You are on page 1of 1

Centro Cultural de Romai

Revista “O Xas”

Nº 3

(Abril-Maio 2000)

afirmar que debe haber unha serie de prioridades que parecen esquecer todos: dende sempre a cultura española é coñecida pola fama da súa festa nacional por excelencia: os touros. Creo que o sufrimento deste animal para divertimento das xentes na praza e para enche-los petos de catro terratenentes é a maior mostra de que as leis non se fan para cumprir todos por igual, nin para conqueri-la fin polas que se fixeron. Non nos olvidemos tamén, neste caso, do gran número de coutos de caza espallados por todo o noso territorio como exemplo de disfrute de tradicións. as grandes desfeitas ecolóxicas e a conseguinte morte de gran número de animais, xunto coa desaparición dos seus hábitats polos verquidos incontrolados que afectan ós nosos ríos. Caso de Doñana e Danubio con máis impacto televisivo. os grandes buques que encallan e escapan cru ó longo e ancho do mar chegando ás costas. Isto trae consigo toda unha cadea de morte e graves desfeitas ecolóxicas, continuamente. o sacrificio de 35 millóns de animais ó ano, co único obxectivo de aproveita-la súa pel para facer caros e bonitos abrigos de pel natural. a caza indiscriminada de baleas, animais en perigo de extinción, en paraxes protexidos do Ártico, por grandes potencias como é o caso de Xapón. a famosa pesca con volantas que tantas dores de cabeza lles dá ós franceses pero que segue

sen solución, mentres ese esquilma o fondo mariño e morren todo tipo de especies sexan ou non válidas para o consumo. Como vedes a Matanza do porco comparado con isto é un conto de nenos. Pois todo isto, e moito máis, ocorre con absoluta impunidade por parte dos Organismos Europeos e Mundiais.

-

O Sapo - ¡Si superas a morte que che espera non comías tanto!

-

-

Non é de extrañar entón, que todo o relacionado coas leis para protexe-la natureza e os animais me enchan a cabeza de contradiccións, e lévame a pensar e a afirmar que todo o mundo se move coa ansia de obter hiperbeneficios, promulgando leis absurdas que non reflicten a realidade. Teño a certeza de que terminarán por decatarse de que as leis non se deben facer para dar beneficios económicos, senón para dar beneficios á vida das xentes e dos animais que pretenden protexer. O problema é que cando se decaten xa será demasiado tarde para moita xente e para moitos animais. Do que si estou segura é de que os nosos porquiños xa están protexidos polas xentes ás que lles dan a vida.
Loli Pérez

-

-

8