You are on page 1of 3

Diario Oficial de Galicia

venres, 7 de agosto de 2009

VI. ANUNCIOS

Resolución do 26 de xuño de 2009 de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo


procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do parque empresarial
de Pacios-Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).

Antecedentes.
1. O concello de Begonte dispón como documento de planeamento municipal unhas normas subsidiarias
de planeamento aprobadas definitivamente con data do 4 de abril de 1997.

2. Con data do 22 de xaneiro de 2004 o Consello da Xunta de Galicia declarou de incidencia


Supramunicipal o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de
Galicia, e con data do 27 de maio de 2004, adoptou o acordo polo que se aproba definitivamente o dito
plan sectorial, que prevé 39 parques empresariais en toda a comunidade, entre eles o parque empresarial
de Pacios-Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).

3. O proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde foi aprobado definitivamente por


acordo do Consello da Xunta de Galicia o 15 de febreiro de 2007, publicado por resolución do Instituto
Galego de Vivenda e Solo no DOG nº 42, do 28 de febreiro de 2007, para os efectos do establecido pola
Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e polo Decreto 80/2000, do 23 de
marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. Este proxecto
sectorial determina como sistema de actuación o de expropiación.

4. Este parque empresarial ten unha superficie de 1.062.151 m2, abrangue a area destinada a usos
industriais cunha porcentaxe do 61,43% do ámbito da actuación ademais dos correspondentes
equipamentos comerciais, sociais, depotivos e zonas verdes, e atópase ao noroeste do concello de
Begonte, próximo o límite co concello de Guitiriz, na confluencia da estrada N-634 coa autovía A-6 ao
lado dereito en sentido Vilalba, polo que esta actuación supón unha ampliación das zonas industriais do
municipio de Begonte, aínda que cunha clara vocación supramunicipal e estratéxica para Galicia debido á
súa situación tamén no cruzamento de dúas importantes infraestruturas vertebradoras, a autovía A-6 e
mais a A-8, de recente posta en servizo na zona.

5. O dito Acordo do 15 de febreiro de 2007 declara tamén a utilidade pública e o interese social das obras,
instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación para os efectos de expropiación dos
bens e dereitos necesarios para a execución deste parque empresarial, o que lexitima o dereito de
expropiación.

6. Declara así mesmo de marcado carácter territorial as obras previstas no proxecto sectorial para os
efectos do disposto no artigo 11.3º do Decreto 80 /2000, do 23 de marzo, e na disposición derradeira
primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de
Galicia, en adiante LOUG.

7. O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, o día 25 de outubro de 2007, ditou resolución
pola que se acorda o inicio do expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta, e se
somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para
a execución do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde no concello de Begonte,
polo prazo dun mes, anunciándose no DOG nº 224, do 20 de novembro e no xornal El Progreso de Lugo
con data do 12 de novembro de 2007 e tendo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a condición de
beneficiario da actuación.

8. A taxación foilles notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos no
expediente, dándolles traslado literal das correspondentes follas de taxación e da proposta de fixación dos
criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de
notificación, tal e como sinala o artigo 143.4º da LOUG.
9. Tamén se realizou anuncio no taboleiro de anuncios do concello e notificación mediante a publicación
no BOP con data do 18 de febreiro de 2008 para aqueles propietarios aos que non se conseguiu achegar a
notificación por resultar descoñecidos, por ignorarse enderezo ou porque, intentada non se puido practicar
esta en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30 /1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

10. Así mesmo, en aplicación do disposto no artigo 143.5 da LOUG, con data do 20 de novembro de
2007, deuse traslado do expediente ao concello, para o trámite de audiencia, e déuselle traslado da
relación de titulares, bens e dereitos afectados ao Ministerio Fiscal con data do 4 de decembro de 2007
para os efectos do disposto no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

11. Segundo certificación do 5 de marzo de 2009 do xefe do servizo xurídico da delegación da


Consellería da Vivenda e Solo en Lugo, durante o período de información pública presentáronse 58
alegacións correspondentes a 118 predios; aceptáronse parcialmente 59 e desestimáronse 76. Como
consecuencia disto acompáñase relación definitiva de bens e dereitos afectados no anexo desta resolución.

12. O Instituto Galego de Vivenda e Solo remitiu, con data do 26 de marzo de 2009, o expediente de
expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola
execución do parque empresarial a esta consellería para a súa aprobación definitiva, de conformidade co
disposto polo artigo 143.6º da LOUG.

Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-A competencia do Instituto Galego de Vivenda e Solo para iniciar este procedemento, como
Administración actuante, vén determinada pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto, en
virtude do previsto nos artigos 41, puntos 1e 2 e 45, e a súa competencia en materia de xestión
urbanística, como Administración actuante, recoñecida no artigo 225.2º b) da LOUG, polo que pode optar
pola aplicación do procedemento de taxación conxunta, segundo o disposto no artigo 142.2º da LOUG.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de


conformidade cod isposto no artigo 143 da LOUG.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 143.1º da
LOUG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación,
superficie e lindeiros, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares dos bens e
dereitos que se precisan ocupar.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas que se contén non só o valor do solo, senón
tamén as correspondentes ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.


Cuarto.-Os terreos obxecto de expropiación encóntranse comprendidos dentro do ámbito do proxecto
sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde no concello de Begonte (Lugo), que foi aprobado
definitivamente por acordo do Consello da Xunta de Galicia o 15 de febreiro de 2007, no devandito
proxecto sectorial fíxase un único sector que se desenvolverá polo sistema de expropiación.

Á vista do que antecede, e de acordo co establecido no artigo 98 da LOUG, en relación co artigo 29. 2 do
texto refundido da Lei de solo, Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, resulta acreditada a
utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Quinto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ao establecido na


disposición transitoria terceira punto segundo do texto refundido da Lei de solo, Real decreto lexislativo
2/2008, do 20 de xuño.

Sexto.-A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación
conxunta correspóndelle, por delegación, á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de
acordo co artigo primeiro punto 1 da orde do 11 de maio de 2009 sobre adscrición de órganos e
delegación de competencias como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 83/2009, do 21 de abril,
polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia (DOG nº 99, do 22 de maio).

Na súa virtude, vistas a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio
rural de Galicia, o texto refundido da Lei de solo, Real decreto lexislativo 2/2008 de 20 de xuño, e as
demais disposicións aplicables, adóptase a seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación


conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do parque empresarial de Pacios-Baamonde no
concello de Begonte (Lugo) para os efectos previstos polos artigos 143 e 144 da LOUG.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da


ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido
no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos


previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe
a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 144.2º da LOUG).

Segundo.-Notificar fidedignamente o contido desta resolución aprobatoria do expediente ao Instituto


Galego de Vivenda e Solo, ao Concello de Begonte (Lugo) e, de xeito individualizado, a todos os que
aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, aos que se lles xuntará a
correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar
por escrito ante o órgano expropiante, neste caso o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a súa
desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 143.7º da
LOUG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á
valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose
determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 143.8º da LOUG).

Terceiro.-Publicar a resolución, así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola
expropiación, que figura no anexo a esta resolución, no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de
edictos do Concello de Begonte (Lugo) e do Instituto Galego de Vivenda e Solo, o que servirá de
notificación ós propietarios descoñecidos e dos que se descoñeza o lugar de notificación, ou ben que,
tramitada a notificación, non se puidese practicar. O cómputo do prazo de vinte días para estes
interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no DOG. Todo isto, de
conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente notificaráselle o contido desta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos


establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os
non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de
reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado
a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13
de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición,
poderalle dirixir ao órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo
44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto, sen prexuízo de que, en caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados
dispoñen do prazo de vinte días, contados a partir do seguinte da recepción da notificación, para
manifestala por escrito.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009.


María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio
e Urbanismo

You might also like