You are on page 1of 1

I.E.S.

GARCÍA BARBÓN MATEMÁTICAS APLICADAS ÁS CIENCIAS SOCIAIS II

MATEMÁTICAS 2º BACH-CCSS
3ª AVALIACIÓN
SIMULACRO 1º EXAME 9/4/2010

NOME: ____________________________________________ Nº ____ GRUPO 2ºD

1.- (1´5 p.) Un dado está trucado de forma que: P(2) = P(4) = P(6) ; P(1) = P(3) = P(5) ; P(2) = 2 P(1) .
Cal é a probabilidade de que ó lanzar o dado dúas veces se obteña unha suma de puntos igual a 7?

2.- (2 p.) De dous sucesos A e B sábese que: P ( A) = 0´3 , P ( B ) = 0´6 . Determina a probabilidade dos
sucesos A ∩ B e A ∪ B nos casos seguintes:
a) P ( A ∩ B ) = 0´2
b) A e B son sucesos independentes.

3.- (1´5 p.) Dunha caixa que contén 12 bólas brancas e 4 negras extráense tres consecutivamente.
Calcula a probabilidade de que as tres sexan da mesma cor se:
 Antes de sacar unha nova bóla, volvemos meter na caixa a extraída anteriormente.
 Non volvemos á caixa as bólas que vamos extraendo.

4.- (2 p.) Nunha aula de debuxo hai cadeiras con ou sen respaldo. O número de cadeiras con respaldo
é o triplo das que non o teñen. Ademais o 5% das cadeiras son verdes e sen respaldo.
a) Tomando unha cadeira ó chou, calcula a probabilidade de que non teña respaldo.
b) Se unha cadeira non ten respaldo, que probabilidade hai de que non sexa verde?

5.- (3 p.) Nun país constituíuse unha comisión parlamentaria na que 84 membros pertencen ó partido
gobernante e 56 á oposición. Entre os membros do partido gobernante o 25% son mulleres mentres que
entre os da oposición o son o 50%.
a) Se o presidente da comisión elíxese ó chou entre todos os seus membros. Calcula la
probabilidade de que:
“ Sexa da oposición”
“ Sexa unha muller e do partido gobernante”
“ Sexa un home”
b) Sabendo que o presidente será un home, calcula a probabilidade de que sexa da oposición.
Nese caso, que partido ten máis posibilidades de dirixir a comisión?

É IMPORTANTE A ORDE E O RIGOR NA REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS.


TODAS AS RESPOSTAS DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE RAZOADAS.

You might also like