You are on page 1of 5

A S E M A M A D A P A I S A X E

P R O X E C T O D E F O M E N T O

D O C O O P E R AT I V I S M O

N O C E N T R O E S C O L A R

E S O , 2 º C I C L O 2 0 0 9

I . E . S . X E S Ú S T A B O A D A C H I V I T E
V E R Í N – O U R E N S E
ÍNDICE

1.- Definición dos obxectivos

2.- Asignación de tarefas

3.- Tarefas desenvolvidas

4.- Dinámica

5.- Realización final


1.-DEFINICIÓN DE OBXECTIVOS

O tema a tratar ten relación coa temática da materia de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO,
e aproveita que o mesmo profesor imparte Educación Plástica en 4º de ESO para experimentar
unha experiencia piloto de coordinación de tarefas con alumnos de diferete ciclo.
Polo tanto escollerase este curso o tema da Paisaxe para desenvolver diferentes tarefas e
relacionalas coa materia de Educación Plástica e con coñecementos e actividades de outras
materias.

Esta actividade estaba dirixida a experimentar dun xeito práctico a idea do cooperativismo
como medio de traballo grupal, do que se poden fomentar os máximos beneficios para a
comunidade.
Había varios aspectos que tratar:
-o coñecemento do lugar que habitan os alumnos
-o respecto polo medio natural
-o desenvolvemento de conductas ecolóxicas
-a posta en valor das nosas paisaxes
-o valor dos núcleos pequenos do contorno con pouca poboación
-a conservación do patrimonio
-o traballo grupal
-a organización do traballo
-a responsabilidade
-a sintonía entre arte e natureza
-a importancia da conservación das paisaxes
-a cualidade plástica dos obxectos da natureza
-as texturas e as cores dos elementos con que se traballou
-a efimeridade das instalacións
-a ocupación do espazo público

No referenta ás actividades do centro, ainda que o proxecto estaba dirixido a alumnos de 4º de


ESO, o grupo de 4ºA, que ten como optativa a materia de Educación Plástica, éste extendeuse
ós grupos de 1º de ESO, no que o coordinador do proxecto leva a materia de Proxecto
Interdisciplinar, onde parecía axeitado desenvolver esta experiencia.
Polo tanto pensouse en relacionar a estes alumnos de dous niveis diferentes, de xeito que os
alumnos de 4º actuasen como monitores dos de 1º, transmitindo as ideas do proxecto e
coordinando o seu traballo.

Esta experiencia resultou positiva para ambos niveis, xa que os monitores aprenderon a
responsabilizarse dos compoñentes do seu equipo e entenderon as dificultades de transmitir
unha idea e o importante que resulta para acadar un resultado que todo o mundo colabore.
Tamén foi positiva a intervención dos profesores participantes, os titores dos grupos: Aníbal
Barreira, Ana Belén Arias, Patricia Rodríguez, Carme Gómez e Carmen Burgos, as profesoras
de lingua Galega: Concha Fernández e Marita Fernández, e a orientadora do centro Mercedes
López.
Podemos destacar a importancia que teñen as reunions do profesorado para coordinar
traballos, e seguro que tendo mais horas de coordinación por niveis os nosos resultados
mellorarían. En esto hai que agradecer á orientadora do centro a iniciativa de ter reunións
semanais de titores, ás que se lle permitiu asistir ó profesor do Proxecto Interdisciplinar para
transmitir as ideas do proxecto.

cómo se estructurou o traballo:

2.-ASIGNACIÓN DE TAREFAS

Ós alumnos de 4º asígnaselles a tarefa de monitores, co que terán que responsabilizarse de


expoñer e organizar o traballo do seu grupo.
Os titores simplemente supervisarán o xeito de actuar dos alumnos e apoiarán ós monitores.
O coordinador do proxecto comunica a idea global ós alumnos e guía o modo de traballo,
prepara material de apoio e presenta o traballo a monitores e titores.

3.-TAREFAS DESENVOLVIDAS

Organízanse diversas actividades con alumnos dos dou niveis, aproveitando na materia de
Plástica actividades prácticas cun contido que axude ós alumnos a entender e experimentar a
esencia do traballo cooperativo.
Estas actividades, ainda que realizadas ó longo do curso, intensifícanse en abril e maio:

-actividades no centro, no patio coidando o círculo de pólas, nos accesos con instalacións
relacionadas co minimalismo e o land art, na aula, realizando debuxos con temática
relacionada cos bosques e a natureza, facendo composicións con follas de piñeiro, traballando
o sentido do tacto, facendo as composicións primeiro cos ollos pechados. E Tamén nas
actividades extraescolares, montando unha obra de teatro relacionada co bosque.
-excursión de 4º polos núcleos de Castrelo do Val: Campobecerros, Fontefría, Servoi, onde os
alumnos de 4º fan percorridos para logo indicarllos ós alumnos dos seus grupos de 1º.
-visita ó Centro de Cooperativas do polígono de Pazos.
-reunións nas aulas, onde os monitores de 4º explican as actividades que van a realizar en
conxunto e distribúen as tarefas (fotografías, identificación das rutas, recollida de obxectos,
deseño da composición, selección de materiais,...)
-excursión de 1º e 4º:
Visita a Castrelo do Val dos grupos de traballo: 8 GRUPOS, dous por cada clase de primeiro, formados
cada un por dous alumnos de cuarto e dez de primeiro. Acompañarán os titores de cada grupo (ou
profesor que o substitúa), a orientadora e o coordinador do proxecto interdisciplinar.
-12.00 visita ó concello de Castrelo do Val e ó Centro de Interpretación Etnográfica, onde se
presentarán as características do concello e os elementos naturais e construídos máis importantes.
Datos sobre poboación e actividades.
-12.30 paseo dende Castrelo ata o núcleo de Pepín, identificando os elementos paisaxísticos e da
arquitectura popular máis representativos
-1.30 subida en bus ata o núcleo de Campobecerros, pequena parada para ver o río e os muíños
-2.30 comida no Alto do Foxo, parada para comer, descansar e disfrutar das vistas do val
-4.30 parada curta en Fontefría para ver o núcleo e os seus arredores
-5.00 parada en Servoi e traballo de campo na súa fraga
-exposición a arte e a paisaxe, na praza de García Barbón da vila de Verín, onde os grupos
farán unha instalación, que previamente seleccionaron en clase, co material recollido no
bosque. Presentaron varios bocetos, dos que seleccionaron un, logo os monitores fixeron un
pequeño escrito onde contaban o seu traballo.
-lectura na praza, Ás 5 da tarde fíxose un acto no que os alumnos leron un escrito na praza
sobre o seu traballo e a importancia dos bosques e o coidado da natureza para a nosa
sociedade, fixéronse fotografías de todos os traballos realizados e ás 6 da tarde recolleuse todo
o material para que deixar a praza limpa.
-excursión a Vigo, vista ó MARCO (museode arte contemporánea), paseo polo casco vello,
comida na praia de Samil, visita ás ruinas romanas de Toralla e tarde na praia do Bao, onde
quen quixo fixo algun traballo na area.

4.-DINÁMICA
-reunión do coordinador, orientadora e titores de 1º de ESO: durante o curso acoden á reunión
de titores coa orientadora para a función titorial os martes a terceira hora, onde cada vez que
hai unha actividade o profesor do Proxecto Interdisciplinar lles da conta e propón ideas.
-reunións na aula cos alumnos de 4º de ESO, indicando o avance da proposta e as datas
previstas, (algunha adiada por mor do mal tempo)
-traballos de aula relacionados co tema
-visitas á biblioteca do centro onde se fai lectura do libro: “comarca de Verín” editada pola
mancomunidade de concellos.
-avaliación de resultados, unha vez rematadas as actividades faise unha recopilación de
fotos, debuxos das paisaxes que lembran e avaliación do traballo dos monitores e os monitores
do traballo dos alumnos.

5.-REALIZACIÓN FINAL
rematada a experiencia vaise facer no mes de xuño unha exposición con todo o traballo
realizado, contando toda a experiencia, do que se presenta un pequeno dossier.

o coordinador: Víctor Rodríguez Romero

You might also like