afirma que igual que hay cosas naturales que son dañinas también
encontramos en la química cosas que no causan ningún daño. El mundo
químico parte del natural. Muchos de los nuevos fármacos que esperamos que
acaben con algunas de las enfermedades de este siglo, se encontrarán en la
naturaleza y se transformarán en la industria química y farmacéutica para
nuestro beneficio.

Y es que la química está en todo. Desde que nos despertamos hasta que nos
acostamos la química nos persigue. No sólo la encontramos en los productos
creados por el hombre sino que nuestro cuerpo también es química. Un
ejemplo son nuestro “sentidos químicos”, el gusto y el olfato, percibimos
sabores y aromas gracias a la química.

Para ilustrar la importancia de la química en nuestras percepciones el


programa contará con diversos reportajes dedicados al vino, los perfumes y la
cocina donde la química es fundamental para crear nuevas texturas, sabores y
fragancias. También veremos como la química de los sentidos permite el
desarrollo de dispositivos artificiales que, imitando la función de nuestra nariz
o lengua, identifican olores y sabores y realizan análisis muy precisos de las
características de los productos.
[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=NIzTKq_Ddhs&fs=1&hl=es_ES]

12 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q UN POUCO DE
HISTORIA

Unha bonita historia. De onde ven todo...?


A Química segue a desenvolver procesos nos que os ladrillos que
compoñen a materia a baixas temperaturas teñen unha orixe nas

a unha forma de vida intelixente que mediante


a súa manipulación é quen de obter materiais
que marcarán unha liña de progreso ao longo
O COMENZO da historia da humanidade.(1)

Podemos ver nas estrelas, ademais dun


espectáculo fascinante e marabilloso que se
Onde empeza todo…?. Esta é unha nos mostra nas noites claras, as fontes que
fermosa historia que comeza nos fornos aportan ao Cosmos os “elementos” necesarios
nucleares das estrelas, a unhas para que poida existir todo. Estes elementos
temperaturas inimaxinables, onde están a químicos, persoeiros importantes da nosa
formarse os elementos químicos máis historia,
pesados que o hidróxeno. Estes elementos, atopámo
no final da vida estelar, e no caso de los na
estrelas masivas coa súa expulsión ao Terra, e
espazo interestelar, pasan a ser parte das son a
zonas que chamamos nebulosas, e que base da
serán o punto de partida na formación de grande
novas estrelas coma o noso Sol. Estas diversida
estrelas serán o centro de sistemas nos de de
que probablemente tamén se formarán materiais
planetas, algúns rochosos, que terán que
moita importancia na nosa historia. A existen
protagonista que chamamos química, será na natureza e de moitos outros que obtemos
a encargada de facilitarnos os materiais cada día. Aquí é onde se fai presente a nasa
marabillosos dos que estamos feitos todos protagonista: “a Química”.
os seres vivos, e daqueles que somos quen
de obter para o noso uso e beneficio.

A morte das estrelas é a fonte da que


brotan os elementos que seguen ao
hidróxeno en número e masa atómica.
Estes elementos químicos fórxanse no
O SEGUNDO CAPÍTULO DA
interior das estrelas ao longo da súa vida. NOSA HISTORIA
Resulta difícil imaxinar que aquí resida a
orixe de todo, e que mediante
combinacións destes elementos se chegue Definimos “química”, do grego “khemeia”,

13 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
De onde ven todo?. Un pouco de historia
como a ciencia da natureza que estuda primeira transformación que nós chamamos
a estrutura, propiedades e “reacción química”. Esta reacción que
transformacións da materia a nivel estudamos como reacción de combustión
atómico e molecular. podemos resumila como:

As primeiras experiencias dos


humanos coa transformación da
materia parten das súas necesidades Materia orgánica (restos vexetais) + osíxeno
vitais, como por certo segue a ocorrer ―> Dióxido de carbono + auga + “enerxía”
na actualidade. O primeiro encontro co
lume, que sen dúbida lles causaría
terror, foi a partires de procesos Neste capítulo da nosa historia foron
naturais. Fenómenos como as importantes as primeiras transformacións
tormentas secas que acontecen de químicas no eido alimentario, como a
xeito puntual tiveron sen dúbida unha obtención de queixos a partires do leite, viño
influencia primordial . O dominio do a partires da uva, ou outras coma a obtención
lume para poder utilizalo no seu de tinguiduras vexetais. O cobre e ouro que se
beneficio, foi a primeira actuación no atoparon nativos, permitiu o seu uso na
escenario desta representación, e que fabricación de obxectos ornamentais e
permitiu o seu uso en múltiples distintos utensilios.
facetas, das que sen dúbida moi
importantes foron as primeiras Con máis elaboración e en épocas máis
transformacións químicas coma a recentes a química permitiu a obtención do
obtención de metais a partires de bronce, aliaxe de estaño e cobre, que é máis
minerais . maleable que o cobre e ten mellores
calidades para fabricar obxectos como fouces
A industria do ferro supuxo un dos ou espadas.
primeiros grandes avances da
humanidade. Na idade do ferro os Tamén avanzamos na fabricación de
humanos desenvolveron unha industria alimentos e bebidas coma a cervexa mediante
moi importante en torno a este fermentación de cereais. Estamos ante unha
elemento que permitiu a fabricación de molécula (etanol) formada por só tres átomos
utensilios de todo tipo como foron diferentes que tivo a súa presenza intensa e
armas e múltiples instrumentos que continua na historia da humanidade xa desde
facilitaron o desenvolvemento desta épocas moi antigas. A súa identificación como
cultura. As propiedades deste metal, substancia pura tardaría aínda moitos anos. A
coñecidas só de xeito empírico primeira referencia a unha forma de alcohol
entonces, permitiron utilizalo para destilado atopámolo nos escritos do chino Ko
darlle forma coa axuda lo lume segundo Hung, no século IV despois de Cristo. Os
as necesidades. alquimistas na idade media, coa fabricación
de múltiples utensilios de vidro fixeron
Pero non adiantemos habituais este método de separación por
acontecementos. A mesma presenza do destilación. Considerárono como o “elixir da
lume estaba a ensinarlle aos nosos vida”. O descubrimento do alcohol destilado
antepasados algo do que tardariamos en occidente atribúese a Ramón Llull.
moitos anos en ser conscientes, a

14 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
De onde ven todo?. Un pouco de historia
Outro paso importante neste capítulo deste metal foi causa de grandes esforzos na
foi o que conduzo á fabricación do vidro época da alquimia. Todo o traballo
polo que este material supón na historia desenvolvido na época dos alquimistas, xunto
da humanidade. O proceso de elaboración a fabricación de utensilios utilizados nas
consiste en fundir sílice obtida a partires síntese de distintas substancia, permitiu o
da area ou do cuarzo, e utilizando posterior desenvolvemento dunha “ciencia”
carbonato ou sulfato de sodio para fundila chamada química.
e pedra de cal, ata solidificar esta
mestura. O proceso de elaboración No
remóntase a unha época entorno ao 1500 debuxo
a.C. por artesáns asiáticos posiblemente podemos
para fabricar abelorios, e cobrou moita ver un
importancia ata o ano 1200 a.C., cando se alambique
traballaba a man usando moldes. O vidro de metal,
soprado desenvolveuse a partires do no que se
século I antes de Cristo. Ao longo do pode
tempo empregouse en xoiería, pero observar a
tamén moi importante foi na fabricación presenza dun sistema de refrixeración na
de recipientes, na industria e na parte superior. Podemos ver tamén figuras
arquitectura. que representan dous alambiques de vidro e
unha retorta (centro).

O coñecemento da natureza coa


A ALQUIMIA. OS identificación dos elementos constituíntes de
PRECEDENTES DA QUÍMICA todas as cosas, e establecer as súas
propiedades características e formas de
manipulación son as tarefas as que se
Aínda que na historia da alquimia encamiña todo o traballo dos alquimistas.
podemos distinguir a corrente china e a
Na súa época obtivéronse elementos
corrente occidental ao longo de miles de
químicos coma o fósforo e sintetizáronse
anos, falamos de alquimia e das súas
substancias descoñecidas ata entonces.
achegas ao desenvolvemento da química
Algúns dos alquimista islámicos aportaron
como da alquimia islámica onde se
descubrimentos e técnicas moi importantes
recollen os primeiros manuscritos. A
como é a técnica da destilación e o
alquimia utilizou basicamente a
coñecemento dos importantes ácidos
experimentación pero sen aplicar o
sulfúrico, nítrico e muriático (clorhídrico),
método científico. Algunhas das súas
ademais da sosa e a potasa. Descubriuse o
explicacións foron un intento de
poder da auga rexia(mestura dos ácidos
sistematizar os coñecementos da época.
clorhídrico e nítrico) para disolver incluso ao
Unha parte do seu empeño estivo en ouro. Todo o seu traballo estivo rodeado dun
obter ouro, un material perfecto e halo de obscurantismo, secretismo e misterio
incorrupto moi por riba dos chamados no que os coñecementos eran gardados e só
metais inferiores ou impuros, mediante a transmitidos aos adeptos. Segundo Geber
“transmutación”. O grande atractivo (s.VIII-IX), un dos máis célebres alquimistas
árabes, non hai que permitir que a facilidade

15 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
De onde ven todo?. Un pouco de historia
coa se pode obter ouro leve ao adepto que a materia primordial se supera en ouro.
a revelar o secreto. Ademais, xa terás lido o que Geber considera
que todos os metais están constituídos de só
O alquimista máis influínte na xofre e mercurio. Segundo este outro punto
Europa Medieval foi Roger Bacon ao que de vista, nada se opón tampouco á
se atribúe ser o iniciador na busca da posibilidade de ennobrecer os metais ata
“pedra filosofal” e do “elixir da vida”, convertelos en ouro. ¡Claro, sempre e cando
se atine co segredo para poder modificar a
proporción de estes principios en cada metal
baixo! (2)

O hermetismo e segredismo desta época


retrasou moito os avances na química.
Tivemos que esperar ata finais do século XVII
para desterrar as ideas da alquimia, pero
aínda así supuxo un pulo importante xa que
herdamos moitos dos seus métodos
experimentais.

medicina que pode eliminar as


SALTO DO EMPIRISMO AO
impurezas dos metais corruptos ao MÉTODO CIENTÍFICO.
igual que pode eliminar a
corruptibilidade do corpo humano e así
ROBERT BOYLE, UN QUÍMICO
prolongar a vida. MODERNO.
No diálogo entre frei Giraldo e so seu
discípulo Zenón, no libro “ de la Robert Boyle (1627-1691) Considerado o
alquimia a la química” de Teresa de la primeiro científico en deseñar experimentos
Selva resúmense as ideas da alquimia : baixo o método científico explicando os
“nota tamén que a meta da opus é o procedementos utilizados, desmentiu as
ouro alquímico, non só o ouro teorías dos alquimistas, eliminou os
metálico, se non o alquímico, é dicir fundamentos da pedra filosofal dos
conxuntamente a materia primordial, alquimistas e presentou os primeiros
así como soa. Aristóteles tamén fundamentos da modernidade da química no
aceptou esta teoría que sostén que seu tratado “El químico escéptico” no 1667.
todo o que vemos, incluídos os catro
elementos, son só condensacións e No seu estudio do comportamento dos
enrarecimentos dunha materia ou gases impulsou a idea da existencia dos
substancia única. Este é claramente átomos. A súa definición de elemento
outro punto de vista,e desde el, diría (substancia inmutable e indestrutible)
que a nosa meta é atopar a forma en aproxímase á que utilizamos hoxe como os

16 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
De onde ven todo?. Un pouco de historia
constituíntes da materia. Utilizou o familias, formadas por aqueles que teñen
termo “partícula” para describir a características e propiedades químicas
realidade e o cambio. Estableceu a semellantes, e por orde crecente de masa
idea de composto químico atómica. Deseñou a táboa de xeito que os
(combinación de elementos) elementos clasificados horizontalmente
clarexando a diferenza co concepto de presentaban agrupacións verticais de
mestura. elementos da mesma “familia” con
propiedades químicas semellantes.
A química está a piques de dar o seu
paso definitivo a categoría de ciencia. Lothar Meyer, independentemente de
Mendeleiev, utilizou a periodicidade de
propiedades físicas coma os puntos de fusión
e de ebulición, os volumes atómicos para
establecer unha clasificación que lle
permitiu graficar pesos atómicos.
A TÁBOA PERIÓDICA. UN
PASO DEFINITIVO A contribución deste dous científicos ao
desenvolvemento da química permitiu dar un
enorme salto, xa que estableceron as regras
de xogo, que permitiron unificar nunha
Estamos no momento álxido da nosa
táboa o que aparecía de xeito disperso e sen
historia na segunda metade do século
conexión ata entonces. A partires dos ocos
XIX.
presentes na táboa Mendeleiev puido
Tabla Periódica Mendeleiev 1872. predicir a existencia de elementos aínda non
Wikijon coñecidos aos que chamou eka-aluminio, eka-
boro e eka-silicio ( galio, escandio e
A química acadou a súa maioría de xermanio), e deixou establecido a existencia
idade. Sentaríanse as bases que de outros que deberían ocupar os ocos da
enfilaron a química por un camiño sen táboa.
volta atrás.
A ordenación dos elementos por masas
Dimitri Mendeleiev no 1869 atómicas crecentes, pronto presentou
baseándose nas propiedades químicas dificultades, xa que varios elementos
dos elementos estableceu a súa estaban fóra do lugar que debían ocupar na
clasificación sistemática nunha táboa táboa. Henry Moseley, químico inglés,
precursora da actual táboa periódica. aportou a solución ao descubrir mediante o
Publicou o libro “relación das estudio do espectro de raios X de 50
propiedades periódicas dos elementos elementos, a súa “lei de números atómicos”.
e dos seus pesos”, establecendo unha Determinou que os átomos de cada elemento
lei periódica para os 63 elementos caracterízanse por ter un número
coñecidos que quedan clasificados en determinado de protóns no núcleo que
orde crecente dos seus pesos atómicos, chamou número atómico. Despois de
que hoxe chamamos masas atómicas. organizar os elemento segundo o número
atómico crecente comprobou que se
Mendeleiev resume a súa lei solucionaban os problemas que presentaba a
periódica distribuíndo os elementos en ordenación por masas atómicas.

17 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
De onde ven todo?. Un pouco de historia
divulgación dos traballos dos científicos
desenvolveu na práctica a contribución
ONDE ESTAMOS?. A teórica da química cuántica.
QUÍMICA CUÁNTICA. Que papel xoga hoxe a nosa protagonista?.
CARA O FUTURO. Que contribución presta ao desenvolvemento
da sociedade e ao progreso da humanidade?.
Ten algo que ver coa mellora na calidade de
Pero que fai hoxe a química?. vida?. Estas preguntas teñen a súa resposta
Volvendo a definición que xa vimos facendo un rápido repaso a todos os ámbitos
como unha ciencia experimental que da nosa vida nos que está presente algún
estuda a estrutura da materia, as súas proceso químico.
propiedades e cambios, entendemos
cada vez mellor que o
desenvolvemento de técnicas de Entre algúns dos campos nos que ten
traballo sofisticadas e específicas, contribuído teñen importancia o
laboratorios cun instrumental cada vez farmacéutico coa aspirina, a penicilina e a
máis específico, técnico e potente en síntese de novos fármacos que están
cálculo e análise, deseñado e aportado aumentando a expectativa de vida. Na
pola tecnoloxía, permite á química dar industria téxtil, branqueadores e fibras
un salto no estudo da materia que fai artificiais con calidade que superan en
necesario a súa especialización en moitos casos á dos produtos naturais coa
moitos campos relacionados con outras síntese de polímeros e fibras moi lixeiras e
ciencias coma a física, a bioloxía,a resistentes . Na industria aeronáutica,
medicina, arqueoloxía, a xeoloxía entre aeroespacial, do automóbil e da alta
outras. velocidade, produtos plásticos e cerámicos
en substitución do aceiro. A agricultura
Linus Carl Pauling foi un dos teóricos
actual utiliza fertilizantes praguicidas,
no que se coñece como química
herbicidas e hormonas. Os novos deterxentes
cuántica. Traballou na explicación da
máis respectuosos coa natureza,a
natureza dos enlaces químicos e foi un
perfumería,a cosméticas, os colorantes,
dos fundadores da bioloxía molecular.
pigmentos, pinturas, disolventes. Materiais
O feito de
na industria audiovisual como as pantallas
de cristal líquido, fibra óptica. Na medicina
coa obtención de novas próteses,
válvulas... No
campo da
industria do frío e
a refrixeración.
No eido
enerxético a
contribución da
desenvolver técnicas de traballo
química está
baseadas en instrumentos ópticos
contribuíndo á
como a espectroscopía,
loita contra o cambio climático reducindo o
espectrometría, xunto coa mellora na
uso de combustibles fósiles coa síntese de

18 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Q
De onde ven todo?. Un pouco de historia
produtos utilizados na mellora da
eficiencia das placas fotovoltaicas, na
construción de aeroxeneradores, pilas
de combustible, etc… No campo das
enerxías novos produtos químicos
melloran a actividade industrial e
construtiva.Podemos asegurar que a
química está presente en todos os
ámbitos das nosas vidas.

Jorge_Wastenberg no eloxio da
química por encargo de Peter
Fehlheman, naquel momento director
do Deutsches Museum, no seu punto
tres escribía:” a química inventa novos
materiais “a carta”. A historia da
civilización pode escribirse como a
historia do dominio da materia (Idade
da Pedra, Idade do Ferro, Idade do
Bronce….). Nun principio tratábase de
elixir os materiais segundo as súas
propiedades así chamadas naturais.
Hoxe a ciencia deulle a volta a esa
situación. Pode arrincar dunha lista de
(anheladas) propiedades e buscar logo
un material, inexistente
espontaneamente na natureza, que as
luza (plásticos, materiais con memoria
de forma, ferrofluidos,
semicondutores, supercondutores,
fluídos electrorreolóxicos, plasma…).

Chegamos ao final da nosa


historia…?,non. É unha historia que se
escribe cada día e que continuará a
escribirse mentres as estrelas nos sigan
a brindar eses materiais que permitan a
existencia desta civilización . Non
sabemos o que acontece fora deste
fermoso recuncho do Universo. Quizais
o avance da ciencia en poucos anos nos
desvele novos e fermosos mundos, nos
que a protagonista desta historia tamén
seguirá a desenvolver un papel
fundamental e imprescindible…

19 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


TODO É QUÍMICA Q

O valor económico da Q
Dentro das moitas utilidades da Q está, tamén, a súa valía económica.
O feito é que pode ser usada para garantir o desenvolvemento
sustentable dun país mediante a investigación en materiais e procesos
que posibiliten o rexistro de patentes.

Esta parece ser a teima da famosa química chinesa Vivian Wing-Wah


Yam, que nunha reportaxe feita no xornal “El Pais” por Malen Ruiz de
Elvira, verque a idea da importancia de xenerar patentes para o seu
país. E neste campo, como en tantos outros, a Química está nunha
situación inmellorable, non por algo lle adoitan chamar a “ciencia
central“.

Fotosíntese artificial
Que é a fotosíntese artificial?
A fotosíntese artificial e a enerxía “limpa”.
A fotosíntese artificial ou a búsqueda do catalizador.
A fotosíntese artificial e a iluminación eficiente.
A fotosíntese artificial xa proporciona premios.

Diodos emisores de luz orgánicos


Dos led aos oled.
A iluminación con oled.
Contrucción dos oled.

Células fotovoltáicas orgánicas


O coste da enerxía solar con células fotovoltáicas orgánicas.
O futuro das células fotovoltáicas orgánicas.
Síntese de novas moléculas (taxol, materiais luminiscentes)
Taxol
Materiais luminiscentes

20 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Química na agricultura
O sulfato e o xofre no cultivo da viña
lambrusca (Vitis sylvestris), especie da que
por selección derivou a actual Vitis vinifera
1. O sulfato e o xofre no coas numerosas variedades.
cultivo da viña No século III os romanos xa
constituíran as bases dos grandes viñedos
europeos, asentados ao longo dos amplos
1.1 A vide vales fluviais. Estas primeiras viñas sufrirían
o efecto devastador dos pobos bárbaros; e
Unha das primeiras plantas que o non recobrarían o seu esplendor ata a Alta
home domesticou. A vide foi considerada Idade Media, cando as ordes monásticas
polos antigos sumerios como a “árbore da volven a impulsa-la plantación de viñas. Así,
vida”. Recentemente atopáronse pousos de por exemplo, podemos relaciona-lo albariño
viño en fragmentos de ánforas sumerias o do Val do Salnés co mosteiro de Armenteira,
que garante ó viño unha antigüidade de seis o Rosal co mosteiro de Oia, e o Ribeiro cos
mil anos, na zona oriental do mediterráneo. mosteiros de Oseira, e San Clodio.
Seu cultivo foi potenciado por gregos e
romanos nas rexións occidentais, entre elas a O cultivo do viñedo chega ao seu
Península Ibérica, onde xa os primitivos máximo esplendor nos séculos XV e XVI,

Viñas en Beade. Ribeiro de Avia

poboadores cultivaban a vide ventureira ou cando o viño -o máis famoso era o blanco de

21 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Ribadavia- converteuse nunha das maiores
riquezas do Ribeiro, exportándose por toda
España e Europa, a Francia, Portugal, Italia 1.2 O sulfato
e especialmente a Gran Bretaña. Co sulfato combatese
principalmente o mildeu (Plasmopara
No século seguinte, esta situación
viticola), fungo de orixe americana que ataca
próspera vai desaparecer, cando prohíbese a
a todas as partes verdes da planta: follas,
exportación do viño a Inglaterra. Os ingleses
brotes e acios; con maior intensidade nas
instaláronse entón no Oporto, en Portugal,
primaveras chuviosas e quentes. Os sulfatos
onde se adicaron ó cultivo e crianza de viños
clásicos empregados para combater o mildeu
e creouse así a maior competencia para os
son preventivos, polo que os tratamentos
nosos viños, que quedaron orfos e limitados
deben ser aplicados antes de que o fungo
os mercados galegos.
ataque. Na actualidade os funxicidas
O chega-lo século XIX os viñedos foron sistémicos e penetrantes poden atallar o
afectados polo ataque de oidium, que en ataque do mildeu despois de que aparece o
pouco tempo diezmó as plantacións ; no ano primeiro síntoma da enfermidade. Este
1861, dez anos despois da praga, repartiuse primeiro síntoma é a aparición nas follas
xofre e foles gratuitamente entre os dunhas manchas aceitosas. En fases máis
campesiños, demostrando a eficacia do avanzadas aparece, pola parte de abaixo da
tratamento. De novo, no ano 1885, invadiu folla, un polvillo blanco, e tamén aparece
os viñedos o mildeu, e precisaron aplicar un nos gromos, nas varas e nas uvas aínda sen
novo produto, o caldo bordelés, composto formar nos acios.
de sulfato de cobre, para combate-lo mal.
Estes tratamentos e man de obra para
aplicalos subiron moito o costo da
produción, e xa non era rentable o cultivo
da vide. Pero non acaban aquí os pesares das
nosas vides, senón que no ano 1892 comeza
a propagarse a filoxera (Phyllosera
vastratix), praga orixinaria de América, que
precisa para combatela, enxerta-la planta
sobre pés americanos.

En Galicia, actualmente, as 33.000


Has. de viñedos concéntranse
principalmente na metade sur, nos vales dos A denominación de sulfato dada aos
rios Ulla, Miño e os seus afluentes, das cales produtos que combaten o mildeu débese a
solo 150 Has. están nas ribeiras dos rios de que os primeiros tratamentos foron con sales
As Mariñas de A Coruña e no val do Navia na de cobre derivadas do acedo sulfúrico. O
provincia de Lugo, e 3.400 Has. nos vales do resultado era un sulfato chamado “caldo
Limia e Tamega, prolongación en Galicia dos bordelés”. Este produto obtíñano os
viñedos de ditos vales no veciño Portugal. viñateiros despois de disolver quilo e medio
de sulfato de cobre nun pipo duns 300 litros
É a vide un cultivo tradicional, clave
de auga , neutralizando a reacción con cal
na agricultura galega; representa o 6% da
apagada. A cantidade debe chequearse cun
superficie cultivada, sendo solo superado
papel indicador do pH. O exceso de acidez
polo cultivo de millo, pataca, faba e centeo.
implica ter que añadir mais cal.
A produción total de uva para vinificación é
do orde de 2.300.000 quintais, sendo a de Os tratamentos comezan cando os
viño de 1.500.000 Hectolitros. gromos apenas teñen dez centímetros de

22 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


Química na agricultura
longo e rematan dúas ou tres semanas antes da vendima, cun intervalo entre man e man de
sete a vinteún días. Non obstante debe realizarse tamén un tratamento ao inicio da floración,
xa que este período é moi sensible e calquera ataque pode ter graves consecuencias.

Antigamente dábanse, estes tratamentos, cunha vasoira vella, salpicando o sulfato


sobre as cepas.

Os produtos utilizados para el control desta enfermidade poden ser sistémicos,


aplicados hasta que a uva alcanza o tamaño dun chícharo ou de contacto, a base de cobre,
recomendables nos últimos tratamentos debido a súa persistencia. Outros produtos matan as
levaduras que son tamén fungos unicelulares, necesarios para a elaboración do viño.

O sulfato de cobre , tamén chamado sulfato cúprico (CuSO4), pedra azul, ou calcantita é un
composto químico derivado del cobre que forma cristais azules, solubles en auga.

O óxido de calcio, cal ou cal viva, é un composto químico de fórmula CaO. É unha
substancia branca, pulverizada, obtida a través da calcinación de rochas calcarias, submetidas
a altas temperaturas en fornos de cal.

A ecuación química desa calcinación fica así:

CaCO3 + calor ---------- CaO + CO2

O produto resultante da cocción é o cal vivo ou cal virxe, que é un produto sólido, branco,
amorfo aparentemente e inestábel ante a auga.

Para a obtención do cal hidratado ou cal apagado é necesario promover a reacción do cal
virxe coa auga, hidratando os seus óxidos, e está composto principalmente por hidróxido
cálcico (Ca(OH)2). A ecuación química desta reacción que produce un aumento de volume e un
desprendemento de calor é:

CaO + H2 O---------- Ca(OH)2 + calor

1.3 O xofre
Co xofre combátese o oidio (Uncinula necator), fungo que tamén ataca o froito e
partes verdes das vides. Este fungo é facil de identificar pois mostrase como cinsa branca,
sendo os seus ataques moi intensos nas primaveras frías e húmidas. Normalmente dánse tres
aplicacións que poden ser de xofre en pó, servíndose dun fol, ou con xofre micronizado disolto
en auga, nesta orde: cando os gromos teñen 5-6 cm, na esfarna (inicio da floración) e cando as
uvas acadaron o tamaño dun chícharo.

23 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011


O xofre é un elemento químico de símbolo S. A temperatura ambiente, o xofre encóntrase
no estado sólido. O xofre é facilmente recoñecido na forma de cristais amarelos que ocorren en
diversos minerais de sulfito e sulfato, ou mesmo na súa forma pura, especialmente en rexións
volcánicas.

Química e gastronomía. Páxinas para consultar


El gusto por la ciencia:
http://www.sebbm.com/pdf/166/d00166.pdf
Gastronomía molecular:
http://www.sebbm.com/pdf/166/d01166.pdf
Cocina al vacío y a temperaturas controladas:
http://www.sebbm.com/pdf/166/d01166.pdf
Comer: una experiencia sensorial compleja:
http://www.sebbm.com/pdf/166/d03166.pdf
Un bioquímico en la cocina:
http://www.sebbm.com/pdf/166/d04166.pdf
Entrevista con Hervé This: «Hay muy poca ciencia en la industria ali-
mentaria»: http://www.sebbm.com/pdf/166/e166.pdf

OPINIÓN

Balance al cerrar el año, por Miguel Ángel de la Rosa.


http://www.sebbm.com/pdf/166/ed166.pdf

24 SP: Combatendo a Quimiofobia. Pontevedra; maio 2011