You are on page 1of 15

DIVINA DE LA MUERTE Asasinato no centro comercial

Jorge Emilio Bveda

Extracto gratuito destinado a promocin de la obra Divina de la muerte. Asasinato no centro comercial del autor Jorge Emilio Bveda, publicada por la editorial Enxebrebooks. Se puede adquirir la obra completa en formato electrnico o papel en http://www.descubrebooks.com

Todo o mundo ambicioso, pero ningun confesa sa ambicin mais que cando se ve favorecido pola fortuna. A. de Bersancourt O ambicioso un escravo de todo o mundo: do prncipe, porque conceda emprego; do valido, para que interceda; dos demais, para que non estorben. Benito Xernimo Feixoo Cheguei a ter a rexa conviccin de que a vaidade e a base de todo, e iso que se chama conciencia non senn a vaidade interior. Gustave Flaubert A vaidade e as paixns son as donas do mundo. P. Borel

PREMBULO

martes, o sol preguiceiro das sete da ma non asoma redor, pero avanza a xusta claridade para que Leopoldo Pardo vexa onde pon os ps na beirarra que conduce centro comercial, un monstro de consumo no centro dunha cidade pequena. Leopoldo traballa al como vixiante de seguridade, nico e solitario debido a unha poltica de aforro propiciada pola crise econmica do pas no ano dous mil once, e que lle confire un grao de responsabilidade que lle ven moi grande, pois Leopardo, que as o alcumaron dende moi neno por evidente xogo de palabras e malicia infantil, un home de corenta e cinco anos que procede dunha nenez de inseguridade e mofas por mor de catro cousas: A) O seu nome. B) Unha lixeira obesidade. C) Unha timidez innata. D) Uns pais que se encargaron de lle gravar na cabeza que unha persoa que non serve absolutamente para nada. Camia a ritmo bo, o xusto para non suar, apertando unha bolsa de deporte na que leva seu uniforme de Segurdis, e apertando tamn o convencemento de que vale para moito mis que para dicirlle s vellas onde estn os cuartos de bao do centro comercial. Porque, lamentablemente, por non o tomar en serio, non o toma nin sa propia muller, Cndida, que considera sas nfulas de home de accin como unha especie de resto do entusiasmo propio dun neno que nunca medrou. E que agora tarde para que o faga. Achegouse porta de servizo pola que entraba todas as mas, enferruxada e allea protagonismo das grandes portas centrais, e, atravesar a ucheira, sentiu unha incmoda sensacin que non soubo

atribur a nada concreto. A resposta que deu a aquelo foi un lixeiro ralent nos movementos de seu corpo entrar no lugar. Paradoxalmente, coma se se tratara do ladrn das xoias da coroa dun reino de consumo. Cando se fixo co moble dos conmutadores xerais e accionou os mandos pertinentes, o gran monstro amosou de socato toda a sa variedade de cores mesturadas en desorde, envolvida en luz ubicua. E aparentemente non haba nada estrao, salvo a lxica ausencia de frenticos compradores compulsivos. Polo que gaou o seu gabinete, tan discreto que ningn humano naquel lugar reparaba nel, e vestiu o seu traxe mecanicamente, sen apurar moito, facndose a si mesmo a promesa a medio prazo de perder trinta quilos de peso, pois inda que a Cndida non lle dica nada respecto, ben seguro que sera para ela unha sorpresa grata ver que seu home adquira o contorno e aparencia daqueles bonecos esveltos que enchan os escaparates das tendas de roupa que o arrodeaban, que estendan os seus brazos absurdos cara el, cominndoo a formar parte da elite bonita e superficial do mundo. Leopardo, bazuncho, s coma ns!!! E nesas cbalas de esttica comezou a ronda, non sen antes axustar a porra cinto, e tirar da chaqueta cara abaixo contra o aleiro do bandullo. Logo colocaba o mancontro na emisora que o pora en contacto con Leocadio, seu contacto na oficina central de Segurdis co que soia comunicar para comunicarlle que nunca pasaba nada. A cerna da sa vida colla un xeito por intres irreal, dando a sensacin na sa conciencia pouco observadora que os das pasaban en balde, que seu traballo non encha seus designios como macho alfa dunha manda de dous e sen fillos, e que o tempo de vivir realizado fuxa entre seus dedos e dedas como a area dun reloxo de area. Cumpra demostrar mundo a saber o que. Os mesmos corredores. Sotos. Planta baixa coas reixas ante os comercios. Ascensores. Planta primeira, con comercios con reixas por diante. Pasarelas, escaleiras de caracol, escaleiras de incendios. Planta segunda. Reixas diante de vidros diante de andeis con milleiros de produtos multicolor. Almacns (por fora, sempre pechados), cines

calados, cachifallos de subir os menios cubertos con lonas poeirentas, recunchos insospeitados nos que nunca se topaba nada de particular, salvo a sucidade que escamoteaban as espelidas seoras da limpeza. Parques falsos con monicreques e cores, onde os cativos agardaban ignorantes a ansia consumista de seus pais. Cspedes sintticos, baleiro e lembranza dun filme que vira na tele cando era cativo, en Primera Sesin, sobre un Charlton Heston que topaba toda unha cidade tan quieta e baleira como aquel Comercio Central polo que deambulaba aborrecido. Mentres aquel actor topaba desacougo ante a ausencia da humanidade, este personaxe, Leopoldo, topaba rutina. E por ltimo, tocaba roldar os cuartos de bao, de certa hixiene polo axexo das inspeccins sanitarias e polo boca a boca dos usuarios dos mesmos, que non dubidaban, como calquera sabe, en lixalos cando os topaban limpos e en falar mal deles se os topaban sucios. Nunha confluencia inefable de salpicaduras e desleixos. Unha pattica testemua de que, entre latrinas e sanitarios, nada ocorra. E tan mecnico era seu traballo que a minutos de entrar as seoras da limpeza, meigas no despiste e a fuxida, nin conta se daba das condicins hixinicas daquelas estancias fedorentas. No dos homes o cheiro a urea que pululaba polo aire era xa coma unha anestesia xeral, e no das mulleres habitaba a perpetuidade dun sutil recendo, mestura de perfume feminino falsamente caro e feces. O primeiro, o masculino, presentaba o aspecto de sempre mentres as portas dos reservados entreabran cara el sen revelar nada en particular; pero o segundo, o das damas, co seu caracterstico ambiente cargado, amosoulle algo que lle engurrou unha miga os testculos, e foi o simple feito de que unha das portas dos escusados se vise pechada, aprecindose por baixo da porta unha especie de bolso de muller arrumbado contra unha beira. Feito que lle deu azos de falsa gallarda conferndolle unha voz que soou a medias convincente. Hai algun a? silencio. Achegouse pasenio mentres encollemento testicular se lle sumaba

a invasin das entraas por unha serpe que lle comezaba a devorar famenta as beiras do estmago. Botou a man picaporte e topou a porta pechada. Entn repetiu: Hai algun a? silencio. Anicouse e tentou mirar por baixo, pero non era quen de ver nada. Soamente o bolso, que lle era familiar por ser semellante a un que lle mercara Cndida nos chinos, falsificado dunha marca de gran bombo e prestixio comercial. Non soubo atriburlle unha propietaria concreta, por ser dese tipo de artigos que se poen de moda nun intre determinado, que merca todo o mundo at o punto de sarlle imitadores oportunistas e que, en cuestin de semanas, son relegados s armarios. O que fixo deseguido foi sopesar se o seu corpo gordecho cabera polo oco que consenta a porta contra o chan, mais o seu bandullo obrigouno a decatarse de que non deba facelo. Logo pensou en chamar polica, pero tamn o desbotou porque naquel intre o nico polica era el, e quizais sera esta boa oportunidade ante os seus focios de demostrar mundo local a sa vala. Sera, pois, cousa del, e non deses policas petulantes que va pola cidade co peito inflado, ou a parella de locais prepotentes que roldaba os exteriores do centro comercial. Colleu unha cadeira dunha estancia almacn adxacente s lavabos de muller, levouna cara diante da porta do escusado, alzouse e, para seu horror, estupefaccin e desidertum, descubriu Mireia, unha empregada da moi distinguida tenda de moda Mara unha rapaza preciosa e voluptuosa que cmpre dicir que lle atraa de sobre maneira sentada na cunca do vter cos ollos pechados e a cabeza pousada no ombreiro esquerdo, vestida do cinto cara arriba cunha prenda de moda coas letras en ingls, que marcaba deliciosamente as sas prominencias; e do cinto cara abaixo os pantalns e a roupa interior engruada nos nocellos e o pube depilado coma o dun manequn; algo que quizais fose tamn moda. Unha imaxe global que lle suscitou a partes iguais mgoa, patetismo e morbo. Polo que, actuando dun xeito insospeitado, meteu o brazo cara dentro do retrete, abriu o pasador dende dentro e

entrou. Achegouse a Mireia e arrimou con suavidade unha bota contra unha das sas pernas. Permaneca inerme. Logo colocou o face da man sobre seu rostro vira nun documental da Sexta a inconveniencia de deixar pegadas dixitais e lle traspasou unha frialdade a duras penas antes coecida e que non permita paso a dbida algunha, polo que, de xeito inmediato, colixiu que a rapaza era cadver. Estaba morta. Morta. MORTA. Atoparase indisposta e morrera en tan indefensa situacin? Colocarana al unha vez morta para despistar logo de depravados actos? Decidira rematar sa vida por propia vontade a golpe de sustancias narcticas? Por que o fermoso corpo da Mireia estaba sentado nun vter do centro comercial no que traballaba? Entn, non sen pensar por algn intre en ceibar nela as sas escuras paixns e a represin que lle prova a relacin coa Cndida, decidiu non dar parte do suceso en vintecatro horas. O tempo que se impuxo a si mesmo para facer unha investigacin pola sa conta... e risco, quizais.

DEZ

12

Logo de deixar o escenario do crime/suicidio como o topara (s moveu un chisco co p o bolso para tiralo da primeira vista) pegou con cinta adhesiva un cartel no que escribira non funciona, sen deterse a pensar un intre os problemas que lle podera supor ser testemua dun suposto crime e ocultalo durante vintecatro horas. A explicacin mis plausible era que pesaba mis a sa ansia por demostrar que poda levar unha investigacin mis ou menos pautada para poer s responsables do acto diante da xustiza que verse implicado no turbio asunto, no presentimento de que unha persoa non soe dar cabo da sa vida cos pantalns baixados. Todo isto aproveitando que o tcnico de mantemento estaba de baixa, anda que andase por a facendo traballos en negro, contribundo mergullo da economa; e aproveitando tamn que a cousa econmica andaba abondo mal para agardar un tcnico de mantemento substituto. O vter estara avariado polo menos uns das. Certa inercia levouno zona central do centro comercial, onde estaba a zona de esparexemento. Al traballaba Tono, que chegara a Espaa logo de facer un regateo a Fidel hai dous anos atrs, e descubrira, para o estupor dos seus desexos de El Dorado, que a hostalera era a nica sada para os inmigrados que chegaban a unha cidade tan pequena e de escasa oportunidade como aquela. Non probara sorte noutras cidades porque os seus contactos xa lle informaran de que a cousa non andaba mellor noutros sitios, no medio da crise econmica que zorregaba estado espaol no ano dous mil once. Traballaba nun bar chamado Mojito, transformado en cafetera polas mas por esixencia dun guin laboral e recn chegado Comercio Central, procuraba cun trapo un brillo imposible s cadeiras do negocio, que pertenca a un personaxe que el nunca vira e de cuxa existencia dubidaban moitos dos traballadores do lugar. Algun chamado seor Varela.

Mentres Tono comezaba a desistir das mesas, Leopoldo chegou onda el, azorrando os ps un chisco, como rango inconsciente da pesadume que lle supuxera o que via de contemplar. Tes que agaldal, Leo, a cafeteira est a quecel. Leopardo non quera que se lle notara que o que menos lle importaba hoxe era o caf, e o que mis, pescudar as circunstancias que arrodearan a morte da Mireia, aquela rapaza que xaca un secreto soo eterno sentada no interior dun vter que supostamente non funcionaba. Muller nova cuxa voluptuosidade espertara o seu desexo en mis dunha ocasin; a ltima haba uns minutos. Botaches a primitiva, Tono? Vou logo, cando non haxa xente na barra. Agora boto tamn o euromillns e merco un boleto da once. Unha pasta, pero unha inversin de futuro, Leopoldo, que teo un presentimento. A min chgame coa primitiva. A mia economa non d para mis. Hai que invertil, Leo. Que podes perdel? Uns euros? Tono, eu non teo a sorte de ter a nmina das empregadas de Mara. Iso todo aparencia. En absoluto o que semella. Non penso que cobren mis ca ti. De feito cnstame que algunha delas vai facel horas de limpeza a algunha casa para completal ingresos. Pois quen o dira, co guapas e lanzais que camian, que semellan todas tiradas da pasarela Cibeles. E o boas que estn. Ben, si, pero iso non ten que ver con ingresos e dieiros. En palte si, polque se non estiveran boas non as teran contratado.

Iso tanto lles ter se lles pagan tan pouco como dis. Non estn as cousas como para escollel. Dgocho eu pol experiencia mia. Mira para a dixo virando o corpo corenta e cinco grs cara a entrada da tenda sobre a que falaran, hoxe semella que non ven a Mireia. Observando a quenda de ma estirando o pescozo lixeiramente e, en certa maneira, tentando a sorte. Estas tipas cambian de quenda dependendo do da. Ademais onte vina sar tarde pola noite. Seguro que non lle toca ata a tarde. Leopoldo saba de lei que os martes a Mireia tia quenda de ma e que entre elas, a pesar do que dica Tono, o latin lover do Comercio Central, que non eran mis ca contos de taberna (nunca mellor dito), non cambiaban as quendas as como as, pois operaba entre elas unha rivalidade case visible, polo menos palpable no aire. Quedou coa nota mental importante de que a Mireia abandonou o centro comercial o luns pola noite porque tamn saba que os luns ela traballaba de ma a non ser que tiveran inventario, cousa non viable en plena campaa de rebaixas. E tampouco desbotou a implicacin de Tono no crime pois era vox populi a sa insistencia coas mulleres para acadar cpulas con frecuencia, cantas mis e variadas mellor. Tirou do fo da informacin subministrada por Tono e se meteu nun dos ascensores con direccin garaxe, o lugar onde supostamente a viran cunha bolsa. Causballe certo arrepo a lembranza do cadver sobre o vter, pero a sa ansia por demostrar algo (sen saber ben o que) segua a pesar mais. Lembrou que Mireia tia un peugeot douscentos seis de cor verde turquesa, e que soia aparcar nunha praza moi concreta no aparcadoiro; unha flanqueada por das columnas e cun extintor pendurado dunha delas, concretamente no sector vintedous B. Achegouse, e unha primeira inspeccin ocular non lle revelou nada de particular, salvo que o coche non estaba, e lle constaba que a rapaza viva nos arrabaldes

da cidade, nun piso de aluguer compartido con compaeiras. Aparte, 15 nunha das beiras, xusto nunha das lias pintadas de amarelo que delimitaban a praza, haba no chan o que pareca ser a etiqueta dunha prenda de roupa. Anicouse para collela e, efectivamente, tratbase do cartn delator dunha prenda da firma Mara. Concretamente unha que rezaba cazadora nobuk da talla XL, cun valor en euros de oitenta e nove. Meteuna no peto da camisa xusto baixo a placa de Segurdis como unha posible proba para a consecucin do caso, que xa case inconscientemente bautizara como o caso do cadver sentado no vter, no canto deses nomes aleatorios que lle constaba escolla a CIA para sas razzias no oriente, como a que via de chimpar Bin Laden. Aparte da ausencia do coche e a referida etiqueta, na outra beira da lia que delimitaba o espazo de aparcadoiro, achou unha cabicha de Chesterfield manchada de carmn. Sabendo que Mireia soia lucir uns beizos desa cor e que non fumaba, e sabendo tamn que aquela cabicha poda provir de calquera boca inocente, quedou coa posible proba da hipottica implicacin dunha muller fumadora de beizos vermellos mentres a malfadada Mireia agardaba morta a resolucin da sa sorte mala. Cando o Leopoldo, improvisado pescudador, volva cara o aparello elevador co obxecto de continuar a sa rolda diaria de martes, topou con Gertrudis, unha das seoras da limpeza que se incorporaba un pouco tarde quenda das sas compaeiras, anda que xa via de limpar algo enfundada no seu caracterstico conxunto azul de das pezas e empurrando un carrio cheo de utensilios e produtos para a pulcritude, do que sobresaa o que semellaba unha bolsa con lixo. Sen intencin de deterse, mirouno e falou: Temos un vter avariado e o Adolfo de baixa. Non sei se non sera mellor avisar seor Kvac para que manden algun. O seor Kvac era un home novo que asumira completo s funcins de direccin do Comercio Central. Alto, traxeado, impoluto, de pelo negro fulxente e gran determinacin hora de tomar decisins.

Pero dese tipo de persoas das que se descoece a existencia at que non acodes a ela cun problema prantexado. O Kvacs, de ascendencia hngara, s quera que o deixaran en paz. Xa me encargo eu, Gertru. Ademais penso que o Adolfo non tardar en se reincorporar raposeiro. Por certo, non veras nada raro no garaxe? E l por que? galega. Porque me dixeron que seica viron intrusos polo centro comercial mentireiro. Home, toda a xentia que anda por aqu a diario intrusa. Pero intrusos dos de malas intencins. Ladrns ou lacazns, ou moinantes deses pases de fora. Viches algo, Gertru? Pois o nico raro esta bolsa que levo s rapazas de Mara, que est chea de detectores antirroubo. Tirndoa do carro, amosndollela e deixando explcito que non era lixo. E na que tamn hai unha caixa baleira dun rolo de papel albal. E como non mo dixeches diante? facendo notas mentais. Pois, Leonardo, porque non taxativa, voulle levar a bolsa s rapazas porque non penso que sexa nada raro que haxa cousas destas por a tiradas. Nin que fora a primeira vez. Xa, ben, pero eu teo que velar pola seguridade, e as alarmas forman parte desa seguridade. As que, vea, trae ac, que eu a levarei. Firme na medida do posible, lembrando a Sylvester Stallone sen saber por que.

Jorge Emilio Bveda (Ourense, 1975) Escritor e mestre de ingls no ensino pblico. Logo de autoeditar seus nove primeiros libros comezou seu camio no mundo literario no 2010 coa novela A vila das nimas (Toxosoutos), que seguiron A habitacin secreta (Toxosoutos) e os ensaios A xanela escura: tres arquetipos de terror na cinema (Urco 2011) e A xanela inslita: historia reducida da ficcin cientfica literaria (Urco 2013). Ofrece agora esta novela curta homenaxeando por unha banda s mestres literarios clsicos do razoamanto dedutivo e particularmente a aqueles abnegados escritores de bolsilibros das dcadas dos cincuenta e sesenta no estado espaol, como Curtis Garland ou Keith Luger. Mis informacin: www.jorgeemilioboveda.es

Clik aqu para descargar este libro

You might also like