IES GARCÍA BARBÓN Rúa Antonio Fernández Pérez s/n 32600 Verín (Ourense) www.iesgarciababron.es ies.garcia.

barbon@edu.xunta.es Tlf 988 410379 Fax 988414434

C.M. INSTALACIÓN E MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO DE MAQUINARIA E CONDUCCIÓN DE LIÑAS-LOXSE (2000 horas)
Nivel: Formación Profesional de Grao Medio. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son: # Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos. # Obte-la producción en liñas automatizadas coa calidade, coa cantidade e nos prazos requiridos, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade. # Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.
Unidades de Competencia:

1. Montar e manter maquinaria e equipo electromecánico. 2. Montar e mante-los sistemas eléctrico e electrónico de maquinaria e equipo industrial. 3. Conducir e mante-lo equipo industrial de liñas de producción automatizadas. 4. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.
Horario do Ciclo no I.E.S. García Barbón : Horario de mañá: 8:40 h. a 14:20 h. Horario de tarde (luns e martes): 15:45 h. a 18:15 h.

Organización dos Módulos:

1º ANO: 1º, 2º, 3º Trimestre Módulos Electrotecnia Seguridade na montaxe e mantemento de equipos e instalacións Técnicas de mecanizado para o mantemento e montaxe Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos Página 1 de 3 215 290 Horas 185 55

IES GARCÍA BARBÓN Rúa Antonio Fernández Pérez s/n 32600 Verín (Ourense) www.iesgarciababron.es ies.garcia.barbon@edu.xunta.es Tlf 988 410379 Fax 988414434

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa Relacións no equipo de traballo pública Horas de Libre Disposición

80

55 80

2º ANO: 4º, 5º, 6º Trimestre Módulos Montaxe e mantemento mecánico Montaxe e mantemento eléctrico Conducción e mantemento de liñas automatizadas Calidade na montaxe e proceso Formación e orientación laboral Formación en centros de traballo Contorno profesional e de traballo: Este técnico integrarase nos servicios de mantemento de maquinaria e equipo industrial dos diversos sectores productivos e, no sector da fabricación de bens de equipo, nos procesos de montaxe estacionaria electromecánica da maquinaria e dos seus automatismos, nos seus procesos de ensamblaxe e instalación en planta e nos servicios posvenda, realizando asistencia técnica ó cliente, sempre dependendo organicamente dun mando intermedio. Así mesmo, poderase integrar como conductor de liñas de producción automatizadas, responsabilizándose da súa fabricación e do seu mantemento. En determinados casos, pode ter baixo a súa responsabilidade un grupo de operarios. Dado que as actividades de mantemento e reparación se desenvolven na práctica totalidade dos sectores productivos e non é posible relacionar exhaustivamente todos eles. Cítanse a continuación algúns dos subsectores onde este técnico pode desempeña-lo seu traballo: industrias extractivas, metalurxia e fabricación de productos metálicos, industria da construcción de maquinaria e equipo mecánico, construcción e montaxe de vehículos automóbiles, industria téxtil, edición e artes gráficas, productos alimenticios e bebidas ou parques de atraccións. En xeral desenvolve o seu traballo en grandes e medianas empresas. Página 2 de 3 55 55 380 Horas 220 185 145

IES GARCÍA BARBÓN Rúa Antonio Fernández Pérez s/n 32600 Verín (Ourense) www.iesgarciababron.es ies.garcia.barbon@edu.xunta.es Tlf 988 410379 Fax 988414434

Contorno funcional e tecnolóxico: Esta figura profesional sitúase funcionalmente en: # As áreas de execución do mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial. # As áreas de producción en procesos automatizados como responsable de liña, integrando as funcións de producción e mantemento. # As áreas de producción de fabricación de maquinaria realizando montaxe, instalación en planta e asistencia técnica. O contorno tecnolóxico da figura profesional, abrangue os campos de: # Montaxe e posta en funcionamento de maquinaria e equipo electromecánico e o seu automatismo. # Desmontaxe/montaxe e posta a punto, mantementos preventivo e correctivo, diagnóstico de avarías e reparación de maquinaria, equipo electromecánico e o seu automatismo. # Reparación e reconstrucción de redes de tubos e conductos para fluídos, eléctricas e de comunicación industrial. Os coñecementos están ligados a: # Mecanismos e elementos de máquinas. # Compoñentes eléctricos, electrónicos, pneumáticos e hidráulicos. # Operacións de mecanización básica. # Planos e esquemas, interpretación de normas e especificacións técnicas. # Tecnoloxía de soldadura. # Calidade para fabricación e mantemento. # Procesos de execución que impliquen o manexo de equipos para o diagnóstico, control e verificación para o mantemento de maquinaria e sistemas auxiliares e as técnicas e procedementos para a súa realización. # Propiedades dos materiais. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes: A título de exemplo e con fins de orientación profesional enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser desempeñados por esta figura profesional. De forma xenérica sinálanse os seguintes: # Mecánico de mantemento. # Electricista de mantemento. # Electromecánico de mantemento. # Montador industrial. # Conductor/mantedor de liña automatizada.

Página 3 de 3