You are on page 1of 4

A creación en éuscaro está en crise.

Moitos din que non: que a cultura vasca non está en crise, só as
industrias que traballan en éuscaro. E estamos de acordo se o que
queremos dicir é que a creación musical é máis diversa ca nunca;
estamos de acordo se o que queremos dicir é que, hogano, faise a
literatura en éuscaro máis completa que se fixo nunca.

O asunto é de que estamos a falar cando falamos de creación. Ou con


que perspectiva traballamos cando falamos de creación.

Na nosa opinión, se poñemos toda a atención nos obxectos creados,


dificilmente poderemos desenvolver unha creación forte. Se poñemos
toda a atención nos obxectos (cancións, novelas, bertsos, películas),
sen recoñecer, recordar e coidar a importancia dos suxeitos (artistas,
público, organizadores, industria, medios de comunicación,
institucións...) é imposible manter unha cultura en estado óptimo.
Segundo a nosa opinión, sexa o que for a base da cultura, se non
cumpre unha función social, non se pode falar de cultura.

Consonte o noso parecer, para dicilo en poucas palabras, deberiamos


falar de creación cultural máis que de cultura. Pero imos a modo.

A chave está nas características da rede de relacións que se forman


na contorna da creación cultural. Isto acontece co éuscaro e con
calquera outra lingua pero, no caso dos vascos, como ben sabemos, a
creación cultural ten máis problemas que nas linguas (e nas nacións)
veciñas. En consecuencia, require máis traballo.

Dende este punto de vista, incluso o desafío é aínda máis


interesante: todos estamos na obriga de ser aínda máis creativos, a
comprender a creación máis aló de como se entende en Occidente e a
traballala dende un novo concepto: máis participativa, máis
horizontal, más colectiva, máis militante...

E se non actuamos de xeito máis creativo, o resultado é o que xa


coñecemos ben: se o cantante non fai máis que cancións, se o
organizador só se preocupa de chamar ao cantante e de pór o
micrófono, se os periodistas só se dedican a dar a nova nos xornais
sen facer nada máis e as institucións a dar subvencións (ou non!)...
entón todo o demais fica en mans do público, e se vén pouca xente, é
inútil buscar desesperadamente culpables entre os poucos que
viñeron; os afeccionados moitas veces poden trabucarse, pero a culpa
poucas veces recae sobre eles.

Logo que é o que falla? Dixémolo antes: a rede de relacións, a


función social.
Pero quen se ocupa de facer isto? Dixémolo antes: na creación en
éuscaro, todos estamos na obriga de sermos máis creativos.

Entre nós, o artista, á forza, ten que coñecer as dificultades dos


organizadores, e preocuparse da distribución e da produción... O
organizador ten que coñecer as motivacións e os esforzos do artista,
pero tamén os desexos do público e a maneira de traballar e as
necesidades dos medios de comunicación... Os medios de
comunicación teñen que coñecer os artistas e as organizacións dende
ben preto, todos dando o empuxe necesario... A industria tería que se
preocupar de cousas que van más aló do prazo curto e do rédito
económico... O público tería que sentir a necesidade de dar apoio á
creatividade en éuscaro e de sentirse parte da creación cultural... e
bla, bla, bla. Todo está xa dito.

O asunto é que algo fixo crac. Pero que?

Segundo os teóricos que analizan o tema, pódense sintetizar en tres


as lóxicas culturais que se deron ao longo da historia:

• A cultura tradicional: a comunicación e a cosmovisión.


• A cultura moderna: a ilustración e os estados-nación.
• A cultura postmoderna: a cultura de masas e o mercado.

Aquí e agora, as tres lóxicas culturais están vivas, transcendendo


unhas nas outras. As tres lóxicas inciden en quen fala o éuscaro, e
polo tanto, no éuscaro. O éuscaro non se pode permitir virarlle as
costas a ningún dos tres sistemas porque non está a salvo de ningún
dos tres.

Sen deixar de lado ningún dos tres sistemas, para traballarmos


cómprenos unha actitude crítica: cómpre de verdade reflexionar
verbo de todo o que cada ámbito aporta e pode aportar á cultura en
éuscaro. Sempre tomando a actitude crítica como norte, nas
próximas décadas teremos traballo abondo; se nos metemos sen
rumbo nin dirección, seguro que nos perdemos.

Pensamos que a principal cuestión é decidir cal das tres lóxicas


culturais é a que ten que ser o eixe principal, e como, ao redor deste
eixe principal, integrarmos as outras dúas lóxicas.

Pensamos que na creación vasca o eixo ten que ser a cultura popular,
unha visión antropolóxica da cultura.

Cómprenos aos vascos consumir cultura vasca?


Coñecemos os vascos os nosos creadores?
Todas as persoas que formamos a sociedade non somos per se
consumidores activos de cultura, pero si que somos consumidores
pasivos. Sen querelo, os vascos recibimos diariamente contidos da
cultura española, da francesa e mais da anglosaxona. É unha
permanente absorción inconsciente. Na medida en que nos alimenta,
constrúe un imaxinario: a roupa, os costumes alimentarios, o xeito de
falar, a maneira de mirar, en total: a forma de ser. Por outra banda,
semella que a información sobre a cultura vasca témola que buscar.
Acabámolo de dicir, os vascos -como lle acontece en calquera parte
do mundo ao resto dos pobos- non somos consumidores activos de
cultura por se. O vasco que non é consumidor de cultura non busca
ningunha información, e se non a busca, dificilmente recibirá
ningunha outra cousa que non sexa a mencionada cultura española,
francesa ou anglosaxona. Por isto dicimos que os vascos non
coñecemos os nosos creadores.

De que fontes recibimos os vascos a cultura vasca?

O feito de non termos os vascos os medios que teñen os nosos


veciños e outras culturas mundiais para expandirnos e facer consumir
as nosas expresións culturais, unha das chaves podería ser a
proximidade. Actualmente, poderíaselle dar máis oportunidades e
protagonismo ás novas sobre cultura en éuscaro nas revistas, nas
radios, nas televisións e nas experiencias de internet que están en
mans da xente próxima á creación vasca, aínda máis á creación
cultural local de cada lugar. Se cadra isto podería axudar a crear a
necesidade de ocuparse da nosa cultura a expresións comunicativas
que polo xeral non se ocupan. Cremos que poderiamos conseguir que
as cámaras dos grandes medios puxesen os seus obxectivos sobre
nós.

Pensamos que esta pode ser unha das prioridades: que o maior
número posible de vascos recibise a cultura vasca sen ter que ir na
súa procura.

O éxito na oferta da cultura vasca

A que chamamos éxito?


Con que vai relacionado? Coa cantidade?
Cal é o criterio para sabelo? O número de receptores, a calidade da
proposta?
O nivel de satisfacción do creador? O nivel de satisfacción do
consumidor?
O fracaso que vén da man do éxito crea frustración?

Na nosa opinión non podemos estar esperando. Pensamos que a


creación vasca ten que ir onde estea quen fala o éuscaro, e onde
estea quen fala éuscaro debe estar a creación cultural vasca. E onde
están os vascos? Como todos: na rúa.

Como convivir coas culturas española, francesa e


anglosaxona?

Unha preocupación que se foi confirmando cos anos é o feito de que


os que falan outras linguas e viven entre nós (españois, franceses),
fano sen saber nada da cultura vasca. Aqueles que son veciños, xente
do barrio e non falan éuscaro, non nos coñecen, non teñen
necesidade de coñecer a cultura vasca, non reciben información sobre
a cultura vasca. Até que punto temos que facer o esforzo para que
nos coñezan? É preciso que saiban algo sobre nós?

Pois creemos que si. Cremos que os que non falan éuscaro e viven ao
noso redor terán que saber que hai unha cultura que se manifesta no
idioma orixinal do lugar onde viven, terán que saber que, malia non
as entenderen, existen manifestacións culturais en éuscaro da mesma
calidade que esoutras que admiran e consumen.

Onde as manifestacións culturais españolas ou francesas son


maioritarias, teremos que pórnos en contacto cos organizadores e
debater cal é o papel das manifestacións da cultura vasca, sempre
tendo en conta a equivalencia entre as diferentes expresións como
fórmula máis razoable.

igor elortza
gotzon barandiaran

You might also like