You are on page 1of 10

1

Contaminación do aire e saúde

Respirar aire limpo e sen riscos


para a saúde é un dereito de toda persoa.
Está demostrado que a contaminación atmosférica
causa graves danos á saúde e ao medio ambiente.
Os máis afectados son os nenos, os maiores e quen padecen
doenzas respiratorias.
Os níveis actuais de contaminación atmosférica causan 370.000
mortes prematuras na Unión Europea, e 16.000 en España.
A orixe deste problema encóntrase nas emisións orixinadas polo
tráfego, as industrias e as calefaccións. O tráfego de automóbiles é o
principal responsable da contaminación, que se agudiza de forma
alarmante nas grandes cidades.
Unha calidade do aire adecuada debe pasar por que a
cidadanía coñeza en todo momento o estado do
aire que respira, e por que se estabelezan
planos de acción que reduzan a
contaminación.

Subvencionado por: Unha exposición de:


MINISTERIO
MINISTERIO
GOBIERNO
GOBIERNO DEDEMEDIO AMBIENTE
MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA
DE ESPAÑA Y YMEDIO RURAL
MEDIO RURAL
Y YMARINO
MARINO

www.ecologistasenaccion.org/aire
2

Os contaminantes atmosféricos
3 contaminantes provocan a maior parte dos problemas

A maioría dos contaminantes do aire das nosas cidades teñen a súa orixe no transporte, sobre todo
debido á grande cantidade de automóbiles en circulación. Os efectos sobre a nosa saúde son de primeira
magnitude. Os contaminantes máis problemáticos son as partículas en suspensión,
os óxidos de nitróxeno e o ozono.

Dióxido de nitróxeno (NO2) Partículas en suspensión (PM)


Provén na súa maior parte do tráfego. Aínda que as partículas en suspensión poden ter moitas orixes,
Aumenta o risco de distintas afeccións unhas das máis prexudiciais para a nosa saúde son as expulsadas
pulmonares e exacerba as reaccións polos tubos de escape dos vehículos, en especial os diesel. Son as
asmáticas. Alén diso, é un precursor que forman a boina de contaminación que resulta visible sobre as
doutros importantes contaminantes grandes cidades.
(ozono, PM2,5) xerados a partir da súa Segundo o seu tamaño, poden penetrar máis ou menos no noso
intervención en diversas reaccións sistema respiratorio, creando diferentes problemas:
químicas que se producen na atmosfera.
è as PM10 (menores de 10 micras) que penetran até as vías
respiratorias baixas,
è as PM2,5 (menores de 2,5 micras) que chegan no pulmón até a
zona de intercambio de gases, e
è as partículas ultra finas (menores de 0,1 micras) que poden
chegar ao torrente circulatorio.
A contaminación por partículas en suspensión provoca incrementos
na mortalidade total, maior mortalidade por enfermidades
respiratorias e cardiovasculares, e por cancro de pulmón, etc.
Respirar de forma continuada un aire cunha elevada concentración
de partículas en suspensión pode reducir a esperanza de vida entre
varios meses e 2 anos.

Outros contaminantes
Dióxido de xofre (SO2): A súa presenza diminuiu
Ozono (O3) sustancialmente polo progresivo abandono do carbón
Este contaminante fórmase na atmosfera a partir do dióxido de e a prohibición do uso do fuelóleo nas caldeiras de
nitróxeno (NO2) e compostos orgánicos volátiles (COV), mediante calefacción, así como pola limitación do contido de xofre nos
unha serie de reaccións fotoquímicas, nas que participa a combustibles que usan os automóbiles. Porén, segue sendo
radiación solar. Esta necesidade de insolación para que se produza problemático perto das centrais térmicas.
o ozono fai que as súas maiores concentracións ocorran en verán A exposición a este gas provoca o incremento de mortes por
e polas tardes. doenzas pulmonares e cardiovasculares.
O ozono é moi inestable e descomponse facilmente en presenza Benceno (C6H6): É o compoñente fundamental dos
de óxido de nitróxeno (NO), por iso a súa concentración adoita ser compostos orgánicos volátiles (COV). A gasolina contenno en
baixa no centro das cidades e moito maior nas áreas suburbanas e proporcións do 3 ao 6%. Afecta o material xenético e favorece
rurais circundantes, onde sería esperable un aire máis saúdable. a aparición de leucemia e cancro de pulmón.
É un potente oxidante que provoca danos nos pulmóns, ollos e Monóxido de carbono (CO): Prodúcese na combustión con
superficies mucosas, producindo unha importante deterioración déficit de osíxeno. En altas concentracións é letal e en
da saúde e un aumento da mortalidade por afeccións menores doses afecta a capacidade de concentración e as
respiratorias. pautas de comportamento

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
3

Efectos da contaminación na saúde


A mala calidade do aire provoca graves problemas de saúde

Numerosos estudos científicos conclúen que os actuais níveis de contaminación do aire


que respiramos provocan graves problemas na saúde das persoas.
Arredor de 22 millóns de persoas no Estado español respiran aire contaminado.

Custo económico da contaminación


Os níveis actuais de contaminación atmosférica teñen unha responsabilidade
directa sobre o gasto médico e da seguridade social, xa que orixinan
numerosas visitas hospitalarias, unha grande necesidade de medicación e
moitas baixas laborais:
è En Europa estimouse que o custo dos problemas derivados dos
danos á saúde por ozono e partículas en suspensión durante o ano 2000
foi de entre 276.000 e 790.000
millóns de euros, nada menos
que entre o 3 e o 9% do PIB da
Efectos sobre a saúde Europa dos 25.
è Aínda que as mudanzas
Os efectos da contaminación atmosférica sobre a precisas nos modos de produción
saúde das persoas seguen unha distribución con forma (no caso da contaminación de
de pirámide. Hai unha grande cantidade de persoas orixe industrial) implican un custo,
afectadas con danos menos importantes para a súa os beneficios son moito maiores.
saúde, e menos persoas con danos máis graves. Mesmo no peor dos escenarios
Mortalidade posibles, os beneficios son entre
Efectos adversos
Morbilidade
para a saúde 1,4 e 4,5 veces maiores que os
custos.
Mudanzas fisiopatolóxicas

Mudanzas fisiolóxicas de significación incerta

Molestias

Proporción de poboación afectada


Recomendacións
Segundo o estudo europeo APHEIS, a redución da exposición a longo
prazo das concentracións de PM10 en 5 µg/m3 (microgramos por metro
Tipos de estudos cúbico) en 19 cidades europeas tería “evitado” entre 3.300 e 7.700 mortes
Os estudos realizados en EE UU e Europa mostraron prematuras cada ano. Iso demostra que mesmo pequenas reducións nos
que os individuos que residen en cidades menos níveis de contaminación atmosférica poden prevenir un grande número
contaminadas viven máis tempo que os que o fan en de mortes na poboación europea.
cidades con máis contaminación. Por iso, resulta necesario un nível de calidade do aire máis esixente,
Estudos ecolóxicos de series temporais: comparan as o que suporía uns beneficios considerables sobre a saúde:
variacións na exposición a contaminantes coas mudanzas è para as partículas PM10, rebaixar sustancialmente tanto o valor límite
na mortalidade da poboación. Permiten coñecer a anual permitido (que pase de 40 μg/m3 a 20 μg/m3), como o número de
mortalidade a curto prazo. días que se supera o valor límite diario (50 μg/m3) pasando de 35 días
Os estudos de cohortes analizan a influencia da permitidos a 7.
contaminación do aire sobre a mortalidade das è Actualizar os sistemas de medición para coñecer a concentración de
poboacións expostas durante un período de seguemento. partículas de menor diámetro (PM2,5), de grande impacto sobre a saúde,
Permiten coñecer a mortalidade a longo prazo. e de obrigado control pola nova lexislación.

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
4

Causas (I): O transporte


O automóbil é o maior responsable da contaminación do aire

O transporte en España crece de forma desbocada, mais sobre todo aumenta o uso do coche e o tráfego
aéreo. A enorme construción de infraestruturas dos últimos anos potenciou esta situación, o que entre
outros moitos problemas orixina unha forte contaminación do aire e danos á nosa saúde.

Máis infraestruturas 500 25

O transporte é considerado como unha actividade económica máis, e non se 400 20


ven problemas ao seu crecemento continuo. Temos unha enorme dotación
300 15
de infraestruturas de transporte: España é o estado europeo con máis
quilómetros de autoestradas e autovías. A pesar diso, o Plano Estratéxico 200 10
de Infraestruturas de Transporte (PEIT) prevé Viaxeiros por estrada
100 (miles de millóns 5
incrementar esta rede en 6.000 km máis. de viaxeiros-km)
Comunidades Autónomas como Galicia, 0 0
polo seu lado, tamén teñen planos 1990 2005 1990

disparatados para a construción de


novas autovías. Esquecémonos de 500 25
que as infraestruturas animan cada
400 20
vez máis ao uso do coche e iso
ten graves inconvenientes na 300 15
contaminación do aire.
200 10 Viaxeiros
en avión
Aeroportos 100 5 (miles de millóns
de viaxeiros-km,
A combustión do queroseno –o 0
só voos interiores)
0
combustible dos avións– provoca 1990 2005 1990 2005
emisións de gases nocivos para
a saúde como os óxidos de
nitróxeno (NOx, precursores do
ozono troposférico), monóxido A cidade esténdese
de carbono (CO), partículas en O modelo de cidade que se vai implantando
suspensión (PM10) ou benceno, un potente carcinóxeno. Aínda que no longo cada vez máis é o da chamada cidade dispersa. A
prazo non se adoitan superar os límites estabelecidos pola normativa, sí se cidade esténdese e as urbanizacións dispérsanse
dan episodios de superación dos níveis perigosos en épocas do ano nas que polo territorio, mentres que os distintos usos
aumenta o tráfego aéreo e hai condicións meteorolóxicas propicias. afástanse dos centros urbanos. Todo o territorio
especialízase: zonas comerciais, áreas de ocio,
O coche devora a nosa saúde zonas residenciais, polígonos industriais, etc.
Con esta estrutura urbana todo fica lonxe e
O tráfego é o principal responsable da contaminación do aire das nosas cidades
fanse necesarios moitos desprazamentos para
è O automóbil é responsable do 83% de todas as emisións de CO2 procedentes satisfacermos as nosas necesidades cotiás.
do transporte (e xunto a elas, de contaminantes perigosos para a nosa saúde). Esta
A pescada morde a cola: as novas autovías
proporción aumenta nas zonas urbanas.
animan á xente a vivir en urbanizacións
è Os vehículos privados son responsables de case o 80% do total de emisións de afastadas dos centros das cidades, mais para
óxidos de nitróxeno debidas ao tráfego e do 60% das emisións de partículas. se desprazar cada vez empregan máis o coche,
As desastrosas políticas actuais de transporte e urbanismo fomentan cada vez máis o que provoca conxestións e a necesidade
o uso do coche, promoven a construción de máis e máis estradas e supoñen unha de novas estradas que á súa vez favorecen a
grande ocupación de espazo público, e graves dificultades para o transporte público. urbanización doutras zonas…

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
5

Causas (II): A industria


A outra grande causa da contaminación é o sector industrial

Moitos tipos de industrias causan problemas de contaminación atmosférica moi agudos.


Estes problemas son máis graves nas zonas onde se concentran varias factorías contaminantes.

Centrais térmicas A súa parte de responsabilidade


A metade da electricidade en España
Dependendo do tipo de industria e da tecnoloxía
prodúcese en centrais térmicas que
utilizada, emítense grandes cantidades de algúns
utilizan combustibles fósiles (carbón,
contaminantes atmosféricos:
derivados do petróleo e gas).
è Dióxido de xofre (SO2): o 90% das emisións
As zonas próximas (até 30 km)
deste gas proveñen de instalacións industriais de
a estas instalacións rexistran
diferente natureza, sobre todo as de produción de
frecuentemente concentracións
enerxía e plantas de combustión.
de contaminantes superiores aos
límites fixados pola lexislación. Os è Óxidos de nitróxeno (NOx): o 40% son
maiores problemas prodúcense por emitidos pola industria. Nos últimos anos (2000,
partículas en suspensión (PM10) e, en 2002, 2004, 2005…) as grandes instalacións de
menor medida, por dióxido de xofre (SO2), debido ao xofre que conteñen os combustión industriais superaron, en conxunto,
combustibles utilizados. o teito estatal de emisión destes contaminantes
marcado pola lei.
As peores de Europa
Temos a dubidosa honra de ter no noso territorio a instalación de
combustión máis contaminante de toda Europa: a central térmica
de carbón das Pontes (A Coruña). A terceira é a central de Andorra
(Teruel). Segundo as últimas estimacións, a central das Pontes
provoca 1.800 mortes prematuras anuais e a central térmica de
carbón de Teruel unhas 890.
Na táboa pódense observar as instalacións españolas que máis
contaminan, o seu lugar na lista europea e os danos que causan,
tanto económicos como humanos.

As 10 instalacións españolas máis contaminantes Concentración industrial


Orde Planta Provincia Sector Danos Anos de vida Mortes/ Grazas á percepción social de que a contaminación
(1) (M€/a) (2) perdidos (3) ano
1 AsPontes A Coruña Eléctrico 1.400 19.000 1.800
do aire é moi prexudicial para a saúde das persoas,
3 Andorra Teruel Eléctrico 700 9.600 890 as industrias foron afastándose
20 Compostilla León Eléctrico 350 4.700 440 dos núcleos de poboación.
24 Meirama A Coruña Eléctrico 330 4.400 420
26 La Robla León Eléctrico 300 4.100 380
Porén, existen puntos da nosa xeografía onde a
54 Puertollano Refinería Ciudad Real Coque/Outros comb. 190 2.600 240 concentración de industrias crea graves problemas
76 Alberto Lleida Química Inorgánica 160 2.100 200 de contaminación do aire. No Campo de Gibraltar
92 Aboño Asturias Eléctrico 130 1.800 170 (Cádiz), Avilés (Asturias), Puertollano (Ciudad Real),
93 Carboneras Almería Eléctrico 130 1.800 170
95 Anllares León Eléctrico 130 1.800 160 Bailén (Jaén), Huelva, Pontevedra e en varios lugares
(1) Segundo o ranking europeo europeo de empresas máis contaminantes, (2) Millóns de
máis, as instalacións industriais supoñen un grave
euros por ano, (3) Anos de vida perdidos por ano. Fonte: Acid Rain problema para a saúde pública.
Por exemplo, as provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz
Como reducir a contaminación da industria? teñen a terceira parte dos municipios con máis
alto risco de mortalidade de todo o Estado español
Formas de reducir a contaminación causada polas centrais térmicas: cando só posúen o 8% da poboación.
è Aforrar electricidade. Áreas co risco de mortalidade máis elevado
è Substituír este tipo de centrais que funcionan con combustibles
fósiles por fontes de enerxías limpas e renovables.
Para reducir a contaminación causada polas demais industrias:
è Producir mediante tecnoloxías limpas.
è Evitar a concentración de industrias contaminantes, máis aínda
perto de poboacións. Homes Mulleres

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
6

Que di a lei?
As Administracións autonómicas e locais deben aplicar planos de redución da contaminación

A lexislación sobre calidade do aire vixente en España xorde da transposición da normativa europea.
Porén, até agora esta lexislación está sendo incapaz de garantir a protección da saúde da cidadanía.

Directiva Europea sobre calidade do aire


A Unión Europea vén elaborando desde mediados dos anos 90
diversas normas para mellorar a calidade do aire:
è A Directiva nai, a 1996/62/CE, estabelecía os
contaminantes a medir, os sistemas para realizar as medidas e
a obriga de designar autoridades responsables de aseguraren a
calidade do aire e a información ao público.
è Posteriormente redactáronse varias directivas fillas que
fixaban límites a diversos contaminantes.
è En maio de 2008 entrou en vigor unha nova directiva,
a 2008/50/CE, que reúne as normas de todas as anteriores e
as actualiza conforme á experiencia adquirida nos últimos
anos. Os Estados membros deben transpor esta directiva á súa
lexislación nun prazo máximo de 2 anos.

Lexislación española sobre calidade do aire


O ano 2000 entrou en vigor en España a lexislación europea
sobre calidade do aire.
Ningunha das Directivas foi transposta á lexislación española
no prazo convido, e mesmo houbo unha sentenza contra o
Goberno español por se negar a precisar cais eran as autoridades
encargadas de vixilaren a calidade do aire.
Finalmente, foron designadas as Comunidades Autónomas como
responsables da calidade do aire nos seus respectivos territorios.
As Directivas europeas incorporáronse á normativa española, con
dous anos de atraso, co Real Decreto 1073/2002.

Contido da lexislación española Incumprimentos


Adoptouse un período transitorio de 10 anos è As superacións dos límites de contaminación
para adecuar os altos valores de contaminantes fixados pola lei son moi frecuentes.
admitidos en España aos valores da normativa è A forma en que se presenta a información dos
europea, moito máis estritos. Os límites de datos de contaminación e as súas superacións non
contaminantes en España han coincidir cos é axeitada, xa que non é facilmente accesible nin
europeos en 2010. entendible pola xente.
è Cando se atinxan os umbrais de alerta è Non hai planos de acción para loitar contra a
–valor a partir do cal unha exposición de breve contaminación ou non se poñen en práctica.
duración supón un risco para a saúde–, as
Evidentemente, a existencia dunha lexislación
Administracións deben adoptar medidas
sobre calidade do aire, sobre todo se non se
de urxencia (non especificadas) e
obriga a cumprila, non é suficiente garantía
informar á poboación.
para que poidamos respirar un aire puro.
è Ao superar os valores límite Como unha forma de mellorar o control
–valores medios durante un
sobre a contaminación do aire nace
determinado tempo–, a
a Lei de calidade do aire e protección
Administración debe pór en
da atmosfera (en vigor desde finais de
funcionamento planos de
2007), da que haberá que seguir os
actuación, previamente
seus resultados para comprobarmos se
elaborados, para reducir
chegan ao esperado.
a contaminación.

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
7

Información ao público
Necesitamos información para podermos actuar en consecuencia

A participación cidadá é un elemento esencial de todo Estado social democrático e de dereito.


A cidadanía ten o dereito a ser informada convenientemente dos temas relacionados
co medio ambiente e a súa saúde.

Como é a información? Dereito á información e á participación


As Comunidades Autónomas son as Administracións designadas è A Declaración do Rio (1992) marcou un fito neste tema: “O mellor modo
para xestionar a calidade do aire dentro do seu territorio. de tratar as cuestións ambientais é coa participación de todos os cidadáns
Tamén están obrigadas pola lexislación a ofreceren os datos sobre interesados. Toda persoa deberá ter acceso adecuado á información sobre
a contaminación. o medio ambiente, así como a oportunidade de participar nos procesos
Na actualidade a información que ofrecen as Comunidades de adopción de decisións. Deberá proporcionarse acceso efectivo aos
procedementos xudiciais e administrativos”.
Autónomas é, en moitas ocasións, incompleta, confusa,
heteroxénea e irregular. Así, a miúdo o cidadán recibe unha è A Lei de Aarhus (2006) é a transposición do Convenio do mesmo nome
(1998) á lexislación española. Supón unha notable mellora no dereito de
información sobre o estado do aire que respira que non se
obtermos información sobre medio ambiente, así como nas posibilidades
corresponde coa realidade, ou é moi difícil de interpretar. de participación en procedementos relacionados co medio ambiente
(avaliación ambiental, etc.), tanto para os cidadáns e as cidadás
como para os grupos ecoloxistas e outras ONG.

Cómo presentar os datos de contaminación


A información sobre a contaminación do aire debe permitir que os
cidadáns e as cidadás teñan unha imaxe clara e rápida do estado Ónde presentar os datos de contaminación
do aire que respiran. Dependendo de se o aire se encontra en A cidadanía debe poder acceder aos datos da contaminación
boas condicións ou non, poderemos actuar en consecuencia. Por do aire sen moito esforzo.
exemplo, un día de moita contaminación pode ser más saúdable Os modos máis útiles para iso son:
ficar en casa que facer exercicio ao aire libre.
è Páxinas web de Comunidades Autónomas e Concellos.
As Comunidades Autónomas deben presentar os datos da
contaminación do aire de forma clara, conforme á lexislación (Lei
è Medios de comunicación públicos: radios e televisións.
34/2007) e comparados cos límites que ésta estabelece, algo que è Medios de comunicación privados: prensa, radio e televisión.
poucas veces ocorre. è Paneis informativos en lugares con grande afluencia de
Asemade, e para facilitar o coñecemento e a comparación dos persoas (parques, prazas, polideportivos, etc.).
datos de todo o territorio, os datos deberían ser presentados è Mensaxes directas a persoas afectadas por doenzas
segundo un modelo único para todas as Comunidades Autónomas. respiratorias, maiores e todas aquelas interesadas.

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
8

Planos contra a contaminación


As Comunidades Autónomas a penas poñen en marcha medidas contra a contaminación

A lei obriga ás Comunidades Autónomas a adoptaren as medidas necesarias, a curto e longo prazo,
para garantiren que a contaminación do aire non supera os límites legais nin os umbrais de alerta.
Mais, até agora, estes planos ou non existen ou son pouco eficaces.

Mantemento e mellora da calidade do aire


As Administracións competentes (as Comunidades Autónomas e algúns Concellos) son as responsables
de aplicaren as medidas necesarias para manter unha calidade do aire adecuada. Asimesmo, deben
elaborar Planos de Acción preventivos, con medidas a curto prazo, cando exista risco de superar os
límites legais de contaminación.
Nos Planos de Acción pódense incluír medidas de control ou supresión de certas actividades que
empeoren significativamente a calidade do aire. Entre estas actividades está o tráfego, o principal
causante da contaminación do aire nas cidades.

Cómo se coñecen os níveis de contaminación


A avaliación da calidade del aire débese realizar mediante medicións directas en lugares fixos e para os
contaminantes sinalados pola lei. Estas medicións lévanse a cabo mediante estacións de medición
da contaminación.
A cantidade de estacións de medición e os lugares onde deben ser colocadas tamén están regulados pola
lei, e dependen sobre todo da distribución da poboación.
Asimesmo, existe unha garantía de calidade dos datos de contaminación. Deben medirse máis do 90%
dos datos de todo o ano para asegurar un bo coñecemento do estado do aire.

Qué facer se se superan os valores límite


Cando se superen os valores límite –valores medios durante un determinado tempo– de un ou máis
contaminantes as Administracións competentes deben adoptar planos de actuación para restabelecer
os níveis por debaixo dos límites.
Nestes planos deben incluírse 10 apartados, entre os que se encontran: información xeral do lugar,
autoridades responsables, natureza e avaliación da contaminación, orixe da mesma, análise da
situación, detalles das medidas anteriores a dito plano, información sobre as medidas actuais e sobre as
medidas a longo prazo, e unha lista con publicacións que completen o plano.

Qué facer se se superan os umbrais de alerta


Cuando se superen ou se prevea que se van superar os umbrais de alerta –valor a partir do cal unha
exposición breve supón un risco para a saúde–, as Administracións competentes adoptarán as medidas
de urxencia necesarias e informarán á poboación dos níveis atinxidos ou previstos
e das medidas que se van adoptar.
Ademais, os Concellos afectados deberán informar á súa Comunidade Autónoma destes episodios
especialmente graves de contaminación no seu territorio.

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
9

Alternativas (I): Restricións ao coche


Hai que reducir o uso do principal contaminador do aire: o automóbil

Temos que optar entre seguir usando en exceso o coche ou respirar aire puro. Ao ser o automóbil
o principal causante da contaminación do aire das nosas cidades, todas as solucións a este grave
problema de saúde pública pasan por restrinxirmos de xeito decidido o seu uso.

Menos coches
Son necesarias medidas que disuadan do uso do automóbil.
A menos coches en circulación, menor emisión de contaminantes.
è Débese controlar e informar das emisións dos automóbiles e do risco
ao que se ven expostos os ocupantes dos vehículos.
è É imprescindible limitar o tráfego motorizado en momentos de risco
de superación dos níveis de contaminación admisibles.
è Limitar a construción de estacionamentos nos centros urbanos, e esixir o cumprimento
estrito da normativa de circulación especialmente no referido ao estacionamento.
Outras medidas son:
è Restrinxir o acceso dos coches ao centro das cidades.
è Esixir aos fabricantes de automóbiles a aplicación da mellor tecnoloxía
dispoñible para reducir ao máximo a emisión de contaminantes.
è A adecuación de vehículos e viais aos límites de velocidade legais, etc.

Menos infraestruturas
A construción de novas autovías e autoestradas fomenta o uso do coche. Xa que logo, cómpren
medidas que deteñan o modelo urbanístico disperso e de construción de autovías.
Nesta situación de crecemento do uso do coche hai que:
è Reducir as necesidades de mobilidade das persoas, creando cidades máis compactas.
è Inverter a tendencia actual de dispersión da vivenda unifamiliar, que provoca unha utilización
intensa do coche.
è Moratoria para as autovías e as novas urbanizacións afastadas dos cascos urbanos.

A velocidade non perdoa Mellores coches


non aseguran mellor aire
A velocidade dos coches aumenta a emisión de contaminantes
ao aire. Baixar de 120 km/h a 90 km/h supón reducir un 25% o É certo que ten habido melloras tecnolóxicas
consumo de gasolina e, por tanto, tamén a emisión de importantes nos combustibles e na eficiencia dos
Emisións de:
contaminantes. Para evitarmos esta situación é necesario
5
CO motores, mais a maior parte destas melloras víronse
NOx
estabelecer límites de velocidade inferiores aos actuais: 4 COV anuladas polo tremendo incremento do uso do
Incremento relativo

Consumo
gasolina automóbil: entre 1990 e 2003 o crecemento do
è 100 km/h nas grandes vías de comunicación 3
transporte por estrada en España foi dun 91%.
(autovías, autoestradas, etc.). 2
Outra mudanza explica tamén a situación actual:
è 80 km/h nas vías de acceso das cidades. 1
cada vez véndense máis vehículos diesel que de
è 30 km/h nas áreas residenciais. 0
Velocidade (km/h)
gasolina. E os diesel son os principais emisores de
60 100 130 150
è Facer cumprir o límite obrigatorio nas cidades de 50 km/h. partículas e óxidos de nitróxeno.

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO
10

Alternativas (II): Mobilidade sustentable


Debemos promover unha mobilidade que non prexudique a nosa saúde

Un modelo de transporte alternativo ao actual ten que seguir criterios de sustentabilidade.


A mobilidade sustentable debe favorecer o desprazamento de peóns e bicicletas,
así como fomentar o transporte público.

Os centros, para a xente


O tráfego no centro das cidades é moi ineficiente, os atascos son
constantes e os problemas de contaminación moi graves. Alén diso,
moitos deses desprazamentos nas cidades non son necesarios.
Por exemplo, a metade das viaxes en coche dentro das cidades son para
percorrer menos de 3 km, unha distancia que facilmente se podería cubrir
camiñando ou en bicicleta.
Está demostrado que a limitación do acceso dos coches ao centro das
cidades supón un aumento da calidade de vida dos cidadáns, entre
outros motivos, pola diminución da contaminación do aire. Éste é o caso
dalgunhas cidades europeas como Londres, Praga ou Milán, onde se
restrinxiu a entrada ao centro da cidade, e de Berlín ou Copenhague, entre
moitos exemplos posibles, onde peonalizaron zonas importantes.

Máis peóns e máis bicis


Os modos máis naturais e sustentables de se mover dentro das cidades
son camiñar e andar en bicicleta. Non se nos pode esquecer que todos
somos peóns aínda que en ocasións utilicemos outros medios
de transporte.
Para promover a marcha a pé ou en bicicleta débense:
è Aumentar as áreas peonais e facilitar a marcha a pé nas cidades,
podendo acceder a máis lugares sen ter que sortear obstáculos.
è Crear e protexer espazos para a circulación e estacionamento de bicicletas.
è Admitir as bicicletas en todos os transportes públicos.

Mellor transporte público


Cando as distancias ás que temos que nos desprazar aumentan e
tórnase difícil cubrilas a pé ou en bicicleta, os medios de transporte máis
eficientes e respectuosos co medio ambiente e a saúde das persoas son os
transportes colectivos públicos. É evidente que unha vez que se restrinxe
o emprego do coche privado, as persoas deben ter
unha opción alternativa.
Algunhas maneiras de apoiar o transporte público serían:
è Estimular o uso dos transportes públicos, sobre todo
os menos contaminantes e máis eficientes enerxeticamente.
è Mellorar as redes de transporte público para que se poida
acceder a un importante número de lugares.
è Aumentar a calidade dos servizos e as frecuencias de paso.
è Reverter o financiamento que agora se destina ao transporte
por estrada para mellorar o transporte público.
è Introducir novos medios de transporte público colectivo pouco utilizados
no noso país, como o tranvía.

Todo iso debe ir acompañado de campañas de información


sobre as vantaxes do transporte público
e sobre os riscos e custos dun uso excesivo do coche.

Subvencionado

Contaminación do aire e saúde


por: MINISTERIO
GOBIERNO DE MEDIO AMBIENTE
DE ESPAÑA Y MEDIO RURAL
Y MARINO

You might also like