You are on page 1of 11

LETRAS GALEGAS 2009

RAMÓN

PIÑEIRO

LÓPEZ
.................WEBQUEST

Descrición
Obxectivos
Proceso
Tarefa
Recursos
Avaliación
DESCRICIÓN

O Día das Letras o alumnado achégase a un


personaxe, moitas veces descoñecido, indagando
datas, acontecementos vitais ou obras que
escribiu o/a autor/a homenaxeado.

Con esta tarefa grupal pretendemos dar orde a


toda esa choiva de información obtida sobre
Ramón Piñeiro e sobre a celebración deste día.

Diriximos o traballo a 4º da ESO. Desenvolverase


en 7 sesións. Están implicados os departamentos
de Lingua Galega e Literatura, Historia e
Tecnoloxía.
OBXECTIVOS

O alumnado debe ser quen de:

 Coñecer o significado do Día das Letras Galegas.


 Indagar quen organiza e selecciona o/a
homenaxeado/a.
 Afondar no coñecemento da vida e obra de
Ramón Piñeiro.
 Empregar as TICs para procesar a información e
elaborar documentos finais.
 Traballar de xeito cooperativo
 Fomentar a elaboración de traballos empregando
diferentes soportes.
PROCESO

O alumnado debe acceder primeiro á webquest nos


ordenadores da aula de informática e a
profesora preséntalle a actividade.
Logo accederán ó cuestionario do traballo e
buscarán a información, en pequenos grupos, nas
páxinas web sinaladas e nos dicionarios,
enciclopedias ou artigos xornalísticos que atopen
na biblioteca.
Por último elaborarán un traballo en Power Point
no que exporán a información recompilada.
TAREFA

O DÍA DAS LETRAS

1. Por que se escolle o 17 de maio para


conmemorar as letras galegas?

2. Que organismo selecciona os/as escritores/as e


cal é o criterio para escollelos?
TAREFA

A REAL ACADEMIA GALEGA

3. Cando se fundou a RAG?

4. Que finalidade ten?

5. Quen foi o primeiro presidente?

6. Formou parte Ramón Piñeiro deste organismo?


TAREFA

RAMÓN PIÑEIRO: VIDA

7. Procura o ano e o lugar do nacemento e da


morte.
8. Elabora un esquema dos distintos lugares nos que
viviu ordenados cronoloxicamente (inclúe foto).
9. Que formación académica ten o escritor?
10. En que lugares traballou? Elabora un esquema e
acompaña de fotos se puider ser.
11. Que libros sobre o autor hai na biblioteca do
teu IES?
TAREFA

RAMÓN PIÑEIRO: TRAXECTORIA POLÍTICA

12. Elabora un eixo cronolóxico cos acontecementos


históricos máis importantes do século XX.
13. Que ideoloxía política manifestou o autor?
14. Como influíu a Guerra Civil na súa vida?
15. Elabora un esquema no que recollas os actos
políticos ós que asistíu Ramón Piñeiro e os
partidos políticos dos que formou parte ó longo
da vida para observar a súa evolución. Sinala as
persoas coas que traballou e xunta fotos se
puider.
RECURSOS

 TICs

 BIBLIOTECA DO CENTRO

 WEB:
www.realacademiagalega.org
www.diadasletrasgaelgas.com/homenaxeados.php
www.gl.wikipedia.org
www.galespa.com.ar/cronoloxía.htm
www.prazadasletras.org/letras/autores/autor/267/ramón-pineiro
www.ceipquintela.googlepages.com/ramónpineiro.letrasgalegas2009
http://www.centrallibrera.com/LetGaleg05/Ramon%20Pinheiro
%20Lopez%20Dia%20das%20Letras%20Galegas
%202009%20autor%20homenaxeado.htm
AVALIACIÓN

MOI BOA BOA REGULAR MALA

EMPREGO TICs

USO LINGUA

RELACIÓNS
INTERGRUPAIS

CAPACIDADE DE
SÍNTESE

CLARIDADE
EXPOSITIVA

You might also like