You are on page 1of 4

1

O FLUÍR DA CREATIVIDADE NOS INDIVIDUOS
No seguinte ensaio exporei varias teorías acerca da creatividade, a súa relación co fluír e cos individuos, collendo coma referencia a obra de Mihaly Csikszentmihalyi, Creatividad: el fluír y la psicología del descubrimiento y la invención. Dende moi cedo, os individuos ligaron a creatividade con todo o relacionado coa invención de novas ideas e conceptos que servían para desenvolver novos obxectos ou ben para levar a cabo solucións para os problemas que se presentaban na vida cotiá. Isto supón que eles son realmente os portadores de dita creatividade, pero ¿cómo poden chegar a desenvolvela? Abordaremos a cuestión mesma dende o punto de vista do profesor Csikszentmihalyi partindo en primeira instancia do que realmente significa a creatividade. Este profesor asegura que a Creatividade non é máis ca “unha actividade mental que ten lugar dentro da cabeza das persoas e só é válida cando se interactua co grupo”. Podemos atopar na vida diaria os distintos tipos de persoas creativas: aquelas que teñen pensamento interesantes ou estimulantes (“brillantes”), as que experimentan con cousas de maneira novidosa (“creativas”) ou as que son capaces de cambiar aspectos importantes nas nosas vidas. Pero realmente, ¿cómo podemos xustificar a creatividade? Xustamente podemos chegar o aspecto creativo dentro do noso campo de traballo, pero para ilo teremos que empregar a teoría do fluír ou “flow” de Csikszentmihalyi. Defínese coma a experiencia máis gratificante que o individuo pode sentir, xa que xorde de maneira espontánea e sen apenas esforzo. Isto é, cando unha persoa está a realizar un traballo baixo presión de outros do mesmo grupo, non pode acadar o estatus de creatividade e desenvolvemento que querería, non en tanto, se o traballo que realiza e do máis satisfactorio non só terá mérito para si mesmo, senón que tamén triunfará dentro do seu grupo. Para podermos fomentar este estado temos que proseguir coa mentalidade que o fluír nos aporta, xa sexa mediante a aclaración dunhas metas fixas que nos permitan acadar o obxectivo que nos propoñemos, e tamén saber en qué medida o estamos a facer ben. Debemos equilibrar destrezas e dificultades, o igual que tentar evitar as distraccións co fin de poder concentrarnos no traballo que estamos a realizar.

a persoa creativa é capaz de controlar as súa emocións. os rapaces non poden ser creativos dende que son cativos. Un dos libros que máis acollida tivo foi o de The Element: How Finding Your Passion Changes Everything. O autor repasa a traxectoria de personaxes ilustres como puideron ser Einstein ou Kafka. profundiza no aspecto da creatividade a que se refire dende unha temprana idade e a cal os adultos temos que aprender a apreciar e fomentar cara os máis cativos. chegando finalmente a conclusión de que realmente inflúe se che gusta o que fas ou non. Estudosos como Eduard Punset1 afirman que existe relación entre o coeficiente intelectual e a creatividade. analiza casos reais de nenos os que se lles quere quitar a creatividade xustamente dende as escolas. 1 Eduard Punset é avogado. economista e comunicador científico. pero tódolos adultos foron nalgún momento nenos na súa vida. en tanto que proporciona a satisfacción ó individuo unha vez que remata o seu traballo. o profesor de educación e famoso gurú da creatividade e innovación.incluída tamén a presión exercida polos proxenitores.2 O que si temos que ter claro de antemán. libro que mostra moitos dos exemplos sobre a creatividade. polo entorno que a rodea. pois iso repercutirá no traballo que “A creatividade rara vez é produto do momento. é mais ben o resultado de toda unha vida(…)” terás que levar a cabo. En moitas conferencias súas. que está ligado coa revista científica do mesmo nome. Por simple lóxica. . é que o fluír está directamente relacionado coa felicidade. nos últimos anos lévase adicado a dar charlas sobre as situación económica e social actual e presenta na actualidade o programa redes. O primeiro deles sería a infancia. Sir Ken Robinson2. Para poder exemplificar isto. teñen que aprender a explorar ese potencial que posúen por que así é como se consegue que a creatividade se manteña ata idades adultas e que polo tanto moitos cheguen a ser os creativos do mañá. O que realmente movía a estas “pequenas mentes marabillosas” era o inxenio e a curiosidade por descubrires novos aspectos da vida. A pregunta agora é ¿cómo podemos ir desenvolvendo esta creatividade o longo da nosa vida? ¿Qué fases temos que pasar? Collemos os exemplos que nos mostras o noso autor para poder explicalo con detemento. Pero o que Robinson recalca e que debemos alentalos a seguir co que eles queren facer. 2 Sir Ken Robinson foi profesor de educación en universidades de Reino Unido e actualmente adícase a impartir charlas sobre temas como o da creatividade.

3 Entendemos neste ensaio “campo” coma a área de traballo na que se especializan os distintos individuos. no que cada persoa no seu devandito campo tenta que non lle inflúa todo o do seu redor (moitos poden ser cohibidos polos membros superiores dese grupo e se non poden afrontar ese temores. non chegarán a demostrar a súa creatividade). xa que con iso aspiran a sabiduría. coñecementos. A maioría dos logros creativos débese a unha dedicación a longo prazo nun campo de interese. destrezas …). finalmente o campo do futuro no que so podemos ver o índice de desgaste da creatividade ó longo do tempo que lle adicamos na nosa vida e que polo tanto deixará paso para os novos campos do futuro. “A creatividade rara vez é produto do momento. Os científicos máis xoves. Tras isto chegamos a última etapa da vida. sabendo que o punto álxido da vida non será o éxito obtido no campo de experiencia. Esta é a concepción xeral. chega coma unha fase na que os individuos teñen unha base formativa e polo tanto. Pero. a madurez. miran os máis maiores sen respecto algún pensando que rompen cos límites disciplinares e comezan a interesarse por problemas da existencia. momento no que non só seguimos mantendo a cantidade de información acumulada. É xustamente nesta etapa da vida onde o individuo decidirá a súa vida a un determinado campo3. senón que o leven nos xenes (isto é a descendencia) e tamén nos memes (valores. Csikszentmihalyi asinte o anteriormente mencionado de que os logros creativos forman parte dunha dedicación a longo prazo. saben como teñen que abordar os problemas que se lles presentan. Finalmente temos que mencionar varios campos nos que a creatividade tamén está presente como son o campo da palabra (como moitos dos autores anteriormente citados dixeron. pero a realidade que nos presenta é que atopamos seguridade por parte das persoas que levan adicando moito tempo da súa vida a unha determinada área. no campo de interese correspondente. o da vida. pode ser pola axudas externas ou máis cercanas a eles.3 A mocidade. Incluso podemos dicir que se chegan a triunfar nun campo. é mais ben o resultado de toda unha vida(…)” con estas palabras. . senón a calidade da mesma. senón como está vinculada a nosa vida co resto do universo. son principalmente os artistas). Se ben o noso autor afirma que estes anos son vitais para a súa formación creativa. en especial da creatividade. ¿cómo pode ser isto posible? Non só é necesario que se lle transmitan valores dende unha temprana idade.

P(2006) La creatividad como técnica intelectual.uv. O fluír dos nosos pensamentos tennos que axudar para poder desenvolver as nosas destrezas e poder conseguir así os obxectivos que nos propoñamos. M(1998) Creatividad. xustificando que a creatividade dos individuos inherente a nosa xenética. http://www. pero é a nosa decisión que poidamos desenvolvela e de qué maneira.html Punset. http://blog. Bibliografía Csikszentmihalyi. Csikszentmihalyi.mx/cienciahombre/revistae/vol19num2/articulos/creatividad/index. http://www.4 Rematamos este ensaio. http://www.Recuperado das charlas TED de Febreiro do 2004. M(2004) “What makes a life worth living?”. El fluír y la psicología del descubrimiento y la invención. isto é.ted.com/talks/lang/eng/ken_robinson_says_schools_kill_creativity.ted.html Martínez Moreno.com/4684/redes/2011/redes-89-los-secretos-de-la-creatividad .redesparalaciencia. Charla con Ken Robinson recuperado da revista Redes para la ciencia o 27 de marzo de 2011. todos nacemos con ela. E (2011) “Los secretos de la creatividad”.com/2008/10/23/creativity_fulf/ Robinson. Recuperado da revista científica: La ciencia y el hombre de maio de 2006. K (2006) “As escolas matan a creatividade”.Recuperado das charlas TED de febreiro do 2006. Nueva York: HarperCollins Publishers.