You are on page 1of 4

ALFONSO R.

CASTELAO

Edicis

GALICIA
Do

CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES


Mias donas e meus seores: SI NO ABRANTE d-este da poidramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicins, asistiramos maravilla d-unha man nica. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, t as ras de Pontevedra, oureladas de pieraes; dende as serras nutricias do Mio o a gorxa montaosa do Sil, at a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ros; ou dende os cabos da costa brava da Crua, onde o mar tece encaixes de Camarias, at o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa sa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O da de festa comenza en SantIago. A torre do rel tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo da, e de seguida comeza unha muieira de camps, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as camps de Compostela anuncian algo mis que unha festa litrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimas e botafumeiro, capaz de dar envexa mesma Baslica de Roma. Hoxe as camps de Compostela anuncian unha festa tnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simblicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lmpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o vio eucarsticos. Por eso a muieira de camps, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar at as homildes espadaas da montaa. E o badaleo rtmico das camps -de todal-as camps de Galiza en leda algaraba- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe o Da de Galiza, e as comenza. As d comenzo a solemnidade d-este da; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ningun pode sentila, coma ns, os emigrados, porque en tal da coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrndase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinacin anda por al, en festa de saudades, escoitando as cntigas montaesas e marieiras que van para Compostela, vendo o noso pas embandeirado de azul

e branco, con msicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes... E dispis de evocar o repique matutino das camps -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu poda evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este da, hora a hora, minuto a minuto. Pero cmo se tornan tristes as alegras evocadas lonxe da patria! Cmo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! E cmo para min certo o que dixo o mellor poeta da nosa estirpe: Sen t perptuamente estou pasando Nas maores alegras, maor tristeza Non; moito mellor evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, algo que co seu simbolismo nos deixe ver o pasado para proveito de futuro, como unha boa esperiencia. Podemos imaxinar, por exemplo, unha Santa Compaa de inmortaes galegos, en interminabel procesin. Al veremos as nobres dinidades e os fortes caraiteres que dou Galiza no decorrer da sa Hestoria. Vermolos camiar en silenzo, coa faciana en sombras e o mirar cado na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas que hoxe nin tansiquera seramos capaces de comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos que agora bulen no noso corazn. Algns vermolos revestidos con ricos panos e faiscantes armaduras; pero os mis d-eles van descalzos e ns, cos osos prateados pol-o fulgor astral. Ao frente de todos vai Prisciliano, o heresiarca decapitado, levando a sa propia caveira n-unha arqueta de marfin e afincndose n-un longo caxato, que remata coa fouce dos druidas, a modo de bculo episcopal. Siguen a Prisciliano moitos adeptos, varns e mulleres. Detrs veen dous magnates, que cicis sexan: Teodosio, o grande Emperador de Roma, e San Dmaso, o Sumo Pontfice da cristiandade, seguidos ambos por unha hoste de soldados i ecresisticos. Ollamos dispis unha ringleira de mortos escrarecidos, que portan os atributos da sa dinidade ou da sa profesin. Al distinguimos virxe Eteria, a escritora pelengrina, con tnica de branco lio e camiando con arfado comps. Ao hestoriador Paulo Orosio, discpulo de San Agostio, que marcha pensatibre, c-un rolo de pergameos na man. Ao bispo e cronista dos tempos suevos, a Idacio, que alumea o camio c-unha lmpara de bronce. A San Pedro de Mezonzo, o autor da Salve Regina Mater -o cntico e oracin mis fermosa da Eirexa-, c-unha fragante azucena nos beizos. Ao fundador San Rosendo, que sostn litrxicamente a custodia do noso escudo tradicional. E moitos, e moitos mis, que dificultoso recoecer. Logo vemos ao primeiro Arzobispo de Compostela, o gran Xelmrez, revestido de pontificial, con aurifulxente cortexo de mitrados e coengos. Aps do perlado ven Alfonso VII, o Emperador, con cetro na destra, espada na sinistra e coroa de ouro e pedrara nas sens. Siguen ao Emperador: o Conde de Traba, seu aio, e demis bultos da soberba feudal de Galiza. Ollamos dispis aos monxes letrados, en longa fileira, con velas acesas e libros abertos. Ven detrs o mestre Mateo, o Santo dos Croques, co Apocalipsis debaixo do brazo, encabezando unha grea de arquiteitos e imaxineiros, que portan as ferramentas das sas artes. De seguida aparece unha moitedume de xograres e trovadores, en mistura de tipos e atavos. Algns semellan ter sido monxes; outros calzan esporas de ouro, en sinal de que foron cabaleiros; pero os mis d-eles van esfarrapados, con vellas ctaras, lades e zanfoas ao lombo. Al recoecemos a Bernaldo de Bonaval, a Airas Nunes, a Eanes do Cotn, a Pero da Ponte, a Pero Meogo, a Xohn de Guillalde, a Meendio, a Xohn Airas, a Martn Codax, a Paio Gmez Charino, a Macas, a Padrn, e moitos mis, todos con lume no peito. Non tardan en aparecer as das belidas e infortunadas irmns, Ins e Xohana de Castro, a que reinou en Portugal dispis de morta e a que foi raia de Castela n-unha soia noite morna de vran, como das rosas de prata as coroas do seu efmero

reinado. Veen de seguida os moitos varns altaneiros de Galiza, os seores feudales, que non souperon vivir en paz nin consigo mesmos, todos eles montados en bestas negras, dende Andrade, o B, seguido por un porco monts -smbolo totmico da sa casa-, at o valente Pedro Madruga, que leva o pual da traicin espetado nas costas. Como grupo singular destcase o Mariscal Pardo de Cela, xunto cos seus compaeiros de martirio inxustamente decapitado, que sosteen con entrambas mans as propias cabezas, anda frescas, que deitan sangue e piden xusticia. Tamn ollamos unha boa representacin do feudalismo ecresistico, e n-l distinguimos aos tres Arzobispos Fonseca, pai, fillo e neto, seguidos por unha mula cangada coas obras de Erasmo. E detrs de tanto seoro feudal ven a p o seu mellor cronista, Vasco da Ponte. De seguida recoecemos a impoente tropa dos irmandios, que arrastran cadas, con bisarmas e fouces mangadas en paus, levando por abandeirado a Rui Xordo, que sostn en outo un facho de palla acesa e fumeante. Eiqu comeza a decaer a categora do fnebre cortexo, como decae Galiza ao trocarse en povo vencido e subordinado. Pero sigue dando individualidades, como Sarmiento de Gamboa e os Nodales, que camian xuntos, portando astrolabios, atlas e cunchas estranas; o filsofo escptico, Francisco Snchez, con muceta de Doutor; os Virreis de Npoles e das Indias, Conde de Lemos e Conde de Monterrei, que serviron lealmente a quen non mereca ser servido por ningn galego; os tres grandes Embaixadores filipescoz, Zuiga, de Castro e Gondomar, que intilmente derrocharon talento, sabidura e artes diplomticas; os escultores Moure e Ferreiro, xunto cos arquiteitos Andrade e Casas e Nvoa, que ceibaron de cadeas a nosa orixinalidade oprimida; o P. Sarmiento e o P. Feixo, que remediaron o retraso cultural de Espaa coa sa poderosa erudicin e o seu xenio enciclopdico. Ven axia Nicomedes Pastor Daz, coa sa lira de nacra, abrindo a renascencia literaria de Galiza e seguido pol-os poetas An, Rosala, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e tantos outros, todos con estrelas sobor das sas frentes; os hestoriadores Vicetto, Murgua e Lpez Ferreiro, os patriotas Faraldo e Braas, a pensadora Concepcin Arenal, a escritora Pardo Bazn, e por fin o gran Don Ramn, ainda non ben descarnado... Acabo de citar uns cantos bultos da Santa Compaa de inmortaes galegos, uns cantos nada mis, porque nos dous mil anos da nosa hestoria, os bultos cntanse por milleiros. D Oliveira Martns que ha Hestoria non hai mis que mortos e que a crtica hestrica non un debate, senn unha setencia. Pero todos sabemos que os mortos da Hestoria reviven e mandan sobor dos vivos -moitas veces desgraciadamente-, como todos sabemos que a mellor sentencia a que se da dispis d-un debate. Por eso eu gosto de poer a debate a nosa Hestoria, non a nosa Tradicin, porque si ben certo que se pode compor unha grande Hestoria de Galiza con soio recoller as crnicas dos seus grandes homes, tamn certo que ningn d-eles, nin todos xuntos, foron capaces de erguer a intransferibel automoma moral de Galiza categora de feito indiscutibel e garantizado. Afortunadamente, Galiza conta, para a sa eternidade, con algo mis que unha Hestoria fanada, conta c-unha Tradicin de valor imponderabel, que eso o que importa para gaar o futuro. Cando a Santa Compaa de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinacin, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinacin veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humns, unha infinida moitedume de lucias e vagalumes, que son os seres innominados que ningun recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas

nimas sen nome son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fn, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazn antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados mltiples da nosa tradicin, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e pursimas do noso xenio racial. Esa moitedume de lucias representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxa coleitiva, que nunca perece, i en fn, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infnda moitedume de lucias e vagalumes representa o que ns fomos, o que ns somos e o que ns seremos sempre, sempre, sempre. Velah o que eu quera dicir n-este Da de Galiza, en loubor da nosa Tradicin, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para ns a segunda patria. E nada mis, amigos e irmns. Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.

You might also like