You are on page 1of 1

LA ZONA (2007)

Duración: 97 min.
Director : Rodrigo Plá
Guión: Laura Santullo, Rodrigo Plá
Música: Fernando Velázquez
Fotografía: Emiliano Villanueva
Reparto: Daniel Giménez Cacho, Carlos Bardem, Daniel Tovar, Alan Chávez, Maribel Verdú, Mario
Zaragoza, Marina de Tavira, Blanca Guerra, Claudio Obregón.
Coprodución México-España
Páxina web oficial: http://www.lazona-lapelicula.com/es/
Premios: Premio FIPRECI do Festival de Toronto

CUESTIONARIO
1. Redacta unha sinopse (resumo) do filme en 6/7 liñas
2. Indica que foi o que máis che gustou (interesou) do argumento da película e o que
menos, explicando o por que.
3. Cres que reflicte unha situación real ou é pura ficción? por que?
4. Coñeces casos semellantes en España, ou aquí non pode haber ʻzonasʼ?
5. Por que e quen creou ʻA zonaʼ?
6. En que se diferenzan os habitantes da Zona dos que viven fóra do muro? que modelo
de sociedade reflicten?
7. Ti onde vivirías se na túa localidade se construísen ʻzonasʼ?
8. Cres que ʻa zonaʼ é un lugar habitable, onde se pode vivir ben, ou é un gueto, un
cárcere? por que?
9. Cres que é posible a convivencia entre as persoas que viven nos dous lados do muro?
Que personaxes reflicten a relación entre ʻos dous mundosʼ?
10.É necesaria a forza (a violencia) para que exista seguridade? ou non? Se a resposta é
afirmativa, quen debe ter o dereito a usar esa forza, o Estado ou as persoas
particulares? Se a resposta negativa, indica que medidas tomaría para garantir a
convivencia pacífica?
11.Con que palabras cualificarías a actuación dos veciños da ʻzonaʼ: barbarie, vinganza,
medo, violencia, xustiza, clasismo, intolerancia, desprezo, humanitarismo, compaixón,
paranoia.
12.Os muros e as armas proporcionan seguridade? ou non? Na nosa sociedade, as
medidas policiais son suficientes para garantir a seguridade ou pensas que son
necesarias máis actuacións?
13.Analiza o comportamento éticos dos seguintes personaxes: Alejandro, Pai de
Alejandro, nai de Alejandro, o rapaz obxecto da cacería, o xuíz, o personaxe de Carlos
Bardem, o policía que investiga, a nai do rapaz, o xefe de policía, os amigos de
Alejandro.
14.Que mensaxe transmite o filme?
15.Como culaificarías a película? Terror; suspense, drama, comedia, traxedia, melodrama,
traxicomedia, acción, ʻvaqueirosʼ, romántica.
16.Ponlle unha cualificación á película: Excelente; Boa; Pasable; Mala

You might also like