You are on page 1of 2

I.E.S.

GARCÍA BARBÓN MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

MATEMÁTICAS 2º BACH-CCSS
1ª AVALIACIÓN
2º EXAME 24/11/2009
NOME: ____________________________________________ Nº ____ GRUPO 2º
RESOLVER SÓ UN EXERCICIO DE CADA UN DOS BLOQUES

BLOQUE 1 (Puntuación máxima 5 puntos)

Exercicio 1. O saldo da conta bancaria (en miles de euros) dun estudante durante o ano pasado recólleo a función:
0´5 + 0´3 x ;0 ≤ x < 1

S ( x ) = 0´8 − 0´65( x − 1) ;1 ≤ x < 2 , sendo x o tempo expresado en meses.
0´75 − 0´1(4 x − 0´5 x 2 ) ; 2 ≤ x ≤ 12

a) Estuda o crecemento e o decrecemento de S(x).
b) Cal foi o máximo saldo do estudante? En que mes?
c) A súa conta estivo en números vermellos, en que época do ano pasado? A canto ascendeu a débeda?
d) Determina os meses nos que tivo un saldo igual ou superior a 150 €.

Exercicio 2. Unha enfermidade propágase de tal xeito que, despois de t semanas afectou a N(t) centos de persoas,
onde:

5 − t (t − k ) ;0 ≤ t ≤ 5

N ( t ) = 10 ;5 < t ≤ 6
 5
− (t − 10) ;6 < t ≤ 10
 2
a) Determina o valor do parámetro k sbendo que o número de persoas afectadas ó cabo de 2 semanas foi de 1300.
b) Para k=6:
I. Estuda o crecemento e decrecemento de N(t).
II. Determina o máximo de persoas afectadas e a semana que presenta ese máximo.
III. A partir de que semana a enfermidade afecta a menos de 500 persoas?

BLOQUE 2 (Puntuación máxima 5 puntos)

Exercicio 3. A porcentaxe de ocupación dunha cafetería dende a súa apertura, ás 13 horas, ata o seu peche, ás 21
horas, está modelada pola función P(t), onde t é o tempo expresado en horas.
P ( x) = (x 2
− 55x ) ( x + 1) + 1015x − 34k , 13 ≤ x ≤ 21
a) Determina o valor do parámetro k tendo en conta que ás 5 da tarde a ocupación da cafetería era dun 85%.
b) Para k=163, determinar:
I. Intervalos de tempo nos que a ocupación crece e nos que decrece.
II. A que horas presenta a cafetería unha ocupación máxima? A que horas é mínima a ocupación? Que
porcentaxe de ocupación hai a esas horas?
III. Gráfica de P(t).
IV. Hai algún punto de inflexión na ocupación da cafetería? A que hora?

Exercicio 4. A velocidade (en km/h) dun autobús nos 6 minutos previos a un accidente, vén dada pola función:
V ( t ) = 24t − 15t 2 + 2t 3 + a , 0 ≤ t ≤ 6 (t é o tempo expresado en minutos)
a) Determina o valor do parámetro a tendo en conta que 4 minutos antes do accidente a velocidade do autobús era
de 104 km/h.
b) Para a =100, representa a gráfica de V(t) que foi recollida no tacómetro, e responde:
I. Velocidades máximas e mínimas do autobús neses 6 minutos (relativas e absolutas) e minuto no que tiveron
lugar.
II. Intervalos de tempo nos que a velocidade aumentou e nos que diminuíu.
III. Intervalos de concavidade e de convexidade de V(t) e punto (ou puntos) de inflexión (se os hai).

É IMPORTANTE A ORDE E O RIGOR NA REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS.TODAS AS RESPOSTAS DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE RAZOADAS.
I.E.S. GARCÍA BARBÓN MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

You might also like