You are on page 1of 4

1ª SESIÓN (2h30’)

Teoría (1h15’)
INTRODUCIÓN: CONCEPTOS XERAIS (15’)

1. Qué é un blogue: natureza e utilidade.

• Un blogue didáctico: http://aprendendo-blogue.blogspot.com


• O concepto de “post” ou “entrada”. Creación e edición.
• A estrutura cronolóxica dun blogue. Posibilidade de edición.
• O uso de material audiovisual (fotos, presentacións, vídeos,
audio, ligazóns externas...)

2. Uso educativo do blogue.

• Un blogue real: http://sanwalabonso.zoomblog.com/


• As tres posibilidades:

i. O diario persoal do profesor (blogue privado).


ii. O blogue da clase (blogue para traballo en equipo).
iii. O blogue divulgativo (visible para todo o mundo).

3. Principais plataformas de blogues de balde.

• Blogger. http://www.blogger.com
• Wordpress. http://www.wordpress.com
• Typepad. http://www.typepad.com

A CONSTRUCIÓN DUN BLOGUE CON BLOGGER (1h)

1. Creando un blogue. (5’)

• Creación dunha conta en Blogger.


• Escollendo unha plantilla.
• Personalizando cores e fontes.

2. Personalizando o gadget “Arquivos do blogue”. (5’)

• Edición da orde de entradas (cronolóxica ou cronolóxica inversa).


• Configuración da estruturación das entradas.

3. Creando a primeira entrada ou post. (10’)

• A interfaz da pestana “Editar entradas” (menú de edición de


texto).
i. Escollendo unha fonte.
ii. Modificando o tamaño da fonte.
iii. Modificando a cor da fonte.
iv. Negriña e cursiva.
v. Introducindo unha ligazón a un sitio web.
vi. Alineación do texto.
vii. Listas (numeradas ou con viñetas).
viii. Comprobar ortografía.

• A subpestana “Edición de HTML”.

• O menú “Opcións de entrada”:

i. Configurar “Comentarios dos lectores”.


ii. Edición da data e hora da entrada.
iii. Asignando e administrando etiquetas para a entrada.

4. Incrustación de fotos. (10’)

• Desde o equipo local.


• Desde a web.

5. Incrustación de vídeos. (15’)

• Desde o equipo local.


• Desde a web (Youtube).

6. Editando a configuración do blogue: o menú “Personalizar”. (10’)

• A pestana “Creación de entradas”.

i. Subpestana “Nova entrada”.


ii. Subpestana “Editar entradas”.
iii. Subpestana “Moderación de comentarios”.

• A pestana “Configuración”.
• A pestana “Deseño”.

7. Sindicación RSS. (5’)


Práctica (1h15’)

EXERCICIO PRÁCTICO: CREACIÓN DUN BLOGUE.

1. CREANDO UN BLOGUE: Acceda ao sitio web de Blogger e cree unha


conta. Escolla unha plantilla e un nome para o seu blogue.

2. CONFIGURANDO O BLOGUE: Configure o menú “Arquivos do blogue”


para que aparezan en primeiro lugar as entradas máis antigas, con estilo
“Menú desplegable” e con frecuencia semanal. Cámbielle o nome ao menú
por estoutro: “Entradas antigas”.

3. CREANDO UNHA ENTRADA DE TEXTO: Faga unha entrada


introducindo un título e un texto con letra “Arial”. Faga que o título teña unha
fonte tamaño “Largest” de cor vermella. A continuación, inclúa no texto unha
ligazón a un sitio web externo (por exemplo, http://www.lavozdegalicia.es ).
Logo, faga unha lista numerada de elementos alineados no centro. Prema
en “Vista previa” para ver cómo queda a entrada; logo, “Ocultar vista
previa”.

4. CONFIGURANDO A ENTRADA: Asigne dúas ou tres etiquetas á


entrada que acaba de redactar. Logo, configure as opcións de entrada para
que non se permitan comentarios a esa entrada. Cámbielle a data de
publicación á entrada por estoutra: 23/9/2009, ás 10:00. Finalmente,
publique a entrada.

5. CREANDO UNHA ENTRADA CON IMAXES: Cree unha nova entrada


asignándolle o título: “Incrustación de imaxes”. Escriba un pequeno texto
introductorio e a continuación, suba desde o disco duro do seu ordenador a
imaxe titulada “Foto1”. Publique a entrada.

6. EDITANDO UNHA ENTRADA XA PUBLICADA: Edite a entrada anterior


e engádalle unha imaxe da web. Publique a entrada.

7. CREANDO UNHA ENTRADA CON VÍDEO: Cree unha terceira entrada


co título “Incrustación de vídeo”. Suba desde o disco duro do seu ordenador
o vídeo titulado “Vídeo1”. A continuación, vaia a http://www.youtube.com
(noutra pestana do navegador), escolla un vídeo e incrústeo na entrada do
blogue. Publique a entrada.

8. DIVULGANDO O BLOGUE: Averigüe a URL do seu blogue (se non se


lembra, vaia desde a páxina principal do blogue a: Personalizar >
Configuración > Publicación). Copie a URL e envíea desde a súa conta de
correo ao enderezo marcovelez@edu.xunta.es

You might also like