You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

Frases e citas célebres.
1. Recorda sempre que eres único... Exactamente igual que tódolos demáis. 2. Lotería: un imposto sobre a xente mala en matemáticas. 3. O problema dos imparciais é que están sobornados polas dúas partes. 4. Para un erudito debe ser terrible perdelo coñecemento. 5. Se bo cos teus fillos. Eles elexirán a túa residencia. 6. Hai tres tipos de persoas: os que saben contar e os que non. 7. Diplomacia é a arte de dicir "cadelo bonito"... ata que poidas atopar unha pedra. 8. Un día sen sol é como, xa sabes, noite. 9. A marihuana causa amnesia e... outras cousas máis que non recordo. 10. Persoa moi ocupada busca relación seria para o 32 de Maio do 20000, ás 22:30 horas. 11. Executivo agresivo busca moedas antigas para partirlle-la cara. 12. Nestes tempos necesítase moito enxeñeiro para cometer un pecado orixinal. 13. Só quen comeu allo pode darnos unha palabra de alento. 14. A miña muller ten un fisico bárbaro. (Einstein) 15. Morrer é como durmir, pero sen levantarse para facer pis. 16. Vou a escibir algo profundo... Subsolo. 17. O dermatólogo é o único médico que pode dar diagnósticos superficiais. 18. Aclamar é aplaudir coa garganta. 19. As advertencias consisten en amenazar polas boas. 20. Pregúntome: ¿Qué faría eu sen min? 21. Os mocos son a plastilina dos pobres. 22. A Gardel gustábanlle os tangos. E a min, os tangas.
Lino Porto Bermúdez polaroi1@yahoo.es

-Que boa patada che meteu teu pai, ¿eh? -Pero foi con zapatos de goma.

25