You are on page 1of 50

XORNAL

LOURO

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

Letras Galegas 2009


C.E.I.P. MESTRE MARTÍNEZ ALONSO
CASTRO - MOS
XUÑO 2009
Páxina 2 XORNAL LOURO

EDITORIAL SUMARIO
Unha vez máis sae á luz o Agora ben, haberá que coi- Editorial.............................2
noso xornal co gallo de amo- dalo moito, que non se vos Ramón Piñeiro..................3
sar parte do que se fixo no esqueza. Celebracións....................4-7
noso centro, ao longo deste Aquí, “profes” e alumnado Semana Cultural............8-13
curso. Ao igual ca o noso río de 6º, xa estamos cos trebe- Certame Literario........14-24
discorre entre un outono llos, gardando todo o preciso Creación Literaria........25-32
pechado con agarimo, polos para a mudanza. Así que Charlas.........................33-34
nenos e nenas, nun fermoso vémonos no novo centro, iso Saídas...........................35-39
libro “O Libro das Palabras si, cun fato de recordos do A nosa biblioteca.........40-41
Regaladas”; un sorprendente noso velliño colexio; porque Despedida do alumnado de
conto viaxeiro, cun final xa se sabe, dende a acordan- 6º..................................42-43
emocionante; a intensa la- za, todo se ve moito mellor. Alumnado de 6º de Sangui-
boura realizada polo Equipo ñeda.............................44-45
de Biblioteca (nas páxinas Murais: Ramón Piñei-
seguintes veredes algúns ro.......................................46
exemplos do seu traballo), o Bo verán a todos e todas! Pasatempos.......................47
Certame Literario; a Semana Carta do Galego...............48
Cultural, con todos os actos Alumnado de E. Infan-
que tiveron lugar entre o 11 til.................. 49 e contra-
e o15 de maio; proxectos de portada
E. Infantil; moitas saídas;
charlas moi interesantes, tra-
ballos, fermosos murais e…
moitas cousas máis.

Este ano foi un pouco espe-


cial, xa que como todos e to-
das sabedes, estivemos no
C.E.I.P. Carballal, compar-
tindo, co seu alumnado, es-
pazo e algunhas actividades.
Máis, invádenos a morriña, e
estamos desexosos de volver
ao noso propio centro, que
xa é unha realidade. Imos ter
un edificio moi moderno,
con moita luz -agora só fai
falla que loza o sol o vindei- O NOSO CENTRO ESTÁ A NOS AGARDAR (parece que
ro curso-, moitas aulas… e aínda queda moito por facer, pero por dentro está case remata-
todo a estrear!! do).
XORNAL LOURO Páxina 3

LETRAS GALEGAS 2009: RAMÓN PIÑEIRO


Xa no ano 1985 recibiu a
Este ano o Día das Letras Medalla Castelao e , co res-
Galegas estivo dedicado á tabelecemento da democra-
figura do escritor e político cia, formou parte do primei-
Ramón Piñeiro López ro Parlamento autonómi-
(Láncara 1915- Santiago co como deputado po-
1990), fundador da editotial la Coruña, como indepen-
Galaxia e da Revista Grial, e dente dentro das lis-
primeiro presidente do Con- tas do Partido Socialista de
sello da Cultura Galega. Galicia.

Foi un galeguista que, en En 1983 foi elixido primeiro


plena ditadura franquista, é presidente do Consello da
quen de crear un plan de re- Cultura Galega, cargo que
cuperación da lingua e da desempeñaba no momento
cultura galega. Traballou de do seu falecemento. A come-
forma incansable para que zos do ano 1993, o entón “Cando fun á escola, con seis
non se perdera a nosa iden- presidente da Xunta, Manuel anos, sorprendeume que o mestre
tidade cultural e política, Fraga, asinou o Decreto de me falara nunha lingua allea, facía
reivindicando os nosos de- creación do Centro Ramón que nos sentisemos inferiores”
reitos como pobo. Piñeiro para a Investigación
en Humanidades.

En 1943 participa clandesti- A diferenza doutros autores


namente na reorganización galegos, Ramón Piñeiro non
do galeguismo e viaxa a deixou unha intensa obra pu-
París, onde permanece exi- blicada, pero os seus
liado o goberno republicano. escritos sobre a filosofía,
Ao volver de París é detido dedicados maioritariamen-
en Madrid e condenado a te á " saudade", e as súas
seis anos de cárcere. traducións de destacados
filósofos , como por exem-
plo Heidegger, foron consi-
No ano 1966 trasladouse derados pola Real Aacade-
aos Estados Unidos como mia Galega „un paso
profesor convidado da Uni- decisivo‟ para a normaliza-
versidade de Middlebury e ción da lingua galega. A revista GRIAL daba a coñecer,
dentro e fóra de Galicia, os aconte-
un ano despois ingresou na cementos máis salientables da cul-
Real Academia Galega. tura galega.
Páxina 4 XORNAL LOURO

CELEBRACIÓNS
Velaquí as fotos dos murais que se fixeron
para celebrar o Samaín e o Magosto; tamén se
fixo, como é costume, unha exposición de ca-
bazas decoradas. O día 14 de novembro cele-
bramos o Magosto, e algúns comeron castañas
a fartar.

Que bonitas rimas e refráns teñen estas cas-


tañiñas!!

Os nenos e nenas
de E.I. esperan an-
siosos as quentes
castañiñas!!
Páxina 5 XORNAL LOURO

CELEBRACIÓNS
No Nadal recibimos, coma todos os anos, a
visita dos Reis Magos de Oriente; sen embar-
go, este ano non chegaron a cabalo coma ou-
tras veces.Viñeron, iso si, cargados de carame-
los, agasallos para todos o alumnado e un gran
regalo para cada aula; só hai que ver ás caras
dos nenos e nenas, para comprobar qué con-
tentos e contentas quedaron.

Pero,
que gra-
cia lle
fixo o
xogo a
este ne-
no!

O alumnado
de E. Infantil
diante do seu
mural na
E.E.I. de Lou-
redo. Abaixo,
coas S.S.
M.M.

Como ve-
mos, entre os
Reis e Papá
Noel non hai
rivalidade!
Páxina 6 XORNAL LOURO

CELEBRACIÓNS

O día 30 de xaneiro celebramos na escola o Día da


Paz.. Este día conmemórase nesta data pola morte de Ma-
hatma Gandhi, que morreu asasinado.
Na escola o alumnado de 6º fixo moitos traballos e murais
dedicados a todos os defensores da paz. Moitos defensores
coma, por exemplo, Mahatma Gandhi, morreron por algo
que nos pareceu moi inxusto. Nos murais colaboramos
todos e pasámolo moi ben. Os nenos e nenas de 1º, 2º e 5º
tamén fixeron un mural moi orixinal con pombas feitas de
palabras.
Vimos tamén unha película chamada : “A historia da gai-
vota e o gato que lle ensinou a voar”. Trataba dunha gai-
vota que se quedou amarrada no petróleo e non podía saír.
O malo é que ía poñer o seu primeiro ovo e non sabía qué
facer. Cando conseguiu saír, voou o máximo que puido;
pero perdeu o equilibrio e caeu no xardín dunha casa. Alí
vivía unha señora co seu gato. Cando o gato se atopou con O Día da
ela, non sabía qué facer e empezou a poñerse nervioso. Paz:
Entón a gaivota díxolle que ía ter un ovo e que lle tiña que pomba
lle prometer que o coidaría ata que se fixese maior. O gato en positi-
vo e
prometeullo, pero cando a gaivota tivo o ovo perdeu a vi-
negativo.
da. O gato coidou do ovo como prometera e ensinoulle a
voar. Foi espléndida e ensinoume moitas cousas.
Despois de ver a película fomos ao ximnasio e vimos e
cantamos dúas cancións e tamén o vídeo de “minicuentos”
que fixo a profesora Esther cos seus alumnos.
Gustoume moito todo. A verdade é que o día da Paz é un
día espléndido.
Ailén Leirós 6º nivel

Os nenos e ne-
nas de E. In-
fantil fixeron
un mural ben
bonito estam-
pando as súas
mans. E así
quedou a árbo-
re chea de
pombiñas!
Páxina 7 XORNAL LOURO

CELEBRACIÓNS
E chegou o entroido e todos e todas se dis- mos sobremesas típicas destas datas: fillo-
frazaron, ata os/as “profes”, este ano a as, orellas...
temática era “as profesións”. Ademais du- Á volta de vacacións, fixémoslle o xuízo
rante toda a semana moi ben se acataron as ao “Meco”, lendo todas as coplas que lle
ordes do “Meco” -que este ano representaba compuxo todo o alumnado por niveis; aín-
o antigo colexio-, así que o luns, trouxemos da que intentaron indultalo, a maioría dos
algo na cabeza; o martes, algo no pescozo; o nenos e nenas votaron - e tamén botaron
mércores, algo na cintura e o xoves, algo nos cuns bos chimpos-, a favor da súa queima,
pés. O venres viñemos disfrazados e trouxe- e así acabou... chamuscadiño na fogueira.

Os nenos e nenas de E. Infantil disfrazáronse


de policías, semáforos, sinais …
Páxina 8 XORNAL LOURO

IV SEMANA CULTURAL
Dentro dos actos desta IV blemas para rematar os debe-
Semana Cultural, o día 12 de res decide investigar nun
maio contamos coa actua- baúl onde o pai gardou moi- llaso...
ción da coñecida compañía tas cousas para que non se
de teatro "Migallas", que re- manchasen coa pintura, pois
presentou a fascinante obra está pintando a casa. Alí ato-
titulada "O Libro máxico". pa un libro vello e ponse a
Grazas a estes actores puide- ler nel. Tras as primeiras li-
mos comprobar que, dentro ñas empezan a pasar cousas
dun libro, hai todo un mundo estrañas e Rosiña e os seus
de fantasía, só temos que amigos, o público, mergú-
abrirlle a porta, e... como?, llanse na aventura de piratas Como participaron estes
pois abrindo un libro, xa que que está escrita no libro... nenos e nenas!
todos os libros poden ser Máis tarde, os rapaces e ra-
máxicos, comprobádeo!! pazas irán na procura da
Moito rimos e cantamos e, lámpada marabillosa que es-
para que vos acordedes dese queceu un xenio en Arabia;
día, aquí tendes unha morea actuarán na pista dun circo
de fotos. acompañados por un can pa-
SINOPSE:
Rosiña é unha nena que ten
que quedar soa na casa men-
tres os pais van a unha reu-
nión. Como ten algúns pro-
Menudo problema!!, chegou o
pai e as contas sen facer.

E apareceu o pirata, co seu barco-


escaleira!!

Ao final, o pai
Rosiña colle o libro máxico O can até facía xogos malabares mergúllase con Rosiña,
do baúl e comeza a aven- coas laranxas, no improvisado cir-
tura. no mundo da fantasía.
co.
Título del artículo interior

Páxina9 XORNAL LOURO

IV SEMANA CULTURAL
súpeto, na noite de lúa
Pero que bos contacontos chea..., e para rematar
tiñamos no "cole", e nós sen “Cirano”, a historia dun
sabérmolo! Hai que agrade- home moi especial, que tiña
cer a estes nenos e nenas de tanta bondade coma nariz.
6º nivel, o tempo que dedica- Xa sabedes que agora están
ron aos ensaios e a preparar na biblioteca, así que... a por
os textos na casa. O día 13 eles!!!
de maio, contáronnos tres
contos coma verdadeiros
profesionais: “Orellas de
bolboreta”, que trata dunha A partir de agora todos e todas
nena moi diferente, e como queremos ser diferentes, igual que
di ela mesma: “Iso tanto me Mara .
ten!”; despois “Quen levou
a Lúa”, a Lúa desaparece, de “Non só narraban ,
senón que tamén
interpretaban, e cos seus
acenos captaban a
atención de todos os
nenos e nenas, ata dos
máis pequenos”.
Fixérono de marabilla.

Coñecimos as
Mara e a inquedanzas
súa deda de Kipá, e con
curiosa el aprendimos
que rom- que, ás veces,
pe o cal- hai que espe- Esta é unha das fermosas ilustra-
cetín. rar. cións do conto de “Cirano”.
Páxina 10 XORNAL LOURO

IV SEMANA CULTURAL
imposibles de múltiples
Nesta IV Semana Cultu- patas, coma os que po-
ral tivemos a sorte de des atopar no seu último
contar, e xa van tres vi- libro titulado “ A Mons-
sitas en catro anos, cun troescola”).
gran ilustrador-escritor,
Aquí vai unha pequena
Anxo Fariña. Como
mostra, pero se queres
sempre, bastou coa súa
ver todas as fotos, visi-
presenza para que os ne-
ta o blog de normaliza-
nos e nenas fosen quen
ción, así verás paso a pa-
de facer uns incribles
so como se foron facen-
debuxos (arañas-
morcego e monstros do todos os debuxos .

“Pero non
pensedes que os
nenos e nenas só
se limitaban a
copiar, non! Anxo
fixo que neles
esper tara a
orixinalidade”
Cal é o orixinal e cal , a copia?

Coas indicacións de
Anxo e cun xogo, onde
se combinan números e
letras, mirade que de-
buxos se conseguen!
XORNAL LOURO Páxina11

IV SEMANA CULTURAL
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o día 15 de maio puide-
mos ver un vídeo sobre a biografía do autor homenaxeado, na-
rrada polo noso "particular" Ramón Piñeiro (o noso alumno
Néstor de 6º nivel). Este autor levábanos de viaxe polos distin-
tos lugares onde viviu: Láncara, Lugo e Santiago. Pero antes,
grazas a Mariña e a Pepiño (Lucía e Manuel), puidemos saber
algunhas cousiñas sobre el, a pesar de que Pepiño ben que se
liaba!! Menos mal que Mariña lle aclaraba todo -que paciencia
tivo!! Tamén nos leu a carta onde Ramón Piñeiro nos contaba o
importante que é a nosa lingua, o galego, e cómo debemos de-
fendela; mentres eles representaban o seu diálogo, Ramón Pi- Os actores e a actriz antes de
ñeiro, como acostumaba facer, aparecía sentado na súa mesa de representaren os seus papeis.
braseiro escribíndonos a devandita carta. Non parecen nerviosos!

Mariña e Pepiño falan, mentres Neste intre, Ramón Piñeiro “Por certo os presentadores,
“Ramón Piñeiro”, na súa mesa de pon voz á súa propia home- quen coma os demais fixérono
braseiro, escribe unha carta dirixida naxe, que puidemos ver gra- moi ben, foron Sandra e
ao público. zas ao canón. Brais”.

CINE EN GALEGO
O Equipo da Biblioteca pro-
moveu, unha vez máis, se-
sións de cine en galego, nes-
ta ocasión o noso alumnado
puido ver unhas películas
moi interesantes. As sesións
realizáronse por ciclos, e
tanto pequenos coma maio-
res saíron moi contentos.
XORNAL LOURO Páxina 12

IV SEMANA CULTURAL
Os nenos e nenas de 2º demos-
traron que son uns consagrados
actores e actrices!! Este ano re-
presentaron a obra titulada "O
Gato con Botas", e o público
quedou moi sorprendido das an-
danzas deste curioso e intelixen-
te gato. Moi ben aprenderon o
seu papel, e mellor o souberon
interpretar, malia a súa mocida- As guapas presentadoras Os narradores e narradoras prepáranse
foron Meheret e Marta. agardando o momento da súa entrada.
de.

O curioso coelliño métese dentro da bol-


sa, mentres o gato agarda para saltar so-
bre el.

Ao final, o intelixente
“Gato con Botas” consé-
guelle ao rapaz o castelo
e as terras do malvado
ogro. Agora xa pode ca-
sar coa princesa!
Páxina 13 XORNAL LOURO

IV SEMANA CULTURAL
Un ano máis fixemos entre-
ga dos agasallos aos pre- de Educación Infantil polo
miados e premiadas neste seu gran traballo realizado
Certame Literario 2009. na modalidade de
Esperamos e desexamos "murais". O tema do mes-
que segan a escribir e... mo era: "O galego como
quen sabe!, talvez dentro medio de comunicación" e
duns anos, reciban outro o seu título é "Dona Car-
merecido premio nun certa- me" (como podedes ver na
me máis importante. foto este ano vai ser un
Tamén foi premiado, como mural permanente, porque
todos os anos, o alumnado foi feito nunha parede da Que ben está dona Carme rodeada
E.E.I. de Louredo). de agarimosas verbas en galego!

Tanto Samuel Míguez - o noso rei da páxina anterior- como Alejandro Freire obtiveron
o 1º premio de narrativa do 1º ciclo (primeira foto); aparece nesta foto Rogelio Veiga
(1º premio de poesía do 3º ciclo) xa que ese día non puido asistir.
XORNAL LOURO Páxina 14

V CERTAME LITERARIO 1º CICLO


“O ORDENADOR E
O ALTOFALANTE” “O LEGUEPARDO”
Estes dous alumnos acadaron o 1º pre-
Nun
mio. día soleado de verán, un ordenador Había unha vez
coñeceu a un altofalante nunha praia. O un animal chamado
ordenador era gordo e glotón, e o altofa- “leguepardo”, que era
lante era fraco, baixo e gracioso. media parte leopardo e
Un día o tío e a tía teclado decidiron ir media parte guepardo;
visitar ao seu sobriño, o ordenador. Can- era omnívoro, mamífero e corría a mil quiló-
do chegaron, chamaron ao seu sobriño e metros por hora. Vivía no gran bosque do
el non contestou. A súa tía desmaiouse Amazonas.
porque pensou que se perdera. Máis tar- Todos os animais carnívoros ríanse del pola
de, volveu o sobriño e, cando mirou ao súa apariencia.
seu tío, preguntoulle: Un día díxose:
-¿Qué estás a facer aquí? -Fareime a cirurxía estética.
Pero non puido, porque lle dixeron que cus-
-Vin coa túa tía, e cando ela te taba cento trinta mil euros. Máis tarde foi a
chamou e non contestaches, un lago, alí atopou un trillón de euros!, e
desmaiouse. Quere verte, díxose de novo:
para ver qué moderno estás. -Con estes cartos repartirei felicidade e, pen-
sando mellor, non farei a cirurxía estética,
Cando a tía mirou ao seu sobriño, púxo- non vaia ser que
se moi contenta. quede peor!
Ao cabo de cinco días marcharon, e o
altofalante foi ver ao ordenador porque Ao final, todo o
quería ser o seu socio e estar ao seu lado, mundo comezou a
para que se puideran escoitar as can- respetalo e xa non
cións. se burlaban del, por-
que decidiu facer uns cantos agasallos: ao ca-
racol, tan lento coma o sol, regaloulle uns
patíns de velocidade super-
sónica; á tartaruga, unha
manicura e a bolboreta,
unha linda careta.

Samuel Míguez 2º A
Alejandro Freire Vilaboa 2º B (1º Premio de Narrativa)
(1º Premio de Narrrativa)
Páxina 15 XORNAL LOURO

V CERTAME LITERARIO 1º CICLO


UN DÍA DE PASCUA
Había unha vez unha nena chamada Lorena que era alta, delgada e
boa. A Lorena gustáballe xogar ás “barbies” e bailar con elas. Era
unha nena divertida e encantábanlle os agasallos de Pascua.
Cando chegou o 13 de abril celebraron a Pascua, e Lorena púxose
moi contenta porque lle regalaron tres “barbies” e dous peluches.
Cando anoiteceu, Lorena foi á habitación e alí escoitou un ruído
moi estraño…¡Era o Coello de Pascua! Pero este coello non era
bo, era malo, quería roubar os seus peluches e ela estaba moi enfa-
dada.
Ao día seguinte, Lorena ía xogar cos seus peluches e… non estaban!! Colléraos o Coello
de Pascua!
Lorena e a súa nai, Carme, foron buscar ao Coello de Pascua para collerlle os seus pelu-
ches. Cando o encontraron roubáronlle os peluches. Ao instante, marcharon da casa do
Coello.
Pasou un ano e volveu comezar a pascua, a Lorena regaláronlle,esta vez, un canciño de
verdade, e esta púxose tan contenta que foi correndo a poñerlle o nome de Chuspi e a
xogar con el.

Marta Sánchez 2º B (3º Premio de Narrativa)

O AMOR

O amor é tan agradable


coma divertido.

O amor é tan cariñoso


coma dulce,
¡como unha señora bondadosa!

O amor é coma o mar azul,


tranquilo e luminoso.

Gabriel Pérez González 2º B


(1º Premio de Poesía)
Páxina 16 XORNAL LOURO

V CERTAME LITERARIO 1º CICLO


A PRINCESA
O BARCO PIRATA
Na montaña
Coa espada loito había un castelo,
e gaño todas as batallas, no castelo
e dos esclavos había unha torre,
morreron oito. na torre
había unha princesa.

Coa pistola tamén loito A princesa


e aos tiburóns tíranme, tiña un corazón,
pero coas cordas sálvome. que brillaba tanto
coma os raios do sol.

Quero ir buscar o tesouro, Pero a princesa estaba atrapada


cheo de xoias e ouro, por unha bruxa malvada,
e navego polo mar dez xigantes e oito dragóns.
que me gusta contemplar.
Un día chegou un príncipe,
Álex Lorenzo González 2º A o príncipe estaba perdido
naquel bosque maldito.
(2º Premio de Poesía)
Pero, ao pouco,
o príncipe o castelo encontraba,
onde a princesa atrapada estaba.

O príncipe púxose a loitar,


logrou vencer aos malvados
e, a fermosa princesa, liberar.

Alba Iglesias 2º A
(3º Premio
de Poesía)
XORNAL LOURO Páxina 17

V CERTAME LITERARIO 1º CICLO


AS ÁRBORES
As árbores son…
altas como baixas,
alongadas e delgadas,
frondosas e secas
como o vento,
inmensas e bellas.

Verdes árbores,
verdes montes,
que bonitas son as flores!

Yago Rodríguez 2º B (Accésit de Poesía)

V CERTAME LITERARIO 2º CICLO

POR QUE A GUERRA?


Era unha vez un neno chamado Rubén que quería salvar ao mundo, salvalo da guerra;
porque no mundo hai guerra, hai moitas guerras.
Un día foi de vacacións a África, era tan horrible..., non había máis que guerra. Homes
que pelexaban sen crer ter outra cousa qué facer. A el non lle gustaba nada de nada, e
quería solucionalo; por iso escribiu un poema no que expresaba o mal que se fai pe-
lexando e o ben que estarían sen pelexar.
Os homes e as mulleres, despois de escoitalo, entenderon a súa mensaxe; así que non
houbo máis pelexas en África. E todos foron amigos e felices a partir de aquel día!
Paula Cambeiro 3º B ( 1º Premio de Narrativa)
Páxina 18 XORNAL LOURO

V CERTAME LITERARIO 2º CICLO

MIGUEL E O SEU ACORDEÓN


Érase unha vez un neno chamado Miguel. Tiña os beizos vermellos coma o sangue e a
cara branca e suave coma a seda. Vivía en Lugo.
A Miguel gustáballe moito a música, tiña seis instrumentos e o seu preferido era o
acordeón.
Un día espertou e o acordeón non estaba na súa habitación. Moi preocupado espertou
aos seus pais e ao seus avós, e preguntoulles:
-Onde está o meu acordeón?
Eles contestáronlle que non o sabían, e cando baixaron para almor-
zar viron que todo estaba revolto, faltábanlles algunhas cousas e a
porta da casa estaba aberta.
Miguel atopou unha tarxeta de presentación enriba da mesa, pen-
sou que podía ser do ladrón. Así que convenceu ao seu pai, foron a
Barcelona, atopou ao ladrón e Miguel recuperou o seu acordeón.
Tamara Cabaleiro 3º A
(2º Premio de Narrativa)

O POBRE ARMARIO
Érase unha vez un armario que era de cor marrón e moi vello. Estaba sempre metido na
habitación dunha nena que se chamaba Lucía e nunca lle facía caso, por iso todos os
días se aburría.
A nai de Lucía sempre lle mandaba gardar a roupa descolocada; pero como ela era moi
vaga, folgazana... facía unha pelota, metíaa dentro do armario e pechaba rapidamente a
porta. Ao armario non lle gustaba, así que pensou unha cousa. Un día, Lucía estaba fa-
cendo a cama e oíu unha voz estraña, mirou ao armario... e era el quen falaba!! Lucía
impresionouse porque a ela gustáballe que as cousas falasen, empezaron a falar e o ar-
mario díxolle:
- Lucía, por favor, quero que coloques ben a roupa, porque fasme
raiazos e... non o soporto!
- É a miña nai quen me manda—dixo Lucía desculpándose.
- Cando non te vexa, gárdaa ben.
- Está ben, fareiche caso.
XORNAL LOURO Páxina 19

V CERTAME LITERARIO 2º CICLO


A nai parecía que non se decataba, Lucía A HORTA DO MEU AVÓ
gardaba ben a roupa; o armario cada día
estaba máis feliz, Lucía tamén, e a que Cando chega a primavera,
máis feliz estaba era a nai. meu avó todo se altera.
Fátima Nieto 4º Leituga e patacas quere plantar,
non vai deixar de traballar.
(3º Premio de Narrativa)
Remolacha na ensalada
con aceite e sal,
OS RATIÑOS mestúralo todo,
Hai moitos anos, había un dragón que ai, que bo está!
era moi malo e comía a todos os ra-
tos. Pementos e cebolas
Un ratiño chamábase Miguel e outro, na empanada non poden faltar,
Manuel. Un día foron son o ingrediente secreto
de paseo ao monte e alí que a miña nai lles dá.
atopáronse co malvado
dragón. Correron e Cando é tempo de recolleita
c o rr e ron , subiron a de primeiro na fila está,
unha árbo- re, pero o só pensa na horta,
dragón bo- tou unha la- vai tolear!
barada po- la boca e
prendeu lume en varias árbores. De súpe- As acelgas na tortilla
to, apareceu un dragón moi bo , que era que bo sabor lle dan.
de auga e apagou o lume; despois colleu E se fai falla na sopa,
a Miguel e a Manuel da árbore, e baixou- tamén se poden botar.
nos con coidado. Os ratos invitáronno a
xantar por telos salvado, pero tamén in- Frambuesas e amorosos
vitaron ao dragón malvado porque tiña co iogur ben van
moita fame. e cun pouco de azucre
xenial estarán!
Massiste Bompastor 3º A
( Accésit de Narrativa) Raquel Barciela Sánchez 4º
(1º Premio de Poesía)
Páxina 20 XORNAL LOURO

V CERTAME LITERARIO 2º CICLO


OS PASTEIS

Biscoito e manteigadas,
que doces son!
Cómoos todos os días
con gran tradición!

Fágoos quentar,
e xunto ao forno MEUS TRES GATOS
hai que esperar.
Póñoos na mesa Eu tiven tres gatos,
e … que bos están! tres gatos eu criei.
Naceron ben, morreron mal,
sendo víctimas mortais.
Cando vou de “pícnic”
levo un mogollón
para os meus amigos O enterro eu preparei,
e para un gorrión. pobres gatiños tan bonitiños,
morreron tan xuntiños!

Nerea González Rodríguez 4º


Eu sempre vos recordarei
(2º Premio de Poesía) igual cós gatos que eu terei.
Agora conservo un gato
que ten o meu nome.

Ai, meu pobriño gato,


es o meu único amigo
sempre te protexerei
e observarei.

Manuel Bugarín Vázquez 4º

( 3º Premio de Poesía)
XORNAL LOURO Páxina 21

V CERTAME LITERARIO 3º CICLO


UXÍA E O SEU SOÑO
Uxía é unha arqueóloga galega que descubriu moitos castros en Galicia. Hai meses xa que
non atopa ningunha zona onde poida haber castros. Pero, un día, recibiu unha carta que
dicía:
“Estimada señora Uxía:
Chámome Xosé, son un dos moitos habitantes de Cuntis, escríbolle esta carta porque teño unha
parcela no monte. Alí hai unha pequena elevación plana, ao intentar plantar frutais todo ao redor,
aparéceme unha pequena muralliña de pedras unidas entre si con barro seco. Tamén atopei varios
cachos feitos cun material que parece cerámica. Se non é moita molestia para vostede achegarse
ata aquí, eu gustosamente ensinaríallo.”
A ela aqueles estraños sucesos levantáronlle unha pequena sospeita de que alí puidera
haber un castro. Despois de moito pensalo, decidiuse, chamou aos seus axudantes, comen-
toulles o que pasara e entre todos decidiron ir aló.Sobre o mediodía, chegaron á casa de
Xosé, despois de presentárense, foron ver a parcela e pedíronlle permiso para facer unhas
escavacións. El dixo que si, pero se lle deixaban ir ver cada un dos descubrimentos. Así
pasaron os días e, a partir de mediados de xullo, comezaron a aparecer abundantes contas
de colar. Xosé ao ver estes achados, contoulles unha lenda moi antiga sobre as mouras,
díxolles que eran uns seres máxicos que vivían baixo terra e que era moi difícil velas. Un
día, Uxía atopou unha arracada, que é coma un pendente. Como era a primeira que atopa-
ba, quedou ollándoa. Os seus axudantes, nada interesados naquel descubrimento, marcha-
ron para o hostal. Como estaba cansa recostouse contra un carballo, pechou os ollos e co-
mezou a imaxinar cómo sería a súa vida se vivise naquel lugar, naquela época, cando
aquel castro estaba habitado... De súpeto, diante das súas pálpebras apareceron sete som-
bras que falaban entre si e observábana atentamente. Tiña tanta curiosidade por ver quen
eran aquelas sombras, que quería abrir os ollos; pero sabía que o medo que sentía ía facer
que os pechase ao instante. Antes de que ela tomara unha decisión, as sombras botaron a
correr; pero outras sombras apareceron diante dos seus ollos come-
zando a facerlle preguntas. Con algo de atordamento, abriu os ollos
e alí, diante dela, estaban os seus axudantes. Sen responder a nin-
gunha pregunta dixo:
-Podemos comezar a xornada, estade tranquilos.
Pero, ao levantarse, atopou ao seu lado unha arracada idéntica á an-
terior. Comezou a dubidar se aquelas sombras foran realidade ou non. Nese intre tomou
dúas grandes decisións da súa vida: ir vivir a Cuntis, para poder recostarse nas noites de
verán naquel carballo, e escribir un libro que se titularía “Relatos de Mouras”, que escri-
biría axudándose da sabedoría de Xosé sobre as lendas de mouras. Pero, iso si, sempre
ocorrerá nun lugar chamado Castrolandín.
Elisa Campos Cabaleiro 5º (1º Premio de Narrativa)
Páxina 22 XORNAL LOURO

V CERTAME LITERARIO 3º CICLO

MIGUEL, O SALVADOR DE PERSIA

Nun lugar do antigo país de Persia, país no que os nenos ían moi pouco
á escola, nacera un neno que ía cambiar o destino dese país. Persia esta-
ba baixo o mandato dun rei moi malvado chamado Hércules. Non é o
Hércules dos contos, non, é outro. A este rei, chamábanlle os paisanos
do lugar o “moinante” ou o “vago”, cando non había soldados preto.
Chamábanlle así porque non facía nada, só se dedicaba a durmir, comer,
beber e, de cando en vez, daba un paseo polo seu país. Tiña a uns nenos
secuestrados que lle facían todo o traballo, ata o lavaban e lle metían a
comida na boca!!, menos mal que mastigaba el.
Dez anos despois, seguía a ser o rei deste país; o neno do principio xa tiña dez anos, só lle
faltaban dous para ser capturado por Hércules. Era a esa idade, aos doce anos, cando
Hércules secuestraba aos nenos; por iso en Persia había menos nenos ano tras ano. Este
neno, que se chamaba Miguel, tentou emigrar. Pero, cando ía coller o cabalo, que o levaría
a España onde collería o barco que o transportaría aos Estados Unidos, Hércules decatou-
se de que quería escapar da condena que lle tocaba a todos os nenos de Persia. Así que co-
lleu o mellor cabalo que tiña e foi a por el. Pasou por moitos países ata chegar a España.
Atopouno en Galicia, e el e os seus soldados levárono de novo a Persia. Levárono ao mai-
or pazo nunca visto, por el e pola humanidade, era todo de ouro! Hércules conseguírao
atracando as minas e roubando aos pobres o pouco que tiñan. Tamén o fixo grazas aos
seus soldados, sen eles non tería conseguido nada.
O neno estaba rodeado de trinta soldados, non podía escapar. Hércules entrou e díxolle a
Miguel que, aínda que tiña dez anos, ía capturalo. Pasou o tempo e cando tivo doce anos a
súa familia foi visitalo, tiñan un plan matinado que consistía en : quince días despois, ían
trasladar a moitos nenos a unha mina, tamén ía ir o rei; pero ese día todos os habitantes do
país irían rescatar aos nenos e acabarían co malvado Hércules.
E así foi. Hércules e mais os soldados colleron moito medo. Estaban rodeados e non pod-
ían escapar. Rendíronse e foron trasladados a unha prisión. Dende ese momento, Persia foi
un país onde reinaba a igualdade e a democracia.
No futuro, Miguel casaría cunha fermosa muller e terían tres fillos que puideron medrar
en liberdade.

Néstor García 6º (2º Premio de Narrativa)


XORNAL LOURO Páxina 23

V CERTAME LITERARIO 3º CICLO


UN SOÑO FEITO REALIDADE
Hai dous anos, aproximadamente, un neno tiña un
gran soño: quería ser actor. Vivía en Galicia, no
pequeno pobo de Mos. Era louro cuns preciosos
ollos azuis; normalmente ía vestido cun xersei e
uns pantalóns vaqueiros. Tiña oito anos e chamá-
base Javier.
(Sen título)
Todas as tardes ía xogar cos seus amigos e dicía-
lles: A parede é dura,
- Que vos parece se xogamos a que somos acto- e así o meu corazón,
res? cando sente amargura.
- Javi, sempre queres xogar ao mesmo –
Dixeches que me querías,
contestaban os seus amigos.
pero eu sei que non é verdade,
- É que de maior quero ser actor. porque senón non mo dirías.
- Xa, pero nós non!
A pena do amor
- Ben, entón xogamos a... é algo máis que iso,
- Que non sexa de actores!! é unha forte dor,
- Xa, xa, ía dicir se xogamos a que nos inventa- cando sentes que non che fai caso.
mos unha miniserie.
O amor
- Non, é de actores! -exclamaban os seus amigos. é amar,
Despois de xogaren, Javi marchou á súa casa. Ao pero para amar,
chegar, contáballe á súa nai todo o que fixera cos tes que sentir amor.
amigos. Polas noites, antes de ir para cama, falaba
cos seus pais das ganas que tiña de ser actor. Sabes que te quero,
pero nunca cho direi,
Os pais decidiron que polo seu aniversario levar-
por iso tanto te desexo
íano a Hollywod, e así foi. Alí coñeceu a moitas
e nunca te olvidarei.
estrelas de cine e comentoulles o seu soño. Os ac-
tores falaron cos pais de Javi e preguntáronlles se
Nacín pobre de amor,
el podería participar nunha película con eles. Os
e morro pobre de amor,
pais aceptaron coa condición de que fose unha
por esa muller celestial
sorpresa. Cando Javi fixo a película foi o neno
e ese amor fraternal.
máis feliz do mundo. Aos dous anos, Javi volveu
a España e decidiu estudar moito para ser un bo
actor. Rogelio Veiga Barciela 6º nivel
Lucía Carrera 6º (3º Premio de Narrativa)
(1º Premio de Poesía)
Páxina 24 XORNAL LOURO

V CERTAME LITERARIO 3º CICLO

AMOR ETERNO A MIÑA AVOA

Miña avoa, canto te quero!


Miña avoa, canto te estraño!
Agora que non estás,
os teus recordos fanme chorar.

Meu pai chora sen parar,


eu non o podo consolar,
os vosos recordos pechados,
no meu corazón están.
Amada miña!, os teus ollos danme a razón,
a túa cara é alegre,
o teu sorriso namórame Cando vou entrenar,
e ilumina o fondo do meu corazón. penso en ti.
Cando fago calquera cousa,
A vida segue sen ti. Que pena! sempre, penso en ti
Es tan doce… coma o mel,
os teus beizos tan vermellos, tan vermellos
coma o sangue que flúe polas veas. O teu nome, Mercedes,
e o do meu avó, Xosé,
O amor sáeme da parte esquerda do meu peito. non os olvidarei,
Non saes dos meus pensamentos. e aos meus fillos
O meu amor é eterno por ti. sempre lles falarei
Non te esquezo de ningún xeito. do que te quixen, te quero
e o que te querrei.
Non me importa que sexas princesa
ou vagabunda, nesta vida, Pedro Lorenzo 5º nivel
o que me interesa… (3º Premio de Poesía)
é que sexas por min querida.

José Carlos Pérez Gil 6º nivel

(2º Premio de Poesía)


XORNAL LOURO Páxina 25

CREACIÓN LITERARIA

Rubén Castro 1º

Jennyfer Martínez Rodríguez 5º


Páxina 26 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA

Rubén Bouzón 1º
Páxina 27 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA

Nenos e nenas de 1º

A LÚA
A lúa sempre aparece na noite,
a noite chámaa,
pero ela sempre está durmida.
Hoxe, ao mellor esperta.
Sempre durme no mar,
A noite pensa tristeira:
-O inverno xa está preto!!

Fátima Nieto Novás 4º


Páxina 28 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA
Páxina 29 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA
Páxina 30 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA
O MESTRE MARTÍNEZ ALONSO NO CARBALLAL

Todos os colexios son bonitos e distintos. A min gústanme os dous, o Mestre Martínez
Alonso e o Carballal.
No Carballal hai moitas cousas boas coma as cerdeiras, que na primavera dan unhas ce-
reixas boísimas; as aulas que, aínda que non son moi bonitas, están bastante ben; as saídas
nas que te divirtes mogollón; o patio, que é moi grande, etc.

Tamén ten cousas malas, coma as escaleiras, porque cada día temos que subir ata tres pisos;
a fonte, que no recreo ten moita cola e tes que esperar unha eternidade, etc.

No Mestre Martínez Alonso tamén había cousas boas, coma os “profes” que explican moi
ben; o parque, que ten un tobogán e un bambán; o camiño que tiña que facer en autobús,
que era máis curto...

E había cousas malas coma o patio cuberto, no que, cando estaba húmido, se esvarába moi-
to; o propio centro que xa estaba algo vello, o ximnasio, que era un pouco pequeno...

Pero, a pesar de tantas cousas que non me gustan, querería pasar a vida no Mestre Martínez
Alonso.

Raquel Barciela 4º

O RÍO

O RÍO PASA
Á BEIRA DUN FREIXO,
VAI CORRENDO
ATA UN AMENEIRO.

EU TIRO UNHA PEDRA,


CAE AO FONDO E,
O SEU REFLEXO, MIRO.

Tamara 3º A
Páxina 31 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA
“Na nosa man
está que todas as
linguas poidan
convivir sen
problemas de
aceptación, sen
rexeitamentos...”

Jennyfer Martínez 5º

ESCRIBIR UNHA BIOGRAFÍA


En terceiro escribimos as nosas biografías. Foi moi divertido porque primeiro tivemos que
facer preguntas aos nosos pais e nais, xa que non nos lembramos do que faciamos cando
tiñamos poucos anos e, incluso, poucos meses. De todas as biografías escollimos a de Pau-
la porque nos parece que redactou moi ben a súa vida.

A MIÑA BIOGRAFÍA: Eu nacín o día 25 de agosto do 2000, ás 6 menos cuarto no Hos-


pital Xeral de Vigo. Despois duns meses, meus pais decidiron bautizarme co nome de
Paula. E se fose un neno chamaríanme Pablo.
O meu primeiro dente saíume con cinco meses e dixen as miñas primeiras palabras con
nove meses. E unha delas foi “Cala”. Explícovos! Eu teño unha irmá chamada Carla e eu
non sabía pronunciar a letra “r”.
Empecei a camiñar cos trece meses. O meu xoguete favorito era un osiño.
Preguntarédesvos con cántos anos me tivo a miña nai, pois a miña nai tívome con trinta e
cinco anos.
Eu, por sorte, non caín nunca da cuna, pero si tiven unha caída do sofá con catro anos, e
por iso tiven que estar todo o verán co brazo enxesado.
Logo comezaron os meus días na escola no Ceip Mestre Martínez Alondo no que tiña
moitos amigos/as chamados/as: Mirian, David, Joan, Tania, Tamara…, alí pasabámolo
xenial! Ao pasar os anos cambiamos de colexio para O Carballal onde temos novos ami-
gos/as.
Paula Cambeiro Bastos 3º B
Páxina 32 XORNAL LOURO

CREACIÓN LITERARIA
Os nenos e nenas do noso “cole” seguen a ser uns escritores/as formidables e, como xa
é costume neste centro, editamos o noso IV Conto Viaxeiro. O título deste ano foi “Unha
historia incrible”, e tamén participou na súa creación o alumnado do C.E.I.P. Carballal.
O Día Internacional do Libro tivemos a súa presentación e, ademais de ver o vídeo que se
fixo con todos os debuxos, contamos cuns narradores moi bos, que nos relataron as peri-
pecias que viviron os catro protagonistas para axudar a ese osiño desamparado. Xa sabe-
des de qué falamos porque levastes un conto para as vosas casas, lédeo de cando en vez!

Os narradores e narradoras .

Este outono chegou cargado de palabras, das vosas palabras, esas que vos regalaron os
vosos familiares. Tivemos a presentación do “Libro das Palabras Regaladas”o día 14 de
novembro, e a fermosa "Fada das Palabras Regaladas e os Agarimos" díxonos que estes
son os verdadeiros agasallos, moito máis importantes cós que custan cartos. Tamén se lles
entregou un exemplar aos nenos e nenas do C.E.I.P. Carballal -cos que compartimos o
centro durante este curso-, ademais das palabras "COMPARTIR" e "AMIZADE".

A nosa Fada das Pala- Os narradores foron Néstor e Ailén. Alumnos do Carballal recibindo
bras Regaladas. os nosos agasallos.
Páxina 33 XORNAL LOURO

CHARLAS
GAS NATURAL  Auga: Os encoros son unha fonte
de enerxía moi coñecida, chamada
O xoves 14 de maio , houbo no colexio enerxía hidráulica.
unha charla de GAS NATURAL dirixida
por Isaac. Foi moi intereseante e ensinou- Como chega o gas a España
nos moitas novas cousas: o cambio climáti- Pódese traer de varias formas:
co, a contaminación, cómo conseguir  Tráese de moitos sitios do mundo
enerxía, cómo chega o gas a España, os ti- en barcos.
pos de enerxía, Chernóbil no accidente...  Tamén por tuberías subterráneas.

O cambio climático Os tipos de fontes de enerxía


Falounos da desconxelación dos Polos. As fontes de enerxía poden ser de dous
Por culpa da contaminación que provoca- tipos:
mos os habitantes da Terra na capa de ozo-  Renovables, pódense usar pero
no estase formando un buraco cada vez nunca se acaban, por exemplo, o
máis grande, por iso se produce a des- vento.
conxelación, daquela o nivel do mar subirá  Non renovables, existen na Terra
moito. en cantidades limitadas, por exem-
plo, o carbón
A contaminación
Cada vez máis, destruímos o medio am- O accidente de Chernóbil
biente coa contaminación, porque utiliza- Sucedeu en 1986 nunha central nuclear
mos os coches particulares e case nunca o (Chernóbil-Ucrania). A pesar de que hai
transporte público. Tamén porque non reci- xa moitos anos diso, aínda agora nacen
clamos e cortamos árbores para facer papel nenos sen pernas ou con problemas. Es-
que malgastamos, construímos cousas inne- ta central estaba a 14 km da civiliza-
cesarias... ción.
Lucía, Andrea,
Como conseguir enerxía Ailén
Pódese sacer enerxía do vento, do sol, das e Sandra
ondas do mar, da auga... ( 6ºnivel)
 Vento: cos aeroxeradores conséguese
enerxía grazas á forza do vento.
 Sol: grazas as pracas solares e foto-
voltaicas que transforman a enerxía so-
lar en electricidade para o fogar.
 Ondas do mar: coa mareotriz e undi-
motriz que aproveitan a enerxía das ma-
reas e das ondas para producir electrici-
dade.
Páxina 34 XORNAL LOURO

CHARLAS
TALLER DE CESTERÍA

O taller de cestería foi moi divertido por-


que nos deixaron facer dúas roldas aos que
querían. Unha rapaza, chamada Andrea, ex-
plicounos cómo se facían antes os cestos e
púxonos un vídeo de cómo eran antigamen-
te. E a cesteira, que se chamaba Chus,
deixounos o cesto que fixemos entre todos.
Ensináronnos moitos tipos de cestos: para
levar marisco, para levar comida, para levar
ao mercado, etc.
E, ao final, fixemos preguntas sobre o que
máis nos interesaba.

Saray Ogando 3ºA

SAÍDAS
VISITA AO SALÓN DO LIBRO

Na saída a Pontevedra fomos á Biblioteca Municipal. Silvia foi a guía da biblioteca que
nos ensinou os contos, explicounos a historia de cada cadro... Na biblioteca, Quico Da Sil-
va non estaba, pero si estaba o que el pintou, que era sobre a Antigua Roma, o futuro, etc..
Logo fomos camiñando, ata que paramos un pouco para merendar.
Aínda que antes diso había como un mar moi bonito, pero o mellor foi que o sol reflectía-
se no mar...
E despois de merendar fomos ao Salón do Libro no que Paula nos ensinou unha margarida
que en vez de follas eran…contos de amor! Porque o Salón do Libro estaba dedicado ao
AMOR. E había moitas cousas máis, pero o que máis me gustou foi que nos leron un con-
to que se chamaba “A árbore das follas DIN A 4”

Evelin Doural Petioká 3º B


XORNAL LOURO Páxina 35

SAÍDAS
Páxina 36 XORNAL LOURO

Jaime 2º B
XORNAL LOURO Páxina 37

SAÍDAS
SAÍDA AO MUSEO DO MAR
O pasado venres, día 8 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos de excursión
ao Museo do Mar. Alí puidemos ver moitas cousas:
Primeiro vimos, na entrada, unha maqueta moi bonita do museo; logo fomos a un lugar
onde había un telescopio antigo, e observamos a praia a través das cristaleiras; despois
leváronnos por unhas escaleiras ata unha sala na que, por medio duns televisores, coñeci-
mos cómo era a vida dos mariñeiros; tamén fixemos algúns experimentos coa auga, como
por exemplo, tomar a temperatura e saboreala. Por último, vimos uns barcos antigos, un
deles chamábase dorna, e un fermoso e grande acuario con moitas variedades de peixes,
que foi o que máis me gustou.
Foi unha saída que me gustaría repetir!
Alba Iglesias 2º A
No oceanográfico do museo mostráronnos a temperatura da auga superficial, da
auga do medio e da auga da zona abisal, tamén probamos cómo sabía a auga. Noutras zo-
nas explicáronnos as artes de pesca, dixéronnos os tipos de redes que hai e o barco necesa-
rio. Miramos distintos tipos de animais: cefalópodos, coma o polbo; crustáceos, coma a la-
gosta; peixes, coma o salmón e moluscos coma as ameixas.
Javier Darriba
 Agora unhas cantas citas das demais redaccións dos nenos e nenas de 2º A:
Iván: “Vimos un submarino antigo... e a guía díxonos que como se move a Terra, pois a
auga dos mares, tamén.”
Álex: “Despois baixamos para o soto, alí coñecimos moitas artes de pesca... A continua-
ción vimos cómo engordaban os mexillóns nas bateas; tamén fomos ao acuario e miramos
moitos tipos de peixes: raias, polbos, lagostas... Gustoume moito.”
Joan: “Miramos unha batea de cor marrón da que penduraban unhas cordas nas que me-
dran os mexillóns.”
Carlos: “N o oceanográfico do museo vimos as correntes das augas mariñas... Logo fomos
sentar nunhas cadeiras de máis cen anos. Esas cadeiras eran da antiga Lonxa de Vigo.”
Nerea: “Despois había unha máquina na que tiñas que meter a man e caíache unha pinga
de auga salgada, tiñas que probala e sabía moi mal.
Meheret: “Ensináronnos distintas artes de pesca... No acuario vin moitas especies de
peixes que non coñecía... Foi moi bonito, á miña “profe” encantoulle a excursión, a nós
tamén.”
Sofía: “Aprendimos moitas cousas relacionadas co mar.Gustoume moito o acuario.”
XORNAL LOURO Páxina 38

SAÍDAS
Daniel: “Vimos moitas cousas interesantes... Non me gustou nada probar a auga salgada.”
Iria: “Xogamos a un xogo moi divertido que consistía en adiviñar con qué redes e con qué
barcos se collían os distintos peixes... No acuario vimos moitos tipos de peixes... Pero a
min o que máis me gustou foi a estreliña de mar.”
Vivian: “ A min o que máis me gustou foi o acuario porque alí había unha estrela de mar de
cor lila. Tamén porque había moitos peixes e unhas rochas cheas de algas. Era todo tan
grande, que non mo podía imaxinar!”
Samuel: As guías, chamadas Bea e Carolina, ensináronnos moitas cousas, por exemplo, que
como a Terra se move, a auga dos océanos, tamén... Valeu a pena.”
Salma: “ Aprendín que algúns animais teñen cuncha para poder protexerse como, por exem-
plo, o mexillón.”
Manasés: “...Ao saír do museo fomos por unha rampa de pedra que conducía ao acuario. Alí
había moitos peixes: raias, xurelos, rodaballos, robalizas, pescadas, bacallaus...

Submarino Batea
Dorna (arriba á dere-
ita)
Á dereitra as cadeiras
da antiga Lonxa de
Vigo.
Acuario (abaixo)

“Acuario” por Alba Iglesias 2º A


Vedes a estreliña?
XORNAL LOURO Páxina 39

SAÍDAS
O 29 de setembro, os nenos e nenas de 6º
fomos de visita ao Centro Tecnolóxico de Auto-
moción de Galicia (CTAG) que está no Porriño.
Como podedes ver nas fotos, todos estabamos
con bata branca e unha tarxeta identificativa.
É un lugar onde proban as pezas dos coches que
se fabrican en Galicia. Se estas pezas non pasan
todas as probas as que son sometidas, suspén-
dense e teñen que volver facelas, mellorando a
súa calidade.

Aquí, o noso alumnado observa atenta-


Que ben trataron ao noso alumnado, mente unha experiencia realizada cun
até lle deron un pequeno almorzo! “dummy”, que é un manequín de pro-
ba de choque.

Coas batas brancas e ese interese que amosan,


parecen verdadeiros/as investigadores/as.
XORNAL LOURO Páxina 40

A NOSA BIBLIOTECA
Ao longo deste curso a Biblioteca Escolar levou a cabo o seu proxec-
to anual para o curso 08/09 titulado “Ler as emocións, emocionarse ao ler”. O proxecto
estaba cargadiño de actividades que pouco a pouco fomos levando a cabo.

As lecturas dos libros das emocións, as webquest, a visita á biblioteca municipal de Mos,
a sinatura dos contratos dos socios/as que se comprometían a conservar os materiais da
biblioteca, o cine, as maletas e as mochilas viaxeiras, os contos cantados… unha chea de
actividades que consideramos resultaron
do máis interesan- tes para os ratiños e rati-
ñas lectoras da no- sa escola.

Durante este curso o Ratiño e a Ratiña de


Biblioteca escribí- ronnos moitas veces e
deixaron nas aulas algúns regalos fantásti-
cos. Lembrades cando nos agasallaron
cunha entrada para o cine na Semana Cultu-
ral? E cando nos invitaron a facer a web-
quest sobre o Día da Paz? E cando nos
deixaron os contra- tos para asinar e os novos
carnés de usuarios?

A verdade é que temos moita sorte con estes ratiños… sempre pendentes dos nenos e ne-
nas da escola, de animalos a convertirse en verdaeiros ratiños e ratiñas de biblioteca.
Este é o segundo ano no que a nosa biblioteca participa no Plan de Mellora de Bibliotecas
escolares (PLAMBE) que organiza a Xunta de Galicia e que supuxo importantes melloras
na nosa biblioteca escolar.

Unha mellora fundamental foi a concesión dunha importante axuda económica que permi-
tiu comprar mobiliario novo, atractivo e moi útil para a lectura: pufs, mecedoras, estanter-
ías con rodas…mobiliario que lucirá esplendoroso na biblioteca que estrearemos no curso
09/10.

Pertencer ao plambe tamén permitiu comprar material informático. Neste momento dispo-
ñemos de 9 postos informáticos, unha cámara de fotos ben moderna e unha fotocopiadora
con escáner. As novas tecnoloxías non se nos van resistir!
A axuda económica tamén permitiu renovar os fondos: adquirir materiais audiovisuais, li-
bros de consulta, dicionarios actualizados…
XORNAL LOURO Páxina 41

A NOSA BIBLIOTECA
As melloras da biblioteca redundan nun mellor funcionamento da mesma e crean
un ambiente favorable para a lectura e que desde hai tres cursos tradúcese nun incremento
continuado no número de préstamos que se realizan ano tras ano e que podedes comprobar
neste gráfico. Como vedes a columna verde (dereita) é considerablemente maior que a
azul (curso 06/07) que está á esquerda e a vermella (curso 08/09) que está no centro.

Con estes datos podemos felicitarnos xa que a evolución ata o momento é realmente
espléndida!
Este curso remata, pero desde o equipo de biblioteca estamos a preparar novas actividades
para o curso que vén que agardamos sexan atractivas para os nenos e nenas do cole.

Tendal da biblioteca e murais que se


fixeron para celebrar o “Día da In-
fancia”.
XORNAL LOURO Páxina 42

A DESPEDIDA DOS NOSOS NENOS E NENAS DE 6º

Quen é quen?

Ola! Somos Carlos, Manuel, Lilo, Lucía, Valentina, Néstor, Sandra, Sara, Ailén,
Brais, Christian, Javier, Ayoub, Jose Carlos, Andrea, Noelia e Rogelio do C.E.I.P. Mestre
Martínez Alonso. Queremos contarvos o noso paso polo colexio.

Na etapa de Educación Infantil, a maioría dos nenos estabamos neste colexio, pero outros
estaban no colexio de Louredo, Ayoub estaba no colexio de Peña de Francia e Lilo estaba en
Namibia. A profesora que tivemos neste colexio foi Elena e no colexio de Louredo, Elisa.
Elena xa non está connosco, pero Elisa segue sendo a profesora do colexio de Louredo.

En 1º de Primaria xuntámonos todos na mesma aula e a nosa titora era Rita, pero como esti-
vo moito tempo de baixa veuna substituír a “profe” Manola.

A xuntanza durou pouco porque dende 2º ata 4º estivemos en aulas separadas, na aula A es-
tivemos con Teresa Cortizo e na aula B estivemos con Ángeles.
Os anos foron pasando rapidamente e, con eles, nós tamén cambiamos, como podedes apre-
ciar nas dúas fotografías.
XORNAL LOURO Páxina 43

A DESPEDIDA DOS NOSOS NENOS E NENAS DE 6º

No 3º Ciclo, volveron xuntarnos e a nosa titora foi Tere, pero De todos eles
tivemos moitos máis profesores: Nora, Alex, Ana, Maruxa,
María, Lucía, Sara, Yoli, Rebecca. De todos eles aprendimos aprendimos moitas
moitas cousas, aínda que eles pensan que puidemos aprender cousas, aínda que
moito máis. eles pensan que
puidemos aprender
Este, o noso último curso de Primaria, tivemos que deixar o no- moito máis.
so querido colexio para vir ao C.E.I.P. Carballal. O motivo é
que o tiraron para construír outro no seu lugar que, por certo, vai ser máis grande e
máis bonito. Que mágoa non poder estrealo!
A nosa estancia en Carballal fíxose dura ao principio, pero co tempo fómonos adaptan-
do ata conseguir amigos. Agora estamos ansiosos por comezar no IES de Mos.
Déronnos varias charlas para ir mellor preparados ao instituto (Proxecto Guíame) e co-
ñecelo mellor, pero a verdade é que estamos algo asustados por todos os cambios que
poden suceder e porque deixamos de ser os maiores para volver ser os pequenos. Malia
todo, temos ganas de comezar.

Como final de Etapa fomos a Manzaneda, dende o 5 ata o 7 de xuño. Cando chegamos
o primeiro foi ir aos bungalós, despois comimos e fixemos moitos xogos populares, de-
portes… e, o máis importante, coñecimos a moitos nenos/as. Rematamos o primeiro día
na discoteca. O segundo día foi moi parececido ao primeiro, pero o último día foi o
máis divertido: despois de almorzar, montamos nos karts, fixemos equitación e termi-
namos na tenda de recordos, onde mercamos moitos regalos para nós e para a familia.
Despois de comer, regresamos para as nosas casas.

Un saúdo para todos /as e, en particular, para o alumnado de 6º nivel do C.E.I.P. Mes-
tre Valverde Mayo, o cal poderedes coñecer a continuación.

Este ano fixemos un intercambio de despedidas, é dicir, estas dúas paxinas


referidas aos nosos alumnos e alumnas de 6º irán publicadas no xornal
“Xeada” do C.E.I.P. Mestre Valverde Mayo. Asemade, como veredes nas
dúas seguintes páxinas, nós incluímos o traballo que fixeron os alumnos e
alumnas do mesmo nivel, do devandito centro.
XORNAL LOURO Páxina 44

OS NENOS E NENAS DE SANGUIÑEDA


XORNAL LOURO Páxina 45

OS NENOS E NENAS DE SANGUIÑEDA


XORNAL LOURO Páxina 46

LETRAS GALEGAS 2009: RAMÓN PIÑEIRO


Para homenaxear a Ramón Piñeiro, quen como xa sabedes foi un importante per-
soeiro da cultura galega, fixemos varias actividades ao longo da Semana Cultural como por
exemplo a webquest, o vídeo sobre a súa biografía, unha pequena representación...e, por
suposto, murais. O alumnado do 2º ciclo fixo unha liña temporal e en 5º fixeron un mural
onde aparecían as reflexións dos alumnos e alumnas sobre catro textos deste autor. A conti-
nuación aparece o que escribiu un dos alumnos sobre o texto no que falaba da súa afección
pola lectura e da “diglosia e bilingüísmo” :

“Ramón Piñeiro tiña afección pola lectura, acostumaba ler os xornais os domingos ao re-
matar a misa. Informaba a todos os paisanos do que ocurría no mundo, iso si, á súa maneira;
tamén interpretaba as noticias e dicía o que el pensaba que ía ocurrir, e acostumaba acertar.
Por todo isto, os seus paisanos pensaban que era moi listo.”
“Non só facía sentirse inferior
a Ramón, senón tamén a seus
“A Ramón chamáballe a atención que o seu mestre lle falara
pais, seus avós, seus
nun idioma distinto ao del, iso que vivía tamén en Lugo. O
bisavós..., é dicir, a todos os
mestre falaba en castelán, pero un castelán que facía que o
galegofalantes, incluído eu.
galego fose unha lingua inferior. Non só facía sentirse inferior
a Ramón e a clase enteira, senón tamén a seus pais, a seus
avós, bisavós…, é dicir, a todos os galegofalantes, incluído eu: Anxo Bugarín Vázquez.”

Os nenos e nenas de 5º tituaron o mural así: “Os


nosos pensamentos sobre Ramón Piñeiro”
XORNAL LOURO Páxina 47

PASATEMPOS

Nenos e nenas de 5º
XORNAL LOURO Páxina 48

CARTA DO GALEGO
Dende esta publicación, non queremos deixar de manifestar o innecesario, e até retró-
grado, que nos parece cuestionar o valor lingüístico de uso e aprendizaxe, que a lingua gale-
ga debe ter. Porén, o decreto que rixe o uso do galego está a se debatir, un decreto que fixa
un equilibrio do 50% entre as dúas linguas. Temos que entender que a lingua forma parte do
noso patrimonio e que non exclúe ningún tipo de aprendizaxe, senón que aumenta as poten-
cialidades lingüísticas do noso alumnado, tal como queda reflectido no informe Pisa, nel
constátase que o dominio do castelán e o inglés dos alumnos e alumnas galegoa/as é supe-
rior á media española.

Asemade, o galego aproveita a ocasión para vos dirixir unhas palabras, escoitádeo.
“Nacín arredor do século IX, filla do latín, en Gallaecia (norte de Portugal, Galicia, parte
de Asturias e León). Fun lingua de reis: Ramiro I, Afonso II, Ramiro II, Afonso V, Afonso
VI...
No século XII o meu uso abranguía todos os eidos privados e públicos. Xa estaba en docu-
mentos civís como compra-vendas, testamentos... Tamén entrei na literatura. Por loitas polí-
ticas perdidas acabamos sometidos ao reino de Castela. Os Reis Católicos promulgaron a lei
de “doma e castración de Galicia”: a nobreza galega foi substituída por nobres casteláns
que, seguindo a política promulgada polo reino de Castela, tentaron suprimirme co uso da
súa lingua na administración e nas esferas do poder. Mais o pobo seguíame a falar.
Na Ilustración xurdiron voces de intelectuais que saen na defensa da lingua e da identidade
de Galicia: O Padre Feixoo e Frei Martín Sarmiento dedicáronse a estudarme en profundi-
dade e a defender a miña volta ao mundo do ensino. É o preludio do Rexurdimento. N o
século XIX, volveron a escribirme figuras como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pon-
dal. Da man do galeguismo o pobo recupera a dignidade da súa lingua e da súa cultura, aín-
da que nas clases altas o castelán seguía dominando.
Durante a guerra e a ditadura, moitos intelectuais e galeguistas foron asasinados polas súas
ideas. O exilio foi o maior apoio que tiven. En Bos Aires a actividade cultural galega era
moi intensa: publicacións, representacións teatrais, radio en galego, cursos de lingua...
Coa chegada da democracia fun declarada lingua oficial de Galicia. Hai un enorme número
de investigacións sobre min. Edítanse uns 1.000 libros por ano en galego, hai unha canle de
televisión, fan películas, curtametraxes, obras de teatro comigo. Son a raíña do mundo da
cultura, mais aínda hai moito traballo por facer. Hai 140 centros en vinte países que dan cla-
ses de galego e cultura galega, de Nova York a Melbourne! Apoveita a riqueza dunha terra
bilingüe!!!”

Fálame con agarimo.


Atentemente, o Galego
XORNAL LOURO Páxina 49

OS PROXECTOS DE E. INFANTIL
Este ano o alumnado de E. Infantil traballou en varios proxectos ao longo do curso. No
primeiro trimestre traballaron o corpo humano; no segundo, a educación vial e no terceiro,
os animais. E como todos os anos coidaron dos seus vermes de seda!

“Non só facía sentirse inferior a Ramón, senón tamén a seus pais, seus
avós, seus bisavós..., é dicir, a todos os galegofalantes, incluído eu.

Os nenos e nenas de 5º tituaron o mural así: “Os


nosos pensamentos sobre Ramón Piñeiro”
No PARQUE CANUDA aprenderon moitas cousas sobre educación vial, pero….
daríanlles os carnés?

Para celebrar o Día do Libro, foron á biblioteca, no “cole” as “profes” tamén lles con-
taron o fermoso conto de “A que sabe a Lúa?”
OS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL
Para coñecer de ben preto os animais, foron á GRANXA
KIRIKO e ao ZOO

O A

TREN GA-
LIÑA
DA
CHU-
LINGUA RRA

DE

CAIXA-
NOVA

PUBLICACIÓN
SUBVENCIONADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

You might also like