You are on page 1of 4

Boletı́n de exercicios do Tema 3:

Diferenciación de funcións de 1 variable


Materia: Matemáticas 1
Curso 2020-2021

1. Exercicios de referencia.
Estes exercicios servirán de referencia para traballar na clase os contidos deste tema.

1. Determina (se existen) o máximo, o mı́nimo, o supremo e o ı́nfimo do seguinte subconxunto


de R. É un conxunto acoutado?

A = {x ∈ R/x2 + x ≤ 2}.

2. Calcula o lı́mite seguinte:  


1
lı́m x cos
x→0 x2
2x
3. Estuda se a función f (x) = 1+x2 é continua e diferenciable.
4. Estuda a continuidade e diferenciabilidade da seguinte función no punto 3:
(
t − 3 se x ≤ 3,
f (x) =
3 − t se x > 3.

1
5. Acha a ecuación da recta tanxente á curva y = x no punto (2, 21 ).
8
6. Atopa os puntos da gráfica de f (x) = x4 onde a recta tanxente sexa perpendicular á recta
y = x.
7. A partir dun rectángulo de cartón de 90 cm de ancho por 240 cm de longo, constrúese
unha caixa cortando cadrados idénticos nas 4 esquinas e dobrando cara arriba os lados
(non se ten en conta a tapa). Acha as dimensións da caixa para que a caixa conteña o
volume máximo.
8. Utiliza o polinomio de Taylor de orde 2 para dar unha aproximación de e0,6 .
9. Debuxa as curvas imaxe das seguintes parametrizacións:
a) x = sen t, y = 4 cos t, onde 0 ≤ t ≤ 2π.
b) c(t) = (2t − 1, t + 2, t).
10. Determina a ecuación da recta tanxente á curva parametrizada c(t) = (sen 3t, cos 3t, 2t5/2 )
para t = 1.

1
11. Sexa C unha circunferencia de raio 1 e P un punto do borde de C. Se facemos xirar C
ó longo do eixo OX, P describe unha curva chamada cicloide:
4

-1

0 5 10 15

Pı́dese:
a) Da unha parametrización da cicloide (para simplificar podemos situar P inicialmente
na orixe de coordenadas).
b) Calcula cando é horizontal o vector velocidade en P .
c) Cal é a súa velocidade nese instante?

2. Exercicios propostos.
Estes exercicios propóñense para a práctica autónoma do alumnado e que pregunte as dúbidas
que lle xurdan no seu estudo.

12. Determina (se existen) o máximo, o mı́nimo, o supremo e o ı́nfimo do seguinte subconxunto
de R. É un conxunto acoutado?

A = {x ∈ R/2x3 − 1 < 15}.

13. Estuda os seguintes lı́mites:


x3
a) lı́m ,
x→0 x2

x3 + 1
b) lı́m 2 ,
x→−1 x − 1

x3 − x2 + x − 1
c) lı́m ,
x→1 x2 − 3x + 2
x3
d ) lı́m 3 ,
x→0 (x2 + x) 2

x2
e) lı́m √ ,
x→0 x2 + 1 − 1
1
f ) lı́m (1 + x) x ,
x→0

sen3/2 (x2 )
g) lı́m ,
x→0 6x3
14. Proba o seguinte criterio para o cálculo do lı́mite utilizando o Criterio de encaixamento:
Se f é unha función acoutada en (x0 − δ, x0 + δ), δ > 0, e lı́mx→x0 g(x) = 0, entón

lı́m f (x) g(x) = 0.


x→x0

2
15. Calcula o lı́mite lı́m f (x) onde:
x→0

x2 sen 1 se x 6= 0,
f (x) = x2
0 se x = 0.

16. Estuda a continuidade da seguinte función en todo R:

x cos x1

se x 6= 0,
f (x) =
0 se x = 0.

17. Estuda a continuidade e diferenciabilidade da seguinte función no punto 2:


( 3 2
x +x −2x−8
x−2 se x 6= 2,
f (x) =
12 se x = 2.

18. Aproxima o valor log(1, 1) utilizando a idea de derivada e recta tanxente.


x3
19. Atopa os puntos da gráfica de f (x) = 3 + x2 − x, onde a recta tanxente teña pendente 1.
2
20. Acha o valor máximo e mı́nimo da función continua x 3 no intervalo [−1, 2].
21. Nun terreo limitado por un camiño e un regato quérese facer un edificio de planta rec-
tangular e coa fachada pegada ao borde do camiño. O camiño é recto e sitúase no eixe
2
OX, mentres que o regato está determinado pola ecuación y = −x4 + 4 x3 − 9 2x + x + 32 .
Acha as coordenadas das esquinas do edificio para que a área da planta do edificio sexa
máxima.

22. Atopa os valores máximo e mı́nimo da función f (x) = −2x3 + 3x2 no intervalo [− 21 , 2].
23. Calcula o polinomio de Taylor de orde 3 en torno ao punto 1 para a función f (x) =
x3 + 3x2 − 4x + 6. Que podemos observar?
24. Utiliza o polinomio de Taylor de orde 4 para aproximar o valor de cos 0, 2. Escolle o punto
que consideres máis axeitado para desenvolver o polinomio e estima o erro cometido coa
axuda de Maxima.
25. Utiliza o polinomio de Taylor de orde 4 da función f (x) = ex para achar unha aproxima-
ción de e.
26. Debuxa as curvas imaxe das seguintes parametrizacións:
a) x = 2 sen t, y = 4 cos t, onde 0 ≤ t ≤ 2π.
b) c(t) = (−t, 2t, 1/t).
27. Determina o vector velocidade das parametrizacións seguintes:
a) c(t) = (6t, 3t2 , t3 ).
b) c(t) = (sen 3t, cos 3t, 2t3 ).
c) c(t) = (cos2 t, 3t − t3 , t).
d) c(t) = (4et , 6t4 , cos t).

3
28. Calcula o vector tanxente ás seguintes curvas parametrizadas:
a) c(t) = (et , cos t).
b) c(t) = (3t2 , t3 ).
c) c(t) = (t sen t, 4t).
d) c(t) = (t2 , e2 ).
29. Calcula a recta tanxente e o plano normal á curva c(t) = (cos2 2t , 12 sen t, sen 2t ) para un
valor de t xenérico.
30. Se a posición no instante t dunha partı́cula no espazo é (6t, 3t2 , t3 ), cál é o seu vector
velocidade no instante t = 0?
31. Determina a ecuación da recta tanxente á curva parametrizada c(t) = (cos2 t, 3t − t3 , t)
para t = 0.
32. Supoñamos que unha partı́cula que segue a traxectoria especificada c(t), escapa pola recta
tanxente no instante t0 . Calcula a posición da partı́cula no instante t1 dado.
a) c(t) = (t2 , t3 − 4t, 0), onde t0 = 2, t1 = 3.
b) c(t) = (et , e−t , cos t), onde t0 = 1, t1 = 2.
c) c(t) = (4et , 6t4 , cos t), onde t0 = 0, t1 = 1.
d) c(t) = (sen et , t, 4 − t3 ), onde t0 = 1, t1 = 2.

33. Unha astronauta viaxa na nave espacial ao longo da curva y = x2 . Cando apague a
propulsión da nave continuará viaxando ao longo da recta tanxente á traxectoria nese
intre. Calcula cando debe apagar a propulsión para pasar polo punto (4, 15).

3. Exercicios para afondar.


Estes exercicios propóñense para a práctica autónoma do alumnado e conteñen un ingrediente de
dificultade adicional con respecto ós anteriores.

34. Un avión desprázase horizontalmente a unha altura de 8km. A ruta do voo pasa pola
vertical dun punto P situado no chan. A distancia entre o avión e o punto P diminúe a
razón de 4 km/min no instante en que a distancia é de 10 km. Calcula a velocidade do
avión nese intre.
35. Unha cámara de televisión vai gravar a ascensión dun cohete no seu lanzamento. Se a dita
cámara está situada a 100 m do punto de lanzamento e o cohete ascende verticalmente a
unha velocidade de 10 m/seg. Calcula a velocidade á que ten que variar o ángulo formado
pola cámara coa horizontal do chan cando o cohete se atopa a 300 metros de altura.

You might also like