You are on page 1of 52

A CARBALLEIRA

N AN 22 MA O IO XX 20 I 12

Revista escolar do C.E.I.P. A Carballeira - Lourizn

JARA JIMNEZ MONTOYA 6

REVISTA SUBVENCIONADA POLA CONSELLERA DE EDUCACIN E O.U./ DIRECCIN XERAL DE POLTICA LINGSTICA

A Carballeira
LETRAS GALEGAS 2012 VALENTN PAZ ANDRADE Avogado, escritor e activista poltico, Valentn Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lrez (Pontevedra). Faleceu o 19 de abril de 1987. Estudiou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudiou Dereito en Santiago. rematar os seus estudios dirixe o diario 'Galicia', no que tamn colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte. En 1924, Valentn condenado a un mes de crcere polo carcter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituntes. Despois do alzamento militar contra a Repblica desterrado a Vern e a Serra de Queixa. Posteriormente confinado a Villanueva de la Serena (Estremadura). En 1939 casou con Pilar Rodrguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir aa revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisin dos 10' da oposicin democrtica (con Caellas, Felipe Gonzlez, Tierno Galvn, etc). En 1977 foi elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrtica Galega. Valentn Paz Andrade publicou numerosos artigos periodsticos. Como xurista amosou a sa preocupacin pola realidade socio-econmica de Galicia en obras como Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginacin de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema econmico de la pesca en Galicia, Produccin y fluctuacin de las pesqueras, Los derechos sobre el espacio martimo. A sa personalidade polifactica levouno tamn a publicar algunhas obras de poesa como Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciacin de Valle Incln (1967), Transferencias etnolgicas de Galicia en el Brasil Ulterior (1976), e A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1978). Paz Andrade amosa tamn a sa preocupacin poltica en obras como O modelo federal para a constitucin do Estado galego y Testimuas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978). Ademais publicou a biografa mis importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra (1982).

Pxina 3

Valentn Paz Andrade

A Carballeira

CANDO TI VOLVAS...
Na matricial Galiza, s e m p r e ta, que dende a Torre de Hrcules ao Mio un facho acender por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte, cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare; o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol marieiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; velias xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as prolas das bgoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare... Galiza, 1954
Valentn Paz Andrade Pranto Matricial

Valentn Paz Andrade

Este poema pertence ao libro Pranto Matricial que est dedicado figura de Castelao, a quen admirou toda a vida.

Pxina 4

A Carballeira
CONTO DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Pxina 5

As nosas cousas

A Carballeira

As nosas cousas

Pxina 6

A Carballeira

Pxina 7

As nosas cousas

A Carballeira
NENOS E NENAS DE E.I. DE 5 ANOS

As nosas cousas

Pxina 8

A Carballeira

Pxina 9

As nosas cousas

As nosas cousas / 1 Nivel

Pxina 10 A Carballeira

A Carballeira

Non vos enganedes!, esta rata actriz, e ten sado en varias series da TVG; anda as , alguna nena de 6 puxo cara de noxo, a que si?

Pxina 11

As nosas cousas/ 5 Nivel

A Carballeira

As nosas cousas/ 5 Nivel

Canto aprendimos nesta sada!

Pxina 12

A Carballeira

Adeus a todo o negativo, que marche mis al da estratosfera! Aqu quedarmonos cos bos desexos do noso cofre.

Pxina 13

As nosas cousas/ 5 Nivel

A Carballeira

As nosas cousas
O ENTROIDO O da do Entroido pasmolo moi ben porque fixemos un desfile, e despois degustamos unhas ricas e saborosas sobremesas: filloas, orellas, galletas A continuacin, xogamos vasoira e aos paus; outros cursos xogaron s cadeiras, pelota, etc. Nos disfraces houbo moita variedade, algns eran certamente extravagantes, sorprendentes, terrorficos Pero para o meu gusto os mellores foron os de 6. O esqueleto, este ano, tamn se disfrazou de entroido tradicional, concretamente de Pantalla ( o ano pasado disfrazrase de Vergalleiro). Poderemos consultar as diferentes figuras no catlogo que levamos para casa. Yolanda Barros Guerreiro 6 nivel

Pxina 14

A Carballeira

CONTO VIAXEIRO
E xa temos dous! , pode dicirse que os nenos e nenas de A Carballeira son escritores/as consagrados/as, xa con dous contos no seu haber. Primeiro foi H2 O e agora, As Letras teen Ideas ( este ano non vai publicado en formato B5 e a cor como o curso pasado, por mor da crise; pero aparece neste xornal nas pxinas comprendidas entre a 38 e a 45). Tivemos unha emocionante presentacin na biblioteca o da no que celebrabamos o Da Internacional do Libro.

Pxina 15

As nosas cousas

A Carballeira
DA DAS LETRAS GALEGAS O 17 de maio de 2012, Da das Letras Galegas, o homenaxeado foi Valentn Paz Andrade. No cole puidemos ver das presentacins realizadas polo Equipo de Dinamizacin Lingstica un vdeo sobre a sa vida e obra, logo, outro sobre un dos seus poemas titulado Cando ti volvas, poema pertencente ao libro Pranto Matricial que lle dedicou ao seu benquerido Castelao. Das nenas de 6 fixemos unha pequea representacin para explicar por que se celebra o Da das Letras Galegas nesta data. Dbese a que Rosala de Castro publicou, precisamente, un 17 de maio de 1863 o seu libro titulado Cantares Gallegos. A continuacin, celebramos o II Certame Literario. Seguro que todos os contos e poemas eran fermosos, pero non todos puideron levar premio; os agasallos foron un libro e un caderno para cada neno ou nena. Houbo trece premios en Primaria e un para cada grupo de EI, polo seu fermoso mural. Pasmolo moi ben. Cristina Loureiro Martnez 6

As nosas cousas

.Brais e Samuel narraron a vida do homenaxeado deste ano.

Cristina e Yolanda explicronse moi ben. Todos os niveis, mesmo os mis pequenos, recitaron os poemas de Valentn Paz Andrade. Que ben o fixeron!!

Pxina 16

A Carballeira
CHARLAS DO CONCELLO Este ano aos nenos e nenas de 6 nivel tivemos un obradoiro moi interesante sobre: comunicacin, autoestima e drogodependencia. O rapaz encargado de falarnos sobre estes tres temas foi Alberto.

Raquel Pin Parada 6

Bravo, Breo, que ben che sau!

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO C.E.I.P. FROEBEL Este curso os alumnos e alumnas do colexio fixemos uso das novas tecnoloxas para intercambiar co Ceip Froebel as nosas experiencias arredor do Da da Muller Traballadora. s veces, cortbase a comunicacin, pero puidemos contarlles que vimos un vdeo moi interesante titulado Tanga e o gran leopardo; ademais, tamn limos un libro moi instrutivo: O pas don mandns. Anda hai moito que cambiar.

Pxina 17

As nosas cousas

Na primeira sesin presentmonos pasando un parrulo e levantndonos da cadeira; tivemos que dicir o noso nome e expresar as nosa afeccins mediante a mmica. Fixemos fichas e xogos divertidos, como o de facer un debuxo a partir dunhas indicacins. Na segunda sesin tivemos que facer un debuxo da cara dos nosos compaeiros e compaeiras para explicar como nos viamos, e cando os mirbamos, riamos moito. Foi moi entretido.

A Carballeira
Queredes comprobar como posible aprender galego nuns meses?, pois lede este entretido conto de Daniel, que chegou dende Madrid en setembro e xa quen de escribir en galego. Parabns!! UN PIRATA EN EXIPTO

Creacin Literaria

Nun pas moi afastado viva un pirata chamado Buscaouro, que soaba con mercar un barco e ir en busca de tesouros. Era un pirata esvelto, con barba laranxa e ollos negros coma a noite. Pareca amable, anda que algo soberbio, e gustballe a pesca, a caza e, por suposto, darle labazadas ao seu falangueiro loro. -Falangueiro, falangueiro!- berrou a ave. -Cala xa ou convertireite no prato principal das festas piratas. -Grazas, grazas contestou o loro inconscientemente. O pirata decidiu r a Exipto e roubar a momia do faran Tutankamn. Como era moi precavido, levou consigo unha serie de obxectos que lle axudaran a orientarse: unha lupa, un telescopio,unha lanterna de gas, un comps, un colar metlico do loro, o parche e o cofre. Chegaron ao porto e embarcaron. Despois dunha longa viaxe, chegou ao seu destino e, moi entusiasmado, buscou a algun que o guiara ata a pirmide. Camiaron por longas e rochosas sendas ata chegar abraiante pirmide; sen embargo, moi airado exclamou: -Estraguei o pouco dieiro que tia, esta cousa non ten porta! -Espere, seor, ten que dicir o contrasinal comentou o gua. Unha vez dito, a porta, que tia forma de ollo, abriuse e entraron. Andaron e atoparon moitos sarcfagos con smbolos exipcios, de speto, dun deles sau unha momia que marchou correndo cara o interior da pirmide. Ao pirata ocorreuselle a idea de ir deixando un regueiro de plvora mentres camiaban, para poder regresar; pero o loro acendeu unha candea, pxoa no chan e a plvora estoupou. Formouse un silencio que s se rompeu cos berros dun home: -Quen perturba o meu sono?

Pxina 18

A Carballeira
-Son eu, o pirata Buscaouro e veo roubar o tesouro da ta tumba. -Eu son Ra, son o deus dos exipcios. Agora sade de aqu, porque eu non son quen ti cres, non son Tutankamn! O pirata desilusionado regresou sa casa e prometeu non volver buscar ningn tesouro endexamais. Daniel Blanco 6

************************************************************** O alumnado de 6 fixo uns CONTOS AO REVS, este o de Brais, anda que houbo varios moi interesantes. un lobo bo e tranquilo a paseando polo monte cunha cesta que levaba para a avoa de Carapuchia. De speto, Carapuchia cruzouse no seu camio e o lobo, moi asustado, botouse ao chan dicindo: -Non me fagas ninguna trasnada, por favor!, non me fagas dano. -Non che fareina nada, se me ds a cesta que levas-contestou Carapuchia con voz malvada. -Toma, toma a cesta!- exclamou o lobo tremendo de medo. Carapuchia marchou correndo e rindo a gargalladas; en cambio, o lobo quedou chorando coma un neno pequeo. Cando chegou casa da avoa, abriu rapidamente a porta e, dando pequenos saltos, dixo: -Avoa, avoa, Carapuchia fxome chorar! -Tranquilo, lobio, xa sabes que ningun pode parar a esa nena; este un conto ao revs, mira canta xente est a lelo!!-exclamou a avoa. -Ola, xente!-engadiu o lobo- que, espera, espera, hai que lle facer unha trampa a Carapuchia, pero anda que non sei como. Nese intre, o lobo sau correndo pola porta, ocorrraselle unha idea; mais non se decatara de que a perversa nena contratara aos tres porquios ninja e aos sete cabuxios mutantes. Ao velos, o lobo quedou sen palabras, pero con gran esforzo musitou: -Isto non un conto ao revs, senn un conto mix ou unha das parodias do entroido de Pontevedra. O pobre animal sau correndo, pero, como a mirando cara atrs, bateu contra unha rbore e, colorn colorado, este lobo quedou esnafrado. Sexa como sexa, o pobre sempre acaba mal. Brais Mercader Daz 6

Un da,

Pxina 19

Creacin Literaria

A Carballeira

O VIXA DA CARBALLEIRA
O feito de telas diante da a da fai que, en ocasins, non valoremos suficientemente algunhas das cousas das que disfrutamos. Isto deberamolo lembrar de cando en vez, pois seguro que poucos nos damos conta, tdalas mas cando chegamos ao colexio, do afortunados que somos nun aspecto: o interesante entorno que nos rodea. Deixando de lado discusins sobre o impacto paisaxstico e ecolxico do porto de Marn e as industrias prximas, o certo que o colexio goza dunhas vistas espectaculares: a ra de Pontevedra, as illas Ons ao lonxe, as vilas da parte norte da ra (Combarro, Covelo, Rax, Sanxenxo,), os montes da Escusa coroados polo Castrove, etc. E sen olvidarnos doutras xoias cercanas, que anda sen verse intense, como a Finca de Lourizn (cun grande patrimonio botnico e arquitectnico), ou o parque de Cotorredondo (e a sa famosa Lagoa de Castieiras). Vamos, que vir aqu un privilexio! Pero de todos estes elementos hai un sobre o que quero chamar atencin. Case altura do colexio est situada a illa de Tambo (pertencente ao concello de Poio), ata fai pouco ocupada pola Escola Naval Militar de Marn, e agora despoboada e de libre acceso. Esta illa, dunhas 28 hectreas de extensin e unha altitude mxima de 80m, ten unha pequena pennsula na parte sur, a chamada Punta Tenlo, que onde queramos chegar. Que hai al? Si un faro: o Faro de Tenlo-chico, mis coecido como Faro de Tambo. Os faros ou fachos, son construcins moi interesantes e cunha longa historia. Axudan navegacin dos marieiros mediante a sinalizacin (visual e/ou sonora), de determinados puntos na costa: zonas perigosas, referencias para rumbos, medida de distancias, etc.

As nosas cousas

Pxina 20

A Carballeira
Neste caso, o Faro de Tenlo marca a deriva cara o porto de Marn e a entrada no outrora prestixioso porto de Pontevedra, indicando o paso entre a ra de Aldn e o sur da ra. Empezou a construrse no ano 1916, pero non alumeou ate o 1922. Est formado por unha torre cnica de sillera duns 20m de altura, que se reparou e pintou no ano 2000 para facela mis visible, e que ten unha escaleira de caracol exterior moi caracterstica. No seu alto atpase ptica, de 375mm de dimetro, que nos primeiros anos funcionaba pola queima de acetileno, e desde os 80 o fai xa de forma elctrica. Emite unha luz branca cun ritmo de 3 destellos e 8 segundos, coa que consegue, a 35m sobre o nivel do mar, ter un alcance de 11 millas. Anmovos a todos/as a que investiguedes mis sobre a historia dos faros, pero especialmente sobre a deste vecio que tdolos das nos sada desde a sa illa particular. E por suposto, se tedes ocasin, non deixedes de facerlle unha visita!

PD: Algun atopou este faro dentro do cole? Buscdeo.


Francisco CasalMestre de PT

Pxina 21

As nosas cousas

A Carballeira

Ola! Eu son Sara, unha antiga alumna da Carballeira. Cando fun ao Instituto Gonzalo Torrente Ballester estaba nerviosa porque non saba como eran os profesores nin o instituto... nin sequera saba como era a mia aula nin onde estaba... Logo non foi tan difcil adaptarme ao cambio, porque os profesores son moi simpticos e agradables, sobre todo, Mara Dolores Sangiao, a profesora de Ciencias Naturais. Para min as sas clases son moi amenas. Por sorte, todos os compaeiros e compaeiras do ano pasado que vieron a este instituto estn na mia clase, anda que tamn fixen moitos novos e moi bos amigos. O que mis me gusta do instituto que hai dous recreos e que o patio mis grande. O que menos me gusta que me teo que erguer da cama moi cedo e remato as clases moi tarde pero a min gstame moito mis o instituto que o colexio. E isto todo o que vos podo contar da mia experiencia no meu primeiro ano de instituto. Un cordial sado Sara Garca Moreira

As nosas cousas

Pxina 22

A Carballeira

Tivemos un obradoiro a cargo de Manuela para aprender a decorar as cabazas dunha maneira orixinal.

Pxina 23

Celebracins: Saman

A Carballeira
Que bonitas manualidades fixeron estes nenos e nenas: galos, ourizos, xoanias, bonecas e ata un fermoso bosque.

Celebracins: Magosto

Nestas castanias falangueiras hai escritos refrns , cantigas e adivias. Coidado co lume da castaeira!!

Castaas e bocadillo de chourizo para a merenda, e despois moitos xogos. Algn ben que se emocionou!

Pxina 24

A Carballeira

Moitas actuacins tivemos no festival e, por suposto, a visita dos Reis Magos.

Bailes, panxolias, poemas, teatro Tamn houbo un concurso de postais de Nadal e agasallos para todos e todas.

Pxina 25

Celebracins: Nadal

A Carballeira

Celebracins: Entroido

Que guapos estaban estes nenos e nenas! Desfilaron, comeron sobremesas tpicas destas datas ata fartar e, despois, moito xogaron. Seguimos a coecer as figuras do Entroido Tradicional e o esqueleto disfrazouse de Pantalla de Xinzo de Limia.

Pxina 26

A Carballeira
Almorzo de 1 e charlas sobre alimentacin en 3 e 4.

Na nosa biblioteca desenvolvronse interesantsimas actividades. S hai que ver a atencin que lles prestan estes nenos e nenas a un dos dpticos que se entregou o Da do Libro. Recordades que camiseta tan chula levastes para casa?

O Da das Letras Galegas entregronse os premios aos gaadores/as do II Certame Literario, organizado polos Equipos de Biblioteca e Dinamizacin Lingstica do noso centro. Parabns!!

Pxina 27

Celebracins

A Carballeira
Nesta actividade, organizada pola emisora de radio Onda Cero e Poltica Lingstica, os nosos nenos e nenas puideron ser xornalistas por un da!! Xa saben o que ser locutores de radio. Seguro que os escoitastes e xa sabedes o ben que o fixeron .

Actividades

Que fan os nenos e nenas de 3 e 4? Pois aprender matemticas con LACASITOS!!

Tivemos a visita dos xogadores do Teucro, con eles o noso alumnado puido xogar e falar.

Pxina 28

A Carballeira
Ao longo do curso tivemos varios contacontos: Pepa Martn, Marioneto e Manuel Solla.

Este ano o tema do Saln do Libro en Pontevedra foi 12+1, dicir, as supersticins. Na nosa rbore aparecen unha chea de animais agoiros: corvos, gatos Pero no libro do espello roto ata hai apcemas para rexuvenecer! Tamn se analizan moitas supersticins, aparecen fermosos traballos plsticos, etc. Neste libro, que se fixo polo Saman, hai historias arrepiantes que vos fan tremer de medo!! Escribstelas vs e algn av , grazas pola colaboracin.

Con Orbil , no Saln do Libro. Tivemos uns interesantes obradoiros para cada ciclo.

Pxina 29

Actividades

A Carballeira
O alumnado de 2 ciclo e 6, estiveron a ler os xornais todo o ano! Para celebrar a Semana da Prensa os nenos e nenas de 6 fixeron un mural sobre as diferentes seccins e os alumnos e alumnas de 1 escribiron as sas propias noticias.

Celebracins
Aqu tendes o fermoso mural que se fixo para celebra o Da da Poesa. Ademais todos os niveis recitaron os seus poemas e foron gravados en vdeo!!

Mural do Da da Paz de 5 e 6 / Mural do Da do Libro do Equipo de Biblioteca, agora non esqueceredes quen foi Miguel de Cervantes, verdade? Que importantsimo libro escribiu?

A Carballeira II CERTAME LITERARIO: Este ano houbo trece premios en Primaria e un para cada unidade de EI.
MODALIDADE DE POESA 1 CICLO

Que bonita esta rosa, marabillosa, voulla dar mia nai, que a merece de carai. E as con esta flor, demstrolle o meu amor, porque a quero un montn e doulle todo o meu corazn.
Lara Rodrguez Pen 1/ 1 PREMIO DE POESA DO PRIMEIRO CICLO

MODALIDADE DE POESA 2 CICLO Nun planeta Nun planeta, os nenos tocan a pandereta. Nun planeta, voa unha bolboreta. Nun planeta, onde o monte verde, ningun se perde. Nun planeta, no que o deserto non seco, sempre se escoita o eco. Nun planeta, de xeado vento, Da Vinci fixo un invento. Nun planeta sempre limpo, os animais van dando chimpos. Breixo Vaquero Cantn 3/1 PREMIO DE POESA DO SEGUNDO CICLO

Pxina 31

Certame literario

QUERO MIA NAI

A Carballeira
MODALIDADE DE POESA 2 CICLO O ARCO DA VELLA O arco da vella precioso

II Certame literario

xa que ten unhas cores fermosas. Loce por toda a terra o encantador arco da vella. Olas cheas de ouro, coas cores dun loro. Amarelo, morado, azul e verde son as cores que menos perde. O arco da vella chammoslle DONCELA CELA. Paloma Blanco /2 PREMIO DE POESA DO PRIMEIRO CICLO

AS ESTACINS Na primavera, vexo o arco da vella. No vern, xogo co meu irmn. No outono, teo moito sono. No inverno, pelexa o goberno. Sergio Blanco 3 / 3 PREMIO DE POESA DO SEGUNDO CICLO

Pxina 32

A Carballeira
MALDITA CRISE Cando ti apareceches nas nosas vidas, todo cambiou, coma se un tornado pasase. Desgraciada xente, que pasa moita fame, moreas de persoas sen un msero traballo. Casas baleiras por non poder pagalas, buscando cartos debaixo das pedras. Empeoraches todo dos ps cabeza, canto mis dano nos podes facer? Odiosa tesoira que todo o recortas; pelexas, conflitos e discusins pola ta culpa. Afectando s nosas futuras ilusins, as dos grandes, medianos e pequenos. Agardamos que desaparezas xa, coma se de un mal soo se tratase. Cristina Loureiro Martnez 6 nivel / 1 PREMIO DE POESA DO TERCEIRO CICLO

GALICIA A mia terra singular, ten unha cor especial. Os labregos moi atarefados, traballando cos arados. Os bois con moita dureza, facendo as sas tarefas, tirando do xugo, con todo o afn do mundo. Galicia especial, e sempre o ser. Kelvar Castro
/ 2 PREMIO DE POESA DO TERCEIRO CICLO

Pxina 33

II Certame literario

A Carballeira
IGUALDADE Eu s pido igualdade en calquera idade. Somos iguais, anda que os homes se crean mis. Non penso seguir tolerando, que s mulleres por parvas sigan tratando. Non queremos pasar a vida fregando, chegou a hora de que os homes vaian axudando. E ns no lugar dun home podemos traballar e o seu mesmo traballo realizar. Yolanda Barros Guerreiro 6 nivel / 3 PREMIO DE POESA DO TERCEIRO CICLO MODALIDADE DE NARRATIVA 2 CICLO O GATO AVENTUREIRO No mis alto dunha montaa, vive unha nena chamada Luca coa sa masco un gato. Un da de primavera, Luca e o gato xogaban mentres a nai entraba pola cancela cunha cousa diminuta na man que se mova sen parar. Luca foi correndo e decatouse que aquela cousa era un pequenio cancio. Ao da seguinte, o gato observou que ela s quera o can. Entn decidiu marcharse de al e non volver nunca mis. Ao longo do camio sentiu un agudo rudo e comprobou que nunha pla haba un paxario cantando. O gato dxolle: -Que forma esa de cantar? - que estou rouco. Se me axudas a encontrar a solucin ao meu problema buscarei unha nova familia- respondeu o paxario. O gato viu o frasco, pero non poda collelo porque al mesmo se atopaba unha serpe.. Cavilou un plan: escalara unha rbore e, cando a serpe estivese despistada, cravaralle as sas garras. As foi como conseguiu coller o frasco e entregarllo ao paxaro. Mis tarde buscaron un fogar para vivir e conseguiron atopar unha familia boa e cariosa. Silvia Vilas Gonzlez 4/ 1 PREMIO DE NARRATIVA DO 2 CICLO

II Certame literario

Pxina 34

A Carballeira
A PRINCESA E O PIRATA Un maravilloso da de vern, nun castelo moi grande estaba unha princesa, que se chamaba Alicia, contemplando o mar e pensando que lle gustara navegar. Colleu un bote e marchou moi lonxe. Navegando, navegando chegou a unha illa moi grande na que abondaba comida e bebida. Ao desembarcar na illa a princesa, o primeiro que fixo foi buscar un sitio onde durmir, e xusto atopou unha casa beira do mar. Petou na porta e sau un pirata. A princesa preguntoulle se lle deixara aloxarse na sa casa, pero o malvado pirata contestoulle que non. Era porque os piratas non son moi amigos das princesas, e por iso non lle deixou pasar e pechoulle a porta. A princesa marchou a durmir na area. O pirata ao vela pasar tanto fro compadeceuse dela e deixouna pasar. ma seguinte a princesa fxolle un almorzo para agradecerlle o seu xesto. Cando o pirata uliu a comida, achegouse princesa e dxolle que era moi amable por facer iso por el e que el s lle podera axudar poendo a mesa. Despois e mentres coman, ela contlle como chegar illa e as os dous se converteron en grandes amigos. Patricia Rodrguez Torres 4 / 2 PREMIO DE NARRATIVA DO 2 CICLO O RELOXO DA ETERNIDADE rase unha vez un pobo moi tranquilo no que non pasaba nada. Un da, un neno chamado Toni foi de paseo. Toni era un rapaz moi tranquilo e normal ata agora. Cando a camiando, atopouse cun seor que tia un reloxo moi raro. Que reloxo! Tia das antenas! Toni seguiuno sixilosamente, entrou nun autobs e notou que lle caera algo. Era unha chave que tia o nmero 54. Toni pensou que era o nmero dunha casa, e era certo. Despois abriu a porta e encontou unha morea de obxectos raros. Parecan do futuro!Colleu unha especie de reloxo e marchou sa casa. Toni deulle a un botn e saron das antenas. Logo puxo o nmero quince e converteuse nun neno de quince anos. Conseguiu revertir os efectos e escondeuno. Pensou que podera usalo anos mis tarde. Nunca mis se soubo dese home do futuro. Suso Dios 3 / 3 PREMIO DE NARRATIVA DO 2 CICLO

Pxina 35

II Certame literario

A Carballeira
AS VACACINS CASE PERFECTAS Esta a historia dun neno moi alto, que sempre viste de tirantes e camisa branca e negra. Os seus ollos azuis brillaban coma as ondas do mar en pleno vern. Polo seu andar non pareca moi alegre. Un da, os seus pais preguntronlle se quera ir de vacacins a Exipto ou Mxico. -Prefiro ir Ribeira Maia!- exclamou Xavier, que as se chamaba o neno. - De acordo. Sairemos ma pola ma. As que empeza a facer agora a mochila, que non hai moito tempo. Ao da seguinte, o neno espertou moi nervioso, e comezou a berrar dicindo que xa estaba listo. O seu pai tratou de tranquilizalo, pois o avin non saa ata as dez e media da noite. Despois de esperar todo o da e de viaxar parte do seguinte, atopronse no seu destino. Cando chegaron al, decatronse de que a paisaxe era moi diferente de Galicia, e quedaron abraiados pola sa fermosura. -Que marabilla- exclamou Xavier. Al s haba palmeiras, pero cando se adentraron na selva atoparon todo tipo de rbores. Despois dunhas horas gozando desa beleza, chegaron casa onde pasaran as vacacins. -Que ampla !- exclamou a nai-.Deixaremos as maletas e iremos praia. Ao cabo dun rato, perdronse entre a espesa vexetacin e atopronse cun templo impresionante.Entraron nel e descubriron unha serpe xigante que levaba un colar magntico. Oron unha voz, polo que pensaron que se trataba dunha serpe falante. Intentaron escapar e cando pensaban que estaban perdidos, de repente, apareceu un orco pegaento que intentou axudar familia Pen Calvar. Ao final, despois de das horas, comezou a esgotarse a paciencia do neno, mandndolle unha patada directa a xugular. O odioso animal morreu no acto. Volvemos casa- dixo o pai. -Si, ser mellor- engadiu a nai. Unha vez no hotel, recolleron as maletas e marcharon para casa. -Anda que case morremos, foron as vacacins mis divertidas da mia vida comentou o neno. ngel Pen Calvar 6 / 1 PREMIO DE NARRATIVA DO 3 CICLO

II Certame literario

Pxina 36

A Carballeira
TRINGLING Tringling un personaxe cun bo sentido do humor, boas ideas e cun sorriso moi positivo. Pode que s sexa unha morea de engranaxes, pero a el dlle igual, o nico que lle preocupa e ter moitos amigos. Todo comezou unha ma na que Tringling foi visitar ao seu amigo Xon. Comezaron a facer deporte polo concello de Blisquiendo, aos dous facalle moita graza o nome deste lugar. Ao anoitecer, Tringling voltou sa casa, atopbase tan canso que non se decatou de que dous ladrns entraran a roubar na sa casa. Cando espertou e viu todo aquilo tan revolto, este divertido robot chamou ao oficial da lei, o sherif Bieto. Inspeccionaron toda a casa en busca dalgunha impresin dactilar ou algunha pista que descubrise quen eran os responsables do roubo. Tringling tia interese por saber quen era o sospeitoso, pero vez tamn tia medo por se volvan para facerlle dano. As que colleu todo o que lle quedaba de valor, preparouse e adentrouse no bosque. Buscaba un lugar onde agocharse, pero, de speto, sentiu un ftido cheiro a xoias queimadas. Subiu ao outeiro e divisou unha fbrica, camiou ata al e enfrontouse as dous gardas acoirazados que a vixiaban, deixndoos sen sentido. Unha vez dentro, observou a dous cientficos que tian as sas pertenzas. Irrompeu na sala, o silencio foi interminable, e Tringling pensou que se isto non o arranxaba el, non o arranxara ningun. Despois de falar con eles, decatouse de que polas boas non conseguira nada; as que desfixo a mquina coa que intentaban cambiar as sas xoias. Como houbo unha gran explosin, ao pouco chegou o sherif guiado polo rudo. Ao final, os ladrns acabaron no crcere e Tringling puido recuperar as sas pertenzas. Xos Breogn Garca Pesqueira 6 / 2 PREMIO DE NARRATIVA DO 3 CICLO SULTN E WOLY Haba unha vez un can chamado Woly. Era moi peludo e de cor branca ; gustballe moito xogar co seu dono, que se chamaba Sultn. Este non era un can calquera, non, era un animal moi especial, tanto para a xente como para Sultn. Un da, ao sern, cando empezaba a caer o orballo, foron dar unha voltia polo monte. Era algo que acostumaban facer todos os das, porque a Woly lle gustaba moito, anda que fose inverno.Cando paseaban por entre as verdes e hmidas rbores, Sultn achegouse ata o muo vello a ver que pasara despois da treboada do da anterior; pero, nese intre, Woly desapareceu e o seu dono pxose moi nervioso. -Woly!-exclamou Sultn-. Woly!- volveu berrar desesperado. Buscou por todo o monte, pero non haba rastro del, e voltou casa desacougado. Meteuse na ducha, relaxouse e tentou pensar no que poda facer para atopalo. Ao da seguinte, Sultn foi ao monte, buscou e buscou ata que o atopou no cume dunha elevada fervenza; gabeou ata al nun abrir e pechar de ollos. Cando chegou arriba, rescatou a Woly e volveu baixar. Grazas a Deus todo sara ben e os dous amigos estaban de novo xuntos. Yerai Rodrguez Pintos 6 / 3 PREMIO DE NARRATIVA DO 3 CICLO

Pxina37

II Certame literario

A Carballeira
HISTORIA COA LETRA M FEITA POLOS NENOS E NENAS DE 1 MARISA E MARCOS

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

Haba unha vez unha cidade chamada Marn. . Nela mns Marisa e Marcos.

vivan dous ir-

Un da os dous irmns pelexaron porque un deles, Marisa, era unha mandona e sempre estaba ordenndolle ao seu irmn cousas como : que recollera a mochila, que puxera a mesa, que fora a comprar: melocotns, mazs Pero chegou o da no que a sa mam enfadouse moito con Marisa e castigouna sen ir a manualidades, que lle gustaba moito . Marisa pxose moi triste porque ese da an facer msica cunhas maracas e pedulle sa nai unha oportunidade prometndolle que non a mandar mis ao seu irmn. Ela deulla e foi a manualidades. Mari Carmen , que era a sa profesora de msica , preguntulle porque estaba tan triste, e ela dxolle que era porque a sa nai estaba moi enfadada con ela por ser mandona. Entn coa axuda da profesora e das sas compaeiras,Mara e Melisa, fixronlle un regalo para a mam de Marisa. Na mesa da escola fixeron un marco de fotos cun mono pintado por Marisa.

Pxina 38

A Carballeira
CONTO COA LETRA P FEITO POLOS NENOS NENAS DE 2 Haba unha vez un neno, chamado capitn dun barco pirata de nome Mascarn de Prata, co que surcaba os mares mais lonxanos e perigosos. Un da de primavera foi navegar coa sua tripulacin. Queran pescar un gran peixe para comer, pero o nico que sacaron foi un pequeno polbo, que repartiron con un pouquio de pan e patacas. Despois de xantar partiron hacia un pobo que tia un porto e unha praia moi bonita. O peirao estaba cheo de persoas e animais; como porcos, parrulos, algunha pomba e outros paxaros. Na auga haba moitos peixes. Al, coeceu a un neno que paseaba polo porto en pixama con pantuflas , e nas costas levaba unha pluma. Sempre estaba comendo pltanos ou peras. Deulle unha pera o meu pai e invitouno a subir ao barco. O neno gustronlle moito as camas de palla e dicidiu quedar con eles. Como non poda andar sempre en pixama, decidiu vestirse de pallaso cun traxe feito de papel e plstico. Convertuse nun membro mais da tripulacin e adicaba o seu tempo a facer voar o seu papaventos mentras contemplaba a paisaxe, e a xogar unha partida de parchs ou pker.

Pxina 39

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

Paco, que tia un pai , Pepe, que era o

A Carballeira
Conto realizado polo alumnado de 3 e 4 O MISTERIO DAS LETRAS DESAPARECIDAS

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

No confn mis afastadoo do cosmos, atpase o planeta da Escritura. un planeta branco coma o leite condensado, onde habitan palabras negras como o chamizo que durmen en catres chamados libros. Un cincento da de inverno, as palabras espertaron atemorizadas polo intermitente son dun chifre que unha das sas compaeiras, faca soar trmulamente. Cando levantaron o cobertor para sar correndo, comprobaron, sorprendidas, que desapareceran algunhas letras dos seus corpos. Alarmadas, dirixronse cara a sa compaeira. Preguntronlle o que aconteca para espertalas tan desesperadamente e porqu non estaban completas. Ceo, a sa colega, contoulles que como non poda conciliar o sono, viu ao m capturar s demis consoantes porque tia ciumes delas. Ceo lograra agocharse, grazas a escuridade da noite, polo que o c quedou ceibe. Coa axuda das cmaras de seguridade, localizaron o cuartel xeral onde o m estaba creando, no laboratorio, un exrcito de clons criminais mentres torturaba s cndidas consoantes nunha afastada cela. En menos que canta o galo, cavilaron un plan para cambiar a mquina de clonar e que esta s fixese vogais. Grazas as cmaras e aproveitando un despiste do m conseguiron o seu propsito. Nuns minutos, as palabras mutiladas atopbanse rodeadas de vogais dispostas a todo. Axia acudiron ao rescate das consoantes. Nun intre reagrupronse para formar palabras fortes e poderosas como cabal valente xustiza capacidade cordura constancia coa fin de contraatacar ao m que tamn conseguira o seu pequeno exrcito.

Pxina 40

A Carballeira
Houbo unha clamorosa batalla campal que provocou un gran derramamento de tinta con centos de palabras gravemente feridas e moitos cadveres ciscados polo chan. O m, cautamente, agochouse tras un cedro para non ser capturado polos seus inimigos. O resto das letras descubriron a sa manobra e roderono; polo que non tivo mis remedio que, copeando cobardemente, comunicarlles a sa claudicacin. Apoiado nun cadorno da rbore, asinou un crucial contrato de paz co c, comandante do exrcito gaador, no que se comprometa a respectar a nova constitucin. Gardaron o documento, coidadosamente, nunha caixa de caudais. Dende entn, no planeta da Escritura, celbrase anualmente unha cerimonia conmemorativa no Cemiterio das Letras Cadas. Cando ven as tumbas das sas compaeiras, teen que comedirse para non chorar e comprenden que os conflictos non se resolven con contendas senn con consenso. *************************************************************** Conto realizado polo alumnado de 5 OS BOIS DE BARTOLOMEU Bartolomeu era un home cristin e de moi bo corazn. Nas festas do pobo tocaba o bondardino. Era festeiro, as veces semellaba un pouco bufn e baralloca. Xogando a billarda era un campin. Bartolomeu mercou dous bois os que bautizou cos nomes de Branco e Buxo. Cando Bartolomeu pega un berro, os bois veen correndo onda el, co rabo en alto e dando brincos. Branco un boi moi bonito de cor branca. Cando pasta no prado gstalle encher ben o bandullo de herba fresca. Ten os cornas pequenos pero moi bravo e traballador. Buxo era moi mimoso, de cando en vez, semellaba dar bicos a Branco. Buxo era feitio coma unha estatua barroca. No prado gustballe andar a beira do ro, a sombra das rbores da ribeira. Os bois de Bartolomeu eran moi limpos, non lle gustaba andar na broza.

Pxina 41

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

A Carballeira
No pobo onde viva Bartolomeu, moi cerca da sa casa, viva Baldomero. Baldomero era un home alto, barba de tres das e birollo. Nas festas, sempre era el quen botaba os foguetes. Baldomero a todos os das o bar de Pepe, encantballe beber vio do ribeiro. s veces saa bbedo do bar cunha botella debaixo do brazo. Canda el sempre a un burro, cando Baldomero lle berraba bbedo!! o burro pase a Ornear. Semellaban sempre de troula pola bisbarra. Houbo un da no que Baldomero sau a busca de herbas para botarlle a augardente, caeu nun burato moi fondo. O burro que a onda el, o non velo, botouse a buscalo entre as herbas e as xestas. Logo deu co coitado Baldomero, que no fondo do burato, coa dor non poda nin falar. O burro foi en busca de Bartolomeu, e al non sei como, lle dixo o que lle acontecera a Baldomero. Bartolomeu xunguiu os bois Branco e Buxo, colleu unha corda e foi seguindo o burro. O fin deron co coitado Baldomero. Coa axuda dos bois e da corda, Bartolomeu puido axudar a Baldomero. O burro fora un heroe. **************************************************************** Conto realizado polo alumnado de 6 ONIRISMO BAIXO O ORBALLO No ocaso do da, un mozo ousado, obediente e moi ocorrente camiaba facendo soar as sas sandalias de coiro contra as follas secas e ocres do outono. Na cara ovalada de scar, as se chamaba o rapaz, resaltaban os seus ollos azuis coma o mar baixo as ondas do seu cabelo; sen embargo, a sa mirada pareca entristecida por unhas marcadas olleiras que apareceran tras a desaparicin dos seus pais. Gustballe moito todo o relacionado coa oceanografa, ler e xogar co ordenador e co seu ornitorrinco. O sol ocultouse totalmente, e a noitia, como unha tupida cortina , cubriu o outeiro no que se atopaba; as que buscou acubillo dentro do tronco oco dun vello carballo. Nese intre , empezou a pensar na sa nica obsesin: atopar aos seus pais, descubrir que lles acontecera.

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

Pxina 42

A Carballeira
Sentase orfo, mais non saba se realmente se producira o bito , dicir, a morte destes dous seres que tanto quera. A nica certeza que tia que desapareceran unha ma de inverno na que as plantas do seu xardn estaban cubertas dun fino orballo. Dende ese da e sen pensar nos obstculos, pois era un mozo de tan s once anos, emprendeu a sa busca percorrendo o Camio de Santiago.

Pasou a noite escoitando os ouveos dos lobos e o andar canso dalgn oso; non obstante, iso non foi bice para proseguir co seu obxectivo. Pola ma, cando amenceu, espertrono as suaves raiolas do sol que se filtraban por entre as plas das rbores. Despois de almorzar un pouco e de organizar a sa bolsa de viaxe, comezou a camiar con moitos folgos sen deixar de or os meldicos cantos dos ouriolos. Xa faltaba pouco para chegar a Santiago, aprezbase no cambio da paisaxe: as fermosas rbores e as olorosas flores foran substitudas por construcins e as corredoiras, por estradas. Ao cabo de tres horas, chegou a Santiago e quedou obnubilado pola sa beleza arquitectnica. Entrou na catedral e, nese estado de obnubilacin, escoitou unha voz que dica: -Se queres volver ver aos teus pais, entra polo oco que hai na fachada oriental. -Claro que quero! - exclamou o neno. scar sau correndo cara al e entrou polo devandito orificio. O que al atopou era impresionante! Haba un Orculo! Era un home deslumbrante cun colar de sos e palos, que estaba a tocar a ocarina. -Ola, meu rapacio. Como ests?- preguntou Ouro, que as se chamaba. -Imos tirando- respondeu scar-. Ti podes facer que eu volva estar cos meus pais? -A travs do onirismo, si. -O oni, que? -Onirismo. O mundo dos soos. -Ah! De acordo. scar seguiu todas as indicacins de Ouro, situose nun recanto e comezou a adormecerse coas palabras do sabio home.

Pxina 43

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

A Carballeira
De speto, atopouse ante unha imaxe hologrfica dos seus pais no medio dun oasis, e sentiu un bico tan suave coma os ptalos dunha orqudea. Preguntouse como poda sacalos dese mundo de soos e devolvelos realidade. Non poda perder tempo, pois senta que a holografa perda nitidez, dicir, que xa non poda velos con claridade. No seu lugar, apareceu un ogro moi obeso que lle dixo: -Chmome Orto, e son o gardin do mundo dos soos, dicir, de nirix. Ters que pasar unha proba se queres levarte aos teus pais de aqu. FINAL PARA PEQUENOS O gardin resultou ser un profesor que tia moita teima coa ortografa, as que lle plantexou a seguinte proba: -Tes que decirme oito palabras que comecen por o con acento grfico. scar, como era moi ocorrente e obsevador, recordou o mural que tia a sa profe na clase e que, de vez en cando, ollaba con certo interese. Sen dubidalo comezou a dicir as palabras que recitou como se fose unha oda: -pera, ptimo, seo, xido, valo, mnibus, ctuplo S lle faltaba unha, pero quedou en branco e sen capacidade para reaccionar. Estaba ofuscado. - Vea ! O tempo esgtase, neno, s che falta unha!- exclamou Orto, o gardin. O neno, oportunamente, pensou nos seus pais e no suave bico que lle deran, as que con moita forza berrou: sculo! Pois recordou que era un sinnimo! Nese mesmo momento apareceu na sa casa, xunto aos seus pais, nunha ma de fino orballo FINAL PARA OS MAIORES De repente, a figura do obeso ogro transformouse nun arrepiante ofidio (serpe), que apareceu como xurdida da nada. - Non pensars levar aos teus pais do meu reino- murmurou preto do seu odo. - Pois, claro que si!- contestou o neno, sen mostrar que estaba a tremer de medo. -S poders conseguilo, se superas unha proba - propuxo o odioso ofidio-. Ters que descifrar o seguinte xeroglfico. Como unha holografa dentro doutra, apareceron unha serie de smbolos e signos indescifrables que o rapaz intentou memorizar. - Non pensas darme unha pista?, non sei o que significa!!- preguntou con angustia scar.

Conto: AS LETRAS TEEN IDEAS

Pxina 44

A Carballeira
-Creo que es un neno ocorrente e observador, as que debes achar a resposta, sen axuda. scar estaba ofuscado e non saba como sar desta situacin, comezou a sentir unha gran opresin no peito. Pero, como que era un rapaz moi observador, recordou que nunha vidrieira da Catedral de Santiago mirara algo semellante ao enigma que tia que descubrir. Tratou de sar dese estado onrico e volver ata al, malia que senta como se tivese pernas ortopdicas. Cando chegou, gabeou pola parede con tanta prsa que esvarou e fxose dano no ombreiro dereito. Anda as, sacou forzas e, de novo, gabeou polas pedras ata conseguir chegar ata a vidrieira que brillaba como unha pedra pulida de nix. Al estaba a resposta: A verdade ser a deusa que guiar os teus pasos para que poidas espertar. -Espertar ?- interrogou scar. Durante uns instantes non houbo resposta , pero, ao cabo deses eternos segundos, unha voz doce coma o mel acariciaba os seus odos. -Esperta, meu nenio, sei que me escoitas - murmurou a sa nai. -Que? Como? preguntou scar. -S foi un golpe de nada que levaches no so occipital e na omoplata dereita, tranquilo contestou a nai. -Por que empezara a facer hoxe a obra no xardn?, como todo est mollado polo orballo, esvaraches e -engadiu o pai. -Estades ben!!! interrompeu scar-. Que odisea! Paseino peor que cando vou ao odontlogo!!

Pxina 45

Certame literario

A Carballeira
Corren rumores de que os balns da Carballeira teen s e voan por riba da rede. Corren rumores de que no ximnasio do Cole van poer un spa. Corren rumores de que os profes da Carballeira, despois das clases, convrtense en sper-heroes . Corren rumores de que hai un profe que vai quitar o bigote. Corren rumores de que hai algun en 6 que, cando ri ponse moi, moi, moi vermello. Corren rumores de que o tcher sabe moito ingls. Corren rumores de que no Cole hai profesores estresados. Corren rumores de que a mochila dalgn de 6 un burato negro. Corren rumores de que, da Carballeira, van sar algns msicos profesionais sobre todo cantantes. Corren rumores de que na porta do Cole frmase un charco cando chove. Corren rumores de que algun de 6 cortou o pelo, por fin. Corren rumores de que algun de 6 ten un desodorante mxico e moi efectivo . Corren rumores de que algn profe podera presentarse a Gran Hermano 13. Corren rumores de que hai xente que esvara coas areas do patio. Corren rumores de que os maiores van moito ao bao. Corren rumores de que algun de 6 moi presumido. Corren rumores de que pola ra da Carballeira baixa moita auga cando chove. Corren rumores de que o curso que vn, con tanto recorte, van partir o Colexio metade.

Rumores (6 E.P.)

Pxina 46

A Carballeira

17 VOCES, 17 PREGUNTAS
2 Ciclo
Ola, Fran! Supomos que che sorprender vernos provistos de lapis e papel e dispostos a Despois de compartir durante todo o curso un montn de experiencias, queramos, fra da aula, coecerte un pouco mis. As que si che parece, al imos! Cal o teu nome completo? F: Chmome Francisco Javier Casal Fernndez Como foi a ta infancia: triste, alegre, divertida? F: A verdade que o pasei moi ben. Tiveches moitos amigos durante a ta etapa no colexio? F: Tiven poucos pero bos que como deben ser os amigos. Cales eran os vosos xogos preferidos? F: Pasaba casi todo o tempo andando en bici e un pouquio no ordenador. pre escapaba dos balns. Qu curso che pareceu mis difcil? F: Os primeiros ano de instituto. Recordas especialmente a algn profesor? F: S, ao profesor de Ingls do Instituto porque daba a clase de forma prctica e orixinal. Gstache ensinar a 3 e 4? F: Pois claro que me gusta! Caenme moi ben os rapaces e rapazas e a titora Julia. Les moitos libros? Cales son os que mis che gustan? F: Leo moitsimos libros e os meus preferidos son os de filosofa e os de deporte. Que tipo de msica prefires? Case sem-

Pxina 47

ENTREVISTA 3 E 4

falar contigo, pero a verdade que nos gustara facerche unha entrevista .

A Carballeira
F: Gstame de todo. Depende do momento. Coecemos algns dos teus hobbies, pero nos gustara saber con cal disfrutas mis: F: Estando no monte coa bici. Sabemos que visitaches moitos lugares, en cal te quedaras? F: En Alemania, porque ten de todo: montaas, lagos, pobos pequenos, cidades grandes Recordas algunha ancdota que che ocurrira durante este ano? F: Un sbado do primeiro trimestre vin ao cole sen darme conta do da que era. Que tres cousas nos aconsellaras para ter xito nos estudos? F: Orden, esforzo e constancia. Cal a ta opinin con respecto ao uso que facemos os rapaces de internet? F: Parceme un uso limitado porque sempre facedes as mesmas cousas e non aproveitades todos os seus recursos. Que foi o que mis chamou a ta atencin cando chegaches aqu? F: Das cousas: as vistas que ten o colexio e os poucos nenos que hai. Volvers a este cole o prximo curso? F: Non depende s de min. Gustaranos rematar esta entrevista con algunha frase que sexa especial para ti F: Amas a vida? Pois aproveita o tempo, porque diso est feita

ENTREVISTA 3 E 4

Grazas, Fran. Foi un placer disfrutar do teu apoio durante este curso. Apertas

Pxina 48

A Carballeira
Dende esta publicacin, non queremos deixar de manifestar o innecesario, e at retrgrado, que nos parece cuestionar o valor lingstico de uso e aprendizaxe, que a lingua galega debe ter. Temos que entender que a lingua forma parte do noso patrimonio e que non excle ningn tipo de aprendizaxe, senn que aumenta as potencialidades lingsticas do noso alumnado. Asemade, o galego aproveita a ocasin para dirixirvos unhas palabras, escoitdeo. Nacn arredor do sculo IX, filla do latn, en Gallaecia (norte de Portugal, Galicia, parte de Asturias e Len). Fun lingua de reis: Ramiro I, Afonso II, Ramiro II, Afonso V, Afonso VI... No sculo XII o meu uso abrangua todos os eidos privados e pblicos. Xa estaba en documentos civs como compra-vendas, testamentos... Tamn entrei na literatura. Por loitas polticas perdidas acabamos sometidos ao reino de Castela. Os Reis Catlicos promulgaron a lei de doma e castracin de Galicia: a nobreza galega foi substituda por nobres castelns que, seguindo a poltica promulgada polo reino de Castela, tentaron suprimirme co uso da sa lingua na administracin e nas esferas do poder. Mais o pobo seguame a falar. Na Ilustracin xurdiron voces de intelectuais que saron na defensa da lingua e da identidade de Galicia: O Padre Feixoo e Frei Martn Sarmiento dedicronse a estudarme en profundidade e a defender a mia volta ao mundo do ensino. o preludio do Rexurdimento. No sculo XIX, volveron a escribirme figuras como Rosala de Castro, Curros Enrquez e Pondal. Da man do galeguismo o pobo recupera a dignidade da sa lingua e da sa cultura, an-da que nas clases altas o casteln segua dominando. Durante a guerra e a ditadura, moitos intelectuais e galeguistas foron asasinados polas sas ideas. O exilio foi o maior apoio que tiven. En Bos Aires a actividade cultural galega era moi intensa: publicacins, representacins teatrais, radio en galego, cursos de lingua ... Coa chegada da democracia fun declarada lingua oficial de Galicia. Hai un enorme nmero de investigacins sobre min. Edtanse uns mil libros por ano en galego, hai unha canle de televisin, fan pelculas, curtametraxes, obras de teatro comigo. Son a raa do mundo da cultura, mais anda hai moito traballo por facer. Hai 140 centros en vinte pases que dan clases de galego e cultura galega, de Nova Iorque a Melbourne! Aproveita a riqueza dunha terra bilinge!!! Flame con agarimo. Atentemente, o Galego

Pxina 49

CARTA DO GALEGO

A Carballeira
Cando imos a Pontevedra, case sempre pasamos por unha ponte que ten

CARTA DUNHA NAI

unha inscricin que di: As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos mis fermosos. Isto escribiuno Victoria Moreno nunha das sas novelas e a min treme o recordo dunha boa profesora, sempre animosa, sempre alentndonos a ns, os seus alumnos, para que leramos moito. Ela abriunos (polo menos a min, e sei que a outros moitos alumnos seus) unha gran porta a de aprender moitsimas cousas e enriquecernos como persoas lendo. Dxome unha profesora, non hai moito tempo, que gran parte do traballo e do avance dos nosos fillos gracias a ns, os pais. Eu non opino as. Creo que moito do que estes rapaces consigan no longo camio que anda lles queda gracias a vs, os mestres e mestras que da tras da os alentades, animdelos e mesmo rifades con eles de cando en vez (como non, se o merecen). Sei de moitos mestres/as que, aparte de ensinar, implcanse moito mis, sobre todo neste colexio noso, A Carballeira, non moi grande por fra, pero con moitsima calidade educativa e humana por dentro. Hoxe os nosos rapaces comezan as vacacins de vern. Algns xa non voltarn a este seu Colexio, pero moitos, o da de ma, lembrarn a ese mestre ou mestra con agarimo, como moitos de ns recordamos aos nosos. Grazas por coidar dos nosos fillos como se foran os vosos.
Begoa Pesqueira

Pxina 50

As nenas de 3 anos facemos moitas cousas no cole:

You might also like