You are on page 1of 19

2

Mercado Laboral. Paro Rexistrado


3
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Índice

Páx.

1. Poboación Parada Rexistrada. Setembro 2010 ...................................4

1.1. Paro Rexistrado Setembro 2010 .......................................................4


1.2. Comparativa Setembro2009-Agosto 2010-Setembro 2010 ..............5

2. Poboación Parada, segundo Sexo ........................................................8

3. Poboación Parada, segundo Sexo e Idade ..........................................9

4. Poboación Parada, segundo Nivel Académico .................................12

5. Poboación Parada, segundo Sector Económico ...............................13

6. Poboación Parada, segundo Tempo de Espera ................................16

7. Perfil Tipo dos parados ........................................................................17

8. Conclusións ..........................................................................................18
4
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

1. Poboación Parada Rexistrada

Finalizado o mes de setembro chega o momento de analizar o comportamento do


mercado laboral no referente ás cifras de desempregados. Iniciaremos a análise ollando, en
primeiro lugar, a cifra total de desempregados rexistrados durante o mes de setembro no
territorio do Pacto de Lemos para seguidamente avaliar as cifras de desempregados en base a
variables como o xénero, idade, sector de actividade, nivel académico e tempo de espera.

1.1. Paro Rexistrado. Setembro 2010

Táboa 1.1 Paro rexistrado.

Paro Rexistrado Setembro 2010


Pacto Provincia Galicia Com. Chantada Com. Quiroga Terra de Lemos
3.191 20.705 216.095 722 395 2.074

% Paro/Pob. 16-64 anos


Total Homes Mulleres
Com. Chantada 8,28% 8,63% 7,91%
Com. Quiroga 11,51% 11,89% 11,10%
Terra de Lemos 10,89% 10,06% 11,74%
Pacto de Lemos 10,23% 9,87% 10,60%
Provincia 9,37% 8,71% 10,05%
Galicia 11,73% 10,65% 12,80%
A Pob. de 16-64 anos é a correspondente ó Padrón 2009

A cifra de desempregados no Pacto ó rematar setembro acadou as 3.191 persoas


paradas, o que supón un 10,23% da poboación potencialmente económica (16-64 anos).
Esfiañando esta taxa segundo o xénero dos parados, observamos que no caso dos homes se
sitúa ó redor do 10% (9,87%) mentres que para as mulleres este indicador acada un 10,60%.

A poboación parada do Pacto de Lemos representa ó 15,41% da cifra de parados a nivel


provincial (20.705 persoas; 9,37% paro/pob.16-64 anos) e o 1,48% do total de desempregados
de Galicia (209.789 persoas; 11,73% paro/pob.16-64 anos).

A distribución de parados a nivel comarcal reflicte que a comarca de Chantada concentra


o 22,63% (722 persoas; 8,28% paro/pob.16-64 anos) do paro total do Pacto de Lemos, a
comarca de Quiroga acubilla o 12,37% dos desempregados do Pacto (395 persoas; 11,51%
paro/pob.16-64 anos) mentres que a comarca de Terra de Lemos acolle o 65,00% (2.074
persoas; 10,89% paro/pob.16-64 anos) do paro rexistrado no Pacto de Lemos.

As capitais das tres comarcas que conforman o Pacto de Lemos concentran o 67,53%
do parados totais rexistrado no territorio sendo o concello de Monforte de Lemos o que soporta
a meirande parte de desempregos do Pacto cun 44,84% do total. Chantada acubilla o 15,23%
dos parados do Pacto e Quiroga o 7,46%.
5
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Gráfico 1.1 Distribución municipal do Paro rexistrado no Pacto. Setembro 2010

Saviñao, O Sober Carballedo


Pobra do
6,74% 3,20% 3,57% Taboada
Brollón, A
3,82%
2,54%
Pantón Chantada
4,92% 15,23% Folgoso do
Courel
2,44%

Quiroga
7,46%
Monforte de
Lemos
44,84%

Ribas de Sil
2,48%
Bóveda
2,76%

1.2. Comparativa Setembro-09/Agosto-10/Setembro-10


Setembro

Táboa 1.2.1 Comparativa Setembro-09/Agosto-10/Setembro-10


Setembro
Set./09 Ago./10 Set./10 Var.Ago-Set. Vr.Set.09-Set.10
Carballedo 103 117 114 -2,56% 10,68%
Chantada 469 469 486 3,62% 3,62%
Taboada 105 129 122 -5,43% 16,19%
Com. Chantada 677 715 722 0,98% 6,65%
Folgoso 81 76 78 2,63% -3,70%
Quiroga 228 246 238 -3,25% 4,39%
Ribas do Sil 67 86 79 -8,14% 17,91%
Com. Quiroga 376 408 395 -3,19% 5,05%
Bóveda 66 76 88 15,79% 33,33%
Monforte 1.267 1.354 1.431 5,69% 12,94%
Pantón 145 152 157 3,29% 8,28%
A Pobra 83 81 81 0,00% -2,41%
O Saviñao 234 230 215 -6,52% -8,12%
Sober 133 101 102 0,99% -23,31%
Terra de Lemos 1.928 1.994 2.074 4,01% 7,57%
Pacto de Lemos 2.981 3.117 3.191 2,37% 7,04%
Provincia 18.470 19.784 20.705 4,66% 12,10%
Galicia 200.465 211.532 216.095 2,16% 7,80%

Tradicionalmente os meses de agosto – setembro soen deparar un punto de inflexión na


evolución da contía de parados no Pacto de Lemos, interrompéndose a tendencia de descenso
de parados iniciada a finais do primeiro trimestre do ano. O ano 2010 non supuxo unha
excepción posto que setembro deparou un crecemento
crecemento da cifra de desempregados do 2,37%
( 74 parados)) en relación ó mes de agosto. A provincia de Lugo e Galicia tamén manifestan
un comportamento semellante que se materializa nun incremento da cifra de parados do 4,66%
( 921 parados) e do 2,16% (( 4.563 parados), respectivamente.
6
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

A nivel comarcal observamos evolucións contrapostas nas tres comarcas do Pacto de


Lemos. Así, as comarcas de Chantada e Terra de Lemos presentan un aumento de
desempregados que se sitúa, respectivamente, nun 0,98% ( 7 parados) e nun 4,01% ( 80
parados). Polo contrario, a comarca de Quiroga amosa un descenso de 13 desempregados
que supón unha diminución do 3,19% en relación a agosto.

A análise do paro a nivel municipal mostra tendencias diverxentes nos distintos concellos
que integran o Pacto de Lemos. Deste xeito vemos diminucións da cifra de desempregados en
Carballedo, Taboada, Quiroga, Ribas de Sil e O Saviñao sendo este último o que presenta o
descenso máis significativo con 15 parados menos ( 6,52%) que en agosto. Entre os
concellos que evidencian unha suba de desempregados sobresaen os incrementos
acontecidos en Bóveda ( 12 parados /  15,79%) e Monforte de Lemos ( 77 parados / 
5,69%).

A comparativa interanual mostra que as cifras de desempregados incrementouse no


Pacto de Lemos un 7,04% no último ano o que equivale a 210 parados máis que en setembro
de 2009. Nembargante, este incremento é inferior ó rexistrado a nivel provincial e autonómico
onde o desemprego aumentou, respectivamente, nun 12,10% ( 2.235 parados) e nun 7,80%
( 15.630 parados).

A avaliación por comarcas reflicte aumentos de parados nas tres comarcas sendo Terra
de Lemos a que presenta un incremento máis substancial cifrándose este nun 7,57% ( 146
parados). Na comarca de Chantada o crecemento de desempregados sitúase nun 6,65% e 45
parados mentres que a comarca de Quiroga presenta o menor aumento de desemprego ó
rexistrarse 19 parados máis ( 5,05%) que en setembro de 2009.

A nivel municipal ollamos que catro concellos integrantes do Pacto de Lemos reduciron
no último ano as cifras de parados. Así, as diminucións máis destacadas corresponden o
concello de Sober con 31 parados menos ( 23,31%) que en setembro de 2009 e O Saviñao
con 19 desempregados menos ( 8,12%). Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón son os
outros dous concellos que viron diminuídas as cifras de parados pero estamos antes variacións
mínimas cifradas en 3 ( 3,70%) e 2 desempregados menos ( 2,41%), respectivamente.

No bando oposto, cómpre subliñar o incremento da cifra de parados experimentado no


concello de Monforte de Lemos cifrándose o mesmo nun 12,94% e 164 parados. Tamén
destacar as subas acontecidas no concello de Bóveda e de Taboada. En Bóveda a cifra de
parados incrementouse en 22 persoas ( 33,33%) mentres que en Taboada fíxoo en 17
desempregados o que supón unha subida do 16,19% respecto a setembro de 2009. En termos
porcentuais, significar o crecemento do 17,91% experimentado pola cifra de parados no
concello de Ribas de Sil, porcentaxe que en valores absolutos equivale a 12 desempregados
máis que en setembro de 2009.
7
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Gráfico 1.2.1 Evolución Pacto e comarcas

Pacto de Lemos
4.000
3.500
3.000
2.500
2.000
1.500
1.000
500
0
Xan. Feb. Marz. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

2006 2007 2008 2009 2010

Com. Chantada Com. Quiroga

900 600
800
500
700
600 400
500
300
400
300 200
200
100
100
0 0
Xan. Feb. Marz. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec. Xan. Feb. Marz. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

2006 2007 2008 2009 2010 2006 2007 2008 2009 2010

Terra de Lemos

2500

2000

1500

1000

500

0
Xan. Feb. Marz. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

2006 2007 2008 2009 2010

Nas gráficas anteriores observamos a evolución mensual do paro constatándose que


estamos na fase do ano na cal se produce un incremento da cifra de parados. Nembargante,
sinalar que no Pacto de Lemos a cifra de desempregados é un 12,26% inferior á rexistrada en
xaneiro deste ano.
8
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

2. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sexo

A seguinte estadía da análise do desemprego pasa por avaliar as cifras de paro feminino
a data de setembro de 2010 e a súa evolución respecto ó mes precedente e ás cifras de
setembro de 2010.

Táboa 2.1. Paro Feminino.


Set. 2009 Ago.2010 Set.2010 Var.Ago-Set. Var. Set.09-Set.10
Nº PF/PT Nº PF/PT Nº PF/PT Var. Nª Var. % Var. Nª Var. %
Carballedo 34 33,01% 49 41,88% 39 34,21% -20,41% -7,67% 14,71% 1,20%
Chantada 235 50,11% 233 49,68% 248 51,03% 6,44% 1,35% 5,53% 0,92%
Taboada 46 43,81% 53 41,09% 51 41,80% -3,77% 0,72% 10,87% -2,01%
Com. Chantada 315 46,53% 335 46,85% 338 46,81% 0,90% -0,04% 7,30% 0,29%
Folgoso 27 33,33% 27 35,53% 29 37,18% 7,41% 1,65% 7,41% 3,85%
Quiroga 130 57,02% 118 47,97% 116 48,74% -1,69% 0,77% -10,77% -8,28%
Ribas do Sil 38 56,72% 42 48,84% 37 46,84% -11,90% -2,00% -2,63% -9,88%
Com. Quiroga 195 51,86% 187 45,83% 182 46,08% -2,67% 0,24% -6,67% -5,79%
Bóveda 37 56,06% 42 55,26% 51 57,95% 21,43% 2,69% 37,84% 1,89%
Monforte 751 59,27% 746 55,10% 799 55,84% 7,10% 0,74% 6,39% -3,44%
Pantón 65 44,83% 66 43,42% 70 44,59% 6,06% 1,16% 7,69% -0,24%
A Pobra 46 55,42% 30 37,04% 34 41,98% 13,33% 4,94% -26,09% -13,45%
O Saviñao 111 47,44% 109 47,39% 100 46,51% -8,26% -0,88% -9,91% -0,92%
Sober 64 48,12% 47 46,53% 47 46,08% 0,00% -0,46% -26,56% -2,04%
Terra Lemos 1074 55,71% 1040 52,16% 1101 53,09% 5,87% 0,93% 2,51% -2,62%
Pacto Lemos 1584 53,14% 1562 50,11% 1621 50,80% 3,78% 0,69% 2,34% -2,34%
Provincia 9864 53,41% 10246 51,79% 10917 52,73% 6,55% 0,94% 10,68% -0,68%
Galicia 111849 55,79% 115163 54,44% 118211 54,70% 2,65% 0,26% 5,69% -1,09%

O paro feminino medrou, no eido do Pacto de Lemos, un 3,78% no último mes con 59
desempregadas máis que en agosto. Pola súa banda, o desemprego masculino aumentou pero
fíxoo en menor contía có feminino. Así, as cifras de parados amosan 15 homes parados máis
que en agosto o que supón un crecemento do 0,96%. Estes comportamentos provocan que o
peso do paro feminino respecto ó paro total se eleve, no eido do Pacto de Lemos, ata o 50,80%
o que supón 0,69 puntos porcentuais máis que en agosto.

A pesares do aumento do peso do paro feminino no Pacto de Lemos, este segue a ter
menos representatividade que no conxunto provincial e autonómico onde acada un peso do
52,73% e do 54,70%, respectivamente.

A nivel comarcal observamos que o paro feminino minguou na comarca de Quiroga


observándose a existencia de 5 desempregadas menos ( 2,67%) respecto a agosto. Nas
dúas comarcas restantes aumentou o paro feminino pero fíxoo con distinto grado de
intensidade así na comarca de Chantada soamente se produciu un aumento de 3 mulleres
paradas ( 0,90%) mentres que en Terras de Lemos o incrementou elevouse ata as 61
desempregadas o que supón unha suba do 5,87% en relación a agosto. Esta importante suba
do paro feminino na comarca de Terra de Lemos provoca que o peso do paro feminino na
mesma se sitúe nun 53,09%, 2,29 puntos porcentuais por riba da media do Pacto de Lemos
(50,80%). Polo contrario, as comarcas de Chantada e Quiroga caracterízanse por posuír menor
paro feminino cá masculino de xeito que na comarca de Chantada, o paro feminino representa
un 46,81% do total mentres que na comarca de Quiroga esta porcentaxe baixa ata o 46,08%.
9
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

A comparativa do paro feminino rexistrado en setembro en relación ás cifras de parados


existentes un ano antes reflicten un incremento de desempregadas no Pacto de Lemos do
2,34% ( 37 paradas), incremento que se intensifica a nivel provincial ( 10,68%) e
autonómico ( 5,69%). A pesares do crecemento do paro feminino neste último ano, o seu
comportamento está a ser considerablemente mellor ó do paro masculino o cal se incrementou
neste período nun 12,38% no Pacto de Lemos, nun 13,73% na provincia e nun 10,46% en
Galicia. Este tendencia menos negativa do paro feminino provoca que diminuíse o seu peso
dentro do paro total nos tres eidos avaliados (Pacto de Lemos:  2,34% / Provincia:  0,68% /
Galicia:  1,09%).

A nivel comarcal observamos que o paro feminino experimentou o maior crecemento na


comarca de Chantada cun 7,30% e 23 paradas máis que en setembro de 2009. En Terra de
Lemos, o aumento do paro feminino sitúase nun 2,51% e 27 paradas mentres que na comarca
de Quiroga o paro feminino reduciuse un 6,67% e 13 desempregadas neste último ano.

3. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sexo e Idade

Proseguimos o presente informe analizando a poboación parada rexistrada en función da


idade e da conxugación das variables idade e xénero para o que procedemos amosar as cifras
de setembro e as variacións rexistradas respecto ó mes e o ano anterior.

Parados segundo idade e % s/total de Parados


Com. Terra de
Pacto de Lemos Com. Chantada
Quiroga Lemos
Anos Set.09 Ago.10 Set.10 % Vr.Ago-Set Vr.Set.09-Set.10 Nº % Nº % Nº %
16 a 19 60 51 60 1,88% 17,65% 0,00% 20 2,77% 3 0,76% 37 1,78%
20 a 24 233 230 237 7,43% 3,04% 1,72% 58 8,03% 35 8,86% 144 6,94%
25 a 29 314 368 371 11,63% 0,82% 18,15% 92 12,74% 36 9,11% 243 11,72%
30 a 34 313 343 356 11,16% 3,79% 13,74% 90 12,47% 51 12,91% 215 10,37%
35 a 39 280 289 299 9,37% 3,46% 6,79% 71 9,83% 41 10,38% 187 9,02%
40 a 44 334 365 386 12,10% 5,75% 15,57% 74 10,25% 42 10,63% 270 13,02%
45 a 49 333 364 371 11,63% 1,92% 11,41% 72 9,97% 45 11,39% 254 12,25%
50 a 54 343 358 365 11,44% 1,96% 6,41% 86 11,91% 46 11,65% 233 11,23%
55 a 59 390 375 368 11,53% -1,87% -5,64% 77 10,66% 49 12,41% 242 11,67%
60 a 64 381 374 378 11,85% 1,07% -0,79% 82 11,36% 47 11,90% 249 12,01%
Total 2981 3117 3191 100% 2,37% 7,04% 722 100,00% 395 100% 2074 100%

A nivel Pacto observamos que o intervalo de 40-44 anos aglutina o maior número de
parados con 386 desempregados que representan o 12,10% do total de parados. Lixeiramente
por baixo do intervalo de 40 a 44 anos, agroma o intervalo de 60 a 64 anos que conta con 378
desempregados que supoñen o 11,85% do total. Incorporando a variable xénero á análise do
paro segundo idade, apreciamos que o paro feminino afecta principalmente ós intervalos de 40-
44 anos (232 desempregadas / 7,27%) e 45-49 anos (202 paradas / 6,33%) mentres que no
caso dos homes, os desempregados concéntranse nos intervalos de máis de 50 anos. Así,
constátase a existencia de 196 parados (6,14%) no intervalo de 50 a 54 anos, 217 parados
(6,80%) de idades comprendidas entre os 55 e 59 anos e 223 desempregados (6,99%) de 60 a
64 años.
10
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

A variación mensual de desempregados por idades arroxa subas notorias de parados


nos intervalos de 16-19 anos e 40-44 anos cifrada, respectivamente, en 9 ( 17,65%) e 21
parados máis ( 5,75%), respectivamente. No bando contrario figura o intervalo de 55-59 anos
que foi o único que viu reducida a cifra de parados ó pasar de 375 desempregados en agosto a
368 en setembro, baixada que en termos porcentuais se sitúa nun 1,87%.

En relación as cifras de setembro de 2009, significar crecementos de consideración nos


intervalos de 25-29 anos ( 57 parados /  18,15%), 30-34 anos ( 43 parados /  13,74%),
40-44 anos ( 52 parados /  15,57%) e 45-49 anos ( 38 parados /  11,41%). Polo
contrario, as evolucións máis favorables corresponden os intervalos de 55-59 anos e 60-64
anos onde as cifras de desempregados se reduciron en 21 ( 5,64%) e 3 persoas ( 0,79%),
respectivamente.

A continuación, facemos mención a outros aspectos da análise do paro segundo a idade


dos desempregados que cómpre destacar:
• O peso dos parados menores de 25 anos é inferior no Pacto de Lemos (9,31%) que na
provincia de Lugo (11,48%) e Galicia (9,83%). Ese peso do 9,31% que representan os
menos de 25 anos distribúese nun 4,76% para os homes e un 4,54% para os mulleres.
• Os desempregados de 25 a 44 anos supoñen o 44,25% do total de parados do Pacto
de Lemos (Mulleres: 25,04% / Homes: 19,21%). Esta representatividade increméntase
por riba do 50% a nivel provincial (53,49%) e autonómico (51,38%).
• No eido do Pacto de Lemos, a maior porcentaxe de parados concéntrase nos maiores
de 45 anos que representan o 46,44% do total de parados do cal o 25,23% son homes
e o 21,22% mulleres. Na provincia de Lugo e Galicia, o peso deste grupo de parados
diminúe ata 39,68% da provincia e o 38,78% de Galicia.

Avaliando a nivel comarcal, a representatividade dos grandes grupos de parados


segundo idade xorden os seguintes aspectos:
• O maior peso de paro xuvenil (menores de 25 anos) rexístrase na comarca de
Chantada onde os parados menores de 25 anos supoñen un 10,80% do total de
desempregados fronte ó 9,62% que representan na comarca de Quiroga e o 8,73% da
comarca de Terra de Lemos.
• Os desempregados de 25 a 44 anos supoñen o núcleo principal de parados na
comarca de Chantada ó representar o 45,29% do total. Nas comarcas de Quiroga e
Terra de Lemos, o peso deste intervalo diminúe lixeiramente situándose,
respectivamente, nun 43,04% e nun 44,12%. Nestas dúas comarcas o intervalo con
maior número de desempregados é o de maiores de 44 anos.
• O intervalo de parados de maiores de 44 anos acada valores superiores o 47% nas
comarcas de Quiroga (47,34%) e Terra de Lemos (47,16%) acubillando deste xeito a
maior contía de parados. Na comarca de Chantada, o peso deste intervalo redúcese
ata o 43,91%.
11
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Táboa 3.1. Poboación parada segundo Sexo e Idade


Pacto Lemos

60 a 64
55 a 59
50 a 54
45 a 49
40 a 44
35 a 39
30 a 34
25 a 29
20 a 24
16 a 19

-8% -6% -4% -2% 0% 2% 4% 6% 8%

16 a 19 20 a 24 25 a 29 30 a 34 35 a 39 40 a 44 45 a 49 50 a 54 55 a 59 60 a 64
Mulleres 0,77% 3,50% 6,16% 6,22% 5,36% 6,80% 6,10% 5,39% 4,88% 4,94%
Homes -0,87% -3,88% -5,65% -4,78% -3,91% -4,91% -5,58% -6,10% -7,15% -7,06%

Comarca Chantada Comarca Quiroga

60 a 64 60 a 64
55 a 59 55 a 59
50 a 54 50 a 54
45 a 49 45 a 49
40 a 44 40 a 44
35 a 39 35 a 39
30 a 34 30 a 34
25 a 29 25 a 29
20 a 24 20 a 24
16 a 19
16 a 19

-10% -5% 0% 5% 10%


-10% -8% -6% -4% -2% 0% 2% 4% 6% 8%

16 a 19 20 a 24 25 a 29 30 a 34 35 a 39 40 a 44 45 a 49 50 a 54 55 a 59 60 a 64
16 a 19 20 a 24 25 a 29 30 a 34 35 a 39 40 a 44 45 a 49 50 a 54 55 a 59 60 a 64
Mulleres 1,12% 4,34% 7,13% 7,69% 5,45% 5,73% 4,90% 3,22% 3,36% 3,92%
Mulleres 0,00% 3,68% 4,17% 6,86% 4,66% 5,39% 5,15% 6,37% 4,90% 4,66%
Homes -1,12% -3,22% -5,87% -4,62% -3,92% -3,64% -6,15% -8,53% -7,69% -8,39% Homes -0,74% -4,66% -6,13% -5,88% -5,88% -6,37% -5,64% -4,90% -7,60% -6,37%

Terra de Lemos

60 a 64
55 a 59
50 a 54
45 a 49
40 a 44
35 a 39
30 a 34
25 a 29
20 a 24
16 a 19

-8% -6% -4% -2% 0% 2% 4% 6% 8% 10%

16 a 19 20 a 24 25 a 29 30 a 34 35 a 39 40 a 44 45 a 49 50 a 54 55 a 59 60 a 64
Mulleres 0,80% 3,16% 6,22% 5,57% 5,47% 7,47% 6,72% 5,97% 5,42% 5,37%
Homes -0,80% -3,96% -5,47% -4,61% -3,51% -5,07% -5,37% -5,47% -6,87% -6,72%
12
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

4. Poboación Parada Rexistrada, segundo Nivel Académico

Continuamos coa análise das cifras de parados de setembro introducindo a variable do


nivel académico dos desempregados.

Táboa 4.1. Poboación parada segundo Nivel Académico.


Pacto Provincia Galicia

Set.09 Ago.10 Set.10 % Vr.Ag-Set Vr.Set.09-10 Nº % Nº %


Ata Certificado de
1.393 1.499 1.549 48,54% 3,34% 11,20% 8595 43,44% 83756 39,59%
Escolaridade
Ensinanza Obrigat. 713 732 737 23,10% 0,68% 3,37% 5048 25,52% 61170 28,92%
Form.Profesional 432 430 456 14,29% 6,05% 5,56% 2531 12,79% 27416 12,96%
B.U.P / Bacharelato
226 218 212 6,64% -2,75% -6,19% 1408 7,12% 17015 8,04%
Superior / C.O.U
Tit.Universitarios 216 237 236 7,40% -0,42% 9,26% 2198 11,11% 22068 10,43%
Outras Titulacións 1 1 1 0,03% 0,00% 0,00% 4 0,02% 107 0,05%
2.981 3.117 3.191 100% 2,37% 7,04% 19784 100% 211532 100%

A táboa anterior reflicte que, no Pacto de Lemos e dende a óptica do nivel académico, o
segmento de poboación máis afectado polo paro é o de persoas que carecen de estudos posto
que representan o 48,54% do total de parados. Esta porcentaxe sitúase por riba da obtida a
nivel provincial (43,44%) e autonómico (39,59%). Outro aspecto que xoga en contra dos
parados que carecen de estudos é o importante incremento que se está producir na contía de
parados deste colectivo, así no último mes advertimos que 50 persoas máis ( 3,34%) sen
estudos pasaron a formar parte das listas do paro no Pacto de Lemos. Respecto as cifras de
setembro de 2009, observamos que os desempregados que carecen de estudos aumentaron
nun 11,20% o que se traduce en 156 persoas sen estudos máis paradas.

Seguindo coas variacións acontecidas no último mes reseñar a suba de 26 parados con
estudos de formación profesional. Polo contrario, observamos que as cifras de desempregados
diminuiron entre as persoas con estudos de bacharelato superior e entre os titulados
universitarios sendo a mingua de 6 ( 2,75%) e 1 parados ( 0,42%), respectivamente.

A comparativa interanual mostra que os desempregados soamente se reduciron entre as


persoas con bacharelato superior sendo a minoración dun 6,19% e 14 persoas. No resto de
niveis formativos aumentaron as cifras de parados sendo os parados sen estudos o colectivo
más perxudicado pola destrución de emprego, que como vimos con anterioridade, presenta un
incremento de 156 parados. A unha considerable distancia figuran outros tres niveis formativos,
Ensinanza Obrigatoria, Formación Profesional e Titulados Universitarios, nos cales o aumento
de desempregados supera a vintena de persoas. O incremento de 20 parados no nivel de
titulados universitarios no último ano adquire certa relevancia xa que supón un aumento de
case 10 puntos porcentuais (9,26%) en relación as cifras de setembro de 2009.
13
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

5. Poboación Parada Rexistrada, segundo Sector Económico

Proseguimos a análise do paro de setembro introducindo a variable de sector económico


de procedencia dos parados como criterio analítico.

Táboa 5.1. Poboación parada segundo Sector Económico. Setembro 2010


Agricultura/Pesca Industria Construción Servizos Sen emprego anter.
Nº % Nº % Nº % Nº % Nº % Total
Carballedo 11 9,65% 18 15,79% 22 19,30% 52 45,61% 11 9,65% 114
Chantada 25 5,14% 47 9,67% 78 16,05% 269 55,35% 67 13,79% 486
Taboada 5 4,10% 10 8,20% 16 13,11% 76 62,30% 15 12,30% 122
Com. Chantada 41 5,68% 75 10,39% 116 16,07% 397 54,99% 93 12,88% 722
Folgoso Courel 9 11,54% 11 14,10% 15 19,23% 38 48,72% 5 6,41% 78
Quiroga 13 5,46% 38 15,97% 50 21,01% 106 44,54% 31 13,03% 238
Ribas de Sil 2 2,53% 15 18,99% 17 21,52% 37 46,84% 8 10,13% 79
Com. Quiroga 24 6,08% 64 16,20% 82 20,76% 181 45,82% 44 11,14% 395
Bóveda 7 7,95% 11 12,50% 13 14,77% 46 52,27% 11 12,50% 88
Monforte Lemos 39 2,73% 172 12,02% 229 16,00% 780 54,51% 211 14,74% 1.431
Pantón 5 3,18% 18 11,46% 34 21,66% 68 43,31% 32 20,38% 157
Pobra de Brollón 5 6,17% 3 3,70% 9 11,11% 50 61,73% 14 17,28% 81
Saviñao, O 10 4,65% 19 8,84% 49 22,79% 100 46,51% 37 17,21% 215
Sober 6 5,88% 11 10,78% 11 10,78% 59 57,84% 15 14,71% 102
Terra de Lemos 72 3,47% 234 11,28% 345 16,63% 1.103 53,18% 320 15,43% 2.074
Pacto 137 4,29% 373 11,69% 543 17,02% 1.681 52,68% 457 14,32% 3.191
Lugo 611 2,95% 2.058 9,94% 3.326 16,06% 11.815 57,06% 2.895 13,98% 20.705
Galicia 5.335 2,47% 32.896 15,22% 33.054 15,30% 117.816 54,52% 26.994 12,49% 216.095

Táboa 5.2. Comparanza Setembro-09/ Agosto-10/ Setembro-10. Pacto e Comarcas


Pacto de Lemos
Agr./Gand. Industria Construción Servizos Sen empreg. Anterior
Nº Nº Nº Nº Nº
Set. 09 124 321 523 1.605 408
Ago.10 139 373 539 1.634 432
Set. 10 137 373 543 1.681 457
Var.Ago-Set. -1,44% 0,00% 0,74% 2,88% 5,79%
Var. Set.09-Set.10 10,48% 16,20% 3,82% 4,74% 12,01%
Comarca de Chantada
Agr./Gand. Industria Construción Servizos Sen empreg. Anterior
Nº Nº Nº Nº Nº
Set. 09 33 73 121 373 77
Ago.10 41 78 122 387 87
Set. 10 41 75 116 397 93
Var.Ago-Set. 0,00% -3,85% -4,92% 2,58% 6,90%
Var. Set.09-Set.10 24,24% 2,74% -4,13% 6,43% 20,78%
Comarca de Quiroga
Agr./Gand. Industria Construción Servizos Sen empreg. Anterior
Nº Nº Nº Nº Nº
Set. 09 19 47 65 206 39
Ago.10 24 71 80 196 37
Set. 10 24 64 82 181 44
Var.Ago-Set. 0,00% -9,86% 2,50% -7,65% 18,92%
Var. Set.09-Set.10 26,32% 36,17% 26,15% -12,14% 12,82%
Terra de Lemos
Agr./Gand. Industria Construción Servizos Sen empreg. Anterior
Nº Nº Nº Nº Nº
Set. 09 72 201 337 1.026 292
Ago.10 74 224 337 1.051 308
Set. 10 72 234 345 1.103 320
Var.Ago-Set. -2,70% 4,46% 2,37% 4,95% 3,90%
Var. Set.09-Set.10 0,00% 16,42% 2,37% 7,50% 9,59%
14
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

Gráfico 5.2. Evolución Paro segundo sectores económicos. Pacto

Agr./Gandería Industria
250 500

200 400

150 300

100 200

50 100

0
0
Xan. Feb. Marz. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
2006 2007 2008 2009 2010 2006 2007 2008 2009 2010

Construción Servizos
700 2500
600
2000
500

400 1500

300 1000
200
500
100
0
0
Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

2006 2007 2008 2009 2010 2006 2007 2008 2009 2010

Sen Emprego Anterior


600

500

400

300

200

100

0
Xan. Feb. Mar. Abr. Maio Xuñ. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

2006 2007 2008 2009 2010

A variación mensual a nivel Pacto de Lemos das cifras de parados de setembro por
sector reflicte que soamente o número de parados se reduciu no sector primario sendo o
descenso de só 2 parados ( 1,44%). O sector secundario ou industrial mantívose nos valores
de agosto, isto é, 373 desempregados. A construción padeceu o aumento de 4 desempregados
( 0,74%) mentres que no sector servizos e no epígrafe “Sen emprego anterior” o incremento
do paro elevouse ata os 47 ( 2,88%) e 25 parados ( 5,79%), respectivamente.

Empregando como base da comparativa as cifras de setembro de 2009, apreciamos


que todolos sectores do tecido produtivo manifestan un incremento na contía de
desempregados. O sector primario presenta a menor suba con 13 parados máis que en
15
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

setembro de 2009 aínda que, en termos porcentuais, esta suba representa un 10,48% máis de
parados. Os sectores secundario e servizos evidencian as evolucións máis adversas ó
experimentar un crecemento de 52 ( 16,20%) e 76 parados ( 4,74%), respectivamente, no
ultimo ano. Tamén é destacable o crecemento dos parados sen emprego anterior o cal se cifra
nun 12,01% e 49 desempregados. Finalmente, a construción arroxa unha subida de 20
desempregados que porcentualmente equivale a un 3,82% máis de desempregados.

A análise do desemprego segundo sector de actividade a nivel comarcal amosa que


durante o mes de setembro na comarca de Chantada, diminuiu o número de parados nos
sectores industrial e da construción fixándose o mesmo en 3 ( 3,85%) e 6 desempregados
( 4,92%), respectivamente. Polo contrario, o sector servizos e o epígrafe sen emprego
anterior evidenciaron un crecemento cifrado en 10 ( 2,58%) e 6 parados ( 6,90%). O sector
primario mantivo as cifras de parados do mes de agosto.

A variación interanual reflicte un incremento de desempregados en todolos sectores


económicos agás na construción, sector que presenta unha baixada de 5 parados ( 4,13%).
Os aumentos de desempregados de maior entidade prodúcense no sector servizos e nos
parados sen emprego anterior, cuantificándose estes crecementos en 26 ( 6,43%) e 16
desempregados ( 20,78%), respectivamente.

Na comarca de Quiroga apreciamos que no mes de setembro se produciron


diminucións das cifras de parados nos sectores industrial e servizos cuantificadas en 7 (
9,86%) e 15 parados ( 7,65%). Pola súa banda, a construción e os parados sen emprego
anterior rexistraron unha suba de desempregados no último mes ascendendo esta a 2 (
2,50%) e 7 parados ( 18,92%), respectivamente.

A evolución interanual do paro na comarca de Quiroga presenta como aspectos más


positivos o descenso de 25 parados ( 12,14%) no sector servizos. No lado oposto agroman
os sectores industrial e da construción os cales no último ano viron incrementada o número de
parados en 17 persoas, cifra que supón un crecemento do paro no sector industrial do 36,17%
e do 26,15% na construción.

Na comarca de Terra de Lemos vemos que só o sector primario experimentou unha


baixada de desempregados no mes de setembro en relación a agosto sendo este descenso de
2 parados ( 2,70%). Polo contrario, o sector servizos manifestan a evolución máis negativa ó
experimentar un incremento de 52 parados ( 4,95%). O sector industrial, a construción e o
epígrafe sen emprego anterior tamén presentan aumentos no número de parados sendo estes
máis moderados que no caso do sector servizos. Así, o sector industrial evidencia un
incremento de 10 parados ( 4,46%), a construción de 8 desempregados ( 2,37%) mentres
que os parados sen emprego anterior aumentan en 12 persoas ( 3,90%).

A comparativa interanual arroxa subas de parados de certa entidad nos sectores


industrial, servizos e sen emprego anterior cifrándose estes aumentos en 33 parados no sector
industrial ( 16,42%), en 77 no sector servizos ( 7,50%) e en 28 ( 9,59%) nos parados sen
emprego anterior. O número de parados tamén se incrementouse na construción pero fixoo
soamente en 8 persoas ( 2,37%) mentres que os parados do sector primario manteñense nos
valores de setembro de 2009.
16
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

6. Poboación Parada Rexistrada, segundo Tempo de Espera

A derradeira variable que imos empregar na avaliación das cifras de desempregados vai
ser o tempo de espera que levan os parados no Servizo Público de Emprego cuxos datos a
data de setembro amosamos deseguido.

Táboa 6.1. Poboación parada segundo Tempo de Espera. Setembro 2010


Pacto Provincia Galicia Com. Chantada Com. Quiroga Terra Lemos
Nº % Nº % Nº % Nº % Nº % Nº %
<6 meses 1.281 40,14% 9.453 45,66% 90.068 41,68% 292 40,44% 135 34,18% 854 41,18%
6 meses -1 ano 543 17,02% 3.580 17,29% 38.425 17,78% 125 17,31% 78 19,75% 340 16,39%
>1 ano 1.367 42,84% 7.672 37,05% 87.602 40,54% 305 42,24% 182 46,08% 880 42,43%
Total 3.191 100% 20.705 100% 216.095 100% 722 100% 395 100% 2.074 100%

Táboa 6.2. Evolución Setembro-09 / Agosto-10 / Setembro-10. Pacto de Lemos.


Set.09 Ago. 10 Set. 10 Var.Ag-Set. Var. Set.09-Set.10
Nº % Nº % Nº % Nº % Nº %
<6 meses 1.205 39,45% 1.174 36,37% 1.281 40,14% 9,11% 3,77% 6,31% 0,69%
6 meses -1 ano 579 20,45% 591 19,99% 543 17,02% -8,12% -2,98% -6,22% -3,43%
>1 ano 1.197 40,10% 1.352 43,63% 1.367 42,84% 1,11% -0,79% 14,20% 2,74%
Total 2.981 100% 3.117 100% 3.191 100% 2,37% 0,00% 7,04% 0%

Os desempregados de longa duración seguen a representar o colectivo máis


numeroso no total de parados do Pacto de Lemos ó representar o 42,84%. Os 1367 parados
de longa duración superan en 86 persoas ós parados de curta duración os cales representan
o 40,14% do paro total. O desemprego de longa duración está a ter especial incidencia no
territorio do Pacto de Lemos posto que na provincia de Lugo este colectivo representa o
37,05% do total de parados. En Galicia, o desemprego de longa duración sitúase en valores
máis próximos aos do Pacto de Lemos ó supor o 40,54% do paro total. A nivel comarcal, o
maior peso dos parados de longa duración prodúcese na comarca de Chantada onde
representan o 46,08% dos desempregados totais. Nas comarcas de Chantada e Terra de
Lemos, os parados deste colectivo acubillan a algo máis do 42% do desemprego destas
comarcas.

A táboa 6.2 mostra un descenso de desempregados de media duración no Pacto de


Lemos cifrado en nun 8,12% e 48 parados. Polo contrario, os parados de curta duración e de
longa duración experimentaron un aumento nas cifras parados que no caso dos parados de
curta duración sitúase nun 9,11% ( 107 parados) e nos parados de longa duración nun
1,11% ( 15 parados). A forte suba rexistrada polos desempregados de curta duración
provoca que o peso dos parados de media e longa duración diminua un 2,98% e un 0,79%,
respectivamente, en relación ó mes precedente.

Empregando como base comparativa as cifras de setembro de 2009, observamos que


parados de longa duración sufriron o maior incremento ó rexistrarse 170 parados máis (
14,20%) que en setembro de 2009. Os parados de curta de duración tamén se
incrementaron no último ano sendo este crecemento de 76 desempregados ( 6,31%). Polo
contrario, os parados de media duración presentan unha diminución de 36 persoas (
6,22%). Estas variacións provocan que o peso dos desempregados de longa duración se
increméntase un 2,74% no último ano.
17
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

7. Perfil Tipo do Parado do Pacto de Lemos e comarcas

Pacto de Lemos
Descrición Perfil Tipo
Sexo Muller
Grupo de Idade 40 a 44 anos
Nivel Académico Ata Certificado de Escolaridade
Sector Económico Servizos
Sección da clasificación CNAE Construción
Tempo de busca de emprego >1 ano

Comarca de Chantada
Descrición Perfil Tipo
Sexo Home
Grupo de Idade 25 a 29 anos
Nivel Académico Ata Certificado de Escolaridade
Sector económico Servizos
Sección da clasificación CNAE Construción
Tempo de busca de emprego >1 ano

Comarca de Quiroga
Descrición Perfil Tipo
Sexo Home
Grupo de Idade 30-34 anos
Nivel Académico Ata Certificado de Escolaridade
Sector Económico Servizos
Sección da clasificación CNAE Construción
Tempo de busca de emprego >1 ano

Terra de Lemos
Descrición Perfil Tipo
Sexo Muller
Grupo de Idade 40 a 44 anos
Nivel Académico Ata Certificado de Escolaridade
Sector Económico Servizos
Sección da clasificación CNAE Construción
Tempo de busca de emprego >1 ano
18
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

8. Conclusións
• As cifras de parados do Pacto de Lemos mostran en setembro un incremento do
2,37% (vs. 4,66% Prov. e 2,16% Galicia) e 74 parados. En relación ó ano anterior,
o paro medra un 7,04% ( 210 parados) no Pacto, un 12,10% na provincia e un 7,8%
en Galicia.
• O paro feminino medrou un 3,78% ( 59 desempregadas) no último mes no Pacto de
Lemos sendo este crecemento superior ó rexistrado polo paro masculino ( 15
parados /  0,96%) o que provoca que o seu peso dentro do desemprego total
auméntase en 0,69 puntos porcentuais situándose no 50,80% (Provincia: 52,73% /
Galicia: 54,70%). A variación interanual reflicte un aumento do paro feminino do 2,37%
( 37 paradas) no Pacto de Lemos, porcentaxe notoriamente inferior á rexistrada polo
desemprego masculino o cal se sitúa nun 12,38%.
• A análise do paro por idade reflicte que o intervalo de 40-44 anos acubilla a maior
proporción de parados no Pacto de Lemos ó contar con 386 desempregados que
supoñen o 12,10% do paro total. Este intervalo arroxa a maior suba de parados en
setembro ó incrementar a súa contía en 21 novos desempregados ( 5,75%).
Asemade, establecendo unha comparanza con setembro de 2009, apreciamos que
este intervalo xunto có de 25-29 presentan as subas máis substanciais cifradas,
respectivamente, en 52 ( 15,57%) e 57 parados ( 18,15%). No bando oposto
agroma o intervalo de 55-59 anos que presenta 21 parados menos ( 5,64%) que en
setembro de 2009.
• O desemprego afecta principalmente as persoas sen estudos ou con certificado de
escolaridade, representando no Pacto de Lemos o 48,54% do total de parados. Esta
porcentaxe é sensiblemente superior á rexistrada a nivel provincial (43,44%) e
autonómico (39,59%). Este preocupante dato do peso do paro entre as persoas sen
estudos adquire maior relevancia se temos en conta que no último mes a cifra de
parados neste grupo se elevou en 50 persoas ( 3,34%) e 156 ( 11,20%) no último
ano. No cómputo anual apreciamos que o único nivel formativo que minorou a contía
de parados foi o de Bacharelato Superior que presenta 14 parados menos ( 6,19%)
que en setembro de 2009.
• A análise sectorial do desemprego mostra que só o sector primario viu reducida a
contía de parados no último mes pero o fixo unicamente en 2 persoas ( 1,44%). No
resto de sectores destacar o aumento de 47 parados ( 2,88%) no sector servizos e
de 25 ( 5,79%) no epígrafe sen emprego anterior. A variación interanual reflicte un
incremento de parados en tódolos sectores sendo os sectores industrial e servizos os
que experimentan un maior crecemento de parados cifrado, respectivamente, en 52 (
16,20%) e 76 persoas ( 4,74%).
• No mes de setembro, produciuse un incremento notorio dos parados de curta de
duración no Pacto de Lemos cifrado en 107 parados ( 9,11%). Tamén aumentou o
desemprego de longa duración en 15 persoas ( 1,11%) mentres que o de media
duración diminuíu en 48 parados ( 8,12%). O desemprego de longa duración supón o
42,84% do paro total do Pacto de Lemos sendo o colectivo máis numeroso, e
superando o peso do desemprego de longa duración na provincia de Lugo (37,05%) e
Galicia (40,54%).
A evolución interanual mostra, no Pacto de Lemos, un incremento importante dos
parados de longa duración o cal se cuantifica en 170 persoas ( 14,20)%. Os parados
de curta duración tamén manifestan un aumento cifrado en 76 persoas ( 6,31%)
mentres que descenden os parados de media duración ( 36 parados /  6,22%).
Estas variacións provocan que o peso do desemprego de longa duración en relación o
paro total aumentase un 2,74% no último ano.
19
Mercado Laboral. Paro Rexistrado

You might also like