You are on page 1of 1

ÁREA DE ADESTRADORES

ESCOLA GALEGA DE ADESTRADORES

BOLSAS PARA CURSOS DE ADESTRADORES

A Federación Galega de Baloncesto en colaboración coa Dirección Xeral para o


Deporte outorgará unha achega de 5.000 € para Bolsas nos diferentes Cursos de
Adestradores organizados pola F.G.B. e realizados durante a Tempada 2008-09:

AXUDAS ECONÓMICAS PARA MULLERES:

Axudarase con:

o Desconto do 50% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel Iniciación


ou similar que se realicen.

o Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel 1 ou


similares que se realicen.

o Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel 2 ou


similar que se realicen.

AXUDAS ECONÓMICAS PARA ADESTRADORES DE ZONAS RURAIS:

Co fin de facilitar o acceso a adestradores de zonas rurais aos Cursos de Iniciación, no


caso de que estes se impartan a máis de 20 Km. da localidade onde está inscrito o
Club no que colabora nesta tempada:

Outorgaráselles bolsa con:

o Desconto do 30% da súa cota de inscrición, nos Cursos de Nivel Iniciación ou


similar que se realicen.

Esta axuda é independente da anterior, podéndose, no caso das mulleres,


beneficiarse das dúas axudas, co que obterían o 80% de desconto.

No caso de que un adestrador exercese en dous Clubs distintos, tomarase como


domicilio o máis próximo á localidade onde se imparta devandito curso.

En todos os casos, O ALUMNO/A Ingresará A TOTALIDADE DA COTA DE INSCRICIÓN


DO CURSO QUE LLE CORRESPONDA e, posteriormente, unha vez realizado o Curso, a
Federación Galega de Baloncesto reintegrará os importes das axudas, na conta que
lle proporcione o alumno/a.

Santiago, 28 de novembro de 2008

You might also like