Orixe e ideoloxía do Carlismo

Sendo o pobo español consciente da non lonxana morte do monarca absolutista Fernando VII, a partir de 1826 a dinastía entra en crise, pois o rei e a súa esposa María Cristina non tiveran ningún fillo varón, e aínda continúa en vigor a Lei Sálica instaurada no 1700 por Felipe V. Para pór solución a este inconveniente, o monarca abole en 1830 dita lei, puidendo proclamar deste xeito á súa primoxénita Isabel futura raíña de España. Pero esta medida trouxo consigo terribles consecuencias, pois o irmán de Fernando VII, Carlos de Borbón, apoiado polos denominados realistas puros, reclama a Coroa alegando se-lo lexítimo herdeiro. Tralo falecemento do rei en 1833, dará comezo a Primeira Guerra Carlista, que enfrontará ós partidarios de Carlos de Borbón, ou carlistas, contra os defensores da lexitimidade de Isabel II, ou isabelinos.

A orixe do carlismo, polo tanto, tivo lugar no seo da inestabilidade, en plena crise dinástica; para intentar evitar que prosperara a abolición da Lei Sálica, interese que queda perfectamente plasmado en Manifiesto que dirige al pueblo español una “Federación de Realistas Puros”, no 1826: “Españoles (...) por la casi consumada traición de nuestros gobernantes (...) el antiguo orden de cosas va a desaparecer”. A razón principal na que se baseaban os realistas puros para defender a Carlos V, era a súa lexitimidade, pois nunha sociedade en maior grao sexista e misóxena non consideraban adecuado deposita-la Coroa nas mans dunha muller, ó mesmo tempo que consideraban unha auténtica aberración á tradición o feito de aboli-la Lei Sálica, en palabras do propio Carlos V: “Bien conocidos son mis derechos a la Corona de España (...) y no puedo dudar que imitaréis mi ejemplo sobre la obediencia que se debe a los príncipes que ocipan legítimamente el trono”; sendo por este motivo polo que naceu o Carlismo (“...me esfuerzan a sostener y defender la corona de España del violento despojo que de ella me causó una sanción tan ilegal como destructora de la ley que legítimamente y sin alteración debe ser perpetuada”, Carlos V). Así mesmo, os ultrarrealistas teñen unha ideoloxía clara e oposta á dos isabelinos (pois estes eran liberais). Os carlistas defenden o absolutismo, pois son partidarios do tradicionalismo político; xa que o monarca absoluto ha de gobernar mediante o uso da razón e da xustiza, na búsqueda do ben común (“Pero sabéis, igualmente, que recaerá el peso de la justicia sobre aquellos que, desobedientes y desleales, no quieran escuchar la voz de un soberano y un padre que sólo desea haceros felices”, Carlos V). Así mesmo, son fieis ó clericalismo, sendo defensores por isto da “alianza entre o Trono e o Altar”, a isto afirma Carlos V: “No codicio el trono, pero la religión (...) me esfuerza a sostener y defender la corona de España”, pues se veían amenazados polas medidas liberais tales como a exclaustración. Outra característica propia da ideoloxía dos realistas puros é o foralismo, é dicir, a defensa das peculiaridades propias dos territorios fronte á homoxeneidade proposta polo liberalismo. Os foros do País Vasco e de Navarra serían eliminados nun réxime liberal (“Alaveses (...) a abolición dos nosos privilexios forais... é o estado fatal”, Proclama ós alaveses, de Verástegui), pero nunha monarquía absoluta serían conservados, como

promete Carlos V no Real Decreto de 1834: “Queriendo perpetuar este Muy Noble y muy Leal señorío de Vizcaya (...), he venido a confirmar y confirmo los fueros y privilegios de Vizcaya”, ou tal como indica o Artículo 1 do Convenio de Vergara, con fecha 31 de agosto de 1839: “El capitán general don Baldomero Espartero recomendará con interés al Gobierno el cumplimiento de su oferta de comprometerse a proponer a las Cortes la concesión o modificación de los fueros”. É loxico por isto que o Carlismo se sentira especialmente no País Vasco e en Navarra. Outra última, pero non menos relevante peculiaridade da ideoloxía carlista, é o temor dos ultrarrealistas ante as posibles reformas económicas do liberalismo. Este medo afecta principalmente ós pequenos propietarios e ós fidalgos, pois nun modelo económico de libre mercado, é dicir, rexido polo xogo da oferta e a demanda, estarían indefensos ante as crises, sen embargo, no modelo propio do absolutismo, os seus negocios se encontran máis protexidos. Tamén os campesiños máis pobres rompen lanzas na defensa de Carlos V porque sempre teñen o recurso das terras comunais (terras pertencentes ás localidades, que se lles permite traballar ós máis miserables), que son consideradas como un seguro de vida; e o liberalismo pretende privatizalas. Este temor queda patente no Manifesto que dirige al pueblo español una “Federación de Realistas Puros”; no 1826: “Nos estremecemos al considerar la audacia de esa peste de innovadores, liberales”. Tras este estudo da orixe e ideoloxía do Carlismo, se observa perfectamente a total oposición de ideas entre esta ideoloxía e a liberal; á vez que percibimos o alto grao de tradicionalismo, tanto político, como relixioso e social, pois os seus principios estaban recollidos no lema: “Deus, rei e foros”, lema propio dunha mentalidade anquilosada e retrógrada.

Mª Lourdes Vellón Nogueira Nº20 2ºBach.D