You are on page 1of 2

Creación dunha galería de imaxes con PowerPoint

1. Abre o PowerPoint.
2. Busca o menú Insertar  Imagen Nuevo álbum de
fotografías.
3. Pulsa en Inserir imaxe de: Arquivo ou disco. Busca o
cartafol onde teñas as fotos. Selecciónaas (se
queres coller todas fai clic na primeira e clic na
última coa tecla de maiúsculas pulsada. Se son
varias podes ilas seleccionando coa tecla Ctrl
pulsada). Pulsa en Inserir.
4. Selecciona o número de
imaxes que vai haber en
cada diapositiva (deseño
da imaxe). Podemos
marcar a casilla “Títulos
debajo de TODAS las
imágenes” se dimos
nomes representativos ás
fotografías.
5. Pulsa no botón “Crear”.
6. Na primeira diapositiva
deseña un título para o
traballo. Podes aproveitar
os cadros de texto que
deixa o programa ou
eliminalos e crear unha
portada con imaxes,
wordart, cadros de texto…
7. Para diminuír o
tamaño do arquivo
convén comprimir as
imaxes á resolución
que pode mostrar a
pantalla. Para elo
temos que
seleccionar calquera
da fotografía e, na
barra de ferramentas
imaxe, buscamos a
icona “Comprimir
imaxes”. Temos que
marcar “Todas las
imágenes del
documento” e unha
resolución en web o
pantalla (96 ppp).
8. Engade unha diapositiva ao final na que figure o teu nome e a data na que fixeches o
traballo. Garda a presentación.
9. Podes facer que o paso de diapositivas sexa automático elixindo transición de
diapositivas na pestana da parte superior do panel de tarefas da dereita (se non está
activo ábreo co menú Ver  Panel de tareas). Podes poñer un efecto á transición, un
tempo e pulsar no botón “Aplicar a todas las diapositivas”.
10.Garda a presentación. PowerPoint admite dúas formas de gardala: PPT (presentación con
diapositivas) e PPS (presentación con diapositivas de PowerPoint. A diferenza entre elas
é que as PPS execútanse a pantalla completa cando facemos clic-clic sobre a súa icona.
Convén usar este formato cando temos a presentación rematada para facilitar a tarefa
de utilizala na clase.
11.Podes subila a Internet mediante páxinas que almacenan presentacións convertidas ao
formato flash como Slideshare (http://www.slideshare.net/), Slideboom
(http://www.slideboom.com/) ou Scribd (http://www.scribd.com/).

You might also like