FOLLA DE CÁLCULO (CALC

)

PROXECTO COFINANACIADO POR:

Federación EFA de Galicia CPR-EFA Fonteboa Cofinanciado por: Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información 1ª edición. Outubro 2006 Copyleft Autor: José Manuel Campos Gerpe Impresión: Imprenta Europa mail: ainfogra@efagalicia.org web: www.ainfogra.com Copyright-Copyleft © 2006. Federación EFA de Galicia Este documento está baixo a licencia Creative Commons Attribution - NonCommercial - ShareAlike - v.1.0: Permítese a copia, distribución e uso da obra, sempre e cando se recoñeza a autoría e non se empregue a obra con fins comerciais -- a non ser que se obteña o permiso expreso do autor. O autor permite distribuír obras derivadas desta só si se mantén a mesma licencia. Esta nota non é a licencia completa senón unha tradución orientativa da licencia orixinal completa que se pode atopar en: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/1.0/legalcode
FORMACIÓN Y PROMOCIÓN RURAL

PROXECTO COFINANACIADO POR:

openoficce.org calc

openoficce.org calc

> ÍNDICE
> abrindo calc > creando unha nova folla de cálculo > celas > abrir e gardar follas de cálculo > abrir varias follas de cálculo > sair e terminar > introducindo datos > insertar datos doutras follas > seleccionando un rango > seleccionando rangos de celas separadas > seleccionar, editar, copiar, pegar... > localizar e substituir información > configurando a páxina > bordos e fondo > cabeceira e pé de páxina > inserir follas de cálculo > quebas (saltos de páxina) > ocultar folla de cálculo > renomear, mover follas de cálculo > fórmulas de máximo, mínimo, contar e lóxicas > fórmulas matemáticas > anidando varias fórmulas > configurar e aplicar autoformatos > protección de celas > ordenar a información > gráficas > tutorial > exercicios 1 3 3 4 4 4 5 7 8 8 9 10 11 12 13 14 15 15 16 16 17 18 18 19 20 20 21 33

Office e dentro deste pincharemos sobre OpenOffice.org.org Calc.org engádense no menú Inicio de Windows.org calc 1 > Abrindo CALC WINDOWS As iconas para iniciar as aplicacións de OpenOffice. polo que podemos acceder a estes a través de Programas / OpenOffice.openoficce. Outra forma é a través do xa explicado Inicio rápido de OpenOffice. De forma que so temos que seguir esta ruta e elixir a aplicación desexada. Unha vez dentro atoparémonos cunha ventá que contén os seguintes elementos: . LINUX Accederemos o menú Aplicacións . neste caso Folla de Cálculo (Calc ou Spreasheet).org que aparece xunto o reloxo da barra de inicio.

Posteriormente estes nomes poderán ser modificados cando gardemos o documento. e cada unha destas follas as podemos empregar para o que mellor nos conveña. . Ademais temos unha regra horizontal. o crear unha folla de cálculo aparecen tres follas. Unha barra de ferramentas formato cuios símbolos dependerán do obxecto que teñamos seleccionado en cada momento (texto. Vemos polo tanto que cada folla pode conter varias follas. Por defecto.). Os documentos de traballo denomínanse follas de cálculo.. onde nos aparecerá o nome do noso documento. táboa. unha zona de traballo onde escribiremos o contido do noso documento. Por defecto.. lista. o iniciar Calc aparecerá o “Sen nome 1” . Unha barra de menús. debuxo.. e unha barra de estado.. que nos proporciona información acerca do estado do que se está vendo na ventá do documento. coas barras de desprazamento a dereita e abaixo da mesma.openoficce. ata que non se garde por primeira vez mostraranos “Sen nome”. Unha folla de cálculo está composta a súa vez por varias follas. unha barra de ferramentas estandar na cal se situan os símbolos das funcións mais habituais.org calc 2 Unha barra de título.

senón calquera tipo de documento OpenOffice. A intersección dunha fila e unha columna recibe o nome de cela. > CELAS Cada unha das follas das que está composta unha folla de cálculo divídise en filas e columnas. Na imaxe. se facemos clic en diferentes celas veremos como este indicador varía. Na barra de fórmulas atoparemos a referencia da cela na que nos atopamos. . As filas identifícase cun número e as columnas por unha letra. Para desprazarnos pola folla dispoñemos das barras de desprazamento. Como se observa na imaxe podemos non so crear un novo documento de texto. e identifícase por unha coordenada correspondente a columna e fila na que se atopa.org writer 3 > Creando unha nova FOLLA DE CÁLCULO Para crear unha nova folla de cálculo pincharemos sobre: Ficheiro > Novo.openoficce. neste caso seleccionaremos Folla de Cálculo co que se abrirá o entorno xa coñecido de filas e columnas no cal comezar a traballar. tanto vertical como horizontal. a cela seleccionada correspóndese a coordenada C5 .

automaticamente gardará os cambios no ficheiro correspondente. para elo pincharemos na opción Gardar como. para elo seleccionamos no cadro de dialogo de gardar como seleccionaremos Documento HTML no despregable tipo. Se a folla de cálculo non foi gardada. o cal ten unha gran utilidade se consideramos que podemos trasladar datos dunha folla a outra mediante os procesos de edición Cortar e Pegar. isto podémolo facer pinchando en Ficheiro .openoficce.Gardar. Abrirásenos un cadro de dialogo no cal podemos navegar polo noso disco duro. Tamén podemos abrir o ficheiro dende a propia aplicación.Abrir ou sobre a icona da barra de ferramentas. Unha vez creada unha folla de cálculo debemos gardala no disco duro. > Abrir varias FOLLAS DE CÁLCULO En Calc temos a posibilidade manter aberto máis dun ficheiro simultanemente. para elo pincharemos no menú Ficheiro . Unha vez que a folla de cálculo e s t e g a rd a d a . > Sair e Terminar Para cerrar unha folla de cálculo seleccionaremos do menú ficheiro o comando cerrar. calc mostraranos unha mensaxe avisando se desexamos gardar os cambios. a s s u c e s i v a s v e c e s q u e seleccionemos a opción Gardar. etc. Tamén podemos gardar un ficheiro xa existente cun nome diferente. cd. ou se realizaron modificacións dende a última vez. por exemplo como páxina web.org writer 4 > Abrir e Gardar FOLLAS DE CÁLCULO Se dispoñemos dun ficheiro de Calc podemos abrilo facendo un dobre clic sobre a icona do mesmo. . neste caso debemos proporcionar un nome o ficheiro e unha localización onde será gardado. Poderemos tamén gardar un documento con outro formato diferente. ata atopar o ficheiro que desexemos abrir. por exemplo no directorio /home. No caso de ser a primeira vez que gardamos o ficheiro abrirásenos o cadro de dialogo Gardar como.

. pero en cambio. Nota: ¿Que ocorre se na cela B1 existe outra fórmula?. na barra de fórmulas aparecerá a fórmula que contén oculta esa cela. basta con pulsar o botón de validación ou o que é máis simple. Conforme comecemos a inxerir información. Básicamente o tipo de datos que imos introducir serán números.. Na cela so aparecerá o resultado unha vez aceptemos a introdución do valor. a tecla Enter.org writer 5 > Introducindo DATOS Para introducir datos en Calc basta con dirixir o cursor a cela na que desexamos Insertar información. como se mostra na imaxe onde a cela C1 e igual a cela A1 + B1. Nestes casos introduciremos simplemente a referencia desa cela. Por exemplo. con independencia de que a súa orixe sexa unha fórmula ou un valor directo. a barra de fórmulas activarase.Pode tratarse dun dato introducido directamente na cela. En moitas ocasións precisaremos introducir nunha fórmula o valor que adopta outra cela. En caso de que desexemos cancelar a introdución de algún dos datos pincharemos no icono cancelar ou pincharemos na tecla Esc. a folla de cálculo pode interpretalo de dúas maneiras diferentes : . A partir dese momento poderemos modificar o contido da cela tamén dende a barra de fórmulas. . texto. Os botóns que aparecen serviranos para cancelar os datos introducidos e para validar ditos datos. Unha vez introducido o dato en cuestión. datas e horas. as fórmulas comezarán sempre co signo =.. seleccionala e escribir. e isto é importante.Pode ser unha fórmula.openoficce. Independentemente do tipo de datos que escribamos. Pois que calc so toma o valor que se reflexa na cela. a operación de suma 2+2 deberíamos escribila =2+2.

• Os signos de suma diante dos números serán ignorados. maior ou igual que.50). Para cambiar a orde de evaluación escribiremos entre paréntesis a parte da fórmula que se calculará en primeiro lugar. menor que. se unha fórmula contén un operador de multiplicación e outro de división) Calc evaluará os operadores de esquerda a dereita. menor ou igual que. • Os números negativos deber ter incorporado o signo (-) ou estar entre parénteses.000. podemos escribir 1. separadas polo signo matemático correspondente e precedida toda a fórmula polo signo igual.org calc 6 Si se combinan varios operadores nunha única fórmula. • Tamén se poden realizar operacións matemáticas coas datas e as horas. executará as operación na orde que se indica na táboa adxunta (por exemplo. en cuio caso teríamos unha división. • Unha soa coma nunha cifra pode ser considerada como entrada decimal (123. a non ser que poñamos diante o signo de igual. • Se escribimos dúas cifras separadas por unha barra (/) Calc interpretará que se trata dunha data (1/2 será o un de febreiro). Descripción Negación (como en -1) Porcentaxe Expoñente Multiplicación e división Suma y resta Conecta dúas cadeas de texto (concatenación) = < > <= >= <> Comparación (igual. Hai que ter en conta unha serie de normas neste casos: as datas deber ir sempre entre comillas. Calc.000). Operador % ^ *y/ +y& . maior que. diferente) Hai que ter en conta unha serie de regras a hora de introducir datos: • Pódense incluir puntos ( por exemplo.openoficce.

regresando a continuación o libro orixe e continuando a nosa fórmula.openoficce. simplemente nos movemos o novo libro e seleccionamos a cela en cuestión. na folla seleccionada. Tamén nos podemos mover polos distintos libros co menú ventá. ou ben colocar o cursor na barra de fórmulas e regresar a orixe para continuar coa nosa fórmula. dirixímonos cara as barras indicadoras das follas e seleccionamos aquela na que se atope o dato que nos interesa. marcaremos a cela (facendo clic sobre a mesma). podemos facer un clic na cela correspondente. . Tras isto. unha vez feito isto temos dúas opcións: • Se a fórmula xa está completa. desta forma podemos insertar nas nosas fórmulas referenciadas a celas de distintas follas do libro e incluso de diferentes libros. • Se a fórmula non esta completa podemos: escribir o seguinte operador e dirixirnos cara a seguinte referencia.org calc 7 > Insertar DATOS doutras follas Unha forma fácil de introducir nunha fórmula referencias a outras fórmulas é a seguinte: unha vez comezamos a introducir a fórmula. Se queremos traballar con distintos libros (varios ficheiros distintos) debemos ter aberto os libros en cuestión. pinchamos en Enter ou no botón de validación de fórmulas polo que regresaremos automaticamente a folla inicial coa fórmula xa inxerida. cando chega o memento de indicar a referencia a cela en cuestión. co que a referencia da mesma aparecerá na fórmula. Vexamos como sería: •En distintas follas do mesmo libro: cando na fórmula chega o momento de introducir a referencia. escribimos a fórmula e no momento de querer introducir unha referencia a unha cela do outro libro. en lugar de escribir as súas coordenadas.

pinchariamos co rato na cela B2 e arrastrariamos. A forma de designar un rango e empregando o nome da primeira cela. non falaremos máis de nomes de celas e rangos. > Seleccionando un RANGO Para seleccionar un rango temos varias opcións: . sen soltar o botón do rato. > Seleccionando RANGOS de celas separadas En ocasións as celas que precisamos seleccionar atópanse dispersas.org calc 8 > RANGOS Un Rango é simpremente un conxunto de celas. a continuación soltariamos o botón do rato co que quedaría o rango seleccionado tal e como se observa na imaxe.openoficce. . O procedemento é moi sinxelo. Na imaxe. unha vez temos activa a primeira cela. Se desexamos seleccionar varias filas ou columnas continuas. Nos casos anteriores C12 é unha referencia a unha cela e P3:R9 é unha referencia a un rango. senón que empregaremos o termo referencias. pinchamos a tecla Control e sen soltala imos seleccionando as que desexemos. deste modo seleccionase a columna ou fila na súa totalidade. .Pinchar na primeira cela e arrastrar ata a última. seguida por dous puntos e o nome da última cela. seleccionamos unha columna ou fila tal e como se explicou antes e sen soltar o rato arrastramos ata que abarquemos a área desexada.Outra opción é seleccionar a primeira cela do rango (neste caso si podemos soltar o rato) e unha vez se atope activa pinchamos na tecla <Shift> e sen soltala seleccionamos a última cela do rango. Seleccionando filas e columnas Para seleccionar unha fila ou columna enteira faremos clic co rato sobre a letra ou número da columna ou fila. mantemos presionada a tecla <Control> e imos marcando o resto de celas que queremos que conformen a nosa selección. Unha vez seleccionada a primeira delas. ata a cela C9. Por exemplo na imaxe está seleccionado o Rango B2:C9 A partir deste momento.

seleccionámola e pinchamos en Supr ou Delete Cortando. Cando se copia.. . PEGAR. Seleccionando todas as celas Para seleccionar todas as celas dunha folla de cálculo faremos click sobre a área sinalada na imaxe: Editando e eliminando datos Unha vez que unha cela contén algún tipo de dato. calc. o cortar.org calc 9 > SELECCIONAR. Unha vez copiamos ou cortamos os datos precederemos a pegalos na nova ubicación co comando Pegar do menú Edición. copiando e pegando Con Calc podemos copiar ou cortar (mover) celas dende unha localización dunha folla de cálculo a outra do mesmo libro. Calc coloca un duplicado das celas seleccionadas no portapapeis.. . ou incluso a outras aplicacións como OpenOffice Writer.. eliminará os datos da súa ubicación orixinal e colocaraos no portapapeis. que non é máis que unha parte da memoria do ordenador na que se coloca de forma provisional a información.Seleccionando a cela e pinchando en F2 Eliminar o contido dunha cela Se queremos eliminar o contido da cela.openoficce. COPIAR. Calc fai uso do portapapeis. EDITAR. Para realizar as operacións de copiar e cortar.Facendo dobre click sobre a cela. e posible modificalo realizando algunha destas operacións: . doutro libro.

org calc 10 > Localizar e substituir INFORMACIÓN Cando estamos traballando con documentos de gran extensión ou simplemente temos a necesidade de cambiar algunha palabra. Tamén podemos seleccionar previamente a palabra e logo sobre a opción localizar e substituir.. Coa opción localizar e substituir simplificamos enormente esta tarefa... Na búsqueda que realicemos podemos establecer unha serie de criterios para concretar ou ampliar máis a búsqueda. Se queremos realizar o cambio en todo o documento. Para elo escribiremos na cadro de texto Substituir os carácteres polos que queremos cambiar. Se queremos buscar todas as coincidencias pincharemos en buscar todo. número.. Una vez atopada a cadea de carácteres teremos a opción de cambiala por outra. Una vez aberto este cadro de dialogo. Outra forma de activar a opción de búsqueda é pinchando as teclas Ctrl + F ou pinhcando na barra de ferramentas principal a icona dos prismáticos . que se repite o longo do documento resulta tedioso ir buscandoos e modificandoos un por un. entón pincharemos en Remprazar todo.openoficce.. Pincharemos en buscar.realizaremos a nosa búsqueda escribindo a cadea de carácteres no cadro texto a buscar.. Esta opción podemos atopala no menú Editar – Localizar e substituir. ou simplemente localizar determinados pasaxes de texto. Busqueda por estilo que nos permite buscar aquel texto cun determinado formato. se o proceso tivo éxito mostraranos a seguinte cadea de carácteres que se corresponda coa nosa búsqueda. pinchamos en Remprazar para que teña lugar o cambio. Deste modo podemos buscar so palabras completas (que coincidan exactamente co término escrito na búsqueda) ou semellantes. Na sección opcións podemos controlar estes criterios activando ou non a opción que nos interese.

No campo Formato. que neste caso e A4 cuias dimensións podemos ver desglosadas nos campos Ancho e Alto que se corresponden a un folio normal. pincharemos na masilla horizontal se desexamos cambiar a orientación A continuación debemos establecer as marxes do documento. . o realizar dita operación aparécenos o cadro de dialogo denominado Estilo de Páxina: Predeterminado. Agora ben estas dimensións son modificables. No estilo predeterminado asignase 2 cm de marxe a cada lado do papel. que e vertical no estilo predeterminado. o cal aparece estruturado en diferentes pestanas.openoficce. o seguinte paso é seleccionar a súa orientación. podemos variar isto nos campos Esquerda. seleccionando a continuación Páxina. O estilo de páxina predeterminado e o conxunto de características da páxina que se aplican cada vez que creemos un documento novo. situámonos na pestana páxina. de modo que se pulsamos na lista Formato e eliximos outro formato que non sexa A4 veremos como cambian as dimensións mostradas. Unha vez seleccionada a dimensión do papel. Dereita.org calc 11 > Configurando a PÁXINA Imos ver como establecer os marxes e a orientación da nosa páxina. Para elo imos o menú formato. podemos visualizar o formato que ten asignado o papel. Arriba. Abaixo.

.Páxina Pestana Fondo. e para que traballemos con maior comodidade. para elo dirixímonos a Formato . nela atopamos as seguinte opcións: -Disposición de liñas: podemos facer que as liñas do bordo aparezan nas seguintes posicións: Borde Os catro bordes O borde dereito e esquerdo O borde inferior e superior O borde esquerdo Estilo de liña: definimos neste punto o grosor do borde e tamén se queremos que sexa simple ou dobre. Para elo deberemos definir un foco de luz sobre a sombra e ata que distancia se proxecta a sombra. Cor: por defecto a cor do borde vai ser negro. aínda que no entorno de traballo vemos unha cuadrícula. Na ventá fondo mostrasenos unha paleta de cores na que deberemos elixir o tono que queremos darlle o fondo da nosa folla.org calc 12 > BORDOS E FONDO Cando traballamos con Calc. Vexamos como asignar bordos e cor de fondo. Temos a posibilidade de cambialo. podemos seleccionar o que queiramos Sombra: podemos causar un efecto de profundidade se o borde lle engadimos un efecto sombreado. No menú Formato – Páxina atoparemos as pestanas Bordos e Fondo A ventá Bordos é moi similar a do Writer. xa que cando imprimimos a folla de cálculo a folla aparecerá en branco.openoficce. A cor de fondo que por defecto terá na folla de cálculo será transparente. isto en realidade.

. Recordemos que para seleccionar varias follas manteremos pulsada a tecla Control. Se facemos clic en Máis poderemos configurar o tipo de borde e liña.Inxerir o número de páxinas totais 6. Os encabezados e pes de páxina que definamos neste cadro van pertencer a folla activa no momento de realizar os cambios. Na imaxe anterior apreciamos que aparecen dous botóns: Mais e Editar. dereito.Inxerir o número de páxina 5. cor e cor de fondo do encabezado e pe de páxina.Configurar os atributos do texto 2.. Podemos introducir en cada un deles o que consideremos oportuno.Inxerir a hora .org calc 13 > CABECEIRA E PÉ DE PÁXINA As fichas de encabezamento e pe de páxina vannos permitir personalizar aínda mais os nosos d o c u m e n t o s i m p re s o s . Na parte inferior temos unha serie de botóns que nos permiten: 1 2 3 4 5 7 8 1.Inxerir o nome da folla 4. Se pinchamos en Editar aparecerá un cadro como o da imaxe. centro e esquerdo. nome do libro. Se queremos que estes cambios afecten a mais dunha folla ou o libro completo deberemos seleccionar o conxunto de follas e logo acceder a configuración da páxina.openoficce. nel apreciamos tres grades cadrados que se corresponden coa división que calc fai dos encabezados e pes de páxina.Inxerir a data 7.Inxerir nome do ficheiro automáticamente na cabeceira ou no pe de páxina 3. o f re c é n d o n o s a posibilidade de incluír como encabezamento ou pe de páxina de cada folla impresa información referente o número de páxina.

Isto podemos solucionalo insertanto saltos nas posicións correctas. divide estes en varias páxinas se nunha soa non é posible imprimilos todos. . Podemos pois facer click e mantendo o botón do rato pinchado desprazar a quebra ata o lugar desexado. tendo en conta as marxes que teñamos definido e o espazo que ocupan os datos que queremos imprimir. Para acceder a esta opción situamonos no menú ver en Previsualización de quebra de páxina.. Despois seleccionamos o menú Insertar . As liñas azuis delimitan a área de impresión.openoficce. Se colocamos o punteiro do rato encima dalgunha das liñas que delimitan a quebra de páxina veremos que este cambia converténdose nunha dobre frecha. O criterio que emprega e repartir os datos ata completar toda a páxina. xeralmente. as descontinuas mostran os saltos de páxina suxeridos por Calc. e o que non caiba pasa a seguinte páxina. Isto provoca que o calc nos divida.org calc 14 > QUEBAS (Saltos de Páxina) Calc. por algunha fila ou columna que non desexemos.Quebra de fila ou columna según desexemos. seleccionamos a fila ou columna diante da cal queremos que se produza o salto. No caso de querer insertar un salto de páxina nunha localizacion diferente a suxerida por Calc. Con esta opción veremos a nosa folla de cálculo máis pequena e con unha serie de liñas azuis..

e unha vez situado nela. Para ocultar unha folla de cálculo en primeiro lugar situarémonos sobre a folla que queremos ocultar. Para crear unha nova folla podemos facer dúas cousas: .Menú Editar . pero sen chegar a borrar nada. e a í n d a q u e o n ú m e ro predeterminado sexa de 3 podemos agregar tantas como sexa necesario.Folla . A continuación mostrarásenos nunha ventá todas aquelas follas ocultas de xeito que podemos elexir cales imos volver a mostrar.Ir ao menu Inxerir . Para volver a mostrar a folla pincharemos en Formato – Folla – Mostrar. > OCULTAR folla de cálculo Para dar maior nitidez a presentación dos datos cabe a posibilidade de mostrar unicamente as follas de cálculo que conteñen datos esenciais. Para eliminar unha folla podemos facer: .Eliminar ou ben -Pinchar co botón dereito sobre o indicador da folla en cuestión e logo sobre eliminar folla.Facer clic co botón dereito do rato sobre o indicador das follas.Folla . .openoficce.org calc 15 > INSERTAR folla de cálculo Xa vimos que unha folla de cálculo se compón a súa v e z d e f o l l a s . na barra de menús eliximos a seguinte secuencia de opción: Formato – Folla – Ocultar.

Esta función invirte valores lóxicos.org calc 16 > RENOMEAR.MÁXIMO (C1:C2) Calcular o valor máis baixo dunha lista de números .VERDADERO(). manter pinchado e arrastrar a posición desexada. Se por exemplo a cela A1 ten asignado o valor verdadeiro.NO(valor lóxico). Para cambiar a orde no indicador de follas tan só temos que pinchar nunha folla. Algunhas das principais funcións estatísticas son as seguintes: Calcular o valor máis alto dentro dunha lista de datos numéricos: .openoficce. . > FÓRMULAS de máximo. Esta función permite definir un valor lóxico como FALSO.MÍNIMO (C1:C2) Calcular a cantidade de números que contén un determinado rango . Para aplicala non temos máis que situarnos nunha cela e escribir =FALSO().FALSO(). A sintaxe sería a seguinte: =NO(A1) . mínimo. MOVER follas de cálculo Para cambiar o nome a unha folla de cálculo faremos click co botón dereito sobre o indicador da folla e a continuación sobre Renomear Folla.CONTAR(C1:C2) Entre os tipos de funcións cos que conta Calc atopamos tamén algunhas funcións lóxicas: . cando lle pasamos a función NO() obteremos o valor falso. contar e lóxicas Calc perítenos dunha forma automática facer varios cálculos estatísticos sobre os datos dos que dispoñemos. .

simplemente poñeremos a referencia da cela. Por exemplo. . Para restar dous valores empregaremos o mesmo procedemento pero co signo menos (-) SUMAR UN RANGO DE VALORES Para sumar un rango de valores empregaremos a función SUMA. esta función devolverá como resultado a suma do rango C1:C2.openoficce. por exemplo: =SUMA(C1:C2). se desexamos sumar a cela A1 e a A2 a función sería =A1+A2. MULTIPLICAR DOUS VALORES O procedemento e similar a suma ou resta. o signo de multiplicar (*) e a referencia da outra cela.org calc 17 > FÓRMULAS MATEMÁTICAS SUMAR E RESTAR Para sumar dous valores empregaremos as referencias as celas e o signo suma (+).

Tamén podemos crear o noso propio formato. podemos aplicar so os bordes e fondos. etc.openoficce. Por último pinchamos en aceptar para que se aplique o formato. Entón abrirasenos unha ventá onde introduciremos o nome que queiramos dar o noso novo formato. bordes. . menos a suma de todos os gastos e menos o total a pagar por impostos. e unha vez terminada de formatear a táboa e con ela seleccionada eliximos na barra de menú formato – Formato automático.. neste caso primeiro aplicamos manualmente o formato. seleccionamos o desexado.Formato automático. No botón Máis podemos elixir que características do formato queremos aplicar. cores. Exemplo: Calcular o beneficio neto que será igual a suma de tódolos ingresos. para elo seleccionamos a área de datos a que lle imos aplicar o autoformato e dirixímonos o menú Formato . Para crear o noso propio formato pinchamos en engadir. letra. o tipo de letra. Abrirásenos unha ventá con multitude de formatos para aplicar.. > Configurar AUTOFORMATOS e aplicar Ímoslle aplicar un autoformato a táboa da imaxe anterior.org calc 18 > ANIDANDO varias FÓRMULAS Anidar varias fórmulas significa poder introducir unha función dentro de outra e empregar o valor resultante dunha función como parámetro doutra.

na pestana Protección de cela desactivaremos a opción Protexida.org calc 19 > PROTECCIÓN de celas Nalgúns casos precisamos pasar a nosa folla de cálculo a terceiras persoas para que cubran certos datos desta.Validar. -Aparecerá un cadro de diálogo. –Na ventá axuda de entrada introduciremos un texto de axuda que aparecerá cando o usuario pon o rato sobre a cela. a continuación pediranos un contrasinal que podemos introducir ou non. En Calc podemos protexer as celas para evitar modificacións non desexadas. . por exemplo: introduza unha cantidade numérica.celas. Deste xeito cando protexamos a folla de cálculo as celas marcadas non quedarán protexidas e poderemos introducir datos nas mesmas sen problemas. Podemos comprobrar que nos será imposible introducir dato algún.openoficce. e unha vez determinado este poderemos establecer unha restrición sobre o valor. En calc existe un mecanismo que verifica que os datos introducidos se adaptan os requisitos de cálculo: as validacións. para elo dirixímonos o menú Ferramentas . Ben supoñamos que nos interesa bloquear a folla pero permitir que se poidan escribir datos nalgunhas celas. Na pestana criterios seleccionaremos o formato do valor a introducir. pero ¿como asegurarnos de que os datos que van introducir se axustan as nosas demandas?.Seleccionar a cela ou rango sobre a que queremos aplicar a validación e facemos clic no Menu Datos . As validacións son regras que definen o tipo de alcance e rango que poden ter os datos que conteña unha determinada cela. Con esta acción quedarán bloquedas todas as celas da folla. O que faremos será seleccionar esas celas e dirixirnos ao menú Formato . -Por último en Mensaxe de erro poderemos determinar a alerta cando salte porque o usuario introducira un dato que non se axusta as regras. para definir estas regras debemos facer o seguinte: .Folla. xa sexa de forma absoluta ou comparativa.Protexer Documento .

e pincharemos en Crear para que apareza o gráfico. Por último estableceremos o título do gráfico así como os títulos dos eixos. O primeiro que temos que indicar é o Intervalo de datos que se van empregar na Gráfica. Para crear unha gráfica empregaremos o Menú Inserir Gráfica. > GRÁFICAS Outra das posibilidades de Calc e a sencillez para representar a información a través de gráficas. e a continuación co botón dereito do rato teremos acceso a cada unha das opcións do gráfico. . Nota: Unha vez creado o gráfico podemos modificar calquera aspecto do mesmo. Se previamente seleccionamos a táboa cos datos a empregar estos xa aparecerán no cadro Intervalo. para entrar en modo edición do gráfico.openoficce. do contrario teremos que seleccionalos pinchando no botón . Na seguinte ventá do asistente teremos que seleccionar o tipo de gráfica que máis se adapte as nosas necesidades.org calc 20 > ORDENAR a información Na barra de ferramentas atopamos dúas iconas: – Ordenación ascendente (A-Z) – Ordenación descendente (Z-A) Para empregar estas iconas seleccionamos os datos a ordear e pinchamos na icona ordenación ascendente ou descendente. previamente é recomendable seleccionar a táboa de datos a representar. para elo faremos dous clics sobre o gráfico. como se vai ter ou non liñas de división. etc. Na seguinte ventá poderemos modificar certas opcións do gráfico. no noso exemplo seleccionaremos unha gráfica en linea 3D.

TUTORIAL .

concepto. . 3. Poñémoslle o nome Compras.. EXERCICIO: 1.. o tipo de letra. O tipo de datos que vai conter. Imos formatear a táboa. números ou con moeda. Escribimos os seguintes datos. nos escribimos 1000 e automaticamente aparecería 1. Seleccionamos as celas que conteñen o encabezado da táboa (data. Abrimos CALC: Inicio – Programas – OpenOffice. separación de miles e o símbolo do €. O FORMATO DE celas permitiranos modificar varios aspectos relativos as celas. a alienación das celas. As columnas B e C deixámolas por defecto xa que van conter texto. 2. . poñer bordes e cores de fondo as celas. Para o noso exercicio. Para escribir nunha cela pinchamos co rato sobre a cela e escribimos. 4. Para elo pinchamos co botón dereito sobre o nome da folla e no menú contextual seleccionamos renomear folla.org – CALC Cambiamos o nome da Folla 1. Se por exemplo desexamos traballar con cantidades.000€. por exemplo. Número: Permitiramos definir o tipo de datos que conterá a cela. e dicir. Seleccionamos a primeira columna e imos a Formato celas – Pestana números.. As columnas E e F establecerémolas como Moeda. Para a primeira columna seleccionaremos Data e o formato desexado.) Unha vez seleccionada pinchamos co botón dereito sobre o seleccionado e a continuación sobre formatear celas. con dous decimais. as cores e os bordes.org calc 22 > TUTORIAL OBXETIVO: Aprender o manexo básico de Calc CONTIDO: Confeccionar un Libro destinado a xestionar económicamente unha pequena explotación agro-gandeira. A columna D establecémola como Número sen decimais e con separación de números.openoficce. No noso caso deixarémolo por defecto..

2º Eliximos o Estilo en Liña 3º Eliximos a cor 4º Aplicamos efectos FONDO: para establecer unha cor de fondo as celas situámonos na pestana fondo e seleccionamos a cor desexada. Ben ímonos centrar en BORDOS E FONDO..org calc 23 Aliñamento: Permítenos definir a alineación do contido das celas. O resultado ten que ser algo similar a este: . vertical. (superior... inferior. A continuación seleccionamos o resto da táboa e establecemos os seguintes bordes e cores de fondo. etc.) Orientación: Podemos escribir o texto inclinado As opcións Axustar texto e reducir ate o tamaño da cela permítenos modificar o tamaño das celas e do seu contido para que se axuste a cela. tiñamos seleccionada a primeira liña. tamaño. . Para elo situámonos na pestana bordes e seleccionamos os bordes desexados: 1º Disposición das liñas: situamos as liñas que queremos.openoficce.. neste caso todas. cor. vamos a darlle bordes e cor. Tipo de Letra: Nesta pestana estableceremos o tipo de letra.

openoficce.org calc 24 5.Faremos o mesmo procedemento para confeccionar as seguintes táboas: VENTAS CLIENTES PROOVEDORES (repetimos a táboa anterior) PRODUCTOS FACTURA .

.org calc 25 RESULTADO INICIO: Esta táboa permitiranos desprazarnos polas distintas follas do documento dunha forma máis rápida e cómoda A folla definirémola tal e como se mostra na imaxe.openoficce.

O primeiro paso é configurar axeitadamente a columna % de Beneficio. no momento no que cambiemos unha das cantidades ou prezos automaticamente se actualiza o total. É dicir. O total vai ser sempre igual o prezo multiplicado polas unidades. A continuación imos calcular o Prezo de Venta. Ben. Para insertar a función nunha cela tan só temos que escribila. no noso caso situaremonos en C2 e escribiremos =A2 * B2. veremos como automáticamente se mostra o resultado na cela do total. polo que o introducir datos na fila 2 funcionará correctamente. Ben ata o de agora definimos unha función para a cela F2. O prezo de venta será igual o prezo de compra mais unha % de beneficio.org calc 26 > FUNCIÓNS As funcións permítennos realizar cálculos complexos dunha forma sinxela e automática. P a r a c o m p ro b a r o s e u f u n c i o n a m e n t o establecemos un prezo de 5 e unha cantidade de unidades de 10. Situámonos na cela F2 e inserimos a seguinte función: F2 = D2 * E2 + D2 Comprobamos que funciona axeitadamente introducindo datos en prezo de compra e % de beneficio. podemos establecer que a cela C2 sexa igual a cela A2 x B2. Para isto imos o Formato de celas e na pestana número establecemos esta columna como porcentaxe. VAMOS AO NOSO EXERCICIO Táboa de Productos: Nesta táboa faremos o cálculo para o prezo de venta. O problema é que para o resto das liñas non funciona.openoficce. Este procedemento pode simplificarse enormemente a través de: . Pulsamos Enter e xa teremos a función insertada. Por exemplo imos supoñer que temos a seguinte folla de cálculo: Nesta folla teremos un prezo. unhas unidades e un total. e dicir. en Calc podemos definir unha función que realice esta operación automaticamente. Nota: este cálculo é automático. polo tanto teríamos que insertar esta función en todas as celas da columna F.

. . polo tanto a función que se pega en F3 e correcta a así co resto COMPRAS O total será igual o custe unitario multiplicado polas unidades. A función que me permite sumar varias celas é a función SUMA. Ben. A continuación seleccionamos o resto de celas dende a cela F3 ata a F20.openoficce. por exemplo. situámonos na cela F2 e copiamos co botón dereito. Suma (selecciono as celas a sumar) Faremos o mesmo para o Total de Ventas = SUMA(todas as celas da táboa ventas) Resultado: o resultado vai ser igual o total ventas menos o total compras. o copiar a cela F2 e pegala en F3 vemos como a función varia: En F2 tiñamos a funciona =D2*E2+D2 F3 teremos a función: =D3*E3+D3 Vemos que a función variou o desprazarnos unha fila.org calc 27 > COPIAR FUNCIÓNS: Unha función pódese copiar e pegar (ou arrastrar como comunmente se coñece). e pinchamos en pegar. Imos o noso exercicio. VENTAS: idem anterior RESULTADO O total de compras vai ser igual a suma de todos os totais das táboas de compras.

no noso caso seleccionaremos toda a táboa de clientes. ou incluso toda a folla. e dicir.org calc 28 FACTURA: Imos explicar o funcionamento da Factura: En primeiro lugar. Pinchamos en Aceptar e xa teremos a función lista. Regresamos a factura e inserimos o DNI do cliente recén creado na cela do DNI e comprobamos que nos mostre automáticamente o nome correspondente. Tal e como vemos na táboa de clientes o Nome correspondese coa segunda columna. no noso caso introduciremos o DNI. Criterio de Búsqueda: é o valor que ten que buscar a función para saber o nome. etc. A función que me permite realizar ese tipo de búsquedas é a función Buscar V COMECEMOS CO NOME: Insertaremos a función BuscarV na cela correspondente ao Nome. Polo tanto teremos que poñer un 2. apelidos. Índice: Unha vez que atopa o DNI na táboa de clientes teño que indicar que valor quero que me devolva a función. no noso caso será o Nome. o introducir o DNI do cliente na factura automáticamente se nos ten que mostrar o nome. Situámonos na cela B5 e clicamos no menú – insertar – función.. Desprazamonos polo listado de funcións e buscamos a función BuscarV.openoficce.. . Imos a táboa clientes e inventamos un cliente cos seus datos. E dicir. apelidos. Orde: Escribiremos sempre Falso. . a cela da factura na que imos poñer o DNI do cliente. o introducir o DNI. pinchamos sobre ela e vemos o asistente da función que teremos que completar. Matriz: Onde ten que buscar o nome correspondente o DNI introducido. Excel terá que buscar ese DNI na táboa de Clientes e a continuación devolverá o dato correspondente o nome.

o IVE será igual o subtotal multiplicado polo 16%. Teremos que insertar pois a función BuscarV nas celas B14. Buscar productos e prezos unitarios: cando introduzamos un código ténsenos que mostrar automaticamente o produto e o prezo unitario correspondente.org calc 29 Nota: para que nos mostre o resto dos datos (Apelidos. Operacións a realizar: Calcular os Totais: =SUMA(E5:E15) (Xaneiro) así consecutivamente. Subtotal: Será igual a suma de todos os totais (=Suma(E14:Ee22) IVE: imos supoñer un IVE do 16%. copiamola e pegámola consecutivamente cara abaixo 11 veces (unha por cada mes).. Total: será igual o subtotal máis o IVE COMPRAS: Ata o de agora fixéramos só unha táboa para rexistrar as compras de Xaneiro.) teremos que insertar a mesma función exactamente. Total: O total terá que se igual as uds * o prezo Unitario. EXERCICIO: Realizaremos o mesmo traballo para as follas de ventas .. o que imos a realizar agora as outras táboas Seleccionamos a táboa xa creada de Xaneiro. dirección. por exemplo para o campo dirección insertaremos a mesma función pero o indicador de columnas será 4.B15. salvo o indicador de columnas. EJERCICIO: 2ª parte da factura: O introducir un código dun producto terásenos que mostrar automaticamente o producto correspondente..openoficce.B16.. Para elo empregaremos a función BuscarV. A continuación cambiaremos os nomes dos meses para ter unha táboa para cada mes.

A continuación dirixímonos o menú insertar – gráfico. así con todos os meses. RESULTADOS MENSUAIS: Formatearemos a seguinte táboa: O total de compras para o mes de Xaneiro será igual a suma de todas as compras que rexistramos na Táboa de Compras do mes de Xaneiro.org calc 30 VENTAS Nota: ata o momento temos dúas follas de cálculo unha para as compras por meses e outra para as ventas. Eleximos o tipo de gráfico desexado . Como nesta táboa xa temos calculado o total para o mes de xaneiro so teremos que indicarlle a calc que a cela B2 (xaneiro) vai ser igual a cela E16 da táboa de compras (=Compras!E16). 1º gráfico que represente as compras por meses O primeiro paso será seleccionar os datos que queremos representar no gráfico. Para as ventas faremos o mesmo pero a través da táboa de ventas Resultado: O resultado para o mes de Xaneiro será igual as ventas menos as compras GRÁFICOS Imos continuar agora inserindo varios gráficos que nos permitan visualizar dunha forma gráfica os resultados económicos. A continuación teremos que configurar unha nova folla de cálculo na cal agrupemos todos os datos por meses. mostraranos o seguinte asistente: Deixamos a configuración por defecto e pinchamos en seguinte.openoficce.

Clicamos co botín dereito sobre o título da gráfica. por exemplo. Exercicio: Comprobar as posibilidades de configuración de cada un dos elementos do gráfico.openoficce. Eiquí poderemos establecer un bordo para o título. Tipo de letra. efectos e incluso establecer unha trasparencia para o título.org calc 31 Eliximos unha das variantes dentro do tipo de gráfico seleccionado e pinchamos en seguinte Establecemos o titulo do gráfico así como os titulos dos eixos. uha cor de fondo (área). Por último pinchamos en crear e aparecerá a gráfica Podemos modificar calquera dos datos/formatos da gráfica facendo dobre clic sobre a mesma e a continuación co botón dereito sobre o elemento que desexamos modificar. -Realizar unha gráfica para o Resultado Final . Exercicios: -Realizar unha gráfica similar para Ventas. seleccionamos titulo principal. Aparecerá a ventá da imaxe.

e se é negativo a cor será roxa. Condición 1: se o valor da cela e menor que cero aplicaremos un estilo de cela (elexir ou crear un). (ver teoría) Repetiremos o proceso para a Condición 2. este formato condicional cambiará a cor da letra de forma que se o resultado é positivo a cor da letra será azul.openoficce. . Vexamos un exemplo: Imos establer un formato condicional na táboa de Resultado Mensual nas celas correspondentes o Resultado.org calc 32 > FORMATO CONDICIONAL O formato condicional permítenos cambiar o formato de unha ou varias celas (cor da letra. Nota: Teremos que crear un estilo de cela no menú Formato – Estilos e formateado que teña como propiedade a cor da letra roxo. do fondo) en función do valor que conteña a cela. Seleccionamos as celas Dirixímonos o menú formato – Formato condicional Establecemos as condicións.

EXERCICIOS .

org calc 34 > EXERCICIO 1 PASOS PARA CONFECCIONAR A FOLLA DE CÁLCULO PLANTEXADA: 1º Crear a estructura da táboa. E5. a continuación pinchamos nos signo de multiplicación (*).. Con isto xa estaría lista a fórmula polo que pincharíamos en enter para validala. Repetiremos este proceso co resto das celas. se nos fixamos na barra de fórmulas veremos que automáticamente aparece a referencia a cela despois do igual. Comprobamos que aparece automáticamente o resultado correspondente a multiplicar a cela C2 pola D2. TOTAL BRUTO: Vai ser igual as unidades multiplicado polo prezo. Situámonos na primeira cela E2 e escribimos o simbolo igual (=) a continuación pinchamos co rato na cela C2.openoficce. Encabezados da táboa e formatos 2º Cubrir os datos da táboa e as fórmulas atendendo as anotacións que aparecen na imaxe. Nota: tamén podemos copiar a cela coa fórmula xa insertada e pegala no resto de celas (E3..) 3º Completar o resto de celas coas fórmulas que se indican na imaxe . e pinchamos co rato na cela D2. E4.

openoficce.org calc 35 > EXERCICIO 2 .

org calc 36 > EXERCICIO 3 .openoficce.

FUNCIÓN BUSCARV: Situámonos na cela B6 e pinchamos en inserir. Datos que temos que cubrir: . e dicir o que conteña a cela B4.Índice: A función busca o crotal que escribimos na cela B4 e buscao en toda a primeira táboa. Para conseguir isto temos que insertar unha función na cela B6 que comprobe o número que se escribe na cela B4.Matriz: Lugar onde aparece o Crotal xunto cos demais datos. Vexamos un exemplo: No noso exercicio queremos que no momento de introducir un crotal (por exemplo na figura C2345). Ben. se poñemos un 3 a función devolverá 0 (que é a producción de Xaneiro).org calc 37 > EXERCICIO 4 Construiremos a seguinte folla de cálculo: A continuación noutra folla construiremos a seguinte folla: Para realizar este exercicio teremos que botar man da función BUSCARV. nos mostre automáticamente os datos correspondentes o nome.Criterio de Busca: Témoslle que indicar que valor debe buscar. no noso caso teremos que seleccionar toda primeira táboa dende a cela A1 ata a N200 por exemplo. . dentro do asistente buscaremos a Función BuscarV. . no noso caso o crotal. . no exemplo atopará este crotal (C2345) na segunda fila. e así consecutivamete. -Orde de Clasificación: Escribiremos sempre FALSO.openoficce. na cela A4. a continuación o busque na folla anterior e unha vez atopado me poña o nome que lle corresponde. e producción por meses. e dicir.Función. pois se no índice poñemos un 2 a función devolverá BRETOÑA (2 corresponde a 2 columna).

org calc 38 > EXERCICIO 5 .openoficce.

openoficce.org calc 39 > EXERCICIO 6 .

Coristanto A Coruña Tlf: 981 733 051 Fax: 981 734 097 fonteboa@efagalicia.efagalicia.es PROXECTO COFINANACIADO POR: .org www.fonteboa. Santiago de Compostela Tlf: 981 554 150 Fax: 981 554 456 info@efagalicia. 1º 15703.org FORMACIÓN Y PROMOCIÓN RURAL CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL EFA FONTEBOA Feira nova s/n 15187.FEDERACIÓN EFA GALICIA Ponte de San Lázaro 11.org www.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful