You are on page 1of 36

DEZASEIS

HORAS
Jose L. Prieto
No centro do escenario hai un despertador sobre un pedestal. Chegada a

hora prevista, comenza a soar estruendosamente. Transcurrido un tempo

entra Gina en pixama. Mira o espertador, que segue a soar. Diríxese ó

público.

Gina-Vai empezar un novo día. (Sen moito afán) ¡Ahí vamos!

Gina pon unhas gafas de soldar e volve a mirar. E entón cando entra Tina,

tamén en pixama. Gina entrégalle outras gafas. Logo sacan cada unha un

martelo e comezan a aporrear o espertador sin piedade ainda que

friamente ata reducilo por completo. Feito o traballo, quitan as gafas e

gardan os martelos. Recollen os anacos con minuciosidade, e os gardan

nunha bolsa que pechan. Ó facelo, comenza a soar un metrónomo. Gina e

Tina se dirixen ó público.

Gina-O tempo é inmortal, inodoro e insípido.

Tina- Podemos romper os reloxos antichoque, os reloxos de cuco, os

reloxos de parede, os sumerxibles, os cronómetros, os analóxicos, os

dixitais e os de area.

Gina-Podemos rachar os calendarios de bolsillo do bar de Manolo,

podemos rachar os calendarios de productos típicos da Xunta, podemos

rachar os calendarios de gatos, pero non podemos rachar o tempo.


Tina- O tempo é inrachable, imparable e indestructible.

Gina-Queiramos ou non queramos, o tempo sempre avanza, avanza e

avanza.

Tina- O tempo nos leva con él. Envólvenos, empúrranos e empápanos.

Gina-Podemos prescindir dos zapatos, perder o autobús ou trocar de mozo,

pero o tempo sempre está.

Tina- Vivimos con él, durmimos con él e comemos con él.

Gina-Podemos constatar que o tempo non ronca nin mastica coa boca

aberta.

Tina- Podemos constatar que o tempo non eructa nin emite ventosidades.

Gina-Podemos constatar que o tempo pasa.

Tina- Podemos constatar a velocidade coa que pasa o tempo.

Gina-Un segundo é un segundo.

Tina- Unha hora é unha hora.

Gina-Un ano é un ano.

Tina- Un mes e medio é un mes e medio

Gina-Acotamos o tempo para non perdernos dentro de él.

Tina- Precisamos orientarnos, por iso partimos o tempo en anacos e lles

poñemos nomes e números.

Gina-Chamámoslles cinco e cuarto, lunes, bisiesto, marzo ou pleistoceno.

Tina- Así sabemos exactamente o intre no que nos atopamos, e iso nos da

unha certa sensación de control.


Gina-Sabemos que non e o mesmo as catro e cinco que as doce menos

vinte.

Tina- Sabemos que non é o mesmo un sábado pola noite que un luns pola

mañá.

Gina-Sabemos que non é o mesmo Febreiro que Agosto

Tina- Sabemos que non é o mesmo mil novecentos sesenta e oito que dous

mil un.

Gina-E por suposto, sabemos que non é o mesmo dous minutos que media

hora.

Tina- O tempo é relativo, pero non tanto.

Gina-Unha vez temos o tempo debidamente troceado, numerado e

nomeado, o paso seguinte é saber que facer con él.

Tina- Parece fácil, pero ahí está a cuestión.

Gina-Sabemos que a esperanza de vida na muller, occidental por suposto,

é de uns oitenta anos.

Tina- Novecentos sesenta meses.

Gina-Catro mil cento catorce semanas.

Tina- Vinteoito mil oitocentos días.

Gina-¿Cómo repartimos o tempo? ¿Cómo o planificamos?

Tina- Contando que na infancia e na adolescencia xa o planifican os pais,

os mestres e demáis seres superiores, restamos vinte anos.


Gina-Contando que entre os vinte e os trinta, estamos ocupados en buscar

traballo, personalidade e príncipe azul, restamos dez anos

Tina- Contando que dos trinta ós sesenta estamos ocupados en planificar o

tempo dos nosos fillos, restamos trinta anos.

Gina-E contando que a partir dos sesenta xa o planifica o INSERSO,

restamos vinte anos.

Tina- Polo tanto non precisamos planificar o tempo, co que así, de súpeto,

quitámonos un peso de enriba.

Gina-Pero non todo é a planificación global. Queda o día a día.

Tina- O minuto a minuto

Gina-O presente

Tina- O despertador anuncia que chegou un novo día.

Gina-A luz tenue do alba traspasa o vidrio das fiestras

Tina- A realidade dos soños esvaécese dando paso á realidade da vixilia

Gina-O cerebro manda unha orde ós músculos para que se poñan en

funcionamento.

Tina- Os músculos non fan caso.

Gina-O cerebro inténtao unha e outra vez.

Tina- Os músculos empezan a tensarse e por fín, o noso corpo humano

érguese.

Gina-Unha vez en posición vertical, os obxetos van collendo forma e cor.

Tina- A confusión do momento vai tornándose pouco a pouco en claridade.


Gina-Xa sabemos onde estamos. É a nosa habitación.

Tina- É a nosa casa

Gina-É o noso corpo

Tina- Son eu

Gina-Son eu

Tina- E aquí estou

Gina-E ahí vou

As dúas- ¡Ahí vamos!

. Soa música. Átanse o pelo e ahí van, a bailar Aerobic como posesas.

Rematado o baile, quitan os pixamas e soltan o pelo. Escoitase son de

ducha. Dúchanse tarareando algunha canción, preferiblemente copla. Ó

remate falan.

Tina- Mens sana in corpore sano

Gina-Corpore limpio in the morning

Tina- "Al que madruga Dios le ayuda"

Gina-"No por mucho madrugar amanece más temprano"

Tina- "El hábito no hace al monje, pero..."

Gina-Así te ven, así te tratan.

Tina- Hai un momento do día no que temos que enfrentarnos a nós

mesmos.
Gina-O momento no que nos atopamos fronte a fronte coa nosa imaxe.

Tina- O momento de achegarse a ese invento diabólico

Gina-O momento de achegarse ó... espello.

Berran as dúas. Logo, solemnes, colocan un espello sobre o pedestal,

coidando de non mirarse nel. Colocado o espello, quedan unha a cada

lado. Acheganse lateralmente e tentan tímidamente verse reflexadas. Non

poden superalo e recúan. Respiran fondo e volven a tentalo. Novo fracaso.

Axeónllanse e suplican.

Gina-¡Oh, espello! Ti que marcas os nosos designios, ten piedade de min

Tina- ¡Oh, superficie que devolves a imaxe! Ti que nos condicionas, ten

compaixón.

Gina-¡Quéreme!

Tina- ¡Adórame!

Gina-¡Mímame!

Tina- ¡Ámame!

Gina-E perdoa as nosas deudas, como nós perdoamos ós nosos deudores.

Tina- E non nos deixes caer na tentación, e líbranos do mal

As dúas- ¡Amén!
Érguense e volven a tentar mirarse no espello. Esta vez o consiguen.

Míranse dende tódolos ángulos posibles e imposibles. Despóis de facelo,

volven a situarse fronte o público. Volven a berrar. Miran de esgüello ó

espello. Insúltano.

As dúas- ¡Cabrón!

Teñen o rostro serio, pero tentan animarse.

Gina-O importante é o que vai por dentro

Tina- O importante é quererse

Gina-O importante é aceptarse

Tina- Aceptar ese puto grano

Gina-Aceptar esa puta celulitis

Tina- Aceptar ese puto metro e medio

Gina-Aceptar. Aceptar e asumir.

As dúas- ¡Acepto, acepto, asumo, asumo, acepto, asumo, acepto, asumo,

asumo, acepto!

Gina-¡Xa está! ¡Asumido!

Tina- ¡Aceptado! ¡Quérome!

Gina-¡Adórome!

Tina- ¡Mímome!
Gina-¡Ámome!

Tina- E me perdono os defectos igual que perdoo ós demais defectuosos

Gina-E non me deixarei caer na tentación de ser Naomi Campbell

Tina- Agora, e ata a hora da nosa morte

As dúas- ¡Amén!

Encamíñanse decididas cara ó espello. Comenzan a arranxarse e a

vestirse mentras soa música. Unha vez "arranxadas" cantan.

Para triunfar en Holliwood.

Empezarás por definir

Unha imaxen personal

E un estilo de vivir.

Merca un frasco de Channel

Viste un traxe de Rabanne

Bebe un bo champán francés

Paseando nun Sedáne

Para triunfar en Holliwood

O importante e ter glamour

Mira pa Sara Montiel

Mira Pe nelope Cruz.

Merca un frasco de Channel


Viste un traxe de Rabanne

Bebe un bo champán francés

Paseando nun Sedáne

Para triunfar en Holliwood

Para ser superstar

Non te esquezas do make-up

Nin para merca-lo pan.

Merca un frasco de Channel

Viste un traxe de Rabanne

Bebe un bo champán francés

Paseando nun Sedáne

Rematan a canción cunha composición estética que pouco a pouco

rompen.

Gina-¡Para triunfar en Pontecesures non abonda con iso!

Tina- Precísase algo máis. Precísase...

As dúas- ¡Traballar!

Tina- O traballo dignifica

Gina-O traballo ennobrece

Tina- O traballo eleva e da lustre

Gina-O traballo ilumina e embelece


As dúas- ¡Ahí vamos!

Vanse correndo e volven con sendos xornais. Leen. Con cada anuncio,

rachan un cacho do periódico que cae no chan.

Tina- Comerciais ambos sexos

Gina-Comerciais un solo sexo

Tina- Comerciais sin sexo

Gina-Corredor de seguros

Tina- Corredor de inseguros

Gina-Corredor de maratón

Tina- Vendedores con experiencia

Gina-Vendedores con impacencia

Tina- Vendedores con indiferencia

Gina-Director financieiro

Tina- Guionista financieiro

Gina-Artista financieiro

Tina- Peóns

Gina-Torres

Tina- Alfiles

Gina-Cabalos

Tina- Damas de compañía


Gina-Señoritas para club

Tina- Señoritas para pub

Gina-Dependientes de comercio

Tina- Comerciodependientes

Gina-Siervos

Tina- Lacaios

Gina-Moros

Tina- Cristianos

Deixan de ler. Xa non teñen periódico.

Gina-Os currículums surcan o aire na percura de ollos que os miren de

xeito especial.

Tina- E os aspirantes agardan a chamada dos Deuses.

Collen un teléfono e o colocan ceremoniais enriba do pedestal. Agardan a

chamada mentras volve a escoitarse o son do metrónomo. Siguen a

agardar. Espera intensa. O teléfono non soa. Transcurrido un tempo falan.

Tina- Afortunadamente o teléfono xa no é só un instrumento de espera.

Gina- ¡Traballe dende a súa casa gañando duascentas mil á semana!

Tina- Ou cincuenta
Gina-Ou mil setecentas. Algo é algo.

Tina- ¿Qué hai que facer?

Gina-Agardar.

Soa o teléfono. Cólleo Gina.

Gina-O seu saldo é inferior a mil pesetas. (Colga)

Soa outra vez. Esta vez responde Tina.

Tina- O teléfono móvil ó que chama está apagado ou fora de cobertura.

(Colga)

Nova chamada. Responde Gina.

Gina-Chamou vostedo ó...

Tina- Seis

Gina-Catro

Tina- Nove

Gina-Cero

Tina- Cinco

Gina-Sete
Tina- Oito

Gina-Dous

Tina- Catro

Gina-Neste momento non podo atendelo. Deixe a súa mensaxe despóis do

sinal.

As dúas- ¡Piiiiiiiii!

Gina colga. Outra chamada.

Tina- (Sensual) ¡Olaaa!

Gina-(Facendo de Gino con voz tímida) Ola

Tina- ¿Cómo te chamas?

Gino-Arturo

Tina- Arturo. ¿E como estás, Arturo?

Gino-(Tímido) Duro

Tina- (Finxida) ¡Que simpático, Arturo! E dime, meu amor, ¿qué queres

que che faga?

Gino-A min... a min excítanme as... as froitas.

Tina- ¿As froitas?

Gino-Sí, sobre todo as de temporada.

Tina- Moi ben Arturo. Pois agora reláxate e imaxína... unha mazá...

Gino-¿Pode ser Golden?


Tina- Claro que sí, cariño. Unha preciosa mazá Golden.

Gino-¡Oh, sí!

Tina- E a carón da mazá, unha pera madura e moi moi tenra

Gino-¡Ooooh! ¡Sí, si, unha pera!

Tina- E tamén hai unha espléndidas e redondiñas... Mmm... cereixas

Gino-¡Aaaaah! ¡Sigue, sigue! ¿Qué máis hai?

Tina- Pois tamén hai... fresas...

Gino-mmm...

Tina- laranxas...

Gino-Siiii...

Tina- Plátanos...

Gino-Non, non. Plátanos non

Tina- ¿Ah, non?

Gino-Os plátanos me repiten

Tina- Perdoa... quería decir pexegos

Gino-¡Ai, que ben! ¡Pexegos!

Tina- Figos...

Gino-Sigue, sigue.

Tina- Uvas...

Gino-¡Aaaaaah! ¡Feliz ano!

Tina- Kiwis...

Gino-¡¡¡Aaaaaaai!!!
Tina- Garbanzos...

Pausa.

Gino-¡Legumes, señorita! ¡Legumes! ¡Os garbanzos son legumes! ¡E a min

non me excitan as legumes, señorita! ¿Pensa que son un depravado? ¡Que

falta de seriedade!

Tina- Perdoa, meu amor, Arturiño... Piña, limón, maracuiá...

Gino-¡Pi-pi-pi-pi! (Colgou)

Tina colga o teléfono. Chamada.

Gina-Benvido ó servicio de asistencia parapsicolóxica de telefónica. Aquí

atopará vostede ós mellores expertos en Tarot, videncias, espiritismo,

exorcismo, maxia negra e oposicións para correos. Pronuncie con voz alta e

clara o nome da sección que queira utilizar.

Tina- Videncias

Gina-Benvido ó servicio de Videncias de telefónica. Aquí poderá elexir

entre videncias futuras, videncias presentes, videncias pasadas ou

evidencias.

Tina- ¿Evidencias?
Gina-Benvido ó servicio de Evidencias de telefónica. Pronuncie o seu

nome con voz alta e clara.

Tina- Nooon...

Gina-Querida señorita nooon, resulta evidente que o seu nome está

exercendo un efecto negativo sobre a súa personalidade, polo que

evidentemente debe trocalo de xeito inmediato ou...

Tina- ¡Tarot!

Gina-Benvido ó servicio de Tarot de telefónica. Aquí poderá elexir entre

cartas de Tarot, cartas de cábala, cartas de navegación, brisca, sete e media

ou chinchón. Pronuncie o nome da opción...

Tina- ¡Espiritismo! ¡Espiritismo!

Gina-Benvido o servicio de espiritismo de telefónica. Hoxe poderá vostede

elexir entre falar con John Lennon, Cleopatra, Carrero Blanco ou

Chanquete. Pronuncie...

Tina- ¡Por favor! Póñame con Brúxula

Gina-¿Está segura?

Tina- Sí, estou segura.

Gina-Un momento, por favor... ¿Siiiiiii?

Tina- ¿Brúxula?

Gina-Claro que sí, imbécil.

Tina- Non sabes canto me alegro de conocerte.

Gina-Menos bola que non teño todo o día.


Tina- Eu quería saber algo de todo.

Gina-¿Algo de todo?

Tina- Menos de matemáticas, que xa teño o doutorado.

Gina-Algo de todo. Moi ben, nena, pon atención. O teu aura é de cor

bermella e gris marengo, a túa carta a sota de espadas e o teu número de

sorte o nove cero seis novecentos cen. Si chamas ó teu número de sorte

poderas saber un pouco de todo mercando a enciclopedia ilustrada de

telefónica que en doce tomos cheos de luz e de cor, abarca tódalas letras,

dende o "A", pasando polo "efe" o polo "pe" ata chegar ó "zeta" que,

curiosamente ocupa o último tomo.

Tina- ¿E para saber o futuro?

Gina-Para saber o futuro debe mandar unha mensaxe indicando a súa renta

bancaria e en breves instantes recibirá o diagnóstico, unha carta astral e un

listado das últimas ofertas en móviles, inmóviles e parcialmente móviles.

Tina- Pois... moitas gracias Brúxula, pola túa axuda

Gina-De nada... imbécil.

Tina- Pois hala, a mandar.

Gina-Pois hala, a obedecer.

Colga o teléfono. Pausa.

Gina-Desafortunadamente hai traballos que non enchen.


Tina- E outros que enchen tanto que non cabe nada máis

Gina-Porque a vida non é só traballo

Tina- Polo menos traballo remunerado

Gina-A vida ábrese ante nós como unha gran mosaico de formas e sons no

que participamos.

Tina- Ademáis das trinta e cinco horas semanais que dedicamos a cambiar

actividade por cartos...

Gina-Ademáis das sesenta horas semanais que dedicamos a cambiar

actividade por cartos...

Tina- Ademáis das catorce mil horas semanais que dedicamos a cambiar

actividade por cartos, dispoñemos de tempo de lecer.

Gina-O tempo no que podemos facer o que nos pete

Tina- É o tempo de interactuar co mundo e polo tanto cos seus habitantes,

as súas estructuras e as súas infraestructuras.

Gina-É o momento de saír ahí fora, encherse de espíritu positivo, relaxar

os biorritmos e.... vivir.

Tina- Ninguén sabe que terá hoxe o destiño gardado para nós.

Gina-Saiamos e comprobémolo

Tina- Ahí fora está o mundo. ¡Misturémonos con él!

Gina-Misturémonos.
Saen decididas. Casi instantáneamente regresan con certo xesto

contrariado.

Gina-Polo de pronto, chove.

Tina- Pero iso non é dabondo para renderse. Nunca choveu que non

escampara.

Gina-A mal tempo boa cara. A choiva é arte. Ahí vamos

Tina- Ahí vamos.

Música. Tina e Gina visten impermeables, collen paraugas o os abren.

Comenzan unha especie de baile-paseo. Logo falan describindo o que ven.

Tina- ¡Hai moita xente!

Gina-¡Algúns levan paraugas e outros non!

Tina- Os que non levan paraugas se mollan.

Gina-Os que o levan non.

Tina- ¡Que igrexa tan bonita!

Gina-¡Que bonito mirador!

Tina- ¡Que comercio de diseño!

Gina-¡Que precioso camisón!

Tina- Un matrimonio con fillos

Gina-Un solitario señor


Tina- Unha rapaza con libros

Gina-Un equipo de voleibol.

Tina- Mira, un mendigo sin pernas

Gina-Mira, un mercedes marrón

Tina- Mira, un yonqui en camiseta

Gina-Mira, o xefe de Hipercor

Tina- Alí hai un restaurante chino

Gina-Alá unha taberna folk

Tina- Á dereita multicines

Gina-E máis adiante un sex-shop

Tina- ¡Que bonito mundo!

Gina-What a wonderfull world!

Tina- ¡Que bonita vida!

Gina-It´s a wonderfull life!

Tina- Sintome orgullosa de estar viva

Gina-I feel good!

Tina- Mais ás veces síntome mal polos que sufren

Gina-No woman no cry

Tina- Pero logo recupérome e disfruto de novo con máis forza si cabe.

Gina-Gingle Bells, Gingle Bells.

Tina- ¡Hai moita xente!

Gina-We are the world


Tina- E ninguén leva xa paraugas

Gina-Será que saiu o sol

Asegúranse de que non chove e cerran os paraugas.

Tina- De súpeto fai calor e o calor como se sabe, quenta as cabezas e os

corpos.

Gina-Tamén de súpeto sae correndo da igrexa un párroco totalmente

espido. Só leva posta o alzapescozos e vai berrando coma un tolo.

Tina- ¡Ven cara a nós!

Gina-Saímos fuxindo do párroco e buscamos refuxio nun bar folk no

preciso momento no que están poñendo un disco de Amancio Prada.

Tina- Marchamos aterradas pola porta de atrás e saímos a unha rúa escura

na que están a trapichear o do mercedes marrón, o yonqui e o xefe do

Hipercor.

Gina-Nos ven, se sinten ameazados e comenzan a dispararnos con pistolas,

metralletas e granadas de man.

Tina- Escapamos a toda presa e tratamos de escondernos nos multicines

pero os mil trescentos integrantes da cola na que había matrimonios,

señores solitarios, rapazas con libros e equipos de voleibol, prometen

lincharnos públicamente si seguimos tentando colarnos.


Gina-No queda outro remedio, e facendo de tripas corazón metémonos nun

restaurante chino no que por mil oitocentas comemos bastante ben, aínda

que un pouco aceitoso.

Tina- Saímos do restaurante e alí estan os das granadas, o párroco en

pelotas e a xente da cola que estan de mala cara porque non lles gustou a

película. Tamén está Amancio Prada.

Gina-Roubamos un coche e a toda velocidade tratamos de por distancia

con eles. Comenzan a perseguirnos por toda a cidade.

Tina- A policía súmase á persecución, o mesmo que o exército, a garda

civil e algún que outro espontáneo.

Gina-Parece que os estamos deixando atrás cando sucede un imprevisto.

Tina- ¡Coidado! ¡Un lince ibérico!

Gina-O lince ibérico esta en perigo de extinción, polo que freamos en seco,

o coche perde o control e damos sete voltas de campá e tres tirabuzóns.

Tina- Resultamos ilesas pero agora nos teñen rodeadas e por un megáfono

ordean que nos rindamos.

Gina-Prometemos facelo a cambio da condonación da deuda externa de

Camboia. Por suposto non aceptan e capturanos pola forza. Xúzgannos alí

mesmo.

Tina- A sentencia di que temos que abandonar a cidade e nos acompañan a

coller o tren. Collemos o das oito e media e marchamos.


Gina-No tren cantamos "Adios ríos, adios fontes..." e prometemos volver

algún día... á nosa terra. (Son de tren alonxándose)

Pausa

Gina-E logo abrimos os ollos e descubrimos que efectivamente saiu o sol

pero o párroco vai vestido de párroco.

Tina- Decidimos que xa está ben de aventuras por hoxe e marchamos

interactuadas e satisfeitas á nosa casa.

Gina-¡Ahí volvemos!

Volven a casa. Pousan os paraugas e quitan os impermeables. Música

tranquila.

Gina-Hai veces que estamos aburridas.

Tina- Veces nas que unha especie de apatía nos envolve.

Gina-Cando esto sucede o mellor e poñer música, bailar ou ler un bo libro.

Tina- Pero ás veces o equipo de música está averiado, temos un esguince

de nocello e ningún libro interesante a man.

Gina-Entón e o momento de utilizar o derradeiro recurso.

Tina- Non é a solución ideal para o aburrimento, pero é mellor que unha

guerra bacteriolóxica.
Gina-É o momento de...

Sacan un boneco home e o colocan enriba do pedestal.

As dúas- ¡Él!

Tina- O home

Gina-O varón

Tina- O macho

Gina-O sexo masculino

Tina- Un estrano ser ó que lle medran pelos na cara, flotadores no

abdomen e apéndices no pubis.

Gina-Unha especie de criatura a medio camiño entre o mono e o ser

humano.

Tina- Soe ter pantalóns, voz grave e xeonllos fríos.

Gina-Ten dificultade para distinguir os instintos primarios dos secundarios,

e por suposto dos terciarios.

Tina- Pero sen dúbida a súa característica principal é que non son como

parecen.

Gina-Son como son.

Tina- Pero... ¿Cómo son?

Gina-Como os pimentos de Padrón.

Tina- ¿E para que sirven?


Gina-Teñen diversas utilidades. Poden usarse como amantes, como

amigos, como maridos, como noivos ou como electricistas.

Tina- Existen diversos tipos de homes.

Gina-E iso implica dificultades á hora de consultar a axenda.

Sacan cada unha unha axenda.

Tina- Pablo é blanco, suave e aterciopelado, pertence á familia dos

agarimosos, pero ás veces levita de dous a catro metros sobre o nivel do

chan. É como levar contigo un globo de helio co consiguiente peligo de ter

un descuido e aparecer na órbita lunar. Non se pode chamar porque perdeu

o móvil.

Gina-Calixto é guapo, rico e listo, pero pensa que a autocrítica é unha

revista de coches. Conduce mirándose no espello retrovisor e é incapaz de

pronunciar unha frase que non leve a palabra "eu" polo menos tres veces.

Imposible chamalo por razóns de viaxe.

Tina- Raúl é noble, honesto, razonable, maduro, responsable, xusto e

coherente. Non perde o control ante os problemas e sempre semella estable,

sereno e paciente. Ten noventa e cinco anos e a esta hora estará durmindo.

Gina-Raimundo fai escalada, piraguismo, tenis, paracaidismo e

halterofilia. Caza osos e traballa de garda xurado. Ten problemas para

repartir o sangue por todo o corpo. Estará vendo un video de Chuck Norris.
Tina- Ernesto ten un intelecto superior á media. Sabe de memoria as obras

completas de Unamuno e Pío Baroja Ideal como parella de Trivial, pouco

aconsellable para unha noite tola.

Gina-Roberto é un encanto. Atractivo, culto, alegre, simpático e optimista.

Sabe o que precisas no momento xusto e tamén sabe o que facer nunha

cama, na cociña ou enriba do armario. Só ten un problema:

As dúas- ¡Sempre comunica!

Tina- Pero todos teñen algo en común.

Gina-¡Todos miran!

Tina- Todos miran coa esperanza de sentirse amados, desexados e

venerados.

Gina-E todos miran agardando a chamada do amorrrrrr.

Música. Cantan.

Cando canto digo ¡Aaah!

Cando bailo digo ¡Uuuh!

Cando miran digo ¡Oooh!

E todos berran ¡Auuu!

Si me pinchan digo ¡Aiii!

Si me bican digo ¡Uauuu!

Si me tocan digo ¡Uiiii!


E todos berran ¡Auuu!

Tina- Pero non sempre chega a chamada do amor.

Gina-Porque non sempre temos o aparato de música estropeado, un

esguince de nocello e ningún bo libro a man.

Tina- Ademais non todo na vida é amor

Gina-Tamén está a saúde

As dúas- ¡Aaai!
Tina- Antibiótico
As dúas- ¡Antibiótico!
Gina- Analgésico
As dúas- ¡Analgésico!
Tina- Antihistamínico
As dúas- ¡Antihistamínico!
Gina- Antipirético
As dúas- ¡Antipirético!
Tina- Antigripal
As dúas- ¡Antigripal!
Gina- Antiespasmódico.
As dúas- ¡Antiespasmódico!
Tina- Anticristo
As dúas- ¡Anticristo!

Volven a sentir dor.

As dúas- ¡Aaai!
Gina- Acupuntura
As dúas- ¡Acupuntura!
Tina- Aromaterapia
As dúas- ¡Aromaterapia!
Gina- Hidroterapia
As dúas- ¡Hidroterapia!
Tina- Cannabinol
As dúas- ¡Cannabinol!

Nova dor.

As dúas- ¡Aaai!
Gina- Dietista
As dúas- ¡Dietista!
Tina- Masaxista
As dúas- ¡Masaxista!
Gina- Terapeuta
As dúas- ¡Terapeuta!
Tina- Curandeiro
As dúas- ¡Curandeiro!
Gina- Naturópata
As dúas- ¡Naturópata!
Tina- Homeópata
As dúas- ¡Homeópata!
Gina- Psicópata
As dúas- ¡Psicópata!

Corte de iugular.
As dúas- ¡Aaai!

Pausa.

Gina- Agora síntome un pouco mellor


Tina- Non hai mal que cen anos dure
Gina- Ademais, o caso é ter... ¡Diñeiro!

Caixa rexistradora o ollos avarentos fixos na televisión.

Tina- (Canta o número) Catorce


Gina- (Repítelle o número a Tina) Catorce
Tina- (Marca o número nun suposto papel) Catorce.
Gina- Vintenove
Tina- Vintenove
Gina- (Marca) Vintenove
Tina- Trinta e tres
Gina- Trinta e tres
Tina- (Marca) Trinta e tres
Gina- Trinta e sete
Tina- Trinta e sete
Gina- (Marca) Trinta e sete
Tina- Doce
Gina- Doce
Tina- (Marca) Doce
Gina- Vinteun
Tina- Vinteun
Gina- (Marca) Vinteun..... ¡Línea!
Gina e Tina mírana estrañadas.

Gina- E o complementario... o quince.


Tina- ¡Oh! Síntoo, confundín os boletos... (“Racha” o cartón) Errare
humanum est.
Gina- E xogare humanun tamén est.
Tina- (San Ildefonso) Nanaranaaá nanarananaaaa
Gina- (San Ildefonso) Nananaraná nananaaaaa
Tina- Si me tocara a min, si me tocara...
Gina- Nanaranaaaá nanarananaaaa
Tina- Nananaraná nananaaaa
Gina- Todo cambiaría, todo, si me tocara...
Tina- Nanaranaaaá nanarananaaaa
Gina- Nanaraná nananaaa
Tina- Faría eso que sempre quixen facer, mercaría aquelo que quixen
mercar e iría onde sempre quixen ir, si me tocara...
Gina- Nananaranaaaá nanarananaaaaa
Tina- Nanaraná nananaaa
Gina- Si nos tocara, ai Deus, si nos tocara... todo sería posible... si
nos tocara.
Tina- O Bilbao perdeu co Valenciaaaaa
Gina- Eso é un dous na quinielaaaaaa
Tina- ¡Sí!
Gina- E o Barcelona empatou co Beeeeetis
Tina- Eso polo tanto é unha eeeeequis
Gina- ¡Merda!
Tina- ¡Merda!
Gina- ¡Merda!
As dúas- ¡Puto Barça!
Tina- ¿E o cupón?
Gina- En catro
Tina- ¡En catro!
Gina- ¡En catro!
As dúas- ¡E o cupón en catro! ¡Baaah!

Dan media volta enfadadas. Cando volven dar a cara ó público a expresión
semella máis relaxada.

Gina- Si a min as uvas non me gustan


Tina- Ademais os bens materiais son superfluos e banais
Gina- Bienaventurados los pobres
Tina- O espíritu. O que hai que cultivar é o espíritu.
As dúas- O espíritu
Gina- A paz.
As dúas- A paz. (Poñen o signo da “v”)
Tina- A paz interior
As dúas- Interior (Corrixen o signo)
Gina- Relaxación
Tina- Concentración
Gina- Reflexión
Tina- Meditación
Gina- Iluminación
Tina- Debemos aprender a coñecernos
Gina- Eu son Gina
Tina- Eu son Tina
Gina- Debemos aprender a mirar no noso interior
Tina- Vexo o fígado
Gina- Vexo o páncreas
Tina- Tamén vexo Redondela
Gina- E debemos aprender a ver o lado positivo da vida.
Tina- Non teño traballo... polo tanto non teño que madrugar.
Gina- Teño unha dor terrible nesta perna... pero a outra non me doe
absolutamente nada.
Tina- Non teño sexo dende hai un ano, sin embargo... sin embargo...
sin embargo... estou viva.
Gina- Hai que afirmarse
Tina- ¡Sí!
Gina- ¡Sí!
Tina- ¡Sí!
Gina- Hai que facerse forte para loitar contra os enemigos internos
Tina- Venceremos ó estrés
Gina- Venceremos ás ansiedades
Tina- Venceremos ás depresións
Gina- Vencemos ós medos
Tina- Venceremos á desidía
Gina- Venceremos á apatía
As dúas- ¡Venceremos!
Tina- E despois de derrotar ós enemigos internos iremos a polos
externos.
As dúas- ¡Iremos!
Gina- Venceremos ós xefes explotadores
Tina- Venceremos ós ladróns especuladores
Gina- Venceremos ós medios manipuladores
Tina- Venceremos ós intereses contaminadores
Gina- Venceremos ós políticos estafadores
Tina- Venceremos ós Aznares, ós Bushes e ós Sarones
Gina- Venceremos a todos
As dúas- ¡A todos!
Tina- A todos menos a un
As dúas- A todos menos a un
Gina- Venceremos a todos menos ó tempo.

Tina- O tempo

Gina-O tempo que nos leva cara á noite de outro día máis.

Tina- Cara á noite de outro día menos.

Gina-E de noite durmimos

Tina- E ás veces soñamos

Gina-E ás veces roncamos

Tina- E ás veces erguémonos para ir ó baño

Gina-E ás veces pensamos

Tina- E ás veces lembramos

Gina-E ás veces choramos

Tina- E ás veces facémonos dano

Gina-Pero sabemos que esto non é máis que tempo.

Tina- E o tempo por ser tempo pasa

Gina-E logo ben outro tempo

Tina- E tamén ese tempo pasa.

Gina-E así no medio do tempo

Tina- Estamos nós como si nada.

Gina-E mañá sempre é outro día


Tina- Pois a lavar os dentes e á cama.

Gina-¿Ahí vamos?

Tina- Ahí vamos.

Gina-Pois ahí vamos.

Música. Cantan.

¡Aaaaaaa! (Bostezo)
¡Aaaaaaa! (Bostezo)
¡Aaaaaaa! (Bostezo)
¡Aaaaaaa! (Bostezo)
Aaaalá vai outro día ala vai outro día ala vai.
Aaaalá vai outro día ala vai outro día ala vai.
Oooonde vai ese día que marcha que xá non está
Oooonde foi que sabemos que nunca xamais voltará.
Este día non repetirá
Non virá nunca máis outro igual
Nin mañá nin pasado mañá
Nin nos próximos mil anos máis
Aaaalá vai este día ala vai este día ala vai.
Aaaalá vai este día ala vai este día ala vai
Eeee si marcha que marche que lle deixe paso a outro máis
Eeee que si o tempo avanza debemos con él continuar
Mañá vais ser un día especial
Sin traballo, sin amor, sin paz
Sin ningunha relación sexual
Cunha dor de cabeza fatal
Eeee que xa hai un anaco que noto que hai algo que está...
Aaaaquí dentro como cada mes loitando por baixar
Aaaasí que penso que este é o momento de xa rematar
Haaasta sempre boas noites e gracias deixádeme en paz.

Marchan e fin do conto.

You might also like