You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

Editorial
Estamos en abril e abril é o mes do libro. Momento moi axeitado para que un novo número de “O Xas” vexa a luz. Dende aquí reivindicamos unha vez máis o papel e o valor da palabra, da literatura, da arte en xeral. Iniciamos, pois, estas páxinas recomendando unha viaxe moi especial, un percorrido que non nos vai supor ningún desprazamento nin esforzo grande e que, pola contra, vainos aportar grandes satisfaccións. En realidade só vai requerir da nosa parte vontade e gañas de chegar ata lugares cheos de diversión, fantasía, imaxinación e creatividade. Hai que dispoñerse logo a navegar (lembrémo-la nosa vocación de auga, de río de palabras) entre aventuras e emocións, entre a historia e a lenda, dende o pasado máis remoto ata o futuro máis lonxano. Tamén a ir dende a terra ata a lúa. E a saber de illas, de mares, de piratas, de tesouros ... Preparémonos para coñecer máis sobre o dalgunha maneira nos apaixona, nos motiva ou interesa e seguramente chegaremos á conclusión de nese lugar tan especial imos atopar moito do podamos desexar. que nos que que

Abramos entón un libro e leámolo. Acheguémonos deste xeito á beleza e coñezámo-los múltiples matices da realidade. Porque os libros supoñen, hoxe máis que nunca, unha das ferramentas máis válidas para conquistar ese espacio cada vez máis utópico que se chama liberdade. Non deixemos escapar esa oportunidade única.
O equipo de redacción

2