You are on page 1of 6

Madrigal cibd de Santiago

Chove en Santiago meu doce amor. Camelia branca do ar brila entebrecida sol. Chove en Santiago na noite escrura. Herbas de prata e de sono cobren a valeira la. Olla a choiva pola ra, laio de pedra e cristal. Olla o vento esvado soma e cinza do teu mar. Soma e cinza do teu mar Santiago, lonxe do sol. Agoa da man anterga trema no meu corazn.

Romaxe de Nosa Seora da Barca


Ay ruada, ruada, ruada da Virxen pequena e a sa barca! A Virxen era pequena e a sa coroa de prata. Marelos os catro bois que no seu carro a levaban. Pombas de vidro traguan a choiva pol-a montana. Mortos e mortos de nboa pol-as congostroas chegaban. Virxen, deixa a ta caria nos doces ollos das vacas e leva sobr'o teu manto as foles da amortallada! Pol-a testa de Galicia xa ven salaiando a i-alba. A Virxen mira pra o mar dend'a porta da sa casa. Ay ruada, ruada, ruada da Virxen pequena e a sa barca!

Cantiga do neno da tenda


Bos aires ten unha gaita sobre do Ro da Prata que a toca o vento do norde coa sa gris boca mollada. Triste Ramn de Sismundi! Al, na ra Esmeralda, basoira que te basoira polvo d'estantes e caixas. Ao longo das ras infindas os galegos paseiaban soando un val imposbel na verde riba da pampa. Triste Ramn de Sismundi! Sinteu a muieira d'goa mentres sete bois de la pacan na sa lembranza. Foise pra veira do ro, veira do Ro da Prata Sauces e cabalos nos creban o vidro das goas. Non atopou o xemido malencnico da gaita, non viu o inmenso gaiteiro coa frolida d'alas: triste Ramn de Sismundi, veira do Ro da Prata, viu na tarde amortecida bermello muro de lama.

Noiturnio do adoescente morto


Imos silandeiros orela do vado pra ver adolescente afogado. Imos silandeiros veiria do ar, antes que ise ro o leve pro mar. Sa i-alma choraba, ferida e pequena embaixo os arumes de pinos e d'herbas. Agoa despenada baixaba da la cobrindo de lirios a montana na. O vento deixaba camelias de soma na lumieira murcha da sa triste boca. Vinde mozos loiros do monte e do prado pra ver o adoescente afogado! Vinde xente escura do cume e do val antes que ise ro o leve pro mar! O leve pro mar de curtias brancas onde van e vn vellos bois de goa. Ay, cmo cantaban os albres do Sil sobre a verde la, coma un tamboril! Mozos, imos, vinde, aixia, chegar porque xa ise ro m'o leva pra o mar!

Canzn de cuna pra Rosala Castro, morta


rguete, mia amiga, que xa cantan os galos do da! rguete, mia amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! Os arados van e vn dende Santiago a Beln. Dende Beln a Santiago un anxo ven en un barco. Un barco de prata fina que trai a door de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van ao mar onde as nubens teen seu nidio pombal. rguete, mia amiga, que xa cantan os galos do da! rguete, mia amada, porque o vento muxe, coma unha vaca!

Danza da la en Santiago
Fita aquel branco galn, olla seu transido corpo! a la que baila na Quintana dos mortos. Fita seu corpo transido negro de somas e lobos. Nai: a la est bailando na Quintana dos mortos. Qun fire potro de pedra na mesma porta do sono? a la! a la na Quintana dos mortos! Quen fita meus grises vidros cheos de nubens seus ollos? a la! a la na Quintana dos mortos! Dixame morrer no leito soando con froles d'ouro. Nai: a la est bailando na Quintana dos mortos.

You might also like