You are on page 1of 6

Tema 1: As Propiedades da Materia Ciencias Módulo II

TEMA 1: AS PROPIEDADES DA MATERIA.-

1. A MATERIA.-
Todo o que nos rodea e podemos percibir cos nosos sentidos está
formado por materia. Podemos definir a materia como todo aquilo que ten
masa e que ten volume (ou que ocupa un espazo). A materia pode atoparse en
tres estados: sólido, líquido e gasoso.

ACTIVIDADES.-
1.- Dos seguintes termos, indica cales se refiren a algo material e cales a algo
inmaterial: dor de cabeza, roupa, auga, envexa, libro, beleza, aire, sede, area, alegría,
osíxeno.

2. PROPIEDADES XERAIS DA MATERIA. MAGNITUDES E UNIDA-


DES.-
Todos os corpos, por estaren feitos de materia, teñen características
comúns que nos serven para poder definila. Chamarémolas propiedades
xerais, como a lonxitude, a superficie, a masa, a densidade ou a temperatura.
As magnitudes físicas son propiedades da materia que se poden medir.
Algunhas delas determínanse mediante unha medida directa (como lonxitude
ou masa): son magnitudes fundamentais; porén, a maioría obtéñense a partir
das fundamentais aplicando unha fórmula matemática (como a superficie ou a
densidade): son magnitudes derivadas.
Como todas estas propiedades se poden medir, exprésanse mediante
unha cantidade. O número que expresa a medida pode ser diferente se se
cambia de unidade de medida. Para unificar criterios, en ciencia utilízase o
Sistema Internacional de Unidades (SI).

Magnitude fundamental Lonxitude Masa Tempo


Unidade no SI Metro Quilogramo Segundo
Símbolo m kg s

2.1. Lonxitude.-
A lonxitude é a distancia entre dous puntos. O instrumento de medida é
unha cinta métrica graduada. A unidade no SI é o metro.

Unidades e símbolos Equivalencia en metros


Quilómetro (km) 1000m
Hectómetro (hm) 100m
Decámetro (dam) 10m
Metro (m)
Decímetro (dm) 0,1m
Centímetro (cm) 0,01m
Milímetro (mm) 0,001m

2.2. Superficie.-
A superficie é unha magnitude que expresa a extensión dun corpo en
dúas dimensións, o longo e o largo. O instrumento de medida é a cinta métrica.
A unidade no SI é o metro cadrado (m2).

1
Tema 1: As Propiedades da Materia Ciencias Módulo II

Unidades e símbolos Equivalencia en m2


Quilómetro cadrado (km2) 1000000m2
Hectómetro cadrado (hm2) 10000m2
Decámetro cadrado (dam2) 100m2
Metro cadrado (m2)
Decímetro cadrado (dm2) 0,01m2
Centímetro cadrado (cm2) 0,0001m2
Milímetro cadrado (mm2) 0,000001m2

As medidas agrarias utilízanse para medir superficies de campo. A unidade é a


área:
• Hectárea (ha): 1ha=1hm2
• Área (a): 1a=1dam2
• Centiárea (ca): 1ca=1m2

2.3. Masa.-
A masa é a magnitude que expresa a cantidade de materia que ten un
corpo. Mídese empregando balanzas. A unidade no SI é o quilogramo.
Non se debe confundir a masa co peso, xa que o peso é a forza coa que
a Terra atrae aos corpos.

Equivalencia en gramos

Quilogramo (kg) 1000g


Hectogramo (hg) 100g
Decagramo 10g
(dag)
Gramo (g)
Decigramo (dg) 0,1g
Centigramo (cg) 0,01g
Miligramo (mg) 0,001g
Para medir grandes masas utilízase a tonelada métrica (t) e o quintal
métrico (q):
• 1t=1000kg
• 1q=100kg
2.4. Tempo.-
O tempo é unha magnitude que mide o transcorrer dos acontecementos.
A unidade de medida no SI é o segundo (s). Tamén empregamos outras
unidades:
• Minuto (min): 1min=60s
• Hora (h): 1h=60min=3600s
2.5. Volume.-
O volume é a cantidade de espazo que ocupa un corpo. A unidade no SI
é o metro cúbico (m3).

Unidades e símbolos Equivalencia en m3


Quilómetro cúbico (km3) 1000000000m3
Hectómetro cúbico (hm3) 1000000m3
Decámetro cúbico (dam3) 1000m3
Metro cúbico (m3)
Decímetro cúbico (dm3) 0,001m3

2
Tema 1: As Propiedades da Materia Ciencias Módulo II

Centímetro cúbico (cm3) 0,000001m3


3
Milímetro cúbico (mm ) 0,000000001m3
Outra unidade moi empregada é o litro (l), unha unidade relacionada coa ca-
pacidade, que indica o volume de líquido nun recipiente.

Unidades e símbolos Equivalencia en litros


Quilolitro(kl) 1000l
Hectolitro (hl) 100l
Decalitro (dal) 10l
Litro (l)
Decilitro (dl) 0,1l
Centílitro (cl) 0,01l
Mililitro (ml) 0,001l
Unidades de volume e de capacidade están relacionadas do seguinte xeito:
1m3=1kl=1000l
1dm3=1l
3
1cm =1ml=0,001l
2.6. Densidade.-
A densidade dunha substancia é a cantidade de masa dela que cabe na uni-
dade de volume. Para cada substancia esa cantidade é única. Exprésase matemati-
camente:
masa m
densidade= ou d =
volume V
Como no SI a masa se expresa en kg e o volume en m3, a unidade da densidade
nese sistema é kg/m3. Outra unidade moi empregada é o g/cm3.
A densidade dos sólidos é, en xeral, maior ca a dos líquidos, e a dos líquidos
maior ca a dos gases. Cando xuntamos substancias inmiscibles (que non se mestu-
ran) de densidades diferentes, as menos densas flotan sobre as de maior densidade.
Auga
Materia Gasolina Chumbo Mercurio Ouro Xeo Auga Alcohol
de mar
Densidade
1030 900 11300 13600 19300 920 1000 790
(kg/m3)

ACTIVIDADES.-
2.- Indica en cada caso se se trata dunha unidade ou dunha magnitude: metros,
temperatura, hora, quilogramo, volume, densidade.
3.- Expresa en quilómetros:
a) 3500m d) 975,9dam
b) 4,5hm e) 755mm
c) 124500dm f) 200000cm
4.- Expresa en metros:
a) 4km 3hm d) 30cm 1450mm
b) 0,3m 8dm e) 3km 50dm
c) 80hm 60dam f) 4dam 45m 300cm
5.- Completa as seguintes igualdades coas unidades axeitadas:
a) 425dm=42,5m=4,25_____ c) 72,4m=724_____=0,724_____
b) 512,4dam=5,124_____=5124_____ d) 13,18hm=1318_____=131,8_____
6.- Transforma en centímetros estas unidades de lonxitude:
a) 3m 8dm 5cm c) 8hm 16mm
b) 24dam 18m 2mm d) 0,5km 12m
7.- Calcula:
a) 342dam+17m e) 25,34m―146cm
b) 76,69m+23cm f) 8,02km―1324,2m

3
Tema 1: As Propiedades da Materia Ciencias Módulo II

c) 3hm 4dam 21dm+34dam 7m 9cm g) 35dam 23dm 9mm―36,75m


d) 92,4598hm+0,025km h) 32,24cm·12
8.- Queremos valar un terreo en forma de cadrado, de lado 2dam 50cm. Cantos
metros de arame temos que mercar? Se o metro de arame custa 12,50€, canto custa
valar o terreo?
9.- Cun rolo de plástico de 20m de longo envólvense bocadillos e cada un deles
necesita 20cm de plástico. Cantos bocadillos podemos envolver cos metros que
temos?
10.- A superficie é unha magnitude fundamental ou derivada?
11.- Expresa en metros cadrados:
a) 3,6dam2 c) 9,4km2
b) 3,65hm2 d) 9450cm2
12.- Escribe en hectómetros cadrados:
a) 5,1km2 c) 8976m2
2
b) 4500dam d) 1250000cm2
13.- Expresa en decímetros cadrados:
a) 18 m2 c) 14hm2 32dam2 38m2
2
b) 45dam d) 12,5dam2 32,8m2 19,8dm2
14.- Expresa en áreas:
a) 18ha 15a 19ca c) 0,15ha 0,18a 52,3ca
b) 3,25ha 4,15a 6,2ca d) 12,5ha 4,79a 32,6ca
15.- Expresa en hm2 as seguintes sumas:
a) 0,0075km2+7000m2 d) 676dm2+78m2+654cm2
2 2
b) 0,5km +45dam e) 47km2+0,56hm2+125dam2
c) 7879m2+87622dm2 f) 1389456cm2+123m2
16.- Observa o seguinte debuxo no que se representan as áreas de catro par-
celas.
a) Cantas hectáreas mide cada par-
cela?
b) Cantas hectáreas medirá en total o
terreo?
c) Botamos trigo na parcela maior.
Cantas áreas de trigo botamos?
d) Botamos millo na parcela menor.
Cantas áreas de millo se botaron?
e) Cantas áreas de trigo máis ca de millo botamos?
f) Véndese a parcela A a 300€/m2. Canto gañamos coa venda?
g) E se vendemos a parcela C a 650€/m2, canto cobramos?
17.- Expresa en quilogramos:
a) 18732g c) 0,32t 1,5q 17kg
b) 17,42t d) 82,5hg 3,25dag 16g
18.- Calcula en gramos:
a) 12,5kg 38dg+4,82dag 15,2cg d) 42,8t 17,5q―32,4t 27,8kg
b) 3,25hg 17,2dag―1,25hg 12,5mg e) 32dag 8g 25dg―145dg
c) 3,25t 4,83q+31,8kg 15,6dg f) (25hg 10dag 16cg)·20
19.- Queremos facer un biscoito con 750g de fariña. Cantos biscoitos podemos
facer cun quintal de fariña?
20.- Expresa en minutos:
a) 3h c) 5h
b) 180s d) 300s
21.- Expresa en horas:
a) 120min c) 360min
b) 7200s d) 25200s
22.- Indica en segundos:
a) 35h 54min 55s c) 4h 27min 56s

4
Tema 1: As Propiedades da Materia Ciencias Módulo II

b) 65h 53min 12s d) 11h 3min


23.- Expresa en decímetros cúbicos:
a) 0,18hm3 b) 17dam3 82m3
24.- Expresa en hectómetros cúbicos:
a) 18dam3 c) 25418,75dm3
b) 43215m3 d) 328274,29cm3
25.- Expresa en litros:
a) 4,25kl 3,27hl 4,81dl b) 13,4dal 21,5l 7,25dl
26.- Sabendo a relación existente entre as medidas de capacidade e de volume,
expresa:
a) 18,5dam3 en l c) 94hm3 6dam3 3 dm3 en dal
b) 4hl 5dal 8l en cm3 d) 125000hl en dm3
27.- Cantas botellas de litro e medio se precisan para baleirar un depósito de
2,6kl 8,9hl 56dal?
28.- Fabricáronse 25628 pezas de xabón. Cada peza ten un volume de 750cm3.
Cantos m3 de xabón se fabricaron?
29.- Cales das seguintes substancias flotan na auga: gasolina, ouro, xeo, alco-
hol?
30.- Calcula a densidade dunha pulseira de ouro que ten unha masa de 96,5g e
un volume de 5cm3.
31.- Calcula a densidade en g/cm3 dun corpo con 3kg de masa que ocupa un
volume de 5 litros.

3. OS ESTADOS DA MATERIA.-
A materia pode estar en tres estados. En cada un deles, a materia posúe pro-
piedades diferentes:
• Sólidos: teñen forma fixa; só se deforman se exercemos forza sobre eles.
Teñen volume fixo, aínda que poden aumentar lixeiramente coa calor e
diminuír se os arrefriamos.
• Líquidos: non teñen forma fixa, adaptándose á forma do recipiente que os
contén. Teñen volume fixo, aínda que, como os sólidos, aumentan un pouco
ao quentalos e diminúen ao arrefrialos. Son fluídos, é dicir, deslízanse ou
escorren se non están contidos nun recipiente.
• Gases: non teñen forma fixa, adaptándose á forma do recipiente que os
contén. Non teñen volume fixo: expándense e ocupan todo o espazo libre do
recipiente que os contén. Son fluídos, como os líquidos.
Para explicar os estados da materia e as súas propiedades, os científicos su-
poñen que a materia está formada por partículas moi pequenas que se atopan en
continuo movemento: é o que se coñece como teoría cinética. Así explica esta teoría
os tres estados:
• Estado sólido: estas partículas están ordenadas, moi
próximas entre si e fortemente unidas. Son capaces de vi-
brar un pouco pero non de se desprazar. Como conse-
cuencia, teñen forma fixa e son practicamente incom-
prensibles (manteñen fixo o seu volume).
• Estado líquido: a distancia entre as partículas é maior ca
nos sólidos, tendo unha maior liberdade e movéndose continuamente, pois a
unión entre elas non é tan forte. Un exemplo do estado líquido sería o dunhas
bólas dentro dunha bolsa: aínda que as bólas se manteñen
en contacto, teñen mobilidade e esvaran unhas sobre outras
acomodándose á forma da bolsa, e malia que a forma do
recipiente poida variar, o espazo que ocupan ha de ser
sempre o mesmo; xa que logo, o volume é constante pero
non a súa forma.

5
Tema 1: As Propiedades da Materia Ciencias Módulo II

• Estado gasoso: as partículas atópanse moi separadas, móvense libremente


en todas as direccións ata chocaren con outras partículas ou coas paredes do
recipiente que as contén. Como hai espazos libres entre as
partículas, os gases poden comprimirse para ocupar menos
espazo. Ademais, como as partículas se moven
independentemente unhas das outras, os gases flúen e
expándense, é dicir, ocupan todo o espazo que poden,
repartíndose nel de xeito uniforme.

ACTIVIDADES.-
32.- Indica se son certas as seguintes afirmacións:
a) Os líquidos teñen forma definida.
b) As partículas dos gases non se moven.
c) Os gases non ocupan espazo.
d) As partículas dos líquidos gozan de mobilidade.
e) Os líquidos e os gases móvense con dificultade polo interior das tubaxes.
33.- Nunha habitación pechada, co aire en repouso, o fume dun cigarro acaba
ocupando toda a habitación. Explica este feito.
34.- Completa a seguinte táboa:
Estado Disposición das partículas Forma Volume Poden fluír
Sólido
Líquido
Gasoso

4. SUBSTANCIAS PURAS E MESTURAS.-


Se nos fixamos na materia que nos rodea, o seu aspecto externo presenta di-
ferenzas que nos permiten dar unha clasificación:
• Sistemas heteroxéneos: cando se aprecian a simple vista partes moi
diferenciadas, como, por exemplo, nunha rocha.
• Sistemas homoxéneos: cando presenta un aspecto uniforme e non se po-
den distinguir a simple vista os compoñentes que contén, como, por exemplo,
na auga de mar.
Esta clasificación depende da escala da observación. Algunhas substancias que
parecen homoxéneas, ao observármolas ao microscopio resultan ser heteroxéneas.
Para comprobarmos se un sistema homoxéneo está formado por unha ou máis
substancias empregamos procedementos físicos que permiten separar os
compoñentes do mesmo. A separación de substancias pode realizarse por filtraxe,
decantación e destilación.
Outra clasificación máis precisa:
• Substancias puras: son sistemas materiais, xeralmente homoxéneos, dos
que non se poden separar substancias mediante procedementos físicos.
Identifícanse polas súas propiedades específicas, como a temperatura a que
cambia de estado.
• Mesturas: son sistemas materiais dos que se poden separa substancias
utilizando algún procedemento físico. As mesturas poden ser homoxéneas e
heteroxéneas.

You might also like