You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

Falemos de Ciclismo
¿Por que a bicicleta lle gusta tanto á xente? En España hai máis de un millón de persoas que practica ciclismo habitualmente. Só hai que sair a pasear por calquera estrada un domingo pola mañá para ver moreas de ciclistas afeccionados circulando. O ciclismo ó contrario que outros deportes pódese practicar en solitario sen sentilo aburrimento que se sofre noutras prácticas deportivas. Por exemplo, ¿alguén sería capaz de xogar totalmente so ó fútbol durante máis dunha hora?; pois os afeccionados á bicicleta, xa sen ir ós profesionais, somos capaces de andar tres, catro ou cinco horas sen sentir soedade. conseguir que a práctica de ciclismo deixe de ser un dos deportes máis perigosos é prácticamente nulo. En España ó contrario que noutros países europeos como Bélxica ou Holanda, o número de quilómetros de carriles-bici é practicamente inexistente. Ademais a educación dos conductores de automóbiles a cerca do que hai que facer ante a presencia dun ciclista nunha estrada tampouco aparece por ningures. O número de accidentes de bicicleta por atropelos non deixa de aumentar ano a ano. Mentres, ¿que é o que fan os gobernantes?: pois a “Lei 43/1999, de 25 de novembro, sobre adaptación das normas de circulación á práctica do ciclismo”, unha lei que lonxe de mellora-la situación, empeóraa. É unha lei inxusta, que non afronta a problemática real nas estradas españolas. Ante esta lei xa se levantaron moitas voces tan importantes como as de Perico Delgado ou Miguel Indurain.

O gusto da bicicleta está no sentimento de liberdade, no gusto por recorrer quilómetros, na curiosidade de descubrir sitios e paisaxes que nunca viras, no senti-la velocidade producida pola forza física; eres ti contra a estrada. A compañía non é algo necesario, nin moito menos imprescindible, para pasar un rato de intenso divertimento. Comprender como é posible que a alguén lle guste montar nunha bicicleta, facer 100 km para non ir a ningún sitio, suando ou pasando frío e mollándose se chove, é algo que non se pode conseguir se non se proba. España é un país ciclista, non só polo grande número de afeccionados que practican este deporte, senón tamén pola xente que é amante do ciclismo. ¿Canta xente pasa as tardes do verán seguindo o Tour de Francia pola televisión, ou a Volta a España?. Sen embargo, o traballo que se fai dende as institucións para

-Si tiene miedo lo acompañamos. -Moitas gracias; pero nin son rico nin cacique, ¿sabe?

Neste artigo non pretendo criticar esta nova lei, nin dicir por qué é unha lei inxusta. Iso deixarémolo para unha próxima edición. Agora vou reproduci-la introducción desta lei, co obxectivo de que o lector poida reflexionar na situación inxusta que sofre a bicicleta fronte o automóbil:

“Na actualidade reconócese que a bicicleta é un eficaz medio de transporte que representa unha alternativa cotiá viable para moitas persoas. Sen embargo, o uso da bicicleta vese na actualidade limitado e estrictamente condicionado polo grande medio de transporte dos nosos tempos: o automóbil de motor. A masiva e xeneralizada utilización destes vehículos, a predominante adecuación a eles, tanto das infraestructuras viarias como da normativa circulatoria, restrinxen, dende un punto de vista meramente físico como dende unha perspectiva xurídico-formal, o ámbito de utilización sen risco e as posibilidades de disfrute da bicicleta. O logro dunha situación equilibrada e unha óptima utilización dos distintos medios de transporte impoñen a búsqueda de solucións de combinación entre aqueles, con fórmulas que se refiren tanto á ordenacióin do espacio físico, principalmente, a construcción de pistas ciclabes, como á reglamentación viaria favorecedora do uso da bicicleta.” Arturo Norberto Fontán Pérez

6