You are on page 1of 1

Electroncio, ese amigo invisible, é un tipo estraño con dobre personalidade;

vertixinoso, ten certo encantador spin; anda na súa onda e maniféstase por
impulsos; é ambiguo e indeterminado ata que o coñeces ben e se fai previsible,
pero non de todo; ten unha vida social intensa porque lle gusta interactuar, crear
pontes de enlace, intercambiar enerxías... Por iso sei que vos caerá ben dende o
primeiro momento. Aínda que hai quen di que é un ente negativo; iso,
asegúrovos, é algo arbitrario que carece de fundamento.

You might also like