tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
Os datos dos que partimos son: dúas rectas paralelas. Este enlace faise con dous arcos de circunferencia de igual raio tanxentes entre si e tanxente cada un deles a unha das rectas trazando unha curva cóncavo-convexa.

Ver solución

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
1. O primeiro paso que temos que facer é coller un punto en cada unha das rectas de xeito que non se atopen na mesma perpendicular ás rectas. Neste caso collemos o punto A na recta a e o punto B na recta B. Estos dous puntos marcarán o comezo e o remate da gola.

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
2. Unimos mediante un segmento os dous puntos determinados (A e B).

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
3. Achamos a mediatriz do segmento AB determinando o seu punto medio M.

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
4. Achamos agora as mediatrices dos segmentos AM e BM.

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
5. Polos puntos A e B trazamos rectas perpendiculares ás paralelas. A perpendicular no punto A deberá cortar á mediatriz do segmento AM determinando o centro O1. A perpendicular no punto B deberá cortar á mediatriz do segmento AB determinando o centro O2.

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
6. Con centro no punto O1 e raio O1A debuxamos un arco que será tanxente á recta a no punto A e pasará por M. Con centro en O2 debuxamos un arco de raio igual ao anterior que será tanxente á recta B no punto B e será tamén tanxente ao outro arco no punto M.

tanxencias e enlaces

Enlace de dúas rectas paralelas formando unha gola.
7. O resultado é un enlace cóncavo-convexo de dúas rectas paralelas que recibe o nome de gola. Unha gola é unha moldura que tamén recibe o nome de gula ou goleta, cima recta, cimacio inverso, cima derecha ou cimacio derecho segundo sexa con foma de S ou S invertida.

SOLUCIÓN

Volver

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful