You are on page 1of 1

ACTA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN

CULTURAL.-

Reúnense en sesión ordinaria o día 21 de febreiro ás 17:30h na Facultade de


Pedagoxía de Santiago de Compostela en asamblea a asociación, estando
presentes os seguintes membros:

Antonio Piñeiro Feijoo de Celanova, Montesinos de Verín, Estanislao de


Cangas, Juanjo Pérez de Cangas, Carmen Castro de Carballo, Sonia Iglesias
de Arteixo, Rosario Basanta de Viveiro, Pilar López de Foz, Eduardo Núñez e
Consuelo Rodríguez de Lugo, Alberto Pérez de Boiro, Jesís Antonio Jurgo de
Mazaricos, María Vázquez de Ames, Josefa San Isidro de A Pobra, Mario Eijo
de Xove, Madó Santos de Muros, Jorge de Vilamaior, María Paredes do
IGAEM, Manuel Freire de Ourense, Lidia de Ourense.

1º Procédese á lectura e aprobación da acta da sesión anterior


2º Coménzase a debater o proxecto de estatutos da asociación.
Despois da súa lectura e discusión quedan aprobados por unanimidade os
Estatutos da nova Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural-
AGAPROXEC (texto anexo)
3º Decídese por unanimidade que a Comisión Xestora que funcionaba ata este
momento pase formar a Xunta Directiva da Asociación durante un ano.
Quedando constituida a Xunta Directiva polos seguintes membros:

- Pilar López
- Rosario Lasanta
- Alberto Pérez
- Xavier Campos
- Jorge Armesto
- Catalina Sánchez Luengo
- María Paredes

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo ás 20:30h, do
día do encabezamento.

You might also like