You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

En Defensa da Lingua Galega
Hai cousa de dous ou tres meses chegou ás miñas mans, por casualidade, un deteriorado, pero non por iso menos interesante, folleto que noutros tempos ou situacións quizáis me pasase desapercibido por falta de coñecementos ou mesmo de motivación. Pero certas razóns sentimentais, por definilo dalgunha maneira, fixeron que isto non ocorrese. Este artigo ou pequena publicación sen importancia para moitos, pero un grande e valioso documeto para min e espero que para máis galegos, fala dunha das grandes figuras emblemáticas que produciu Galicia. Este xenio é, nin máis nin menos, que Castelao, un grande e extraordinario patriota galego. Lendo este pequeno texto en extensión pero grande e profundo en contido, sentinme plenamente satisfeita de poder contar na nosa longa historia con esta personalidade que, xunto con outros, tanto fixo por manter viva a identidade galega nuns anos tan difíciles e conflictivos. Pero o que me leva a min a escribir esta letras non é a súa vida nin as súas fazañas senón unha das súas maravillosas frases que, como froito das experiencias que xurdiron na súa vida diaria, aparecía cara o final: “Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. Soamente o que o significado destas fermosas palabras evocou na miña persoa incítame a reflexionar sobre a realidade lingüística que se viviu e se está vivindo en Galicia. O galego, unha lingua románica derivada do latín como as de entorno ibérico e europeo, convertiuse na lingua oficial de Galicia no ano 1981, data na que o Estatuto de Autonomía o recoñece como lingua propia. Para poder chegar ata aquí, o camiño que houbo que percorrer foi moi longo, dificultoso e cheo de trabas debido a razóns históricas, sociais e políticas; pois pasou de se-la primeira lingua románica peninsular con literatura propia, a ser unha lingua desprestixiada socialmente e dominada polo castelán, a se-la lingua que falaban as clases sociais máis baixas e aquelas familias que vivían no medio rural. Pero gracias ó esforzo e á dedicación desta xente e á labor que desenvolveron escritores e eruditos puido sobrevivir á presión que o castelán exercía sobre el. Cando unha lingua ten un predominio absoluto sobre a outra crea nos falantes un sentimento de autodesprezo e subestimación que hai que vencer, pois moita xente renega do galego para pasar a fala-lo castelán porque o identifican coas clases máis altas e dominantes. A verdade é que nos avergoñamos de ser galegos, de falar esta lingua e de ter este acento que moita xente foránea intenta imitar sen éxito. Pero a min gústame que teñamos acento, que cando falemos un idioma que non é o noso se nos note de onde somos: as raíces, a orixe, ... Fastídiame a prepotencia que nun país como España, rico en linguas e dialectos teñen determinados acentos sobre outros. En Galicia o prestixio, a gracia e o encanto téñeno os de fóra, cousa que non adoita ocorrer noutras comunidades lingüísticas onde se valora o propio e se marxina o estranxeiro.
Ese muchacho dicen que sabe muchísimo Sí, pero tiene un acento tan gallego ...

Históricamente o entorno familiar era o enclave fundamental que garantía a pervivencia do idioma nativo fronte á maioría de institucións que o despreciaban, ignoraban ou prohibían. A

4