You are on page 1of 20

a alternativa galega

aos 30 anos da
Constitucin Espaola.
Que foron as Bases Constitucionais? Que importancia tiveron? Quen as
apoiaba? Cuais son as perspectivas e camios que abriron e que podemos
aprender delas hoxe? Nestas lias introdutorias tencionaremos dar resposta a
estes interrogantes, abrindo camio para axudar reflexin persoal e colectiva,
30 anos despois, sobre os reptos do nacionalismo galego e especialmente do
seu movimentoxuvenil.
1. O contexto histrico
As Bases Constitucionais pra participacin da Nacin Galega nun Pacto
Federal e de Goberno Provisorio Galego (acompaadas dunhas Medidas
Econmicas para un programa de Goberno Provisorio Galego) apareceron en
abril de 1976, como a proposta unitaria do nacionalismo galego ao proceso
aberto trs a morte de Franco, redactadas polo Consello de Forzas Polticas
Galegas (CFPG).
Este CFPG naceu en xaneiro de 1976 como a resposta galega a ese proceso, e
como aposta frente oposicin antifranquista de carcter estatal, que se
agrupara en das organizacins: a do PCE (Junta Democrtica de Espaa) e a
do PSOE (Plataforma de Convergencia Democrtica) depois unidas baixo a
denominacin popular de Platajunta.
O CFPG estaba constitudo polas seguintes organizacins: a Unin do Povo
Galego (UPG), o Partido Socialista Galego (PSG), e o Partido Galego
Socialdemcrata (PGSD), aos que se unirian mais tarde o Movemento
Comunista de Galicia (MCG) e oPartidoCarlista de Galicia (PCaG).
2. A apostado nacionalismo galego: afilosofiadas Bases
A filosofia das Bases Constitucionais ven reflectidas xa desde o seu proprio
nome: era unha proposta onde s aparecen as bases mnimas das que debera
partir oprocesode ruptura, e oque se abrira sera un procesoconstituinte galego,
onde o pobo galego o titular da soberania, e non o conxunto do Estado, para
redactar unha Constitucin Galega, participando nun Pacto para formar unha
Federacin. Noentanto, rexera en Galiza un Goberno Provisorio. Esta a premisa
fundamental das Bases, e comotal aparecen: son as tres primeiras bases.
As pois estamos ante un modelo absolutamente distinto e antagnico ao do
Estado autonmico, que un Estado unitario onde a soberana reside no
conxunto do Estado e non nas nacins que a forman, existindo poderes delega-
dos desde oEstado, que este pode retirar.
O resto das bases ocpanse, pois, da distribucin de poderes entre a Nacin
Galega e a Federacin, e dos mecanismos de transferencia de poderes Nacin
Galega.
Ademais, as Bases promoven un modelo econmico e social avanzado, partindo
da consideracin de que Galiza un Pas subdesenrolado e sometido a depen-
dencia colonial, situacin que provoca a apropiacin do escedente econmico
galego polas clases dominantes dos pases capitalistas do Estado espaol e do
mundo ocidental. Polo tanto sobor da base dunha economia autocentrada
procrase o benestar das distintas clases traballadoras, en citas das Medidas
Econmicas.
3. O contido das Bases.
Vistos os principios que sustentas as Bases, podemos ver entn algunhas das
caractersticas domodeloque desean.
A nvel da Federacin, en coerencia cun modelo federal e plurinacional, esta
deber facerse en plano de igualdade de todas as nacins (Base Cuarta, I), o que
se traduce en que todos os organismos federais tern unha representacin igual
de cada nacin, independentemente da populacin de cada unha delas (Base
Cuarta, III) advertindo explicitamente contra a pretensin de hexemona dalgun-
ha das nacins nos organismos federais mediante a concesin de igual repre-
sentacin neles s rexins integrantes de calquera das nacins (Base Cuarta,
IV).
Advertencia premonitora do que sera o caf para todos autonmico da futura
Costitucin, na lia do que xa Castelao advertira no Sempre en Galiza: tam-
pouco aceptariamos que a par de Catalua, Euzkadi e Galiza poidera erguerse
unha Castela multiplicada, repetida nas varias rexins de fala casteln porque
falsearia groseiramente as garantias federaes. Ns soio aceptamos o federalis-
mo autntico, dicer, unha Federacin basada no moderno concepto das
nacionalidades, todos eles con igual peso (Sempre en Galiza, Libro III, XIV e
XV).
Ademais, esta Federacin igualitaria contaria s con competencias de forzas
militares, representacin exterior, poltica arancelaria e monetaria, algunha
competencia xudicial e politicas de coordenacin (Base Sesta)
A nvel nacional, Galiza reservarase soberanamente a prctica totalidade das
competencias, moitas delas hoxe proibidas pola Constitucin vixente, como a
Seguridade Social, a lexislacin penal, civil, etc; as comocalquera outra que non
se mencionase explicitamente (prevalencia sempre da Nacin frente
Federacin). As, seran competencias nacionais, entre outras, as seguintes:
-Poltica fiscal, econmica, ordenacin financeira e planificacin econmica,
Seguridade Social, dereito mercantil e de traballo, etc; o que conformaba un
sistema econmicosoberanoe un MarcoGalegode Relacins Laborais.
-Sanidade, ensino universitario e non universitario, ordenacin do territorio,
rxime urbanstico, trasportes e comunicacins... sen interferencias de nengn
tipo, aocontrariodoque ocorre hoxe coas Leis de Bases.
-Cdigo e rexistros civis, notariados, cdigo penal, Administracin de Xustiza,
etc, conformandoum sistema xudiciarioproprio.
-Seguranza pblica, tanto civil (Guarda Nacional) como paramilitar de orde
pblica, salvagardas sobre as accins das Forzas Armadas federais...
E finalmente, o modelo social avanzado que propugnan reflctese nas propostas
econmicas da Base decimosexta: nacionalizacin das fontes de riqueza do
territorio galego, o que se traducira na nacionalizacin dos monopolios, como
por exemplo Ence-Elnosa, Fenosa, Almina-Aluminio, etc.. (tal como aparece na
introducin edicin das Bases que editou o BN-PG, formado pola AN-PG e a
UPG, no da da Patria de 1979), nacionalizacin da banca ou a criazn dunha
planificacin econmica.
4. O percorrido das Bases.
O CFPGdesapareceu a fins de 1976, froito de discrepancias no seu interior, mais
podemos ver que as sas propostas estratxicas, contidas nas Bases, perdura-
ron notempo.
A nivel do Estado espaol, consumouse a traizn da oposicin antifranquista no
dilema Ruptura vs. Reforma (o que se pode ver nos cambios no PCE e PSOE a
respeito da autodeterminacin, aceptndoa ainda que s formalmente no 1975
mais rexeitndoa s dous anos despois). As, pactan unha Constitucin
Espaola que mantn tres piares bsicos do rxime anterior: a forma de Estado
(Monarqua), o sistema econmico (capitalismo, con lixeiros toques sociais que
nunca foron postos en prctica, como o dereito vivenda) e o modelo de
Estado (unitario, onde s existe a soberana do pueblo espaol, sen recoece-
mentododireitode autodeterminacin).
Ademais resulta ser unha Constitucin irreformbel legalmente para calquera
desas cuestins, xa que estabelece un sistema que fai imposbel a sa revisin
sen o acordo simultneo de PSOE e PP: precisaranse dous terzos do
Parlamento espaol, convocatria de eleccins estatais e despois os dous
terzos do novo Parlamento espaol. Iso abre o debate sobre a viabilidade de
reeditar a mesma estratexia federalista/confederalista nos das actuais partindo
da actual Costitucin ou a posibilidade de explorar novas vas e camios para
chegar soberana.
Mas como diciamos, fronte traizn do espaolismo, o nacionalismo galego
seguiu apostando pola ruptura democrtica contida nas Bases, e estas conver-
tronse nos fundamentos dodiscursotradicional donacionalismogalego.
Podemos ver como ese discurso se mantivo a posteriori en divesas experiencias
nos anos posteriores:
- No rexeitamento da Constitucin espaola, que ningn sector do nacionalis-
mo galego apoiou (por exemplo: Contra a Constitucin espaola e colonial, um
non galegoe popular, rezaba un autocolante doBN-PG).
- Na Mesa de Forzas Polticas Galegas (1980), formada por UPG, PSG e AN-PG
(Asemblea Nacional-Popular Galega), creada para dar resposta ao proceso de
aprobacin do Estatuto de Autonoma. Esa oposicin entre autonoma e Bases
refectase perfectamente nos berros de :Estatuto nunca mais, Bases
Constitucionais, ou o lema Contra a autonoma colonial, Soberana Nacional,
contidona edicin das Bases doBN-PG.
- Na fundacin em 1982 do actual BNG, do que somos a organizacin xuvenil,
nos Estatutos Fundacionais recllense os fundamentos das Bases. Defendese
as tantoa Soberana Nacional (1) comoun modelosocial avanzado(2)
(1) O seu primeiro ponto proclama: Galiza unha Nacin e polo tanto ten direito
autodeterminacin poltica que, de ser real, ten que concretarse nunha alterna-
tiva de Soberana Nacional, marco imprescindibel para exercer o control popular
de todos os recursos da sociedade galega. O pobo galego, consecuentemente,
ten direito a exercer o poder constituinte que desemboque no pleno exerccio da
Soberana Nacional.
(2) Entre as medidas promovidas aparecen as seguintes:
-Iniciativa e control da poltica de formacin e inversin dos recursos financeiros.
-Control e nacionalizacin, noseu caso, dos recursos mineiros estratxicos.
-Socializacin dos recursos enerxticos e nacionalizacin da sua extracin,
producin e distribucin.
-Reforma agrria e unha reordenacin da pesca feita con participacin activa
dos labregos e marieiros e en funcin dos seus intereses.
Vimos pois como as Bases se constituiron nunha sntese do discurso do
nacionalismo galego nado nos anos 60, e como se constituen nos fundamentos
del at hoxe. Unha proposta adecuada ao contexto que viveu a nosa nacin
durante o proceso de Segunda Restauracin Borbnica que hoxe sofrimos, unha
bagaxe imprescindbel para comprender a historia do nacionalismo galego, un
espello que permite comprender o presente. Esas son as virtudes que, aps 30
anos, os mozos e mozas galegas debemos ter en conta para conseguirmos unha
Galiza soberana.

5. Parasaber mais:
Beramendi, X./Nez Seixas, J. M., O nacionalismo galego, A Nosa Terra, Vigo,
1994
Fernndez Baz, M.A., (2003): A formacin do nacionalismo galego contempor-
neo (1963-1984), Laiovento

You might also like