You are on page 1of 25

ENTROIDO

O termo entroido vén do italiano (INTROIDUS < LAT. INTROITUM) e


significa “comezo ou entrada da primavera”

CARNAVAL
A palabra vén do itliano (CARNE VALE) e tén como orixe o
latín vulgar CARNE LEVARE, que significa “abondonar a carne”.
A fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do
nome Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría
conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no
Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo
do deus do Sol e a raíña Kuntí)
Calendario

O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas, e ten diferentes extensións nas distintas
vilas. As súas datas fundamentais, por orde, son:

Domingo Fareleiro ou Borrallento: Neste día é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla"
ou "farelo", a fariña de peor calidade.

Xoves de Compadres: Nesta celebración realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un
boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.

Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares.
Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a
farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas,
en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.

Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de
muller e son estas quen loitan por llelo sacar.

Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.

Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da


festa.

Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, en moitas vilas e aldeas entérrase a sardiña.
MAPA DO
ENTROIDO
Verín: OS CIGARRÓNS

O cigarrón é hoxe unha das máscaras máis


coñecidas en Galicia. Os traxes elabóranse
durante todo o ano. Entre os seus elementos
máis sobranceiros destácanse a carauta,
sorridente, feita de madeira de breixo e a mitra,
feita de folla de lata e decorada con motivos
animais ou vexetais. Na parte traseira, cabeza e
mitra van cobertas por unha pelica que hoxe
adoita ser de feltro. Camisas, calzas de encaixe e
medias brancas compoñen o seu vestiario que se
complementa cunha chaquetiña e pañoleta ás
costas de cor vermella. As chocas cinguidas ao
cinto adoitan ser femias ou machos dacordo co
son que emiten, graves para os machos e agudos
para as femias.
LAZA: PELIQUEIROS

Peliqueiros personaxes que se


distinguen pola súa animalización:
non falan, levan chocas coma os
animais, zorregan á xente e
levántanlle a saia ás
mulleres,.animais como pode ser
unha vaca, o burro ou o galo, xa
sexa reais ou simulados simbolizan o
Entroido en si e interveñen na festa,
ben para ser burlados e
escarmentados, ben para actuar
activamente facendo falcatruadas .
XINZO: PANTALLAS
O traxe das Pantallas consiste nunha
camisa e nuns calzóns de cor branca, capa
de cor vermella con cintas de cores e unha
faixa da mesma cor á que sobrepón un cinto
de axóuxeres. Ademais levan unha máscara
de cartón con debuxos vaiados e un flocos
na parte de diante e un pano na parte de
atrás.

As Pantallas están encargadas de que a


xente saia á rúa disfrazada. Van previstos
dunhas vexigas de vaca secas e infladas
que empregan para facer ruído e avisar de
que andan preto. Así a xente que non vai
disfrazada escapa, porque senón colleranos
para pagar unha rolda de viños.
ALLARIZ: CHARRÚAS

O traxe da Charrúa consta dun pantalón


longo de cor clara, botas e unha especie
de camisa longa. Ademais, non faltan as
chocas, as pelicas e unha vara na man.

Este nome de CHARRÚA pode ser que o


trouxera á vila de Allariz un indiano, xa
que os conquistadores españois atoparon
nas marxes do río Uruguay unha tirbo que
recibía este nome.
BANDE: TROTEIROS

O Troteiro é semellante á Charrúa. Leva


unha vara e ía correndo polos camiños
meténdolle medo ás mulleres e ós vellos.
Gozaban de certa impunidade e levantaban
as saias ás mozas.

A indumentaria non é especial, ían envoltos


nunha saba ou cobertor, levaban caretas
feitas de cartón e campaíñas ó redor. O
sombreiro estaba adornado con postais e
espellos, seguramente para protexerse do
“mal de ollo” e doutros perigos. A cara
tapábana con tapetes bordados.
VILARIÑO DE CONSO: BOTEIRO

Nos días grandes é frecuente a FOLIADA,


representación orixinal na que persoaxes
típicas como os boteiros, as "señoritas", os
"vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros,
follalateiros, etc, arroupados polo folión,
escenifican esquemáticamente a vida da
colectividade, dándolle un repaso crítico, con
agudo sentido del humor , as veces cáustico,
a toda a sociedade.
VIANA DO BOLO: BOTEIRO

A máscara esta feita de bidueiro e


esta pintada. A xente leva camisa
bordada e o pantalón encarnado.
Xeralmente levan un báculo para
simbolizar o poder.
MANZANEDA: MÁZCARA
Este é o personaxe principal do entroido de
Manzaneda ó lado do peliqueiro, a mula e o
boi.
Debemos destacar a importancia do Folión
ou embaixada de música carnavalesca que
se envían unhas parroquias a outras
durante o tempo do entroido. Cada folión
leva un xefe que os guía (onde parar, bailar,
etc.)
Cada filión leva varias mázcaras e un
“TOURO” que arremete contra as persoas e
fai carantoñas ós nenos.
Nas paradas recítanse versos que
ridiculizan ou ensalzan acontecementos
locais durante o ano e as familias visitadas
responden con doces e bebida.
RIÓS: VELLARROIS

O máis carácterístico dos


vergalleiros son as orellas
tipo vieria, a barba de pel
de ovella e o gorro que
levan á cabeza, feito de
vimbios.
As celebracións son
similares ás das comarcas
veciñas.
MACEDA: FELOS
O termo FELO pode vir do xermánico FILLON
que significa “azoutar”. Intentan representar
unha especie de rebelión do vasalo contra o
señor feudal.
A máscara cun enorme sorriso representa a
virilidade máis fidedigna. O felo dá medo, era
a autoridade durante estas datas. Só se
vestían de Felos os homes solteiros.
O Felo vai divertíndose de aldea en aldea
acompañado do ruído das chocas que
espantaba os lobos nas noites de inverno.
Bebían ovos con viño para soportar o
desgaste físico. Non pedían diñeiro, ´só
comida e unha palleira para durmir. Nunca se
lles pode tocar nin sacar a careta. Perseguen
a quen se mete con eles, agás ás mulleres
con quen flirteaban.
CEA, CARBALLIÑO, MASIDE

Nesta comarca tamén temos a


figura dos Felos, pero a cabalo e
coa cara descuberta
SARREAUS: VERGALLEIRO

O traxe do Vergalleiro presenta camisa de


liño con tres fitas entrelazadas de cor
verde, negra e vermella; un chaleco de
feltro negro e polainas da mesma cor con
borlas vermellas dende o xeonllo ata os
pes.
Ademais da faixa de cor vermella típica
coas chocas ou campaíñas e borlas
negras. Acompáñanse dun corno de vaca
co cal chaman á festa.
ENTRIMO: MADAMITOS/AS

As damas visten enaguas de cor


branca con bordados con encaixes
ao igual que a camisa, e cruzando o
peito un pano a modo de mantilla.
Na cabeza levan un chapeo de palla
moi adornado con cintas de cores.
Os madamiños tamén se chaman
xigantes e locen camisa e gravata,
pantalóns bordados e unha curta
capa de cor. A súa carauta ten
longos bigotes e a cabeza vai
cuberta cun gorro cónico que leva
na parte superior unha especie de
plumacho feito de papel de cores
vivas.
CELANOVA: GÁRGOLA

El baile das mudacións, o el


mundo al revés es un baile
popular donde el hombre va
disfrazado de mujer y la mujer de
hombre, también es tradicional
en la zona.
FORXAS DAS VIÑAS:
MECOS BONITOS E FEOS
CHANTADA: VOLANTE

A máscara é un colorista artiluxio que


marca a imaxe do volante. chámanlle
pucho e a súa estructura se apoia na
cabeza e nos ombros, chegando a
acadar un metro de alto por 0'75 de
ancho.
Este pucho consiste nunha estructura de
arame e vimbio revestida con fitas e
flores de papel de todas as cores. As
fitas colgan polo lombo e por diante
case ata arrastrar polo chan. A modo de
coroación do pucho colócanse dúas
monecas e dous penachos.
O volante vai coa cara tapada ou tisnada
e na man leva un simple caxato, por
veces engalanado.
COMARDA DO ULLA
Son característicos os personaxes dos
xenerais e os correos, homes montados
dacabalo que percorren distintas
parroquias da zona vestidos con
vistosos uniformes.
A orixe destes desfiles de xenerais e
correos parece estar na Guerra da
Independencia.
A parte principal era un combate entre
os paisanos e as tropas de Napoleón.
Unha das características destes desfiles
é que os seus integrantes empregan en
numerosas ocasións o castrapo ou o
castelán, imitando por tanto a lingua dos
militares e chámanse a si mesmos
"generales“ Xenerais e correos
COTOBADE: MADAMAS E GALÁNS
VILABOA: MADAMAS E GALÁNS

Este entroido é unha parodia dos


"señoritos". Un mordomo vestido de
branco cunhas cintas vermellas e
amarelas no pantalón e unha pucha azul
dirixe á comitiva de cando menos catro
parellas.
Esta comparsa facía o seu percorrido casa
por casa, dende o domingo até o martes
de Entroido, recollendo un donativo e
bailando pasodobres e muiñeiras ao son
duns gaiteiros. O último día, amais da
corrida do galo, o predicador, coa cara
tapada, le o sermón ou testamento do
Entroido, onde lle pega un bo repaso ao
que aconteceu durante o ano.
CORUÑA: APROPÓSITOS

Ironía, bromas, diálogos, xogos de


palabras, disfraces e personaxes
da vida política, cultural e social da
Coruña soben ao escenario do
Rosalía para xugar, como cada ano,
a configurar unha realidade
diferente á que lle toca vivir á
ciudad.
Entroido, festa de orixe incerta ligada por uns á tradición
celta e por outros á adoración de baco, quere significar,
dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a
ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As
características comúns destes días son o comer, beber e
cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se
fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona


Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do
Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido
relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun
acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de


todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as
máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á
xente facer máis cousas que ó acostumado

You might also like