1.

- TÍTULO

Programa de iniciación un Sistema Alternativo de Comunicación: SPC.

2.- DESTINATARIOS

xxxxxxxxxx

3.- DURACIÓN DO PROGRAMA

Curso 2008-2009

4. XUSTIFICACIÓN XXXXX é un alumno de 13 anos, escolarizado no 6º curso da Educación Primaria, que non é capaz de manter unha expresión oral que sexa funcional para a comunicación, xa que a pesar de manifestar vocalizacións, éstas non permiten diferenciar os seus desexos e peticións. En consecuencia, faise imprescindible o emprego dun SAAC. Tamarit (1989) define os Sistemas Alternativos ou Aumentativos de comunicación (SAAC) como “un conxunto estructurado de códigos non vogais, necesitados ou non

de soporte físico, os cales, ensinados mediante procedementos específicos de instrucción serven para levar a cabo actos de comunicación por si mesmos ou en conxunto con códigos vogais ou como apoio parcial ós mesmos”.
Entre os SAAC máis extendidos atópase o SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación). Componse principalmente de debuxos simples e a palabra que simboliza cada debuxo vai impresa. O vocabulario divídese en 6 categorías (persoas, verbos, descriptivos, miscelánea e social) e cada unha asóciase a unha cor diferente. A razón de optar polo SPC como SAAC é que este sistema está composto por símbolos que son debuxos pictográficos que gardan un gran parecido coa realidade e, á súa vez, facilita a elaboración de material. Outra vantaxe é a universalidade dos símbolos dentro do posible. O SPC é un SAAC con axuda de materiais externos ó propio corpo, como son os pictogramas, libretas de comunicación, etc. o que engade outras vantaxes:

• • •

As destrezas motrices que demanda son mínimas. Son apropiados para persoas cunha capacidade mental baixa. Son sinxelos de aprender e aplicar.

5. OBXECTIVOS Obxectivos xerais Obxectivos específicos •Desenvolver capacidades de coñecemento, exploración e relación cos obxectos (conceptos básicos: cor, tamaño, cantidade) •Afianzar rutinas de actividades básicas que favorezan a anticipación. • Desenvolver destrezas comunicativas: peticións de desexos e de necesidades. • Identificar imaxes correspondentes a obxectos e a persoas. • Expresar necesidades de comunicación mediante xestos e pictogramas. • Empregar debuxos como transmisores de información. • Asociar debuxos e pictogramas sinxelos con obxectos e situación cotiás. • Interpretar imaxes: recoñecer obxectos, persoas e accións. • Usar pictogramas ou símbolos sinxelos para transmitir mensaxes simples. • Percibir e discriminar as cores primarias. • Explorar e usar materiais de producción plástica: plastilina, ceras, pinturas de dedos, témperas. • Adquirir habilidades para o coidado do entorno e do centro: tirar papeis no sitio axeitado, colocar o material no lugar correspondente,… • Adquirir a postura axeitada segundo a actividade a realizar. • Aumentar progresivamente o tempo de estar sentado ou traballando nunha mesma tarefa. • Atender e responder a ordes sinxelas: séntate, saca o abrigo, límpate, …. • Regular o seu propio comportamento: esperar turno, recoller,…

1. Desenvolver estratexias de comunicación non verbal que lle posibiliten entender e ser entendido

2. Expresar necesidades básicas

3. Favorecer a representación e simbolización a través de linguaxes diversas.

4. Resolver con autonomía e iniciativa situacións habituais da súa vida cotiá.

6. ACCIÓNS PRIORITARIAS • Priorízase a funcionalidade da comunicación, de modo que o neno poida comunicarse e se abran canles para conseguir o que desexa e satifacer as súas necesidades. Esta posibilidade pode mellorar, ademais, a súas condutas disruptivas e agresivas. • • Priorízase a colaboración coa familia, como parte fundamental do programa, especialmente en canto á xeneralización dun SAAC á vida cotiá. Familiarizar a todos os integrantes da comunidade educativa co SAAC do neno para mellorar a súa integración e potenciar a sensibilidade da comunidade educativa cara á diversidade. • A coordinación de todos os implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumno: titor, coidadora, PT, profesorado especialista nas diferentes áreas e orientador. 7. FASES DE INTERVENCIÓN 1. FASE DE PLANIFICACIÓN E DESEÑO Esta fase terá lugar durante o mes de setembro. Partindo das características do centro planifícase as actuacións que se van a poñer en marcha co alumnado, fixando prioridades naqueles aspectos nos que queremos facer incidencia. Durante esta fase desenvólvese a avaliación inicial, a partir da que se formulan e priorizan uns obxectivos para desenvolver este programa, unhas estratexias metodolóxicas, unha serie de actividades, así como uns recursos, instrumentos e espacios para a posta en marcha do programa. Tamén se fixan os papeis de todos os profesionais que participan no desenvolvemento do programa, así como a programación do seu seguimento e avaliación. 2. FASE DE IMPLEMENTACIÓN Este programa vaise desenvolver ó longo dos meses de novembro a xuño, ó longo de 8 horas semanas na aula de PT, aínda que se potenciará o seu emprego na aula ordinaria co seu grupo de referencia. 3. FASE DE AVALIACIÓN A avaliación será inicial, continua, formativa e global para poder introducir os axustes que se consideren necesarios para acadas o máximo desenvolvemento das capacidades dos alumnos.

Ademais, realizarase unha avaliación final para comprobar o grado de consecución dos obxectivos propostos.

8. ACTIVIDADES TIPO É importante crear unha serie de rutinas que permitan ó alumno a anticipación e melloren a súa autonomía. As rutinas están orientadas a mellorar a estructuración espacial e temporal. Úsanse LOCALIZADORES DE PERSOAS: No momento de chegar á aula situarase unha fotografía do neno xunto a un debuxo do colexio, explicando que xa non se atopa na casa coa súa familia senón que está na escola. Despois explicarase a axenda pictográfica na que se representa o horario coas actividades da xornada escolar. A explicación realizase en voz alta e sinalando cada símbolo. Desta forma diminúense as tensións, proporciónase seguridade e equilibrio emocional e axúdase a ordear na memoria a secuencia temporal de cada proceso. Para cada actividade tamén pode ser necesario empregar axendas nas que se secuencien en imaxes cada un dos pasos dunha actividade. Tamén se intentará introducir a educación emocional, empezando porque o neno recoñeza expresións faciais que comunican un estado emocional ou outro. Isto farase a través da análise do estado do neno cada día, unha vez que facemos referencia conxunta a cómo se atopa, analizando fotos reais coa expresión facial correspondente, colocamos o pictograma do estado emocional no taboleiro “HOXE SÍNTOME…).

Despois, facendo uso da LIBRETA DE COMUNICACIÓN o neno comprobará o día que fai, usando os pictogramas do SPC e saíndo ó patio para experimentar el mesmo o tempo que fai ese día. Colocarase no calendario mensual unha imaxe co tempo do día para que o neno vaia comprobando como van avanzando os días.

Os primeiros símbolos que se ensinaron foron o do ordenador, aro e pelota por ser actividades motivadoras para o alumno o que favorecía a súa aprendizaxe. Para ensinar os símbolos acompáñanse dunha lámina A4 coa imaxe do referente real (facendo uso do DICCIONARIO DE IMAXES) e se é posible o obxecto real ou representativo (xoguetes) que permita a manipulación. Tamén se pode facer uso de presentacións en Powerpoint sobre o referente acompañado de música para atraer a atención do neno, xa que ten unha capacidade moi baixa e a música resúltalle altamente estimuladora. A adquisición de novo vocabulario mellora cantos máis canais sensoriais se poñan en funcionamento, por exemplo, se traballamos as froitas pode realizarse unha estimulación do sentido do olfacto, ou elaborar referentes de diferentes texturas, como engadir algodón ó debuxo dunha ovella para poder apreciar que o tacto é suave. Traballase en primeiro lugar a adquisición e uso funcional do símbolo e a súa discriminación dos demais símbolos pictográficos. Por exemplo, con paneis nos que teña que ir seleccionando a tarxeta que corresponde a cada imaxe. Os pictogramas tamén son útiles para facilitar a realización de tarefas de clasificación como introducir pezas en diferentes recipientes segundo criterios como forma, color, … A tarxeta pégase no exterior do recipiente indicando que obxectos hai que introducir dentro.

Emprégase ademais, unha LIBRETA DE COMUNICACIÓN para que o neno poida facer peticións. Así, conseguimos que empregue

de forma funcional algunhas tarxetas de pictogramas como “Auga” para indicar que quere beber, “Ordenador” ou “Aro”.

Os pictogramas tamén foron empregados para a estructuración espacial e temporal do contexto escolar do neno. Para a estructuración temporal empregamos marcadores de mobiliario, rincóns, materiais, etc. de forma que pode asocialos coa tarxeta que se lle entrega indicando cal é o seu destino, a onde vai ir.

Para a estructuración temporal foi creado un panel horario visual que permite secuenciar pictográficamente as diferentes actividades de cada día ou de cada sesión coa fin de favorecer a anticipación; ademais de guións visuais con imaxes da secuencia de acción a realizar para conseguir un obxectivo. Búscase facilitar a transición dunha actividade a outra, para mellorar a comprensión do que sucede e mellorar a forma de afrontar o cambio dunha actividade na que se atopaba agosto e que lle prorporcionaba benestar a outra que lle gusta menos ou lle produce maior frustración. Así, o neno sabe o que pode esperar e evítase a confusión. Os pictogramas tamén se usaron como MENÚS ou CARTELEIRAS DE SELECCIÓN
1

de forma que se lle permite ó neno escoller entre varias opcións. Por exemplo: • • Á hora de tocar un instrumento ou outro na hora de expresión musical. Ver unha presentación powerpoint sobre un animal, frutas, prenda de roupa, etc. en función do campo semántico que se traballe. • Elexir unha cor.

As opcións que lle ofrecen son poucas (entre 2 e 4 pictogramas en función da dificultade e da familiaridade do neno con cada grupo de pictogramas) pola dificultade para ampliar a                                                              1  As opcións que se lle dan, deben ser controladas para ter presente o que interesa traballar. 
 

atención a moitos estímulos simultáneamente (no caso contrario hai pictogramas que non ten en conta porque non reciben nin atención). No caso en que sempre pida o mesmo, dáselle un pouquiño e se introduce un cambio de actividade ou de obxecto seleccionado. Unha vez que xa usou un pictograma non pode volver a solicitalo porque xa fixo uso del.

9. METODOLOXÍA • Hai que dotar de intención e significado sempre que sexa posible ás acción do neno, de modo que se potencie a súa funcionalidade e a intencionalidade comunicativa. Trátase de ensinar ó neno a dirixirse a outras persoas para conseguir algo desexado. • O profesorado terá un papel de mediador, de ponte entre os coñecementos previos do alumnado e os que se pretende que cheguen a aprender, traballando na súa Zona de Desenvolvemento Próximo (ZDP), proporcionándolles as axudas necesarias. • • As actividades que se propoñen deben ser significativas para o alumnado e potenciar a súa motivación. As aprendizaxes deben ser funcionais, é dicir, deben ser útiles na súa vida cotiá.

10.- RECURSOS PERSONAIS Profesor-titor Profesorado especialista nas diferentes áreas Departamento de Orientación: profesora de Pedagoxía Terapeútica e Orientador. Equipo de Orientación Específico

MATERIAIS

-

Aula de pedagoxía terapeútica Fichas de traballo individualizadas. Programa CLIC. SPC: As tarxetas pictográficas seleccionadas ou elaboradas en función das necesidades han de ser funcionais (que poida empregalas para actuar sobre o entorno) e xeneralizables (de modo que poidan empregarse en diferentes contextos e con distintas persoas).

O tamaño das tarxetas é de 5x5 cm. para facilitar a súa discriminación fronte á outra posibilidade de 2,5 x 2,5. Libros de contos con imaxes sobre o vocabulario traballado para desenvolver a discriminación de imaxes. Materiais elaborados para potenciar a discriminación entre os diferentes símbolos do SPC.

ORGANIZATIVOS

O apoio realizarase fóra da aula durante 8 horas semanas para o traballo de aspectos específicos relacionados coa aprendizaxe do SPC.

-

Colaboraremos co profesorado das diferentes áreas para a adaptación do material necesario para o traballo diario.

11.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN Grao de consecución á hora de extraer o significado das tarxetas pictográficas Grao de funcionalidade do vocabulario seleccionado. Grado de xeralización das aprendizaxes á vida cotiá. Grao de consecución dos obxectivos propostos. Nivel de satisfacción do alumnado e do profesorado en relación ás expectivas formuladas e á posta en práctica do programa.