You are on page 1of 6

Os lobos

nxel Fole ( lus do candil)


Moitas veces ouvn decir que os lobos non atacan s persoas. E isto non certo. O segredario de Caldas foi comido por iles cando voltaba da feira de Viana. Algns dixeron que o mataran por arroubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos metros de onde o comeran foi atopado un lobo morto coa gorxa afuraiada por unha bala.

Aquiles das viran os pastores unha manada de dez cunha loba con tres lobecos. Era tempo de neve, e baixaran da serra da Mo. O parecer, despois de esgotados os cartuchos, quixo subirse a un albre, mais non puido. Al estaba a seu carn, o revlver con seis cartuchos baleiros no bombo. Era un bon revlver americano. O sentirse feridos algns lobos, todos se botaron riba dil. Si tivera un bon foco elutrico cecais se salvara. O lobo se non se lle fire de morte pior. Eu matei un con dous tiros de postas. Foi a morrer tres cantos mis al de ondia o

asegundara. Atinralle na testa e no fucio, e iba deixando un regueiro de sangue. Arrincaba cos dentes os caotos das xestas. Cecais non se me arrepuxo porque era de da. De noite mdralles o corazn e son moi valentes. Non vos riades. Tamn lles pasa iso s lubics. O seor cura de Peites tia un. De noite base monte e chamaba s lobos. Vian con il. Din que abria os tarabelos das cuadras coma unha persoa. Unha noite velouno o seor cura. Era un gran cazador. Tia un rifle de dez tiros seguidos que lle trouguera un sobrio de California. Meteulle dous tiros seguidos no entrecello galgar un pasadelo. O crego estaba na xanela da reitoral cun foco i o lubicn voltaba do monte, polas tres da ma, acompaado dos lobos. Abrrono i esfolrano axia, e viron que tia o corazn finchado... Sabedes cando se estreven os lobos cos homes? Cando teen moita fame, ou cando se decatan que lles teen medo. Por iso cseque nunca atacan a tres ou mis xuntos. Cando se atopan un home soio pola serra, pense a traballalo. Teen moito distinto... Xa veredes cma o traballan. De primeiro, acompamo; despois, penselle diante; mis tarde, chganlle a zorrega-las pernas cos rabos... Asn, pouquio a pouquio. Vn un intre en que o home xa non pode mis. O medo alporzalle os cabelos. Parcelle que lle cravaran allambres na testa. Viselle a voz, perde o sentido. Xa est perdido. Btanse os lobos enriba dil i esnaquzano. Cada vinte anos ou menos, dse

por istas terras un caso dises. Desaparece un home. Crese que o mataron ou que fuxiu prs Amricas. O cabo de dous ou tres anos ningun fala dil. Un cazador atopa nunha xesteira unha calivera. De quen sera? As lle aconteceu Pastrn de Vesua, fai moitos anos. Mais si o home non perde o coraxe, non se estreven con il. Todos coecedes coma mn Emilio, o castrador de Rugando. Atendede ben e xa sabereis que certo todo canto levo dito encol dos lobos. E vostedes tamn, seoritos... Non habera rapaz coma il senn fora tan xogantn. Xogaba hastra a camisa. Unha vez, na cantina da Cruz, xogou a besta con tdolos arreos, e perdeuna. Tivo que andar a p castrando ranchos dende Leixazs a Pacios ou dende Bustelo a Vilan. Era home moi botado pra diante, i o primeiro nas liortas. Se non me trabuco, fora pola Santa Luca cando lle aconteceu o que vos vou contar. Por ise tempo todos sabedes que non traballan os capadores. O bon do home adicbase farra. Fagua pouco que se casara cunha moza de casa forte. Xa estaba en tratos cun xateiro da Ermida pra mercar un cabalo. Qerano moito en tdolos sitios ondia capaba ranchos, e convidbano sempre mata. Aquil da xantara en Arnado. Xa se sabe coma son ises xantares da mata. Empezan s doce, poo por caso, e rematan s cinco. O fgado asado con aceite e pimento, os roxs i o raxo. Vio, nunca falta. Tempo de fartura. Xantara aquil da en cas do Rulo.

Enchranse de nboa os caborcos. Non se va un burro a tres pasos, dispensando. O Rulo dxolle que pasara a noite na sa casa. -Andan os lobosadvertiulle-moi bastos. Con ista nboa tan mesta pdese esfragar. Non che pase coma o Bieito de Corga, cando iba pra Ferramoln, que se derrubou polo canto do Mazo e foi dar ro. Al quedou difunto cos cadrs partidos por testaln, pois teimou coma ti por sar de Vilarbac unha noite coma a de hoxe. Mais o capador fagua pouco que se casara, coma vos dixen, e non houbo xeito de faguelo quedar. Nin tan siquera quixo levar algns fachucos de palla pra o camio. E al se foi o Rugando tan soio cunha cachaba de freixo i a sa navalla no peto pra defendere. Gracias a Dios que coecia ben o camio. Xa levo dito que era home valente. Il mesmo mo contou en Santa Culicia de Quiroga, na tasca do Avelino. Polas primeiras horas todo foi ben. Non viu amosas de lobos por ningures. Parouse a acender un pitelo inantes de chegar lindeira da devesa de Bonxa. Mais de al a un pouquichio ouviu patuxar nun trollo. Xa sabedes que terreo fondal ondia se encora a iauga. Unha miaxia dispois ouviu un longo aulido. I outro lle respondeu de outra banda da valgada. Tamn sentiu unhas carreirias polos dous lados do camio. Os lobos seguan chamndose os us s outros. Por sorte pra il, haba moitos seixos no camio. Encheu tdolos petos de croios. Non me dixo que empezara a ter medo, mais eu coido que si... Dous lobos

grandismos frono acompaando. Iban sempre dous cas que foran con seu amo. Se il se paraba, tamn iles se paraban. Algunhas veces panse diante. Entn, o capador guindballes un coio. E batalles... Os lobos desapartbanse. No mis fondal dunha congostra tivo que pasar un pontigo. Habia esgotado as pedras que trouguera nos petos. Xa lle quedaban poucos fsforos. Do outro lado do pontigo viu unhas luces coma de vagalumes. Acendeu un fsforo. Non haba pedras no camio. Tivo que coller bulleiro coas maos e tirarllo s lobos, mesmo tempo que berraba moi forte. Ergueuse un e deixouno pasar. Cecais foran seis. A todos lles relocan os ollos. Un diles botoulle os dentes cachaba i arrincoulla da mao. banse metendo nil cada vez mis. Hastra lle fustrigaban as pernas cos rabos. Acendeu, un tras outro, os tres fsforos que lle quedaban. Gracias a isto puido coller un coio. Atinoulle a un lobo no peito. Regaaban todos os dentes coma cando se van a botar sobor das ovellas. Xa senta que se lle esmorecan os pulos, que se iba quedando sen forcia. Os lobos seguan a chamarse us s outros. Tremaba coma un bimbio. Xa non podia escorrentar nin siquera berrar. balle a estoupar o corazn. Unhas cantas lancaadas mis e xa estaria na casa. Podera dalas? De sutaque, viu tremelar unhas luces na tbrega; ladraban us cas lonxe. Meteu os dedos na boca i asubiou. Chambano de lonxe. Estourou un tiro de escopeta. -Anda Rabelo, anda Sultn- ouviu que

decan. Diante il haba tres fachucos de palla ardendo. Seus tres cuados dbanlle fortes apertas. -Andabmoste buscando-dixo un-. Chegaron o Sultn i o Rabelo brincando seu redor e dando ouveos de ledicia. Entraron na casa. As mulleres estaban na cocia. Na gran lareira haba un bon lume. -Tregudeme augadixo o capador. E cau estalicado no chao. Todos se alporizaron. Houbo moitos berros e prantos. Mis de das horas estivo sen sentido. Levrono leito. A forcia de fretas volveulle o acordo. -Se non salrades a buscarme tan soio se me atoparan os sos. Xa non poda resistir mis-dixo o bon do home. Pra que vexades coma traballan os lobos xente.

You might also like