You are on page 1of 2

CAMPO A TRAVÉS – CAMPIONATO PROVINCIAL

08-02-2009 – PARQUE EUGENIO GRANEL (PAXONAL)


SANTIAGO DE COMPOSTELA

ORGANIZAN: Dirección Xeral para o Deporte e Delegación en


Santiago da Federación Galega de Atletismo.
COLABORAN: Concello de Santiago de Compostela e Coca-
Cola.

PARTICIPANTES
Equipos e atletas clasificados nas Fases Zonais.

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS


Cada equipo estará formado por 6 corredoras/es, dos que puntuarán as/os 4 mellor
clasificadas/os nas categorías benxamín e alevín e as/os 3 mellor clasificadas/os nas
categorías infantil e cadete.

Categorías: Benxamín fem., Benxamín masc., Alevín fem., Alevín masc., Infantil fem.,
Infantil masc., Cadete fem. e Cadete masc.

Os equipos das categorías alevín, infantil e cadete poderán completarse con até 2 atletas da
categoría inferior, sempre que estas/es pertenzan ao último ano da categoría, non podendo
participar na súa categoría e na superior na mesma xornada.

INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse utilizando as follas de inscrición que se acompañan con esta
normativa e deberán enviarse por correo electrónico (deportes.coruna@xunta.es) ou por fax
(981 132 527) antes das 14:00 horas do 6 de febreiro de 2009.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
- Individual: segundo a orde de entrada na meta.
- Por equipos: sumando os puntos obtidos polos/as tres ou catro corredores/as mellor
clasificados/as, segundo a categoría; resultará vencedor o equipo que menor número de
puntos obteña. Se se produce empate entre dous ou máis equipos, concederase mellor
clasificación a aquel no que o/a derradeiro/a corredor/a puntuado obtivese mellor posto.
Para o Campionato Galego clasificaranse os dous mellores equipos e os/as seis primeiros/as
atletas das categorías Alevín fem., Alevín masc., Infantil fem., Infantil masc., Cadete fem. e
Cadete masc.
PREMIOS
Entregarase medallas ás/aos 3 primeiras/os atletas da clasificación individual e trofeo e
medallas aos 3 primeiros equipos, de cada categoría.

HORARIO
10:15 – Retirada de dorsais
11:00 – Desenvolvemento das carreiras, de acordo co seguinte cadro

Distancia
Hora Categoría
aprox.
12:15 – Entrega de
11.00 Benxamín fem. 700 m premios das
11.10 Benxamín mas. 700 m categorías
11.20 Alevín fem. 1.300 m Benxamín e Alevín
11.35 Alevín mas. 1.800 m (fem. e masc.)
13:45 – Entrega de
11.50 Infantil fem. 1.800 m
premios das
12.10 Infantil mas. 2.300 m categorías Infantil e
12.30 Cadete fem. 3.000 m Cadete (fem. e
13.00 Cadete mas. 4.500 m masc.)

NORMATIVA DA COMPETICIÓN
1. Os atletas pertencentes a un mesmo equipo deberán portar camisetas da mesma cor, se ben
no caso de clubs adscritos á Federación Galega de Atletismo as cores deberán ser as oficiais
do mesmo. Por outra banda, todos os participantes colocarán o dorsal no peito.

2. Todas as reclamacións sobre o desenvolvemento das carreiras e as clasificacións da proba


deberán ser presentados ao xuíz árbitro da competición.

3. A orde de colocación na saída virá dada polo sorteo que realizará a organización unha vez
recibidas todas as inscricións.

4. A participación neste Campionato supón a total aceptación desta Normativa.

5. Todo o non previsto nesta Normativa resolverase de acordo coas Bases Xerais da
Competición deportiva en idade escolar e co Regulamento da IAAF.

NOTA: Haberá servizo de duchas e vestiario a disposición dos


participantes no
Polideportivo do Restollal, sito a carón do Parque onde terán lugar as

You might also like