You are on page 1of 1

ESTIMADOS/-AS PAIS/NAIS, TITORES/-AS:

O Claustro do IES Manuel García Barros da Estrada, reunido en


sesión extraordinaria celebrada o xoves día 11 de Xuño do 2009 ás 12´25
horas aprobou por unanimidade remitirlles a seguinte información perante
as enquisas que desde a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria se lles van facer chegar:

A.- Que o “Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega” foi


aprobado polo Parlamento de Galicia o día 21 de Setembro do 2004 por
unanimidade das tres forzas políticas presentes no Parlamento. Deste Plan
Xeral xurdiu o Decreto 124/2007 do 28 de Xuño que desenvolve a
normalización do galego no ensino.

B.- Que estas enquisas só van destinadas aos pais e nais dos
alumnos e alumnas e en ningún momento a dous dos estamentos tamén
inseridos e moi importantes no ensino: alumnado e profesorado, ignorados
non sabemos por que motivo.

C.- Que no IES Manuel García Barros xamais existiu ningunha


reclamación por mor da vulneración dos dereitos lingüísticos (nin como
castelán-falante nin como galego-falante) de ningún alumno ou alumna nin
antes nin despois da aprobación dos citados “Plan Xeral de Normalización
da Lingua Galega” nin do posterior Decreto emanado do citado Plan Xeral.

Así mesmo tamén lles adxuntamos ((por maioría absoluta do


claustro) diferentes informacións xerais de diversos organismos,
entidades… implicados no ensino por se lles pareceren interesantes pola
información aportada.

A Estrada, a día 11 de Xuño do 2008

You might also like