You are on page 1of 2

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pblico estase a mobilizar contra o anteproxecto de Lei Orgnica para a Mellora da Calidade Educativa,

para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, espaolizadora, privatizadora, clasista, antipedagxica, antidemocrtica, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais mis desfavorecidos da sociedade. Trtase dunha lei que pretende trasladar ao ensino pblico un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais, no canto de contribur a que todas e todos teamos acceso en igualdade de condicins a unha educacin pblica de calidade. un anteproxecto recentralizador e espaolizador, que lle facilita ao alumnado, se necesario, a matriculacin nun centro privado, pagado por todos e todas ns, para evitar a sa escolarizacin no noso idioma. Procura o mximo control dos contidos a travs do Goberno central, uniformiza mediante as revlidas, desterra a nosa lingua ao rango inferior na clasificacin que prev para as materias, situndoa por detrs da Relixin ou dunha segunda Lingua estranxeira, negndolle as o lugar que lle corresponde nas materias troncais, entre as que estn a Lingua espaola ou Ingls. Impn un modelo lingstico que elimina o ensino en galego e invade as cativas competencias que temos coa intencin de afastar totalmente o ensino da nosa realidade social, histrica, cultural e lingstica. Medidas como estas non s van repercutir negativamente no ensino pblico, senn que van fortalecer o ensino privado concertado que se ver favorecido coa creacin de centros de excelencia, mediante a seleccin do alumnado. Blndanse os concertos econmicos cos centros privados, mesmo con aqueles que segregan o alumnado por razn de xnero, malia existir sentenzas que ditaminan a sa ilegalidade. Unha vez mis, estamos ante unha lexislacin que reforza a confesionalidade e impide o ensino laico. O anteproxecto mantn o ensino da relixin no currculo escolar, contemplando unha materia alternativa en Primaria e na ESO, que computarn no expediente acadmico, convertndose as nun efecto chamada para que o alumnado se matricule en Relixin. No Bacharelato, a materia de Relixin ten a consideracin de materia especfica, isto , est situada entre as que o alumnado cursar un mximo de 3 e un mnimo de 2. A Relixin ten neste proxecto un rango superior nosa propia lingua, o galego. un anteproxecto profundamente antidemocrtico, que traslada o sistema de xestin empresarial ao ensino. Elimina o Consello Escolar como rgano de goberno. A direccin ser elixida pola administracin e ter plenos poderes para tomar unilateralmente decisins de transcendental importancia para os centros e para propor ou rexeitar o profesorado que sexa proposto pola administracin.

Liquida a igualdade de oportunidades ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas para que s unha minora acceda aos estudos postobrigatorios e universitarios. unha lei elitista, clasista e segregadora, xa que estabelece revlidas para poder acceder titulacin correspondente en 4 de ESO e en Bacharelato. Impn un sistema mis selectivo mediante itinerarios que condena, prematuramente, o alumnado

a optar a titulacins diferentes no ensino obrigatorio, condicionando temper o seu futuro acadmico e laboral.

de maneira

Pretende crear, mediante os programas de calidade e especializacin curricular, diferentes categoras de centros e atender, con mis recursos e medios, aqueles que mellor resultados acaden, previa seleccin do alumnado, no lugar de procurar que todos os centros conten cos recursos necesarios para que todos e todas, con independencia da sa procedencia social ou xeogrfica, reciban unha formacin de calidade. Este anteproxecto de lei desautoriza, desconfa e xerarquiza o profesorado. profundamente antipedagxico, xa que a consecucin da titulacin do alumnado vai depender do resultado azaroso dunha nica proba ao rematar o ensino obrigatorio e postobrigatorio. A isto hai que lle engadir a desvalorizacin da Formacin Profesional e o desvo do alumnado cara a unha FP Bsica, que nin sequera conduce mnima titulacin, baixo a escusa de favorecer a empregabilidade. unha anteproxecto que reflicte as posicins ideolxicas mis extremas e reaccionarias do PP. Un anteproxecto de lei ao servizo da patronal do ensino privado concertado e da mercantilizacin da educacin que confirma os actuais concertos educativos, legaliza os centros que segregan alumnado por razn de sexo, facilita a planificacin escolar en funcin do ensino concertado, reproduce un sistema xerrquico e empresarial para o funcionamento dos centros, impide o acceso das clases populares educacin e impn unha educacin baseada na competitividade, na exclusin social e na desigualdade, e non nun ensino equitativo, inclusivo e intregral, cuxo obxectivo principal debe ser a formacin de persoas crticas e responsbeis. Por todos estes motivos, porque significa un retroceso de dcadas e porque elimina a igualdade de oportunidades, volvendo a unha sociedade na que o valor das persoas est en funcin do que posen e na que o futuro depende de onde e en que familia se nace, a Plataforma Galega para a Defensa do Ensino Pblico esixe a retirada deste anteproxecto, unha verdadeira negociacin na que o goberno atenda as demandas de todos os sectores implicados e, ante todo, un ensino pblico galego, laico e democrtico.

Galiza 31 xaneiro 2013

You might also like