You are on page 1of 2

XLVII TROFEO “JOAQUÍN ROMERO” de Campo a Través

REGULAMENTO

O vindeiro sábado, día 14 de marzo de 2009, a partires das 11'00 horas en Doniños,
celebrarase o XLVII TROFEO “JOAQUÍN ROMERO” de Campo a Través, co patrocinio do
Patronato Municipal de Deportes do Concello de Ferrol e o control do Comité Territorial de
Xuíces da Federación Galega de Atletismo e rexerase polas normativas da F.G.A. e R.F.E.A.

CATEGORÍAS

Veterano masculina 1968


Veterana feminina 1972
Senior masculino 1969-1986
Senior feminino 1973-1986
Promesa masculina e feminina 1987, 1988 e 1989.
Júnior “ “ 1990 e 1991.
Xuvenil “ “ 1992.
Cadete “ “ 1993 e 1994.
Infantil “ “ 1995 e 1996.
Alevín “ “ 1997 e 1998.
Benxamín “ “ 1999 e 2000.

Establecerase unha clasificación individual en tódalas categorías. Outorgaránselles


medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría e sexo.

A entrega de premios terá lugar ao longo da competición segundo a organización vaia


dispoñendo dos resultados.

Nas inscricións farase contar nome, apelidos e ano de nacemento, así como tamén o
club o que pertence.

Enviaranse ao fax da Delegación de Atletismo de Ferrol (teléfono-fax:


981370600,Email:mailto:fgaferrol@gmail.com é na páxina Web:fgaferrol.blogspot.com) ou,
tamén, ao Patronato Municipal de Deportes (teléfono: 981 94 42 00, fax: 981 94 42 08), antes
das 20:00 horas do mércores 12 de marzo.
Os dorsais retiraranse ata 30 minutos antes de cada proba, recordando que a
organización non proporcionará os imperdibles.
Os atletas da competición escolar da zona de Ferrol competirán co mesmo dorsal.

Horario:

You might also like