You are on page 1of 16

PrOxectO MirO scOpiO

Centro de F OsO P N
il fía ara en @s de Galicia

Mir scOpiO
Teatro MirO PerdiciÓns
Perdici ns
E-mail: proyectomiroscopio@gmail.com
Teléfonos:
986 51 06 48
661 069 039
O Centro de F ilOsOfía Para Nen@s de Galicia

E a Productora de Teatro Mir scOpi


MirO O PerdiciÓns
Perdici ns

Quérenlles amosar o seu PRIMEIRO traballo conxunto:

LARA

A única escritora do mundo que ainda non sabe escribir...


nin pintar mans...

Autora: En escea:
María Corleone
Rocío González
Dirección:
Pepe de Jiménez Alfonso Merino

Arturo Vallecas
2
PRESENTACIÓN

O relato constrúenos. A vida consiste en narrarse un mesmo a súa propia historia e a


da súa contorna.

Narrarse de forma verosímil é probablemente o lugar onde construír a propia autenti-


cidade. A palabra fala do mundo e máis singularmente fala de cada un de nós.

Coa linguaxe digo o que hai e dígome á min mesmo.

Vivir non é outra cousa que ir creando o noso propio conto. Vivir non é outra cousa
que ir alimentando a nosa colosal fame narrativa. Contarnos aquilo que nos pasa cons-
trúenos.
O edificio da nosa existencia está levantado con palabras. E as palabras xorden de
moitos lugares, e recibímolas de moitos xeitos, aínda que seguramente, o oído e a mi-
rada son os ámbitos privilexiados.

A proposta que vos remitimos invítanos a escoitar e mirar doutro xeito, convídanos a
miroscopiar.

O miroscopio é un artefacto que xorde da potente creatividade dun neno narrador.


Esa imaxe que el nos agasallou púxonos no camiño desta proposta: temos que miros-
copiar, que é mirar escoitando, que é mirar observando, que é mirar cara a dentro e
darlle voltas á mirada, que é mirar preguntando, que é mirar pedindo explicacións, que
é un mirar coidadoso e agarimoso, que é en definitiva o que fan todos os nenos do
mundo aínda que non o saiban.

Pero nós, que atisbamos o segredo da mirada do neno, queremos brindarlle a oportu-
nidade de exercitar esta sabedoría cos nosos contos. Contos contados e encantados,
contos escoitados e mirados, contos con imaxes e música, contos que invitan a seguir
contando. Unha invitacion que parte dos interrogantes que propón, que suscita a pro-
cura de respostas , a formación de novos interrogantes, e porqués. Que provoca no
neno a construccion de novos relatos.

3
ANTECEDENTES

A iniciativa que agora presentamos, dirixida a alumnos de Educación Infantil e Pri-


maria, bebe de dúas fontes que acabaron confluíndo no camiño: por unha banda, o
Centro de Filosofía para Nenos e Nenas de Galicia; por outra, o proxecto Aula
Aberta de Filosofía e Ética, impulsado por Pepe de Jiménez e Miguel Morey, Cate-
drático de Filosofía da Universidade de Barcelona, en colaboración con SOFIHC
(Sociedade de Filosofía Hispano-Chilena).

Matthew Lipman, creador -xunto a Ann Sharp- do programa Philosophy for Chil-
dren, di nun artigo: “Ensinar é estimular a imaxinación dos estudantes en canto ao tipo de
mundo en que queren vivir, a clase de persoas que quererían ser e que suporíalles al-
canzar o seu máximo potencial como seres humanos. Ao mesmo tempo, o ensino
implica o incremento do interese do estudante por comprender o mundo en que
realmente vive, a clase de persoas que son e as forzas que lles impiden alcanzar o seu
máximo potencial como seres humanos. Polo tanto, o ensino eficaz capacita ao estu-
dante para ser crítico, imaxinativo e apreciativo”

Non é este o lugar para facer unha exposición detallada da proposta de Lipman,
aínda que máis adiante faremos algunhas observacións respecto diso. O que espera-
mos mostrar é como, desde diversos puntos de partida, os nosos proxectos acaban
coincidindo no seu común interese por proporcionar ferramentas conceptuais que
permitan conseguir algúns dos obxectivos que menciona Lipman no seu artigo.

Tamén nos une o interese por utilizar recursos expresivos pouco usuais como vehí-
culos de propostas filosóficas. Sen ánimo de establecer ningunha marca, cremos que
ninguén ata a aparición do proxecto Aula Aberta de Filosofía e Ética utilizara o tea-
tro con estes fins. Do mesmo xeito, no seo da comunidade de Filosofía para Nenos
pensamos que tampouco se explorou esta vía ata o momento.

4
VALORES.
ENSINAR A PENSAR. EDUCAR EN VALORES.

AULA ABERTA DE FILOSOFIA

A contribucion da filosofía á formacion da cultura occidental estivo ligada desde os


seus comezos a un exercicio e exame crítico do pensar. Sexan as que sexan as cues-
tións específicas sobre as que os homes reflexionan durante estes séculos, unha e ou-
tra vez fixérono sobre as experiencias vividas e os saberes logrados nos seus respecti-
vos tempos. Isto inclúe tamén a reflexión pedagóxica.

Coa idea de reivindicar unha ética por encima dos criterios ecónomicos de xestión e
normalizacion das poboacións, iniciamos nos anos noventa a proposta “Aula Aberta
de Filosofía e Ética”. Tratabamos, entre outros obxectivos, de espertar o sentido críti-
co dos alumnos de bacharelato, de penetrarmos no territorio do pensar por un mesmo
o mundo no que nos tocou vivir. Para iso partimos con Miguel Morey do seu texto
Desexo de ser pel vermella, XXII Premio Anagrama de Ensaio e Premio Nacional de En-
saio. Elaboramos unha adaptacion teatral do texto e con actores do Teatre Lliure de
Barcelona e estreamos a proposta no Teatro Principal de Xirona.
Co apoio inestimable do profesorado de filosofía deste país, a experiencia alcanzou
os sete anos de vida e foi vista en seis países. Preto de vinte colectivos e asociacións de
filosofía involucráronse na experiencia, elaborando distintos materiais pedagóxicos,
entre elas, o Centro de Filosofía para Nen@s de Galicia, da man de Jesús Merino.

Nunha das varias viaxes a América Latina, decidimos darlle continuidade ao noso
proxecto, coa colaboración da REPROFICH (Rede de Profesores de Filosofia Chile-
na), e non só iso, senón que, debido aos bos resultados da experiencia, fundamos a
Sociedade de Filosofía Hispano Chilena (SOFIHC), que entre outras cousas facilita o
intercambio entre alumnos de ambos os continentes de reflexións filosóficas acerca do
mundo no que nos desenvolvemos tan distinto e á vez tan parecido, tan global. En
Santiago de Chile naceu Cachai, experiencia que co apoio da Xunta percorrerá Galicia
este curso escolar. Para esta xira galega atopamos o entusiasta apoio do profesorado
de filosofía de Galicia. Cachai nos desvela unha historia que mostra un durísimo pano-
rama de dor, inxustiza e fame que arrasa gran parte da población do noso planeta. Ne-
se terrible contexto, o protagonista atopa na reflexión filosófica as ferramentas críticas
que o acompañarán na súa transformación persoal.

Do reencontro co Grupo de Filosofia para Nen@s de Galicia xurdiu a idea de axun-


tar experiencias no proxecto MIROSCOPIO. Esta vez en Santiago de Compostela, e
dirixido a alumnos de Educación Infantil e Primaria. Partindo do convencemento de
que estamos propondo unha ferramenta moi pouco usada -o teatro- para tratar de po-
tenciar todas esas habilidades de pensamento crítico, creativo e coidadoso que quere-
mos axudar a fomentar entre os estudantes de todas as idades.

5
O Centro de F ilOsOfía Para Nen@s de Galicia

Cando Matthew Lipman chegou á Illa de Arousa

Estas cousas probablemente só pasen en Galicia, pero...que lle imos facer. O feito é
que un bo día, sen el sabelo, Matthew Lipman arribou ás delicadas praias da Illa de
Arousa, si, ese anaco de terra con forma de sete que emerxe no medio da ría. Por eses
días a illa xa tiña unha ponte que a unía ao continente, pero non había moitos anos
que os moradores ían e viñan en barco desde e cara a Vilanova.
Pois ben, ao principio ninguén pareceu reparar na súa chegada, pero iso cambiou
cando atopou a escola, a única escola do lugar. Alí traballaba un grupo de xente entu-
siasta, divertida e traballadora, que o mesmo quedaba ata as tantas preparando unha
obra de teatro que organizaba unha festa de San Xoan no patio.
Especialmente fixáronse nel unas cantas mestras intrépidas e valerosas, que intuíron
que ese cabaleiro de aspecto apracible podería serlles de axuda na súa tarefa. E aos
poucos comezaron a investigar nos seus escritos, a ler acerca do que dixera, a organi-
zar cursos, a tratar con xente que sabía máis do tema...e así, case sen darse conta que-
daron atrapadas nun xeito de facer ao que xa non puideron renunciar. Ata fixeron
cómplices a outras compañeiras que compartiran viaxes en barco e agora traballaban
lonxe…

Pero, claro...Mr. Lipman tiña máis cousas que facer e non ía pasar toda a vida lendo
a Dewey baixo os piñeiros do parque Carreirón (onde, por certo, máis dunha vez sor-
prendérono botando unha apracible sesta), así que fixo o petate e marchouse a descu-
brir novas paisaxes.

Ao principio isto causou certa sorpresa, mesturada cunha case imperceptible sensa-
ción de abandono. Era moi doado preguntar ao sabio e pedirlle consello... pero chega-
ra o momento de comezar a resolver os problemas por unha mesma. Ata xa había
quen se sentía con forza como para levarlle a contraria...que non todo ía ser Lipman
por aquí e Lipman por alá...que xa somos maiores como para pensar pola nosa conta.

E, nin curtas nin perezosas, decidiron que tiñan que facer as súas propias obras, por-
que na illa non hai “jerbos” nin se saúda á bandeira no medio da clase.

6
Necesitaban historias que se entendesen aquí para seguir loitando polo que o vello
americano lles ensinou: tratar de levar o pensamento á escola, pensamento que non só
quere ser lóxico e razoable, senón tamén creativo, bondadoso e considerado.

Nas películas, cando o protagonista necesita imperiosamente algo, adoita acabar ato-
pándoo ao virar a esquina. Aquí pasou algo parecido. Facían falta relatos...e descubri-
ron que tiñan unha escritora un par de casas máis aló. Unha escritora que nunca amo-
sara nada escrito, pero que estaba a piques de explotar se non daba renda solta á súa
desmesura narrativa. E, como nas películas, descubriron enseguida que estaban pre-
destinadas a entenderse.

Así naceu primeiro un libro de diálogos titulado Horacio. Despois coñeceron a unha
muller con nome de anxo e apelido de divindade lasciva, que axudou a enfocar as
enerxías creativas. E xurdiron Antón, Óscar, María, Salvatore e Lara, que nos presenta-
ban aos protagonistas dos diálogos. E á súa sombra idearon actividades, propostas,
iniciativas....que plasmaron nun Manual para profes.

Como a alegría é contaxiosa, non puideron evitar tratar de contarllo a quen lles
quixese escoitar.

Productora de
Carmen Loureiro, Nita Rivas, Lidia Gómez, Lola Folgar, Gema Sampedro, Fina
Lorenzo, Jesús Merino.

Grupo de Traballo do Centro de F ilOsOfía Para Nen@s de Galicia

Benvid@s ao mundo
Benvid@

E a MirOscOpiO

7
OS CONTOS

Volvemos a Lipman. Nunha das súas obras xa clásica, La filosofía en el aula


(1992), reflexiona sobre o papel que ao seu xuízo debe xogar a filosofía na edu-
cación, e dinos cousas como esta: “O modelo tribal de educación, polo que o neno
iníciase na cultura, de feito logra que a cultura asimile ao neno. Ao contrario, o mode-
lo reflexivo de educación procura que o neno asimile a cultura. Un bo exemplo á pro-
pósito disto sería o libro de texto. Tal e como habitualmente existe, o libro de texto
é un recurso didáctico que se levanta contra o neno como un outro alleo e ríxido. Ten
este inexorable carácter porque representa o produto final do punto de vista acep-
tado ou do adulto sobre a materia.(...) Segue estando organizado lóxicamente, cun
índice xeral ou unha sucesión de lecturas, no canto de seguir unha orde psicolóxica,
no sentido en que se desenvolven os intereses e as motivacións do neno. Non é algo
que o mozo quere gozar ou posuír, como un se divirte e asimila un conto ou un cadro;
pola contra, resulta ser un resumo de contidos formal, monótono, atafegante e, moi-
tas veces inintelixible que se espera que o neno aprenda.”

Por iso, no currículo de Filosofía para Nenos “o texto tradicional deu paso á no-
vela filosófica, unha obra de ficción que consta, na medida do posible, de diálogos, de
forma que queda eliminada a molesta voz do narrador adulto. Cada páxina está salpi-
cada de abundantes ideas filosóficas, de maneira que é raro que un mozo lea unha
páxina sen tropezar con algún problema, algunha polémica ou algunha perplexidade.
Como os nenos que aparecen na novela chegan a implicarse nunha cooperación intelec-
tual, e deste xeito forman unha comunidade de investigación, a historia convértese
en modelo de comportamento para os nenos no aula.(...) De igual modo, o tradicional
“manual do profesor”, un compendio de aburridas instrucións e exercicios con respos-
tas, deu paso a índices, estratexias de preguntas e plans de discusión, deseñados pa-
ra suscitar o diálogo por medio do cal hai que manexar e comprender os conceptos
mencionados no texto”

2. Lipman, Matthew: La filosofía en el aula. Ed. De La Torre, Madrid, 1992. p.41

3. Ibid. pgs. 24-25

8
Ao pouco tempo de ser presentado este programa en España fóronse formando gru-
pos de profesores interesados no mesmo. Aparte da necesidade de formación, un dos
propósitos que se foron manifestando foi o de crear novos materiais máis adaptados e
contextualizados á nosa realidade social e cultural. E o certo é que se fixeron cousas
verdadeiramente fermosas, partindo de contos, usando a arte, visitando a mitoloxía...
sempre dentro deste enfoque que nos propón Lipman nas liñas anteriores.

No Centro de FpN de Galicia tamén quixemos facer a nosa achega propia, e comeza-
mos a partir duns diálogos reunidos baixo o título de Horacio Lumbreras que nos cons-
truíu María Corleone, a nosa escritora de cabeceira.
Aquí tedes un pequeno fragmento:

María: Ides ir ao cumpre de Marcos?


Antón: Eu si.
Lara: Eu non podo, porque os meus pais vanme levar a casa da miña avoa.
Óscar: Eu non sei.
Salvatore: Eu si que irei.
Óscar: Hai pouco que fomos ao seu cumpre.
María: Hai un ano.
Óscar: Non, hai menos.
Lara: Ten que haber un ano, por iso é o “cumpre” “anos”.
Óscar: Pero esta vez pasou menos tempo.
María: Nooon, pasou un ano, os aniversarios sempre son cada vez que pasa un ano,
sempre é o mesmo tempo.
Antón: O tempo non é sempre igual, unhas veces tarda máis e outras menos, non se
pode medir nin dicir que pasa sempre igual, non pasa nunca igual.
María: Si que se pode medir.
Salvatore: O tempo mídeno os reloxos coas agullas das horas e dos minutos.
Óscar: E os ordenadores cos números que lle saen na pantalla por abaixo.
María: A terra vira todos os días e tarda 24 horas en dar unha volta que é un día e
unha noite.
(…)
Antón: Si, pero iso é o camiño da terra, o do día e a noite e os reloxos pero o tempo
dos minutos de verdade dura distinto.
María: Como distinto?
Lara: Que minutos de verdade?
Antón: Mira, eu odio os cinco minutos. Ás veces son longos e tristes e ás veces non
duran nada e pásalo moi ben.
Salvatore: É verdade, cando me castigan cinco minutos é horrible, son longos e non
pasan nunca e quero saír da miña habitación que se volveu moi grande e chea de abu-
rrimiento….

9
Cando nos puxemos a traballar na súa aplicación cos nenos démonos conta de que
sería moi bo facer unha presentación dos personaxes que dialogan, para facilitar a
identificación empática dos lectores con estes, así que volvemos de novo á nosa crea-
dora e pedímoslle un conto para cada un. Como resultado apareceron Antón, Óscar,
María, Salvatore e Lara, cada un co seu mundo propio, as súas reflexións, desexos, pro-
blemas. Cinco contos que son unha das bases nas que se suxeita o proxecto Mirosco-
pio.

Un fragmento de Óscar:

Ola, chámome Óscar e son un pouco futbolista, non do todo porque aínda son un neno,
pero cando sexa grande como...
unha árbore pequena ou...
...como un irmán maior.
Grande como o meu veciño, ou...
...como un mozo que arranxa o camión do meu pai.
Ou como o teito da parada do autobús.

Cando sexa así de grande serei futbolista e nadador, nadador de mar, de mar cheo
de golfiños e quenllas sen dentes.
Agora eu o que son é... amigo.

Teño un mellor amigo que ten a cara mais fermosa do mundo, a cadela mais preciosa
da galaxia, os gatos mais bonitos do universo, as ocas mais chillonas de...de...de Faxil-
de, a nosa aldea.

Ás veces quéroo tanto que me volvo como un caramelo derretido .Ás veces quéroo
máis que ao meu pai á miña nai ou ao meu irmán.
Ás veces... polo día...

...pola noite, cando a rúa se pon de escuro quero un pouco máis á miña mamá, ao meu
papá e ao meu irmán que dorme comigo.

Pero de día ao que máis quero no mundo é ao meu amigo.


¡E que un amigo é un tesouro! – dí a miña avoa.

Eu creo que un amigo de verdade é como... como...


…coma un sofá!
Pódeste arrolar por riba e non se enfada.
Pódeslle dar cousas a gardar e ninguén as atopará.
Podes ficar calado e quedo, ou saltar e falar sen parar que él nunca se vai marchar.
Vale, iso sempre que non o chamen os pais e nos estraguen os plans.
Un amigo é un tesouro, vale, pero cheo de coxíns brandiños e recunchos secretos.

10
Pero ademais do texto a nosa escritora proporcionounos unhas ilustracións realmen-
te orixinais. Unha inversión de perspectivas espaciais, resultado doutras miradas ao
noso arredor cotián, como as que pode ter un neno de 5 anos das mesas da súa casa.
Miradas reais situadas en perspectivas imposibles, froito de imaxinar desde arriba unha
mesa para adultos proxectada polo que só mira desde abaixo. Esa mirada parte dun
universo estético moi persoal, do que tedes aquí outra mostra:

11
MATERIAIS PEDAGÓXICOS

Con eses elementos de partida no Centro de Filosofía para Nen@s de Galicia elabo-
ramos un Manual para profes, con multitude de suxestións pedagóxicas, plans de dis-
cusión, propostas de diálogo, actividades, etc.
Aquí tedes un exemplo:

Identidade (este é un exercicio a partir do conto Antón)

Plan de diálogo:

- Antón di que ten “cara” de Antón. Como credes que será a súa cara?
- Coñecedes moitas caras iguais? Cales?
- Gustaríavos un mundo no que todas as persoas tivésemos as caras iguais? Por que?
- Que é o que máis vos gusta da vosa cara? Por que?
- Para que unha cara sexa bonita, ten que ter todas as partes bonitas?
- Por que di Antón que estivo “alí” ata que xa non podían confundilo con outros anima-
liños?
- Parecémonos a outros animaliños cando empezamos a desenvolvernos?
(mostraremos fotos de embrións de diferentes especies para que observen os pare-
cidos e a progresiva diferenciación)
- Parecémonos as persoas aos nosos nomes?
- Gústavos o voso nome ou prefeririades cambialo? No caso de cambialo por cal fariá-
delo?

Actividades:

- Debuxamos a cara de Antón


- Logo contrastaremos os nosos debuxos coa verdadeira imaxe de Antón que aparece
no póster ou na portada do conto: describirémolo entre todos.
- Analizamos as letras do nome de Antón: A primeira e a última.
- Se é un nome curto ou longo.
- Cantas letras ten.
- Buscamos nomes de compañeiros que empecen por A.
- Buscamos outras palabras que empecen por A.
- Buscamos palabras que acaben en “ón” para facer rimas co nome de Antón que pasa-
rán a formar parte do LIBRO DE AULA coas rimas dos nomes dos nenos e nenas da
clase.

12
Pedirémoslles que pescuden o porqué do seu propio nome preguntando á familia e
posteriormente faremos un gráfico clasificando os nomes polos criterios de elección
(porque pertencía a outro membro da familia, porque o seu significado suxire algo
fermoso, porque o oíron na televisión e gustoulles, porque é propio desta comunidade
autónoma, porque así se chama alguén a quen se admira...)

Ser maior como resultado de aprender (este é un exercico a partir do conto


María)

Criterios: - ir soa pola rúa


- coller o autobús
- xogar soa no parque

Plan de diálogo:
Adoitades ir sos/as pola rúa? Por que?
Xogades sos no parque? Por que?
Colledes sos o autobús? Por que?
Da listaxe que imos enumerar a continuación:
Que actividades podemos facer sos/as?
Para cales necesitamos axuda doutras persoas?
1. Beber dunha cunca.
2. Comer só, usando a culler.
3. Calzarse as zapatillas.
4. Soarse.
5. Desabotonar botóns grandes e pequenos.
6. Porse os calcetíns.
7. Comer só, usando culler e tenedor.
8. Ir só ao baño.
9. Porse as roupas de vestir.
10. Cepillarse os dentes.
11. Peitearse só.
12. Usar o coitelo.
13. Atar os zapatos.
14. Cortarse as uñas.
15. Ter bos modais na convivencia cos demais.

Que vos gustaría poder facer sen axuda?


Que entendemos por axudar?
Para que necesitan axuda os bebés?
Só os bebés necesitan axuda?
Que outras persoas poderían necesitar axuda?
Como podemos facer para prestar axuda a quen a necesita?
Por que credes que dicimos prestar axuda? Están as persoas obrigadas a devolver a
axuda que lles prestamos? Como pode ser iso?

13
E AGORA...O TEATRO

A base do espectáculo é o tránsito dun dos contos de María Corleone a unha estru-
tura dramática.

Lara, a única escritora do mundo que aínda non sabe


escribir...nin pintar mans...
Lara é unha nena que inventa historias, e como aínda non sabe escribir, consérvaas
nunha gravadora que lle regalou seu pai.

Lara tamén ilustra as súas historias cos seus propios debuxos...pero ten unha peque-
na dificultade : non sabe pintar mans. Aínda que isto non será un problema para unha
inconformista que busca solucións creativas ata que as atopa.

De momento, as súas princesas protagonizan historias de segredos escondidos ás


súas costas, ata que un día ten unha idea moi orixinal que revolucionará as súas narra-
cións. Pechando os seus ollos, sobre un fondo negro, verá o discorrer dos seus rela-
tos, que nese momento deixarán de ser ficción, serán reais, estarán ocorrendo no seu
fértil imaxinario. Lara é unha nena que desexa ser escritora e supera as limitacións pro-
pias da súa idade cunha xenerosa e contaxiosa paixón.

A posta en escena do conto de Lara prodúcese sobre o mesmo fondo negro onde as
súas historias convértense en reais. Utilizando a técnica do teatro negro de Praga in-
tentamos achegar ao público o seu talento creativo. E é que Lara está namorada de
Praga: sente fascinación polas súas luces, as súas rúas e polo teatro de titeres que des-
cobre a través da súa tía preferida.

O teatro negro será o vehículo natural para visualizar o universo creativo de Lara,
para tranformar a súa realidade.

En Lara atopamos un conto dentro doutro conto, unha invitación a deixar correr a
imaxinación...e moitas preguntas que poderemos seguir respondendo despois do es-
pectáculo.

Que gocedes...

14
TITULO: LARA, a única escritora do mundo que ainda non sabe
escribir nin pintar mans

TEXTO: María Corleone.

ADAPTACIÓN DRAMÁTICA: . María Corleone e


Pepe De Jiménez.

DESEÑO E CONCEPTO ESTÉTICO. Maraghota e Media e Diana París

ESCENOGRAFÍA: piO
Mir scOpi
MirOsc PerdiciÓns
Perdici ns
MATERIAIS PEDAGÓXICOS: .
Carmen Loureiro e Grupo de Traballo de
F ilOsOfía Para Nen@s de Galicia

Julio Zarra.
VESTIARIO:

Gloria Brenlla
TALLER DE COSTURA : .

BOLSEIRO: Jesús Merino.

MÚSICA EN VIVO Alfonso Merino.


E GUIÓN ACÚSTICO:

ILUMINACIÓN E SON: Ghaliña Choca Records.

FOTOGRAFÍA: Vitor Mejuto.

Rocío Gonzalez
EN ESCEA:
Alfonso Merino
Arturo Vallecas

DIRECCIÓN: .
Pepe De Jiménez

PRODUCIÓN: MirOsc
Mir scOpi
sc piO
pi PerdiciÓns
Perdici ns

PÚBLICO: ALUMNOS DE INFANTIL E PRIMARIA (Proxecto Miroscopio) E


PÚBLICO FAMILIAR

ESPAZO ESCÉNICO: TEATROS E AUDITORIOS

CONTACTO: proyectomiroscopio@gmail.com

DISTRIBUCIÓN: 986510648
661069039

15
A NT
ÓN
ÓSCAR

M
CK

M AR
ÍA

A A LV AT ORE
L AR S
O
OUTRO
CONT

16