You are on page 1of 33

Prendo cos beizos a agona este mal que soubeches imprimir cun golpe de man certeiro sbeme salgada

frrea a identidade encadeada de morderme sempre para silenciar toda vontade criches saber de min todo construches para min unha cela ta medida e saches dela deixndome dentro para ofrecerme o teu minsculo mundo mais agora MAISCULA

teo voz propia comn a todas e a todos que miramos aln das propias fronteiras e sobre elas para recuperar a memoria que une que solda os lazos que nos han facer fortes contra as mans tas que temn sempre

Alberto Momn

Teo dereito a ser muller A decidir o que non quero nin preciso, o que me abonda para ser libre. Teo dereito a non depender das palabras doutros nin da condena daqueles que falan de lonxe. Teo dereito a esquecer unha historia de obediencia, de silencio inconfesbel, de esperanzas traizoadas. Teo dereito a prescindir de epopeas, de frases feitas, de batallas perdidas. Quero erguerme sen levantar sospeitas, sen contar os pasos, sen escoitar o medo nos ollos dos que me abren as portas. Quero ter esperanza no pasado. Redimir o futuro con palabras transparentes. Sentir que desta beira da ignominia hai un oco para respirar. E que hai algun que escoita. Quero ter fe na palabra que obriga. Sei, con todo, que non abonda con ser escoitada.

Mais quero que esa palabra que nunca has pronunciar tamn sexa ta. Que non a deas por perdida. Que ma entregues ao final como testemuo dun encontro que non reclama vinganza. Tan s un pouco de luz para esta noite na que algunhas dormen un soo de odio e afiado abrente.

Baldo Ramos

Qurote

Vela outra volta do rodicio. Xa chegou. Outra noite mis de convidada no banquete do inferno. Un banquete de aldraxes e desprezos. E, coma sempre, o alcohol -ese veleno que amansa as feras, ou volve heroes aos pailns manancial de tolemia. Xa renxe tatexa a chave na pechadura. rguete, fuxe. Colle os nenos nun brazado. e trao polas escaleiras abaixo na fuxida. E non mires atrs. Fuxe.

Trmenme as pernas. Os nenos dormen. Anxos do inferno. Deste inferno no que entrei

da man do noso Seor. Ai, o noso Seor, Seor! A cadencia deses pasos seina de memoria. Cllame o sangue nas veas. Empeza a desigual guerra. Outra vez as sas mans de seixo fronte s mias mans de boneca. De boneca que pose un reino de sombras agochadas e tristeza.

Os nenos durman mentres el me aldraxaba. Mentres me acusaba. Mentres me zoupaba. Mentres eu soportaba o fedor dos seus bafos de alcol e o noxo das sas baballas esvarando polas mias tetas. Mentres posua as mias carnes murchas de boneca de trapo

E chamoume puta, fillo de puta! E unhas forzas efmeras de femia fozada subronme polas pernas. E o meu peito volveuse cerna. E as mias mans -noutrora de bonecaconsumaron a desfeita.

Os nenos espertaron co seu berro de porco acoitelado. E todo o vio que traa escorreu das sas veas, agora a cachn, agora en fervenza intermitente, despenndose no chan de plaqueta.

Qurote, dicame sempre, mentres choraba covarde, despois de cada malleira. Too Nez

As palabras nas bocas femininas A boca feminina foi deseada para se pintar, sorrir e estar calada. Dica o pergameo: Se falase farao sempre en lingua distinguida igual que ha camiar con paso curto e o busto ben ergueito. Non debern os labios femininos envilecerse nunca coas palabras de pastores, labregos, marieiros, que dexoban a boca igual que a bosta, o esterco e o salitre e nunca sern aptas para labios que luzan dentes brancos. A boca feminina foi para se pintar, sorrir e estar calada. Dica o pergameo: Se vivise en terras de Galicia esa muller. podera expresarse en lingua allea que al medrou sen lixo nin suores, idioma que adornou os talonarios,

que exhortou en sermns baixo das cpulas e que nunca explicou aos desherdados que os ngulos dun tringulo suman sempre dous rectos. Por iso estas palabras tia venia e eran as pronunciadas pensando que en ningures se atoparan co lixo como as nosas.

Helena Villar Janeiro

Man ergueita sobre meixela dourada A unha muller maltratada Man ergueita sobre meixela dourada vai petando forte, forte, forte. Berros de catro letras mesturndose no ar lvido con berros de seis letras nunha macabra sinfona inacabada. E agora un novo regato delicadamente vermello e cristalino a baixar pola faciana cansa de tanto aldraxe sen sentido. Man ergueita sobre meixela dourada vai petando forte, forte, forte. Sons de seis letras mesturndose no ar corrompido con sons de sete letras nun falso allegro mesquio. E agora promesas incumpridas a baixar polo peito nu neste abafante da repetido de soos e desexos imposibles. A man segue ergueita. A meixela xa non dourada. O sculo XXI avanza:

poder, cartos, sexo e fama. E todo permanece igual. E non pasa nada. Que tristura!

Alberte Suras

s veces imaxnome libre Da educacin; de toda, da que se respira e que non s est na escola. Do que unha muller; esa que s unha, e sempre a mesma. Do que debe ser; muller-filla e nai, muller-obxecto e consumidora, muller-puta, muller-tola, muller-dbil, mulleresposa... (das que mancan porque nunca te acostumas... as das cancins, recordas? Coa chave no mar, ben fondo). s veces non fago caso de que non debo pensar, e penso. E imaxino. E imaxino que son libre e que o que son me pertence. E sinto (pra min) e son dona do meu corpo. E brinco e berro e amo e gozo e ocupo espazo e me coido e dou a luz e aborto e abrazo e bailo e piso a herba e me movo... e me deixo vivir e existo. E respiro. s veces librome e imaxino... Que podo ollar no espello e verme cos meus ollos,

fermosa, xove e vella, fraca e gorda, s, segura, baixa e alta, imperfecta, morena e loira, sorrinte, mirndome porque quero. Que podo falar coa mia voz e pensa-lo que penso, porque non quero ser conto. Nunca quixen. E imaxinando s veces, vexo a esa muller que son tantas mulleres sorrndome, collndome a man para escribir a nosa historia. E abaixo, pequenios e xuntos, os nomes de todas. Lee. MULLER-PERSOA

Maite Cambeiro Insua

Amores cativos Era dolor i era clera, era medo i aversin, era un amor sen medida, era un castigo de Dios! Que hai uns negros amores de ndole ponzoenta que privan os espritos, que turban as conciencias, que morden se acarian, que cando miran queiman, que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan. Mis val morrer de friaxe que quentarse sa fogueira.

Rosala de Castro

O pozo da ferida Hai un cheiro a morte, a carne encetada pola ira. S vexo un campo cavado a terra enxoita. Terra sobre delas, sobre das excludas, sobre das negadas sempre. Hoxe mesmo chora outra nai. Berra coma un animal ferido. Sobre da caixa de madeira pousa a sa mao. Sobre da mao a sa flor ensanguentada.

Medos Romero

Illa de liberdade Estou no seu barco, teo que abandonalo, se non o fago vivirei condenada para o resto da vida, se antes non me mata. Comprometinme a cegas. Como puiden estar tan tola para non decatarme a tempo? Dxenlle si, e encadeeime a el. Ao pouco da voda, as sas imposicins, o seu maldito caracter pesbanme coma un lastre. Parvadas, cousas sen importancia, contestoume a mia nai o da que lle mostrei a primeira mazadura. Algo faras para incomodalo, filla, aos maridos dbeselles obediencia... As mulleres somos parvas. Axia que chega un tipo que nos gusta, se nos propn matrimonio, al imos de cabeza. Non pensamos nin calculamos o que ven detrs dese contrato que s os beneficia a eles. Vendmonos baratas e por riba disfrazmonos... Traxe branco de cola, moita cola, veo, flores, banquete... Un capital invertido en nada. Se acaso, inda que non o saibamos para decorar o altar do noso sacrificio. Estes oito anos foron para min un pesadelo. Quero que me volva os meus das roubados, non ter que levar contas fronte ao espello das mazaduras, esas pequeneces conque a mia nai, que en paz descanse, bautizou o primeiro golpe. Odio a gaiola onde me ten presa. Son unha muller ou un paxario asustado? Pode que unha muller moi, moi asustada que desexa ter s, para fuxir polo aire, al onde as sas mans non podan alcanzarme. Estou no seu barco, se me tiro pola borda non

conseguirei poerme a salvo. A mia illa da liberdade est lonxe, est en min pero est lonxe, nadar contra corrente non doado. Fltame valor... Obxecto, son un obxecto. El di que o meu dono, que se pido o divorcio mtame. Odio os seus zapatos, eses zapatos de marca que dan sucias patadas. Seu olor, ese olor disfrazado de locins e perfumes caros. Hoxe non podo sar, nin ma... Se cadra nunca A onde podera ir cun brazo esnaquizado e a cara sinalada? Dirn, como dica a mia nai, que son culpable. Sen cartos propios e moi difcil sar do labirinto... Se morrese... Pero... Porqu eu, porqu non morre el? Si, podera morrer, de calquera cousa, ter un accidente, un infarto... Entn sera libre e xa non volvera a tocarme... Algunhas noites a sa virilidade manifstase brutal... Nada de amor, tan s urxencia de sexo, e sobre todo, un afn de dominio. s veces, para me compensar, reglame unha alfaia. Poda regalarme afecto, xa que non amor. Un da sen me poer a man enriba, sen me insultar. A estas alturas conformarame con recuperar a mia dignidade. Chegou a casa de madrugada; mentres atravesaba o corredor, pensando na desvalida muller, tivo unha ereccin. Antes de entrar na alcoba imaxinouna cos ollos asustados, frxil, plida, escudndose tras o parapeto dunha saba. Esa visin tolebao... -Mar, Mar, prenda!-murmurou achegndose ao leito.

A cama estaba baleira. -Estpida muller! Mar! O bao. A porta estaba fechada. Empurrouna violento e emprendeuna a patadas con ela. Mar, abre, prenda, abre!. Sei que estas a... Abre, puta, abre! Mar, non contestou.

Chelo Surez

Vou escribir un poema de amor. Dgolle. Sentado mesa. Un folio en branco. E ela. Tras de min. As sas mans polo meu pelo. Un bico lene no pescozo. Un poema de amor, reptolle ceibando un sorriso. Bicmonos. Psame os brazos polo peito. Achega a sa cara mia e si, un poema de amor, dime. Concntrome. Miro parede, ao folio, ao lapis. Mordo os beizos, as unllas, o lapis. Pecho os ollos. Ela segue tras de min. A sa man no meu pelo. Os seus peitos apreixndome. Non cansa. Sinto a sa lingua na mia orella esquerda, as sas unllas arrandome

o peito e un calafro molesto. Non podo concentrarme. Ela. Non me solta. Non me deixa escribir. E agora a orella dereita. Collo aire. Afstome. Que? Sorr. Vea, para xa, susurro. Deixame escribir. Un poema de amor, repite. Vale, mais btate a un lado. Como. Que te botes a un lado, xa. Que me deixes so. Que quero escribir. Que vaias dar unha volta. Que ests moi pesadia. E marchou.

Kiko Neves

s veces fltannos palabras e s veces sbrannos. s veces fltanos o tempo de dicilas e s veces psanos o tempo de calalas. s veces precisamos o que xa temos e s veces desbotamos o alleo como se fora noso. s veces mentimos inxustamente e s veces facemos da lei unha verdade fedorenta. s veces temos boca para selar un segredo e s veces fltannos odos para aceptar a evidencia. s veces un da ten 24 horas e s veces unha hora agocha 24 das. s veces dgoche que te quero coa boca soterrada e s veces a terra ignora os adverbios que nos afastan. s veces digo que si porque non son eu e s veces non son quen de negarcho. s veces a choiva esvara polos meus versos ata dar cos teus ollos, e s veces as bgoas encoradas na memoria asulagan as terras ermas do que che escribo. s veces chmote co meu nome e s veces contestas dende o silencio que me reclama. s veces es ti mesma e s veces non sei quen son se ti me faltas.

Baldo Ramos

You might also like