Gal I Conection

You might also like

You are on page 1of 16

LABORATORIO MUSICAL E CREATIVO

CONECTA | COECE | EDUCA | CREA | COMPARTE


CON:

Carles Abe Benavent Rbade Najla Shami

Kinan AzmeH

Carlos Edmar Castro Castaeda

4-6 ABRIL
EDIFICIO CINC Mis informacin e inscricins en cidadedacultura.org
DIRECTORA ARTSTICA:

CRISTINA PATO

GAIS CIDADE DA CULTURA


A Cidade da Cultura presntase como un punto de conexin de Galicia con resto do mundo e un motor para impulsar proxectos culturais innovadores. Construda no cumio do Gais, un dos montes que rodean Santiago de Compostela, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman deseou esta cidade que semella xurdir da terra para erixirse como unha icona da Galicia contempornea, dialogando coa Compostela milenaria, Patrimonio da Humanidade e destino do Camio de Santiago. Este novo espazo, destinado creatividade e ao coecemento, acolle catro institucins culturais: MUSEO CENTRO GAIS. A sa beleza e exibilidade convrteno no espazo perfecto para acoller exposicins de gran dimensin, eventos culturais internacionais e espectculos de artes escnicas. BIbLIOTEcA E ARQUIVO DE GALIcIA. Preservan a memoria bibliogrca e documental da comunidade e actan como cabeceiras da rede pblica de bibliotecas e arquivos. CENTRO DE EmPRENDEmENTO CREATIVO. Acolle a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), que impulsa o tecido empresarial no sector cultural, e o espazo de coworking Emprende Cultura Gais. CENTRO DE INNOVAcIN CULTURAL (CINC). Sede da Fundacin Cidade da Cultura e da Axencia para a Modernizacin Tecnolxica de Galicia, que aglutina os servizos tecnolxicos da Administracin galega.

GAIS CIDADE DA CULTURA

Galician Connection un festival creado para a interaccin cultural a travs da msica, un lugar de encontro entre artistas galegos e artistas internacionais, que lle dar aos inscritos a posibilidade de coecer outras tradicins e linguaxes musicais e dialogar con estas. Galician Connection por en contacto directo aos participantes con artistas consolidados, o que contribuir a que novos talentos emerxentes se poidan formar, atopar consello, inspiracin e oportunidades de colaboracin futuras. Galician Connection unha plataforma de difusin da msica galega noutros pases do mundo. unha plataforma de lanzamento de novas ideas que xorden desta convivencia e traballo conxunto, promovendo o emprendemento cultural como va imprescindible para o desenvolvemento e innovacin do sector cultural.

GAIS CIDADE DA CULTURA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ABRIL 2014


VENRES 4
12:30 13:15 APERTURA OFICIAL GALICIAN CONNECTION 2014 ALBORADA CONNECTION GC chega a sa terceira edicin, e nesta sesin de arranque faremos un percorrido polos programas das primeiras edicins e polos proxectos que xurdiron cos contactos feitos entre msicos e participantes. XANTAR DE APERTURA

14:00

16:00-17:00 CONECTA! Cos msicos convidados Cos participantes 17:30-20:00 XORNADA EDUCA! GC cntrase nunha temtica de especial importancia: a integracin das artes na educacin. Invitaremos e daremos a coecer iniciativas nacionais e internacionais que reivindican un papel mis signicativo das artes dentro dos sistemas educativos. (Acceso de balde previa reserva de praza) 20:30 FIN DE XORNADA

SBADO 5
10:00 Convocatoria e arranque da xornada 10:30 12:00 COECE! ASESORA XURDICA: PROPIEDADE INDUSTRIAL E DEREITOS DE AUTOR. (A cargo de Xabier Alonso) CREA! ENSAIOS ABERTOS. Preparacin do concerto Galician Connection 2014.

14:00-16:00 XANTAR 16:00 18:00 20:30 COECE! MALETAS MUSICAIS Obradoiros formativos a cargo dos mestres convidados sobres as diferentes tradicins, linguaxes e culturas que representan. CONECTA! CARA A CARA Encontros individualizados e de breve duracin dos participantes cos msicos convidados que mis lles interese coecer a nivel profesional. FIN da segunda XORNADA

GAIS CIDADE DA CULTURA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ABRIL 2014


DOMINGO 6
11:00 COECE! TECNOlab Laboratorio sobre algunhas das principais reas de traballo que interveen na creacin dun evento como Galician Connection. 13:00 CREA! Ensaios abertos concerto GC 2014

14:00-16:00 Pausa xantar 16:00 17:00 19:00 COMPARTE! Sesin onde inscritos e msicos convidados compartirn as sas impresins desta edicin, avaliando resultados e propondo ideas para o futuro do GC. EDUCA! CHUVIA DE PROXECTOS INNOVADORES: ALIMENTA A TA INSPIRACIN. O DEBATE. Anta G. Ben. Sesin para os inscritos, onde afondaremos e poeremos en comn proxectos educativos novidosos e estableceremos un debate en torno educacin musical, entre outros temas. COMPARTE! CONCERTO Galician Connection 2014

GAIS CIDADE DA CULTURA

DESCRICIN DAS ACTIVIDADES


Galician Connection ofrceche un programa completo de actividades diferentes que te permitirn CONECTAR cos demais inscritos e cos msicos convidados de xeito personalizado; COECER as sas tradicins musicais e os seus proxectos, mergullarte no mundo da producin musical e aprender no directo; deixarte inspirar por iniciativas que pretenden EDUCAR a travs das artes; observar o proceso completo de CREACIN colectiva do concerto, e COMPARTIR o resultado deste dilogo musical.

CONECTA!
COS MSICOS CONVIDADOS
Tras a sesin de presentacin e apertura ocial do Galician Connection 2014, os msicos convidados e os participantes inscritos, reunidos nun mesmo espazo, tern a oportunidade de empezar a se coecer e conectar. Esta actividade ser de especial interese xa que todos os artistas convidados, ademais de msicos de prestixio, teen un perl emprendedor e educador que os levou a poer en marcha proxectos innovadores no mbito cultural, social, etc, que de seguro sern unha referencia para os participantes. O xeito de crear as sas vidas na msica, as diferentes procedencias, tradicins musicais e estilos dos msicos convidados, farn deste encontro unha primeira toma de contacto especialmente enriquecedora. sas formas de traballo, etc, posibilitando que se coezan ente eles e que se poidan xerar redes de colaboracin para futuros proxectos. Nunha segunda parte xerarase un debate, moderado por Cristina Pato, como primeiro achegamento a algunhas das temticas que se abordarn nesta edicin 2014: integracin das artes na educacin.

CARA A CARA
Encontros de curta duracin entre os msicos convidados e os participantes inscritos. Estes ltimos tern a posibilidade de concertar pequenas reunins con aqueles msicos que mis lles interese coecer a nivel profesional. Estes encontros suporn unha oportunidade para abordar con eles cuestins particulares acerca da sa traxectoria profesional, as sas tcnicas, formularlles dbidas ou pedirlles a sa opinin sobre futuros proxectos ou aqueles que xa estean en marcha.

COS PARTICIPANTES
Por outro lado, os participantes inscritos tamn presentarn as sas realidades profesionais, as

GAIS CIDADE DA CULTURA

COECE!
MALETAS MUSICAIS
Durante a primeira parte da tarde do sbado sucederanse talleres formativos impartidos por cada un dos seis msicos convidados, onde os participantes podern afondar no coecemento de distintas realidades musicais do mundo. A presenza, entre os msicos, de especialistas en instrumentos singulares, facilitar o achegamento prctico a algunhas das tradicins e tcnicas musicais por eles representadas. Todos os artistas comparten o xeito de ter creado unha carreira nica no mundo da msica e con este workshop poderemos achegarnos aos seus pensamentos e as sas estratexias. nun evento nico, que lles servir para aanzar conceptos fra da aula, e lles axudar na sa futura insercin laboral, dentro dun mercado cada vez mis competitivo.

ASESORA XURDICA: PROPIEDADE INDUSTRIAL E DEREITOS DE AUTOR. XABIER ALONSO


Poida que algunha vez sentiras que es a parte contratante da parte contratante. Outras, que as palabras que se usan en moitos documentos parecen escritas noutro idioma. A mido, que o dereito unha relixin para iniciados. A actividade do msico tamn est suxeita a unha serie de normas de diversa ndole: civil, scal, administrativa, laboral, etc. Existen outras normas que estn pensadas especicamente para regular a actividade dos profesionais da cultura, como as que regulan os dereitos de autor. Nesta sesin prctica, daremos un repaso ao Dereito que se aplica cultura e aos espectculos, explicaremos de xeito sinxelo algunhas cuestins, e intentaremos responder a todas as vosas dbidas e preguntas. Xabier Alonso avogado, asesor xurdico e consultor especializado en artes e espectculos as como propiedades inmateriais: dereitos de autor, dereitos conexos, e propiedade industrial. Impulsou unha trintena de convenios de cooperacin cultural e formativa con institucins e universidades de numerosos pases de Amrica e Europa. profesor invitado da Univ. Autnoma de Madrid, Mster sobre Propiedade Intelectual, dirixido polo profesor D. Rodrigo Bercovitz, onde imparte o mdulo prctico sobre os aspectos xurdicos que afectan producin de espectculos pblicos, negociacin de contratos, contratacin internacional e os seus trmites.

TECNOLAB
Durante a xornada de preparacin tcnica do concerto, desenvolverase un laboratorio sobre algunhas das principais reas de traballo que interveen na creacin dun evento como Galician Connection. Un percorrido polas tarefas tericas e prcticas da man dos principais profesionais que interveen na creacin de GC: dende a procura de nanciamento e apoios, pasando pola planicacin do proxecto e coordinacin de equipos, xestin de medios tcnicos e humanos, ata chegar parte mis prctica da man dos tcnicos especialistas en luz, son e backline. Un achegamento en pequenos grupos que facilitarn o contacto e a conversa directa ao redor de cada unha das tarefas acometidas por estos profesionais. Esta sesin se impartir coa asistencia dos inscritos e dun grupo seleccionado de estudantes de escolas de imaxe e son de Galicia. GC pretende as ser tamn unha ferramenta para a capacitacin profesional dos estudantes en formacin, ofrecndolles unha experiencia directa

GAIS CIDADE DA CULTURA

EDUCA!
Galician Connection cntrase nesta edicin nunha temtica de especial importancia: a integracin das artes na educacin. Invitaremos e daremos a coecer iniciativas nacionais e internacionais que reivindican un papel mis signicativo das artes dentro dos sistemas educativos. Destacaremos proxectos nos que as artes, e especialmente a msica, son un eixe vertebrador nos currculos escolares, co obxectivo de mellorar os resultados educativos; mostraremos proxectos de educacin musical innovadores que apostan por novas metodoloxas e pedagoxas de ensino; e ofreceremos un abano de iniciativas musicais que se estn a desenvolver no mbito universitario de Galicia.

TALENTO EN ESTADO PURO. XAIME FANDIO.


Intervencin a cargo dun profesor da Facultade de Ciencias da Comunicacin da USC cunha traxectoria de vocacin multidisciplinar e co foco posto en proxectos artsticos e musicais dentro da universidade. Compartir cos asistentes algunhas das iniciativas que est a desenvolver como Dock&Roll, ONU, o Boys e Vacas, as como a sa teima de converter a actividade sonora e musical da comunidade universitaria nun activo relevante. Por outra banda, o CESGA e Canal Campus Lab presentarn un traballo de comunicacin musical en rede que, con latencia cero, permite interpretar msica simultnea en tempo real a intrpretes que se atopan en das localizacins espacialmente separadas. Xaime Fandio licenciado en Xornalismo pola USC e Doutor (Ph.D) en comunicacin Audiovisual pola Universidade Complutense. Na actualidade Profesor Titular da rea de Comunicacin Audiovisual da USC, onde pertence ao grupo de investigacin Estudos Audiovisuais. Leva anos impartindo cursos de doutoramento nas universidades de Vigo e Mlaga e no Master en Comunicacin e Industrias Creativas da USC. No mbito da relacin interuniversitaria ten realizadas numerosas estadas de docencia e investigacin en centros de EEUU, Costa Rica, Mxico, Marrocos, Portugal e Cuba, onde foi Xefe da Ctedra de Televisin e Novos Medios da Escola Internacional de Cine e Televisin de San Antonio de los Baos.

ARTS EDUCATION. DAMIAN WOETZEL.


A arte axuda aos nenos e mozos a mellorar o seu rendemento acadmico, tamn incrementa a posibilidade de que eles continen os seus estudos mis tempo, e os profesores se senten mis motivados Esta unha das conclusins s que chegou o proxecto piloto Turnaround Arts, posto en marcha polo Comit Presidencial para as Artes e Humanidades da Administracin Obama, en oito escolas pblicas de primaria e secundaria que presentan os resultados acadmicos mis baixos en cada un dos seus estados. O que fora bailarn principal do New York City Ballet dende 1989 ata a sa retirada dos escenarios en 2008, falaranos deste e outros proxectos, e compartir as sas ideas sobre o papel das artes na sociedade e na educacin. En 2009 Damian Woetzel foi nomeado polo presidente Obama para o Comit Presidencial para as Artes e Humanidades, comit asesor da Casa Branca en temas culturais, colaborando no seu programa Turnaround Arts. Actualmente, director do Programa de Artes do Instituto Aspen, director artstico do Festival Internacional de Danza de Vail, e creador de iniciativas como Citizen Artist. Colabora con Yo-Yo Ma no seu programa de Silk Road Connect nas Escolas Pblicas da Cidade de Nova York.

UN ARTISTA NA AULA. JAVIER LPEZ. FUNDACIN BARRI


A Fundacin Barri participar no Galician Connection a travs de EducaBarri, a sa contribucin comunidade educativa na busca da posta en valor do talento compartido. Javier Lpez, direrector xeral da Fundacin, introduciranos nesta nova canle que facilita o acceso a pais, alumnos e profesionais do ensino s

GAIS CIDADE DA CULTURA

EDUCA!
sas actividades, e que propicia accins e proxectos a partir da valiosa iniciativa dos profesores. Ademais, a profesora Begoa codesal e a artista Estbaliz Veiga, implicadas no proxecto Un artista na aula, mostrarannos as dinmicas que estn a levar a cabo nesta proposta lanzada por EducaBarri no 2013. Ademais, unha profesora e un artista implicados no proxecto Un artista na aula, mostrarannos as dinmicas que estn a levar a cabo nesta proposta lanzada por EducaBarri no 2013, que xorde da necesidade de introducir a arte dun xeito natural e funcional dentro da escola, e non como algo alleo ou extraordinario actividade escolar. Desta maneira, o artista involcrase activamente no desenvolvemento de obxectivos e contidos do currculum e o profesorado integra a arte como unha ferramenta pedagxica na aula. A travs dunha serie de actividades clasicadas en tres bloques para antes, durante, e despois da visita dun artista da escola, os alumnos realizan aprendizaxes signicativas de forma ldica e mediante actividades prcticas propias da materia.

CHUVIA DE PROXECTOS INNOVADORES: ALIMENTA A TA INSPIRACIN. ANTA G. BEN.


Nesta sesin mostraremos unha seleccin de iniciativas pedagxico-musicais novidosas e algns proxectos innovadores no campo da integracin da msica na educacin, dentro e fra de Galicia, tanto de mbito pblico como privado, e dirixidos a distintos grupos de idades. Unha visin inspiradora para docentes, estudantes ou xestores que nos servir para xerar un interesante debate en torno temtica desta edicin. Anta G. Ben realizou estudos de violn no Conservatorio Municipal de Vilalba (Lugo). Obtivo os ttulos de Mestra especialista en Educacin Musical (2009, Premio Nacional) e Licenciada en Pedagoxa Social e Laboral (2011, Premio Extraordinario) na USC. En 2011, bolseira pola Fundacin Barri de la Maza para estudar un mestrado: Curriculum and Instruction-Music Education, na Universidade de Wisconsin-Madison, onde se especializou en temas de educacin musical multicultural. En 2012, recibe unha bolsa da Fundacin la Caixa para estudar un doutoramento nesa mesma rea e universidade.

CREA!
ENSAIOS ABERTOS
A sesin de ensaios na que os msicos convidados traballarn na preparacin dos temas do concerto Galician Connection 2014 estar aberta aos participantes inscritos favorecendo as unha oportunidade nica: un achegamento en directo ao proceso de creacin colectiva dun concerto. As mesmo, como continuidade desta primeira sesin de ensaios tern a posibilidade de asistir s probas de son do concerto, onde observar o paso previo ao directo, completando e sendo partcipes do ciclo completo de creacin do concerto. Os inscritos s xornadas tern acceso exclusivo ao concerto do domingo. Despois de ter presenciado o proceso creativo e de producin, os inscritos podern opinar sobre o programa a presentar, e axudar a prever os altos e baixos da creacin dun repertorio dun concerto.

GAIS CIDADE DA CULTURA

COMPARTE!

CONCERTO GALICIAN CONNECTION 2014


MUSEO CENTRO GAIS DOMINGO 6 DE ABRIL S 19:00 H Con: Abe Rbade. Piano, GALICIA Kinan Azmeh. Clarinete, SIRIA Najla Shami. Voz. GALICIA, PALESTINA Carles Benavent. Baixo. CATALUA Carlos Castro. Batera, percusin. GALICIA Edmar Castaeda. Arpa . COLOMBIA Direccin artstica: Cristina Pato

O proceso creativo, e a capacidade interrelacional entre as disciplinas musicais presentes no elenco de convidados de Galician Connection, brese ao pblico, en modo de concerto, cun resultado nico e exclusivo para as persoas que visiten o Museo Centro Gais na Cidade da Cultura. Seis mestres da msica internacional unidos sobre un escenario despois dun proceso de traballo colaborativo, non s nos tres das de convivencia, senn tamn durante os meses previos. A seleccin coidada de artistas desta terceira edicin xuntar traxectorias moi diversas de calidade extraordinaria, nun espazo habilitado especialmente para a noite do domingo dentro do Museo Centro Gais. Un directo do que s se poder gozar nesta ocasin, e que supn un modelo de programacin cultural diferencial, un laboratorio de estilos, sons e formas de sentir a msica que desembocar nun espectculo nico, no que msicos e espectadores gozarn a partes iguais.

GAIS CIDADE DA CULTURA

DIRECCIN ARTSTICA
CRISTINA PATO
Doutorada en Artes Musicais pola Rutgers University de NJ, a sa activa vida profesional a leva regularmente a pases como China, India, EEUU, Corea, Emiratos rabes ou Angola. Participou como poente na WWW Conference de Richard Saul Wurman e no Aspen Ideas Festival, ademais de colaborar con Harvard University nos proxectos desenrolados polo Silk Road Project de Yo Yo Ma na Harvard Graduate School of Education e na Harvard Bussines School. Actualmente Cristina Pato profesora adxunta da NJ City University e colaboradora coa Rutgers University. Ten participado como poente en residencias nas universidades de Berkeley, Princenton, Chicago Civic, Texas, Holy Cross e outras. Seguindo a estela do seu mentor Yo Yo Ma, Cristina Pato crea e asume a direccin artstica do festival Galician Connection promovendo neste caso a conexin da msica galega con msicas doutros lugares do mundo, empregando a sa experiencia fora das nosas fronteiras para proxectar a visin da msica galega no panorama musical internacional. A sa carreira profesional incle catro discos como gaiteira solista, dous como pianista e un premio Grammy, mis dunha trintena de colaboracins en gravacins doutros artistas, entre as que se atopan Yo-Yo Ma and Friends; Songs of Joy and Peace (Sony BMG, 2008) GRAMMY Award 09, Miles Espaol: New Sketches of Spain ou Off the Map do Silk Road Ensemble nominado para os premios GRAMMY 2010 e mis de 600 concertos s sas costas, moitos deles gravados e emitidos por medios de comunicacin como a BBC ou a CNN entre outros e aclamados por medios grcos como The New York Times, El Pas, La Voz de Galicia ou The Wall Street Journal. Cristina Pato a fundadora e directora artstica de Galician Connection, un foro de pensamento e difusin a travs das msicas de diferentes partes do mundo.

PRODUCIN E XESTIN
NORDESA
Nordesa un proxecto empresarial privado que ten establecido un novo punto de referencia dentro das empresas do sector da cultura en Galicia. Como empresa de servizos especializados, Nordesa abarca a producin total de calquera tipo de acontecemento artstico e cultural que verse maioritariamente ao redor da msica pero que abarque calquera outra disciplina artstica. O management, a distribucin, a creacin, a asistencia tcnica, a producin integral; experiencias que forman parte ineludible das nosas races e que hoxe nos levan cara unha reinvencin do noso traballo e a unha idea forza bsica e global sobre a que artellar a nosa estrutura: o traballo por proxectos. Eventos da ndole do GC son hoxe en da, que traballamos dende unha concepcin globalizada da colaboracin musical, os que realmente nos achegan losofa da innovacin en producin de eventos culturais e os que nos permiten abrir vas de traballo, establecer contactos e visibilizar a nosa tradicin.

GAIS CIDADE DA CULTURA

MSICOS CONVIDADOS
KINAN AZMEH, CLARInETE, SIRIA
Compositor, improvisador e intrprete sirio, unha das guras mis internacionais da msica en Siria. Formado na Juilliard e na City University, tamn un artista comprometido coa msica do seu pas natal e coa difcil situacin que est a atravesar. Fundador do Damascus Chambers Players Series, formou parte da West-Eastern Divan Orquestra de Daniel Baremboim e membro do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma. O seu ltimo concerto no Carnegie Hall foi celebrado para recaudar fondos para os nenos sirios refuxiados pola guerra en colaboracin con Mdicos sen Fronteiras.

CARLES BENAVENT, BAIxo, CATALUNYA


O baixista cataln chegou a crear escola na interpretacin do baixo elctrico. O seu camino no mundo do jazz e do amenco nico, e est considerado un dos grandes do panorama internacional. Colaborador habitual nas gravacins de Chick Corea ou Paco de Luca, o incrble son do baixo de Carles Benavent se pode escoitar tamn en gravacins de artistas tan diversos como Miles Davis, Camarn de la Isla ou Joan Manuel Serrat. Compositor, educador, improvisador e intrprete, Carles Benavent sen dbida un dos nomes propios do Jazz nacional.

EDMAR CASTAEDA, HARpA, COLOMBIA


Harpista colombiano que desde o seu traslado a Nova York ten acadado un enorme prestixio no seu dominio deste instrumento, e est considerado un mestre da innovacin no eido da harpa e a sa integracin nos estilos jazz e latin, sen esquecer as sas orixes e a inuencia das races musicais da sa terra. Colaborador habitual de Winton Marsalis, a orquestra do Jazz at Lincoln Center e Paquito dRivera, que o deniu como un dos msicos mis orixinais da Gran Maz, vn de recibir excelentes crticas polo seu ltimo traballo, Entre cuerdas. Xiras internacionais e o recoecemento da prensa especializada, con Edmar Castaeda o Harpa Colombiana acadou un novo mercado internacional.

GAIS CIDADE DA CULTURA

MSICOS CONVIDADOS
ABE RBADE, PIAno, GALICIA
Msico compostelano formado no Berklee College of Music de Boston, no que obtivo unha licenciatura Cum Laude, ofrece unha combinacin perfecta entre o jazz e as races galegas. A sa curiosidade levouno a asumir proxectos tan fascinantes como Nordestin@s, banda na que xunto s vocalistas Guadi Galego e Ugia Pedreira realizou unha singular actualizacin da msica popular galega, ou Cantigas Jazz Suite, unha adaptacin de cantigas medievais galegas do sculo XIII a un contexto contemporneo. Combina a direccin do seu tro de jazz acstico e a docencia, como director artstico do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e como profesor da Escola Superior de Msica e Artes Escnicas de Porto (Portugal).

NAJLA SHAMI, Voz, GALICIA/PALESTINA


Cantora e compositora lla da mestizaxe palestina, galega e arxentina. Inciase na msica tradicional e avanza cara ao jazz, funk e world music, afondando na tcnica vocal e a sa pedagoxa, o que a leva a pases como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India ou Reino Unido. A partir de 2003 colabora en diversos traballos nos que incorpora novas inuencias, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e frica, o que imprime unha profunda pegada na sa evolucin. Conxuga perfeccin a multiculturalidade e o amor pola nosa terra, como se reicte no seu ltimo traballo, o libro-disco Na lingua que eu falo, unha fermosa homenaxe a Rosala de Castro.

CARLOS CASTRO, PERCUsIn E BATERA, GALICIA


O percusionista corus un dos msicos e educadores mis emblemticos de Galicia. Combina o seu labor como profesor no Conservatorio Superior de Msica de Vigo e o seu traballo artstico, que o levou a participar en mis de 70 discos. Tamn realizou colaboracins na msica sinfnica coa Orquestra de RTVE ou a Xoven Orquestra de Galicia, e no audiovisual e as artes escnicas, participando na banda sonora da pelcula O Camio das Estrelas, de Chano Pieiro, e en diversas producins do Centro Dramtico Galego. Domina todos os estilos, desde o folk ata o jazz e fusin, e forma parte dos grupos Fa na Roca, Martn Codax, Resonet, Meendinho e Catroventos.

GAIS CIDADE DA CULTURA

INFORMACIN PRCTICA
Dirixe: Cristina Pato Produce: Paco de Pin. Nordesa. Organiza: Cidade da Cultura de Galicia. GALICIAN CONNECTION PROGRAMA COMPLETO Incle participacin en todas as actividades do programa aqu descrito, as mesmo a inscripcin incle a entrada ao Concerto Galician Connection 2014 e o XANTAR de apertura do venres 4. O conxunto de actividades est dirixido a pblico adulto en xeral, e especialmente indicado para xestores culturais, promotores, produtores, msicos afeccionados ou profesionais, docentes, e estudantes de msica, comunicacin, de escolas de imaxe e son, e artes en xeral. Datas: 4, 5 e 6 de ABRIL de 2014 Lugar: Edicio CINC/Museo Centro Gais Inscricin: www.cidadedacultura.org Prezo: 65 euros. XORNADA EDUCA! Aberto ao pblico xeral, e especialmente indicado para docentes, estudantes de msica, de comunicacin e de artes en xeral, xestores culturais, msicos afeccionados ou profesionais, artistas plsticos, e profesionais das artes escnicas e danza. Data: 4 de abril. Hora: 17:30 horas. Lugar: Edicio CINC. Cidade da Cultura de Galicia. Acceso de balde previa reserva de praza en www.cidadedacultura.org CONCERTO GALICIAN CONNECTION Data: 6 de abril. Hora: 19:00 horas. Lugar: Museo Centro Gais. Cidade da Cultura de Galicia. Prezo: 12 + gastos de xestin Venda de entradas: Punto On da Cidade da Cultura servinova.com Prezo en billeteira: 15.

GAIS CIDADE DA CULTURA

PATRONOS FUNDACIN GAIS


As seguintes empresas, institucins e persoas decidiron participar e apoiar activamente a Cidade da Cultura de Galicia, demostrando o seu rme compromiso con Galicia e coa cultura. Todas as empresas, institucins e persoas que conforman o Padroado da Fundacin Gais comparten cos responsables e os xestores da Cidade da Cultura de Galicia a idea de apostaren decididamente pola cultura en Galicia, tanto polo seu valor como eixe de cohesin social, como pola sa capacidade para fomentar o progreso sostible da sociedade galega.

PRODUCE

ORGANIZA

You might also like