You are on page 1of 3

Teis é un dos máis grandes barrios de Vigo en extensión como en población

con máis de 30.000 habitantes. O nome ven dos tempos dos romanos É unha
parroquia costeira,que abrangue 5,80 quilómetros cadrados localizados na aba
do monte da Madroa.:Theis. Actualmente exténdese dende o comezo da rúa
Sanjurjo Badía polo sur e o final da Travesía de Vigo polo norte e limita con
Chapela do municipio de Redondela.

Por mor da industrialización do século XIX, a zona está completamente


integrada xa no centro urbano, mantendo tan só as zonas verdes da Madroa, o
alto da Guía e, onde se pode visitar a capilla de Nosa Señora das Neves e que
ofrece unha das mellares vistas a ciudade de Vigo e o parque da Riouxa. En
Teis localizáronse achados do Neolítico e restos da cultura castrexa.

Non podemos esquecer por mor das construcións que fan difícil de apreciar a
beleza da súa construción o Mosteiro da Visitación das Salesas Reales

O mosteiro da Visitación das Salesas Reais foi proxectado en 1942 polo


arquitecto Antonio Palacios e está situado no barrio da Calzada de Teis,
próximo á rúa Sanjurjo Badía.

O edificio é de estilo rexionalista cun certo aire medieval no que se empregan


os sistemas construtivos tradicionais galegos. Antonio Palacios reflicte neste
edificio a súa experiencia construtiva xa que é autor tamén doutras edificacións
emblemáticas como o templo Votivo do Mar na localidade próxima de Panxón
ou da actual sede do Concello do Porriño, aínda que neste caso o edificio
presenta unha maior monumentalidade.

As primeiras referencias á parroquia remóntanse ó ano 1145. No século XVI


sufre as invasións dos barcos do corsario inglés Drake, ó tempo que comezan
a implantarse en Teis explotacións pesqueiras, que posteriormente crecerán o
se incorporar os industriais cataláns de salazón. No XIX o areal de Guixar
alberga fábricas conserveiras e asteleiros. Teis foi sempre un barrio de
marcado carácter obreiro debido ol establecemento nel de diversos astileiros,
destacando entre ellos "Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía", que se
atopa na rúa nomeado coma o séu fundador D. Enrique Lorenzo Docampo.
Dentro deste barrio se asienta gran parte do porto comercial de Vigo. O sector
naval de Vigo é un dos máis importantes da comarca. Os astileiros da ría son
líderes na construción naval privada por facturación e tonelaxe.

No barrio funcionan diversas asociacións de veciños e o Plan Comunitario. O


Plan Comunitario foi creado no 1994, coordinando distintos colectivos coa
finalidade de rendibilizar os servicios da parroquia e organizar actividades en
común.

O clima na Ría de Vigo é especialmente suave permitindo aproveitar a


distintas plaias que podemos atopar no mesmo barrio e no parque da Riouxa.

Plaias da Cacharela, Mende e Ríos


Plaias da Punta da Guía, Lagoa e Manquita.

As festas principias celébranse na primeira semana de Agosto: Nosa Señora


das Neves (5 de agosto) e San Salvador de Teis (6 de agosto).

O centro neurálxico está nol Mercado de Abastos, recentemente renovado


como tamén a súa vía principal a rúa Sanjurjo Badía, que atraviesa o barrio de
lado a lado que comunica tanto con Vigo como con Chapela como coa
renovación da subida a Guía dende a nova rotonda de Sanjurjo Badía., El
barrio de Teis foi escenario de conflictos laborais a principios dos anos ochenta
relacionados co sector naval así como tamén máis tarde protestas por mor da
instalación dunha planta empacadora de lixo.

O barrio conta con varios centros de ensinanza tanto pública como privada,
piscina pública, centro de saude o pabellón polideportivo entre outros servicios.

Existen tamén moitas agrupación musicais que se formaron aquí, como por
exemplo, o grupo de pataca'n'roll Os Vacalouras A´roda,kannon e mais mc`s da
cultura hip hop como:didi-f, dikeity, zentinela, dr.valda, sheila esencia,toro mc,
movements, rhasty, e moitos máis.

You might also like