You are on page 1of 3

CONCELLO DE REDONDELA

MOCIN DO CONSELLO PARROQUIAL DO VISO

O artigo 13 do Regulamento dos Consellos Municipais, Territoriais, Consellos Municipais


Parroquiais, publicado no Boletn Oficial da Provincia nm. 111, de data 12 de xuo de 2000
establece:
Os acordos adoptaranse por maiora simple das/os membros asistentes sesin. No caso de
que os acordos se leven, en forma de mocin Pleno do Concello para a sa aprobacin, sern
defendidos polo membro do Consello Parroquial que ste considere oportuno.
Ao abeiro do establecido polo referido artigo, o Consello Parroquial do Viso na xuntanza
celebrada en data 13 de novembro de 2014 adoptou o seguinte acordo:
MOCIN DO CONSELLO PARROQUIAL DO VISO PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL DA
ESTRADA DA TEIXEIRA
A estrada de titularidade provincial que une O Viso (Redondela) con Soutomaior, PO-2901,
pose un importante volume de vehculos, moitos deles circulando habitualmente a velocidade
excesiva. Pose sa vez un trnsito cada vez mis relevante de viandantes, tanto vecios do
lugar como persoas que empregan esta va de comunicacin para camiar. Isto fai moi
necesario que se constran beiraras todo longo da estrada desde a conexin coa Nacional550 ata o denominado Alto do Viso, sobre todo longo do barrio de Tumil polo alto grado de
urbanizacin que pose. Ao longo da va pdense diferenciar:
a.

Tramos onde non hai arcn nin aceras pero si cunetas para a auga, polo que o pen ten que transitar pola estrada, tendo que meterse na cuneta cando transita un
vehculo, ou o vehculo ter que invadir o carril contrario. Nestes casos solictase
que se estude a posibilidade de canalizar as cunetas e construr beiraras nesa superficie.

b. Tramos onde non hai beiraras pero si arcen, anda que normalmente asilvestrado
e non debidamente acondicionado para un trnsito seguro, caso das persoas maiores. Nestes casos solictase que se estude a posibilidade de crear beiraras nestas superficies.
c. Tramos onde hai aceras, anda que estas aparecen de forma discontnua ou s nun
dos laterais. Solictase que se estude, en base as indicacins a e b, chegar
continuidade ao longo de toda a estrada, conseguindo cubrir todos os tramos con
casas beira da estrada e tamn permitindo a conexin segura para os viandantes
entre a zona de Tumil coa zona do Alto do Viso (Saramagoso).

Por outra banda, o colexio de Cesantes, do que son usuarios os rapaces e rapazas da parroquia
do Viso, convrtese nas horas de entrada e sada do alumnado, xusto no inicio da susodita
estrada PO-2901, nun punto cun importante trnsito de nenos nenas. A presenza no entorno
dunha estrada nacional e outra provincial son dous elementos importantes a ter en conta para
r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF P 3604500 C, Telf: 986 400 300 Fax: 986 403 894

CONCELLO DE REDONDELA
a seguridade vial dos usuarios do colexio. O elevado trnsito de vehculos nas horas puntas
supoen un perigo para os rapaces que entran ou saen do colexio, as como todos aqueles que
van camiando ata a sa casa. Neste punto tamn elevado o trnsito de peregrinos que non
lles queda mis remedio que atravesar estas estradas. Sera importante realizar diversas
actuacins para a mellora desta situacin, as cales pasaran entre outras en realizar, por
exemplo:
-

Unha vez que xa se construu unha tramo con de beiraras na estrada provincial,
faise necesario a instalacin de paso de pens e sinalizacin vertical de advertencia
e regulacin na zona de entrada ao colexio.

Mellora da zona de aparcadoiro para os pais e nais que veen traer e recoller s
seus fillos e mis para os autobuses escolares, xa sexa coa recuperacin de terreos
expropiados no seu da para a construcin da estrada e/ou acondicionando as fincas colindantes colexio.

Beneficios das medidas:


-

Mellorar a seguridade viaria neste tramo de estrada.

Permitir o trnsito seguro dos nenos e nenas que acoden colexio e darlle maior
tranquilidade s pais.

Permitir o trnsito axeitado a persoas con menos movilidade, ancins, persoas con
carros de nenos, etc.

Reducir a velocidade media dos vehculos que transitan por esa zona.

Reducir o risco de accidentes dos vehculos que transitan por esta estrada.

Por todo isto o Consello Parroquial do Viso, ACORDA:


Demandar de todos os grupos polticos que poan en marcha as xestins pertinentes
para solicitar unha partida nos vindeiros Orzamentos da Deputacin de Pontevedra para a
mellora integral da Estrada da Teixeira (PO-2901) e da contorna do colexio de Cesantes, en
concreto nos seguintes aspectos:

Construcin de beiraras na estrada provincial PO-2901 naqueles tramos nos que


non exista, completando as beiraras xa existentes e establecendo un continuo seguro para o trnsito de pens.

De ser posible e recomendable tecnicamente, instalacin de pasos de pens elevados no entorno do centro cultural de Tuimil e na zona do Alto de Saramagoso, coa
finalidade de reducir a velocidade de trnsito dos autombiles.

Instalacin de paso de pen elevado e sinalizacin vertical na zona de acceso colexio de Cesantes dende a susodita estrada PO-2901.

Mellora da zona de aparcadoiro para os pais e nais que veen traer e recoller s
seus fillos e mis para os autobuses escolares, xa sexa coa recuperacin de terreos

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF P 3604500 C, Telf: 986 400 300 Fax: 986 403 894

CONCELLO DE REDONDELA
expropiados no seu da para a construcin da estrada e/ou acondicionando as fincas colindantes colexio.
Demandar do goberno municipal, que axilice as xestins pertinentes para que a
Deputacin de Pontevedra inicie canto antes as actuacins propostas para a mellora da
seguridade vial da estrada provincial PO-2901, e que o propio goberno local adopte as
decisins oportunas no que respecta s sas responsabilidades neste senso.
Debater esta demanda do Consello Parroquial do Viso, na sesin plenaria
correspondente.

As/os membros presentes acordan, por unanimidade, designar a MANUEL FREIRE COLLAZO
como representante da vecianza para ler a mocin no Pleno do Concello.

Redondela, 13 de novembro de 2014

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF P 3604500 C, Telf: 986 400 300 Fax: 986 403 894

You might also like